Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Colaborientación en castrelos (manu 4º)

200 views

Published on

Tarefa a desenvolver no entorno do pazo de Castrelos.

Published in: Education
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Colaborientación en castrelos (manu 4º)

  1. 1. TAREFAS CON FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS (2016-17) CURSO 4º EP (Manuel Núñez) ÁREAS Naturais - Sociais - Educación Física - Valores Sociais - Ed. Plástica. TEMPORALIZACIÓN Abril e maio do 2017 Título “COLABORIENTACIÓN” EN CASTRELOS Descrición Preparación dun mapa para que os alumnos-as fagan unha carreira de orientación no parque do pazo de Castrelos. (Nesta ocasión participarán con nós os alumnos-as de 4º do CEIP Josefa Alonso). Produto - Mapa para carreira de orientación do parque do pazo de Castrelos. - A propia carreira de orientación. Contexto Entorno escolar (coñecendo unha zona menos visitada; Pazo de Castrelos). ACTIVIDADE EXTRA-PREVIA [Subproduto] Preparamos video presentación-invitación para participar na carreira de orientación aos compañeiros-as do CEIP Josefa Alonso. - Cada grupo redacta o guión do que vai dicir na presentación para logo gravar co iMovie e PicCollage. - Distribúen o que vai dicir cada membro do grupo segundo o guión planificado. - Ensaian como van facer no momento de gravar o video. - Gravan o video, en total 8 videos, un por grupo, aos que se lle asigna un código QR a engadir pola parte traseira do plano a utilizar na carreira. É o que serve de invitación. Estándar-es LCB1.1.1. Expresa ideas, pensamentos, opinións, sentimentos con certa claridade. LCB1.2.2. Exprésase cunha pronunciación e unha dicción correctas: articulación, ritmo, entoación. LCB1.3.1. Participa activamente e con coherencia na secuencia das súas ideas en diversas situación de comunicación: exposicións orais segundo modelo e guiadas, con axuda, cando cumpra, das tecnoloxías da información e comunicación ACTIVIDADE 1 Tomamos decisións imprescindibles para facer a tarefa. - Descarga do mapa base. (Programa para PC, QGIS). - Coa axuda dun plano da zona deseñamos o percorrido para chegar ao pazo. - Exploramos e escollemos a zona a utilizar. - Unha vez formados os grupos (8) teñen que poñerse un nome para ser recoñecidos. A cada un deses grupos logo se incorporarán dous alumnos-as do CEIP Josefa Alonso. Estándar-es CNB1.1.2. Presenta os traballos, en soporte dixital ou papel, de maneira ordenada, clara e limpa. CSB2.2.1. Explica e compara as distintas formas de representación da Terra, planos, mapas, … MTB4.4.1. Representa a escola, o barrio ou a aldea mediante un pano ou esbozo. EFB1.3.5. Acepta formar parte do grupo que lle corresponda e o resultado das competicións con deportividade.
  2. 2. ACTIVIDADE 2 Buscamos elementos que non aparecen no mapa. - Recoñecemos “in situ” a zona escollida. - Decidimos entre todos os elementos a poñer no mapa. - Pensamos en pequenos grupos os símbolos a empregar para cada elemento. - Colocamos por grupos os símbolos no mapa coa maior exactitude posible. (Programa para PC, Open Orienteering Mapper). Estándar-es CNB2.2.4. Planifica, de forma autónoma e creativa, actividades de ocio e tempo libre, individual e en grupo. EFB1.3.5. Acepta formar parte do grupo que lle corresponda e o resultado das competicións con deportividade. EFB3.1.1. Realiza desprazamentos en diferentes tipos de contornos e en actividades físico- deportivas axustando a súa realización aos parámetros espazo-temporais. ACTIVIDADE 3 Pensamos un lugar para esconder as balizas. - Cada neno-a do grupo pensa os escondites necesarios para completar un percorrido de seis postos. - Cada neno-a marca no mapa os lugares escollidos. Estándar-es CNB2.2.4. Planifica, de forma autónoma e creativa, actividades de ocio e tempo libre, individual e en grupo. EFB6.4.2. Utiliza os espazos naturais respectando a flora e fauna do