1. SLIDE SHOW
O Slide Show é unha aplicación moi útil para realizar presentacións con
diapositivas. Ademáis, proporciónanos un código HTML para poder publicar estas
presentacións na nosa web ou blogue.
Podemos acceder á aplicación dende a páxina central do Slide:
http://www.slide.com/
Unha vez que accedemos á aplicación é necesario seguir os seguintes pasos:
1º.- Pulsamos no botón “select images”, para seleccionar as imaxes que
queremos que aparezan na presentación.
1
2. 2º.- Buscamos o cartafol no que están gardadas as imaxes e pulsamos “Abrir”
3º.- Seleccionamos as imaxes que queremos subir. Podemos facelo unha por
unha, ou ben arrastrar o rato por enriba e seleccionar varias imaxes. Unha vez que
estén seleccionadas pulsamos en “Abrir”
2
3. 4º.- As imaxes aparecerán no menú do Slide. Para subilas é necesario pulsar no
botón de “Upload”
Tras pulsar “Upload” comezarán a subirse as imaxes. Este proceso leva un
tempo, e dependerá da cantidade de imaxes que estemos a subir.
3
4. 5º.- Unha vez que as imaxes estén subidas xa podemos ver unha mostra da
presentación no lado esquerdo da pantalla. No lado dereito aparece un menú que
nos permite personalizar a presentación. Simplemente debemos clickar en
calquera das opcións que se nos presentan e seleccionar a que máis nos guste.
Existen varios deseños predeterminados.
4
5. 6º.- Cando xa teñamos seleccionado o deseño, pulsamos en “Guardar”
7º.- Antes de gardala de forma definitiva a aplicación danos a posibilidade de
introducir datos como: título da presentación (é recomendable darlle sempre un
título, por exemplo “Visita ás Cies”), ubicación, se queremos que a presentación
sexa pública ou que so poida verse mediante invitación, etc.
Unha vez completada esta información pulsamos en “Guardar el Slide Show”, e
xa estará gardado.
5
6. 8º.- Para compartir a nosa presentación nunha páxina web ou blogue é
necesario copiar o código HTML que nos aparecerá na última pantalla.
Para copiar este código pinchamos enriba e presionamos as teclas ctrl.+C (ou
Edición – Copiar) e despóis terémolo que pegar (ctrl.+V) na nosa web ou blogue
(veremos en clase como facelo).
6