SlideShare a Scribd company logo
1 of 10
Download to read offline
Unidade 6

FERRAMENTAS DE SELECCIÓN

Unhas das ferramentas máis importantes para o traballo cun programa
de edición gráfica son as coñecidas como “FERRAMENTAS DE
SELECCIÓN”.

A súa función se resume dicindo que son ferramentas que nos permiten
seleccionar unha parte concreta dunha capa para traballar con esa parte
por separado. Dentro de este traballo por separado referímonos a entre
outras cousas reencher de distintas cores, aplicar efectos, ou cortar e
copiar para pegar ese contido en novas capas e realizar así diferentes
composicións.

Saberemos que unha parte dunha capa esta seleccionada cando arredor
desa parte apareza o que se denomina “camiño de formigas” e dicir,
unha liña intermitente branca e negra que asemella moverse.



As diferentes “FERRAMENTAS DE SELECCIÓN” que podemos
empregar en GIMP atopámolas na primeira ringleira da “XANELA DE
FERRAMENTAS”.




         Ferramentas de selección na “xanela de ferramentas”
Son (de esquerda a dereita):

  1. Selección de     rectángulos: fai seleccións dese patrón con co
     desprazamento do rato
  2. Selección    elíptica:    fai   seleccións   dese   patrón   con   co
     desprazamento do rato
  3. Selección libre:     podemos facer seleccións coa forma que
     queiramos usando o desprazamento do rato.
  4. Selección difusa: selecciona zonas contiguas da mesma cor que
     onde fixemos clic
  5. Seleccionar por cor: selecciona todas as zonas da capa coa
     mesma cor que onde fixemos clic
  6. Tesoiras de selección: iremos facendo clics consecutivos arredor
     da contorna que queremos seleccionar e o programa irá adaptando
     a selección a dita contorna.
  7. Selección do primeiro plano: empregase para a selección de
     zonas con obxectos na fronte. Non a empregaremos neste curso.

NOTA IMPORTANTE: se nalgún momento queremos anular unha
selección   que   temos       nalgunha    capa    bastará   con   premer
SIMULTANEAMENTE as teclas MAIÚSCULAS, CONTROL e A
SELECCIÓN DE RECTÁNGULOS E ELIPSES

(rotuladas cos números 1 e 2 na primeira imaxe)


 É unha ferramenta moi doada de empregar cando as seleccións que
imos realizar teñen estes patróns: cadrados, rectángulos, circunferencias
e elipses.




                         Distintas seleccións nunha mesma capa



Ao seleccionar calquera das dúas na “XANELA DE FERRAMENTAS”
notaredes que debaixo dela aparecen unha serie de parámetros que
podemos modificar. Nos imos traballar con dous deles:

1.- esquinas redondeadas (so no caso dos rectángulos): marcando este
parámetro as esquinas dos rectángulos que creemos serán máis ou
menos redondeadas segundo aumentemos ou baixemos este parámetro.
Seleccións rectangulares



2.- proporción de aspecto: Se deixamos o recadro rotulado con “fixo”
sen marcar poderemos empregar a ferramenta libremente, sen ningún
tipo de restrición pero se marcamos dito recadro e debaixo escribimos
1:1. Entón estaremos preparados para facer circunferencias e cadrados
totalmente perfectos.




SELECCIÓN LIBRE

(rotulada co numero 3 na primeira imaxe)



Esta é a ferramenta de selección que podemos empregar tanto para
facer seleccións irregulares como poligonais. Inda que nun principio foi
pensada para facer seleccións irregulares nos ímola empregar para facer
seleccións poligonais, xa que para as irregulares imos empregar as
“TESOIRAS DE SELECCIÓN”.

Para facer unha SELECCIÓN POLIGONAL tan só teremos que seguir
estes pasos:

1.- seleccionar a ferramenta “SELECCIÓN LIBRE” na “XANELA DE
FERRAMENTAS”
2.- facer clic enriba da zona da capa onde queremos que comece o noso
polígono

3.- mover o rato cara onde desexamos que estea o seguinte vértice do
polígono

4.- repetir o paso 3 tantas veces como queiramos

5.- facer clic no primeiro vértice para pechar o noso polígono




          Selección poligonal sen pechar, pechada e chea dunha cor




SELECCIÓN DIFUSA

(rotulada co numero 4 na primeira imaxe)




Con     a    ferramenta         “SELECCIÓN   DIFUSA”   seleccionamos   zonas
irregulares dun xeito moi rápido, iso si, coa condición de que teñan a
mesma cor ou unha semellante.

