1. MODELIZANDO
Coa axuda dunha lámpada (sol), dunha pelota (lúa), dun globo terráqueo e de papel
e bolígrafo trata de obter modelos ou representacións gráficas das seguintes
situacións.
1. Representa un eclipse de Lúa en España.
2. Coloca a Terra, Sol e Lúa de maneira que sexa unha noite de cuarto minguante.
3. Coloca a Terra no seu perihelio.
4. Coloca a Terra e o Sol de maneira que sexa solsticio de verán en Australia.
5. Coloca a Terra e o Sol no equinoccio de outono en Canadá.
6. Representa un eclipse de Sol.
7. Debuxa un esquema dun modelo xeocéntrico.
8. Coloca a Terra, Sol e Lúa de maneira que sexa unha noite de lúa chea.
9. Coloca a Terra e o Sol de forma que o día e a noite duren exactamente 12 horas.
10. Coloca como debería situarse a Terra para que non existisenestacións.
11. Demostracun experimento que a Lúa ten unha cara oculta.
12. Obtén de xeito experimental un gnomon.
13. Simula que unha pelota é a Estrela Polar e
indica como determinarías os puntos cardinais.
14. Coloca a Terra no seu afelio.
15. Sitúa a Lúa con respecto ó Sol e a Terra de
maneira que no ceo nocturno de España
vexamos a lúa como unha fina C.