lugar. ACTIVIDADE 4 Facemos os oito percorridos para a carreira de orientación. - Decidimos, en grupo, o percorrido a facer cos 6 escondites. (Pode haber un mesmo lugar en máis dun percorrido pero con distinto número para cada un dos percorridos). - Poñemos nome (por exemplo unha letra para non liar con tanto número) ao percorrido para recoñecelo e diferencialo dos demais. [O mestre rexistra que deseñou cada percorrido. Lóxicamente non poden facer o percorrido que eles deseñaron] - Marcamos no mapa o percorrido. (Programa para PC, Purple Pen). - Pasamos as decisións do grupo ao mapa dixital coa axuda do mestre. Estándar-es CNB1.1.2. Presenta os traballos, en soporte dixital ou papel, de maneira ordenada, clara e limpa. CNB2.2.4. Planifica, de forma autónoma e creativa, actividades de ocio e tempo libre, individual e en grupo. CSB2.4.1. Identifica e clasifica distintos tipos de mapas, define que é a escala nun mapa, o seu uso e emprega e interpreta signos convencionais básicos que poden aparecer nel. EFB6.3.2. Distingue en xogos e deportes individuais e colectivos estratexias de cooperación e de oposición. ACTIVIDADE 5 Elaboramos as balizas necesarias e aproveitamos as do curso anterior.
  3. 3. - Cada grupo deseña as súas balizas (necesitan 6). [En total 48 números distintos entre o 31 e o 99] - Decidir qué número vai en cada baliza. - Realizamos as balizas e as plastificamos. Estándar-es CNB1.1.2. Presenta os traballos, en soporte dixital ou papel, de maneira ordenada, clara e limpa. ACTIVIDADE 6 Cada grupo fai a tarxeta de control para o seu percorrido. - Valorar cantas tarxetas son necesarias (oito, unha por percorrido). Cada alumno-a do grupo debe levar a súa tarxeta. - Pensamos un deseño que contempla seis escondites. - Ten que poñer cada grupo un oco no que podan escribir o número que atopan ao chegar ao lugar. - Escribir os números das balizas na tarxeta que vai server de comprobación. (Esa non a levan logo os equipos).[Isto é feito polo mestre] Estándar-es EFB1.3.5. Acepta formar parte do grupo que lle corresponda e o resultado das competicións con deportividade. EFB6.3.2. Distingue en xogos e deportes individuais e colectivos estratexias de cooperación e de oposición. EPB2.3.2. Coñece e utiliza recursos tecnolóxicos básicos para a elaboración das propias creacións. ACTIVIDADE 7 Facemos a carreira de orientación. - Lembramos as normas a ter en conta durante a carreira. - Aclaramos en gran grupo as anotacións que se fan na tarxeta de control. - Sorteamos qué percorrido fará cada grupo dos oito que temos e que elaboraron anteriormente. - Imos ao pazo polo percorrido acordado e estudado na actividade 1 para comezar a carreira. Estándar-es CSB1.1.2. Manifesta autonomía na planificación e execución de accións e tarefas, ten iniciativa na toma de decisións e asume responsabilidades. CSB1.2.1. Participa en actividades individuais e de grupo, e emprega estratexias de traballo cooperativo valorando o esforzo e o coidado do material. EFB1.3.1. Participa activamente nas actividades propostas buscando unha mellora da competencia motriz. EFB3.1.1. Realiza desprazamentos en diferentes tipos de contornos en actividades físico- deportivas axustando a súa realización aos parámetros espazo-temporais. OBSERVACIÓNS - Certas partes dixitais aínda teñen apoio dos mestres. - Xa teñen experiencia do ano anterior (de feito, por exemplo, aproveitamos as tarxetas baliza do curso anterior máis unhas poucas que houbo que facer). Por
  4. 4. iso nesta ocasión atrevémonos a invitar aos compañeiros-as do CEIP Josefa Alonso. REFLEXIÓNS Podemos incluir unha actividade extra que sería facer a invitación aos compañeiros- as do CEIP Josefa Alonso e na que tería presencia clave o estándar: EPB1.1.2. Elabora carteis con diversa información considerando os conceptos de tamaño, proporción e cor, e engadindo textos utilizando a tipografía máis axeitada á súa función.

×