Como pasaba coas outras ferramentas notaredes que ao seleccionala
amosa diferentes parámetros que configurar. Só tocaremos un, o
denominado “umbral”. Este parámetro regula o semellante que ten que
ser a cor para que a ferramenta a considere “igual” que sobre a que
fixemos o clic.

Co parámetro en “0” so selecciona as cores exactamente iguais a ese
punto e se o temos en “255” a tolerancia será moi alta. Recomendamos
telo nun valor arredor de 15-20, inda que dependendo do traballo
podemos xogar con el para adaptalo as nosas necesidades.



SELECCIÓN POR COR

(rotulada co número 5 na primeira imaxe)




Nesta ocasión a ferramenta traballa do mesmo xeito pero selecciona
todas as cores iguais da capa. Recomendamos situar o a tolerancia máis
baixa aínda que na anterior.



TESOIRA DE SELECCIÓN

(rotulada co número 6 na primeira imaxe)




Posiblemente esta é a ferramenta de selección máis interesante e
importante de GIMP. Con ela podemos facer seleccións poligonais e
irregulares dun xeito moi doado e fiable. Aplicaremos esta ferramenta
cando o traballo a realizar sexa recortar dunha fotografía o debuxo algo
que queiramos engadir a outra ou deixar só nunha capa. Tan só temos
que seguir estes pasos:
1.- seleccionar a ferramenta na “XANELA DE SELECCIÓN”

2.- ir facendo clics sucesivos sobre a silueta que pretendermos recortar.
GIMP se encargara de ir trazando as curvas exactas por nos.

3.- facer coincidir o ultimo clic co primeiro que fixemos para pechar o
trazado

4.- facer clic no interior e o trazado converterase en selección.




          Trazado realizado coa “tesoira de selección” SEN PECHAR
Selección pechada (poñede ollo na selección ao redor da contorna)




Resultado final tras copiar a selección e pegala nunha nova capa.
FOTOMONTAXES CON “CORTAR, COPIAR E PEGAR”

Como xa dixemos as seleccións poden ter varios usos, como forma de
debuxar e despois reencher formas poligonais e irregulares ou ben para
seleccionar partes de fotografías e debuxos.

Imos aprender dun xeito rápido como facer estes fotomontaxes. Temos
que seguir estes pasos:

1.- Crear un documento novo do tamaño que desexemos

2.- abrir unha fotografía

3.- escoller a tesoira de selección e empregala para seleccionar unha
parte da foto

4.- copiar esa parte seleccionada usando o comando “COPIAR” que
atoparedes no menú “EDITAR” da “XANELA DE IMAXES” ou ben
premendo simultaneamente as teclas: CONTROL e C

5.- Ir ao documento que creamos no paso número 1, crear unha nova
capa e empregar o comando “PEGAR” que atoparedes no menú
“EDITAR” da “XANELA DE IMAXES” ou ben premendo simultaneamente
as teclas: CONTROL e V.

SE É PRECISO PREMER NA ANCORA PARA FIXAR A SELECCIÓN
FLOTANTE.

6.- Repetir estes pasos tantas veces como queirades e con tantas fotos
como desexedes.

NOTA: non esquezades que podedes mesturar as FERRAMENTA DE
ESCRITURA con estas FERRAMENTAS DE SELECCIÓN

Temos unha ferramenta que non nomeamos ata agora. Chámase
“ferramenta de escalado” e sírvenos para cambiar o tamaño dunha capa
ou do contido dunha selección. Está representada na “xanela de
ferramentas coa seguinte icona:




                         Ferramenta de escalado

O seu uso e moi doado. Basta con activala cando teñamos feita unha
selección e facer clic dentro dela. De xeito inmediato despregarase unha
nova xanela e o “camiño de formigas” da selección cambiará. Basta con
mover de calquera dos novos cadrados que aparecen na selección para
que cambie o seu tamaño e aspecto. Se non queremos que a selección
se deforme e tan doado como premer nas cadeas que aparecen na nova
xanela. (ver imaxe)




