1. Nº
1º CONTROL DA 3ª AVALIACIÓN (CIENCIAS NATURAIS -2ºESO)
1. (2ptos.) Relaciona cada número coa parte da planta ou substancia que correponda. Ademais
define cada unha delas e indica a súa función. Asimesmo indica o nome do proceso A e B.
2. (1.25pto.) Axusta as seguintes reaccións químicas e interpreta a primeira. Indica cales son os
reactivos e cales os productos de dita reacción.
a)___H2+__ O2 H20
b)__ Fe +__ O2 → __Fe2O3
c) __Cr2O3 + __Al __ Al2O3 + __Cr
d) __H2 +__ F2 __ HF
Interpretación da primeira reacción: ________________________________________________
_____________________________________________________________________________
_____________________________________________________________________________
3. (0.75ptos.) Tes dous vasos idénticos que conteñen sendos líquidos. Ambos son
transparentes, incoloros e carecen de olor. Sabemos que un deles contén auga pura e o outro
ácido sulfúrico. Cómo poderías diferenciar cal é cal?
1
1
2
3
4
5
6
7
8
2
9
10
11
12
13
14
1515
9
16 10
17
10
A
B
2. 4. (2ptos.) Indica para cada animal o tipo de nutrición que presenta así como o tipo de
respiración e os seus órganos excretores.
Animal Nutrición Respiración Órgano excretor
Esponxa
Miñoca
Sapo
Cágado
Saltón
Tiburón
Gaivota
5. (2ptos.) Escribe ó carón de cada un dos seguintes cambios se se trata dun cambio físico ou
químico, exotérmico ou endotérmico e por qué o sabes.
a) Deixas un cubiño de xeo nun vaso e pasado unha hora está completamente derretido.
b) Nun vaso mesturas dous líquidos incoloros e de repente observas que se formou un sólido
de cor amarelo canario e, ó tocar o vaso, este está moi frío.
c) Tendes a roupa mollada ó sol para que seque.
d) Colles un iogur, clávaslle unha culler e o metes no conxelador. Ó día seguinte o sacas e
cómeste un nutritivo e fresquiño xelado de iogur.
e) Asas unha mazá
f) Nun bol introduces ovos, azucre, leite, levadura e fariña e removes. Seguidamente
introduces esa masa no forno e o deixas a 180⁰C durante unha hora. Tras ese tempo volves a
abrir o forno e descubres que obtiveches un apetitoso bizcocho.
3. Nº
6. (2ptos.) Di se os seguintes enunciados son verdadeiros ou falsos. Xustifica a túa resposta.
a) Dalton observou que a masa manténse constante en tódalas reaccións químicas e Lavoisier
afirmou que isto era debido a que había as mesmas moléculas en reactivos que en productos,
soamente cambia a forma en que están agrupadas.
b) Podemos diferencias dous metais pola súa dureza, é dicir, pola súa resistencia a fracturarse
tras recibir un golpe.
c) Cando sentes sede ponse de manifesto a función de relación.
d) As substancias orgánicas que constitúen a tódolos seres vivos son os glúcidos, lípidos e sales
minerais.
e) A única función da membrana celular e protexer a célula, impidendo que os orgánulos saian
ó exterior.
f) As bolboretas empregan as súas rádulas que introducen nas flores para succionar o néctar.
g) Na boca, larinxe e esófago prodúcese soamente unha dixestión mecánica, mentres que a
dixestión química ten lugar exclusivamente no estómago.
h) Os pulmóns e as branquias considéranse órganos respiratorios e excretores.
i) Os carnívoros presentan nas súas mandíbulas incisivos para suxeitar e perforar as súas
presas e molares para despedaza-la carne.
j) O tubo dixestivo dos hervíboros e máis longo có dos carnívoros e a seu cego máis pequeno,
pois a herba é difícil e lenta de dixerir.
l) A enerxía que proporcionan os alimentos mídese en calorías: canto máis calorías ten un
produto menos enerxía nos proporciona, aínda que non é unha medida fiable, pois podemos
reducir as calorías dos alimentos meténdoos no frigorífico.