2. “Non se garante que o que se garde estes días en
PROENS poida ser usado para o vindeiro curso 2022-23
xa que a aplicación está en fase de proba. Agárdase que
estea plenamente operativa a principios de setembro.”
Esteban Calviño, a cargo do Servizo de planificación e
coordinación da inspección educativa, dixit.
WARNING!
ACHTUNG!
ATENCIÓN!
3. Así, o propósito desta guía é unicamente familiarizarse coa
aplicación.
A nosa compañeira Mercedes está a facer un curso sobre
PROENS e o seu mentor tamén a informou de que esta
aplicación non terá habilitado o curso 2022-2023 ata o 31
de agosto.
Aclarado este punto, continuemos.
4. Maneiras de acceder a PROENS:
1) Poñemos a url edu.xunta.gal/proens/ na barra de direccións do navegador.
2) Tecleamos “proens” no noso navegador e escollemos o enlace que conteña
a dirección edu.xunta.gal.
Na miña captura
xa vedes que é
o primeiro.
5. Para entrar na aplicación, identificámonos coa nosa conta
corporativa (a do dominio edu.xunta.gal)
CLICK AQUÍ
6. Recordade escribir soamente o nome do usuario, é dicir,
os caracteres que están antes da @. No meu caso
(marcoscorbacho@edu.xunta.es) sería así:
Se o contrasinal está caducado
non poderemos entrar!
7. Se todo foi ben, entraremos na aplicación. Así:
Esto indícanos que nos
identificamos ben como
usuarios do dominio
edu.xunta.gal.
12. O primeiro que hai que facer coa programación é creala.
Facemos click no botón do +.
Click
Acabo de crear a programación de Plástica de 1º ESO.
13. Click
En tipo de versión, escollemos “de traballo”. Os demais parámetros son
informativos e non os podemos cambiar. Fixádevos en que o PROENS xa
calculou que vou ter 70 sesións anuais. Debo ter en conta este dato cando
elabore as unidades didácticas e indique cantas sesións lle asigno a cada
unha xa que se entre todas non suman 70 vai dar unha mensaxe de ERRO.
Rematamos o proceso facendo click en no botón Crear.
14. Pois aquí está a miña programación de Plástica de 1º ESO
lista para que modifique.
E como vedes abaixo, cada apartado ten dúas iconas: unha
lupa (para ver ese apartado) e un lapis (para editalo).