                      Uso da ferramenta de escalado

More Related Content

Viewers also liked

Gd iliana narvaez
Gd iliana narvaezGd iliana narvaez
Gd iliana narvaezIli Narvaez
 
Iliana maríanarváezjumbo.word
Iliana maríanarváezjumbo.wordIliana maríanarváezjumbo.word
Iliana maríanarváezjumbo.wordIli Narvaez
 
porcentajes 5c enrique rebsamen
porcentajes 5c enrique rebsamenporcentajes 5c enrique rebsamen
porcentajes 5c enrique rebsamenGloria Leyva Cruz
 
Día del amor y la amistad
Día del amor y la amistadDía del amor y la amistad
Día del amor y la amistadSamanta Rodas
 
Resume-JaeGeun Kim
Resume-JaeGeun KimResume-JaeGeun Kim
Resume-JaeGeun KimJaegun Kim
 
Práctica de word 1
Práctica de word 1Práctica de word 1
Práctica de word 1Isra31
 
Power point situacion problema
Power point situacion problemaPower point situacion problema
Power point situacion problemajorgeiupac
 
AJAY CHAUHAN ppt
AJAY CHAUHAN  pptAJAY CHAUHAN  ppt
AJAY CHAUHAN pptAjay Kumar
 
Trabajo naturales 1ºa
Trabajo naturales 1ºaTrabajo naturales 1ºa
Trabajo naturales 1ºapaquitatorres
 
Functions c++ مشروع
Functions c++ مشروعFunctions c++ مشروع
Functions c++ مشروعziadalmulla
 
Estudio de caso l zegarra
Estudio de caso l zegarraEstudio de caso l zegarra
Estudio de caso l zegarraLMZR5304
 

Viewers also liked (16)

Gd iliana narvaez
Gd iliana narvaezGd iliana narvaez
Gd iliana narvaez
 
Iliana maríanarváezjumbo.word
Iliana maríanarváezjumbo.wordIliana maríanarváezjumbo.word
Iliana maríanarváezjumbo.word
 
ThesisDefensePresentation
ThesisDefensePresentationThesisDefensePresentation
ThesisDefensePresentation
 
porcentajes 5c enrique rebsamen
porcentajes 5c enrique rebsamenporcentajes 5c enrique rebsamen
porcentajes 5c enrique rebsamen
 
Día del amor y la amistad
Día del amor y la amistadDía del amor y la amistad
Día del amor y la amistad
 
Luisa y laura
Luisa y lauraLuisa y laura
Luisa y laura
 
Byron robalino
Byron robalinoByron robalino
Byron robalino
 
Resume-JaeGeun Kim
Resume-JaeGeun KimResume-JaeGeun Kim
Resume-JaeGeun Kim
 
Práctica de word 1
Práctica de word 1Práctica de word 1
Práctica de word 1
 
Power point situacion problema
Power point situacion problemaPower point situacion problema
Power point situacion problema
 
Reyes
ReyesReyes
Reyes
 
AJAY CHAUHAN ppt
AJAY CHAUHAN  pptAJAY CHAUHAN  ppt
AJAY CHAUHAN ppt
 
Trabajo naturales 1ºa
Trabajo naturales 1ºaTrabajo naturales 1ºa
Trabajo naturales 1ºa
 
Functions c++ مشروع
Functions c++ مشروعFunctions c++ مشروع
Functions c++ مشروع
 
Antonio,lucas y tortu
Antonio,lucas y tortuAntonio,lucas y tortu
Antonio,lucas y tortu
 
Estudio de caso l zegarra
Estudio de caso l zegarraEstudio de caso l zegarra
Estudio de caso l zegarra
 

Similar to proba

Similar to proba (8)

Paula Montenegro MéNdez
Paula Montenegro MéNdezPaula Montenegro MéNdez
Paula Montenegro MéNdez
 
Graffiti.
Graffiti.Graffiti.
Graffiti.
 
Sketch up
Sketch upSketch up
Sketch up
 
Potato
PotatoPotato
Potato
 
Album no GIMP
Album no GIMPAlbum no GIMP
Album no GIMP
 
Album no GIMP
Album no GIMPAlbum no GIMP
Album no GIMP
 
Araword traducido ao galego
Araword traducido ao galegoAraword traducido ao galego
Araword traducido ao galego
 
Curso de lim
Curso de limCurso de lim
Curso de lim
 

proba

  • 1. Unidade 6 FERRAMENTAS DE SELECCIÓN Unhas das ferramentas máis importantes para o traballo cun programa de edición gráfica son as coñecidas como “FERRAMENTAS DE SELECCIÓN”. A súa función se resume dicindo que son ferramentas que nos permiten seleccionar unha parte concreta dunha capa para traballar con esa parte por separado. Dentro de este traballo por separado referímonos a entre outras cousas reencher de distintas cores, aplicar efectos, ou cortar e copiar para pegar ese contido en novas capas e realizar así diferentes composicións. Saberemos que unha parte dunha capa esta seleccionada cando arredor desa parte apareza o que se denomina “camiño de formigas” e dicir, unha liña intermitente branca e negra que asemella moverse. As diferentes “FERRAMENTAS DE SELECCIÓN” que podemos empregar en GIMP atopámolas na primeira ringleira da “XANELA DE FERRAMENTAS”. Ferramentas de selección na “xanela de ferramentas”
  • 2. Son (de esquerda a dereita): 1. Selección de rectángulos: fai seleccións dese patrón con co desprazamento do rato 2. Selección elíptica: fai seleccións dese patrón con co desprazamento do rato 3. Selección libre: podemos facer seleccións coa forma que queiramos usando o desprazamento do rato. 4. Selección difusa: selecciona zonas contiguas da mesma cor que onde fixemos clic 5. Seleccionar por cor: selecciona todas as zonas da capa coa mesma cor que onde fixemos clic 6. Tesoiras de selección: iremos facendo clics consecutivos arredor da contorna que queremos seleccionar e o programa irá adaptando a selección a dita contorna. 7. Selección do primeiro plano: empregase para a selección de zonas con obxectos na fronte. Non a empregaremos neste curso. NOTA IMPORTANTE: se nalgún momento queremos anular unha selección que temos nalgunha capa bastará con premer SIMULTANEAMENTE as teclas MAIÚSCULAS, CONTROL e A
  • 3. SELECCIÓN DE RECTÁNGULOS E ELIPSES (rotuladas cos números 1 e 2 na primeira imaxe) É unha ferramenta moi doada de empregar cando as seleccións que imos realizar teñen estes patróns: cadrados, rectángulos, circunferencias e elipses. Distintas seleccións nunha mesma capa Ao seleccionar calquera das dúas na “XANELA DE FERRAMENTAS” notaredes que debaixo dela aparecen unha serie de parámetros que podemos modificar. Nos imos traballar con dous deles: 1.- esquinas redondeadas (so no caso dos rectángulos): marcando este parámetro as esquinas dos rectángulos que creemos serán máis ou menos redondeadas segundo aumentemos ou baixemos este parámetro.
  • 4. Seleccións rectangulares 2.- proporción de aspecto: Se deixamos o recadro rotulado con “fixo” sen marcar poderemos empregar a ferramenta libremente, sen ningún tipo de restrición pero se marcamos dito recadro e debaixo escribimos 1:1. Entón estaremos preparados para facer circunferencias e cadrados totalmente perfectos. SELECCIÓN LIBRE (rotulada co numero 3 na primeira imaxe) Esta é a ferramenta de selección que podemos empregar tanto para facer seleccións irregulares como poligonais. Inda que nun principio foi pensada para facer seleccións irregulares nos ímola empregar para facer seleccións poligonais, xa que para as irregulares imos empregar as “TESOIRAS DE SELECCIÓN”. Para facer unha SELECCIÓN POLIGONAL tan só teremos que seguir estes pasos: 1.- seleccionar a ferramenta “SELECCIÓN LIBRE” na “XANELA DE FERRAMENTAS”
  • 5. 2.- facer clic enriba da zona da capa onde queremos que comece o noso polígono 3.- mover o rato cara onde desexamos que estea o seguinte vértice do polígono 4.- repetir o paso 3 tantas veces como queiramos 5.- facer clic no primeiro vértice para pechar o noso polígono Selección poligonal sen pechar, pechada e chea dunha cor SELECCIÓN DIFUSA (rotulada co numero 4 na primeira imaxe) Con a ferramenta “SELECCIÓN DIFUSA” seleccionamos zonas irregulares dun xeito moi rápido, iso si, coa condición de que teñan a mesma cor ou unha semellante. Como pasaba coas outras ferramentas notaredes que ao seleccionala amosa diferentes parámetros que configurar. Só tocaremos un, o
  • 6. denominado “umbral”. Este parámetro regula o semellante que ten que ser a cor para que a ferramenta a considere “igual” que sobre a que fixemos o clic. Co parámetro en “0” so selecciona as cores exactamente iguais a ese punto e se o temos en “255” a tolerancia será moi alta. Recomendamos telo nun valor arredor de 15-20, inda que dependendo do traballo podemos xogar con el para adaptalo as nosas necesidades. SELECCIÓN POR COR (rotulada co número 5 na primeira imaxe) Nesta ocasión a ferramenta traballa do mesmo xeito pero selecciona todas as cores iguais da capa. Recomendamos situar o a tolerancia máis baixa aínda que na anterior. TESOIRA DE SELECCIÓN (rotulada co número 6 na primeira imaxe) Posiblemente esta é a ferramenta de selección máis interesante e importante de GIMP. Con ela podemos facer seleccións poligonais e irregulares dun xeito moi doado e fiable. Aplicaremos esta ferramenta cando o traballo a realizar sexa recortar dunha fotografía o debuxo algo que queiramos engadir a outra ou deixar só nunha capa. Tan só temos que seguir estes pasos:
  • 7. 1.- seleccionar a ferramenta na “XANELA DE SELECCIÓN” 2.- ir facendo clics sucesivos sobre a silueta que pretendermos recortar. GIMP se encargara de ir trazando as curvas exactas por nos. 3.- facer coincidir o ultimo clic co primeiro que fixemos para pechar o trazado 4.- facer clic no interior e o trazado converterase en selección. Trazado realizado coa “tesoira de selección” SEN PECHAR
  • 8. Selección pechada (poñede ollo na selección ao redor da contorna) Resultado final tras copiar a selección e pegala nunha nova capa.
  • 9. FOTOMONTAXES CON “CORTAR, COPIAR E PEGAR” Como xa dixemos as seleccións poden ter varios usos, como forma de debuxar e despois reencher formas poligonais e irregulares ou ben para seleccionar partes de fotografías e debuxos. Imos aprender dun xeito rápido como facer estes fotomontaxes. Temos que seguir estes pasos: 1.- Crear un documento novo do tamaño que desexemos 2.- abrir unha fotografía 3.- escoller a tesoira de selección e empregala para seleccionar unha parte da foto 4.- copiar esa parte seleccionada usando o comando “COPIAR” que atoparedes no menú “EDITAR” da “XANELA DE IMAXES” ou ben premendo simultaneamente as teclas: CONTROL e C 5.- Ir ao documento que creamos no paso número 1, crear unha nova capa e empregar o comando “PEGAR” que atoparedes no menú “EDITAR” da “XANELA DE IMAXES” ou ben premendo simultaneamente as teclas: CONTROL e V. SE É PRECISO PREMER NA ANCORA PARA FIXAR A SELECCIÓN FLOTANTE. 6.- Repetir estes pasos tantas veces como queirades e con tantas fotos como desexedes. NOTA: non esquezades que podedes mesturar as FERRAMENTA DE ESCRITURA con estas FERRAMENTAS DE SELECCIÓN Temos unha ferramenta que non nomeamos ata agora. Chámase “ferramenta de escalado” e sírvenos para cambiar o tamaño dunha capa
  • 10. ou do contido dunha selección. Está representada na “xanela de ferramentas coa seguinte icona: Ferramenta de escalado O seu uso e moi doado. Basta con activala cando teñamos feita unha selección e facer clic dentro dela. De xeito inmediato despregarase unha nova xanela e o “camiño de formigas” da selección cambiará. Basta con mover de calquera dos novos cadrados que aparecen na selección para que cambie o seu tamaño e aspecto. Se non queremos que a selección se deforme e tan doado como premer nas cadeas que aparecen na nova xanela. (ver imaxe) Uso da ferramenta de escalado