SlideShare a Scribd company logo
1 of 9
Download to read offline
IMA :
IMA 2010/11. Programación didácti


Contenido
       IMA 2010/11. Programación didácti ................................................................................. 2
       ca ............................................................................................ ¡Error! Marcador no definido.
Criterios de Avaliación................................................................................................................... 2
Mínimos esixibles .......................................................................................................................... 4
Criterios de cualificación ............................................................................................................... 5
Procedementos e instrumentos de avaliación .............................................................................. 6
Criterios mínimos de avaliación .................................................................................................... 7
Instrumentos de cualificación ....................................................................................................... 8
Normas de convivencia e obrigas do alumnado .......................................................................... 9




Documentación
28th septiembre 2010 - By admin


Criterios de Avaliación
            A capacidade de identificar os avances ao largo da historia nas tecnoloxías da
            información e a comunicación e a súa repercusión na evolución estética dos
            mensaxes audiovisuais.

            A destreza e espírito crítico do alumnado para identificar e manipular os
            diferentes produtos audiovisuais a os que ten acceso seguindo criterios estéticos.

            Capacidade reflexiva e analítica para marcar as diferenzas entre realidade e a súa
            imaxe, nas súas diversas formas e medios de representación nos medios
            audiovisuais e de comunicación.

            Analizar os elementos espaciais e temporais, ase como outras características
            básicas do significado e sentido na lectura de imaxes tanto fixas como en
            movemento.

            Analizar e comprender, por parte do alumnado, os diferentes niveis de lectura
            dunha mesma imaxe.
Analizar producións radiofónicas e televisivas identificando as características de
xénero e diferenciando cos roles sociais máis comúns nas producións
audiovisuais

Identificar os elementos básicos da linguaxe audiovisual

Capacidade de utilizar, tanto de maneira individual como en grupo, os elementos
básicos do medio audiovisual para realizar traballos con imaxes fixas e con
imaxes en movemento.

Capacidade para combina a creación visual con elementos sonoros.

Relacionar os conceptos de plano, escena e secuencia coas súas dimensións
comunicativas e narrativas, ase como coas súas funcións espaciais e temporais

Valorar a capacidade para crear e analizar mensaxes visuais e sonoros avaliando
a estrutura do mensaxe e su eficacia comunicativa.

Capacidade para estruturar un guión a partir da adaptación dunha obra literaria,
dunha idea ou dun acontecemento.

Capacidade de aplicar ou integrar o medio audiovisual como linguaxe expresivo
nos conflitos do seu entorno social ou educativo.

Visión critica e selectiva ante os medios de produción audiovisual, sobre a oferta
radiofónica e televisiva, diferenciando as claves e os códigos formais de cada
xénero, ase como os tópicos recorrentes nos programas de éxito.

Actitude como receptor consciente, selectivo e crítico ante os mensaxes e
creacións audiovisuais.

Capacidade de identificar e manipular as posibilidades das tecnoloxías da
información e a comunicación, con especial atención a os medios de
comunicación de libre acceso como internet.

Aproveitamento dos recursos que ofrecen os medios audiovisuais, avaliando os
seus aspectos positivos e negativos.

Recoñecer e reflexionar sobre as distintas funcións da publicidade, diferenciando
os elementos informativos e culturais de aqueles outros relacionados coa
emotividade, a sedución e a fascinación.

Capacidade para reflexionar e distinguir os diferentes elementos que inciden no
receptor das mensaxes publicitarias.
Mínimos esixibles
- Sintaxes da linguaxe audiovisual. Coñecemento e uso axeitado da sintaxes e dos
medios audiovisuais na creación de mensaxes.

-   Emprego das TIC de xeito informativo e de xeito expresivo.

- Análise das características básicas, significado e sentido na lectura de imaxes tanto
fixas como en movemento.

-   Lectura obxectiva e a subxectiva (denotación e connotación) dunha mesma imaxe
ou produción audiovisual.

-   O proceso da comunicación publicitaria. Análise publicitaria.

- Colaboración en grupo. Respecto cara ás outras persoas, capacidade de discusión e
crítica e asunción das responsabilidades no traballo que require calquera proxecto
audiovisual.

-   Mantemento e limpeza de equipamentos e instalacións
Criterios de cualificación
Os instrumentos utilizados para avaliar serán, entre outros:

       Probas sobre coñecementos teóricos.
       Probas teórico-prácticas, tanto individuais como colectivas
       Valoración de conceptos, procedementos e actitudes.

A nota de cada traballo individual:

       Un 60% do resultado e obxectivos a cumprir coa realización de cada actividade,
       o que supoñerá ou non, a asimilación dos contidos conceptuais que precederon
       cada actividade.
       Un 20% estará referido á súa actitude fronte as propostas, así como a súa
       predisposición á experimentación, capacidade crítica cos seus propios
       resultados, o seu nivel de esforzo e curiosidade, así como de respecto á materia.
           o Por último o 20 % restante referirase á asistencia, entrega puntual dos
               traballos, boa presentación dos mesmos, orde e a limpeza dos materiais,
               propios e comúns. Tamén teremos en conta o comportamento na aula,
               baseándose no respecto e a tolerancia fronte os compañeiros e ao
               profesor, tamén valorarase o respecto ó traballo alleo.
           o Os traballos non entregados sen causa xustificada terán de nota un cero
           o En caso de entregar traballos fora de prazo, sen causa xustificada, terán
               unha rebaixa na nota en proporción coa tardanza na entrega.

A nota dos proxectos en grupo:

       Será dun 75% como traballo colectivo e nota de aportación persoal ao traballo
       conxunto 25%
       A suma de ambas definen a nota do alumno polo proxecto en grupo.



Cualificación de las avaliacións parciais:

       A avaliación de cada trimestre será nun 75 % o resultado da media aritmética
       dos exercicios, exames e demais probas de contido propostas na avaliación.
       Nun 25% se valorarán durante o trimestre os instrumentos de cualificación
       recollidos no apartado c) do punto 10 desta programación

Cualificación da avaliación final:

       A avaliación final será nun 75 % o resultado da media aritmética das notas das
       tres avaliacións do curso.
       Nun 25% se valorarán durante todo o curso os instrumentos de cualificación
       recollidos no apartado c) do punto 10 desta programación.
Procedementos e instrumentos de
avaliación
Seguindo a programación xeral do centro, realizaránse tres avaliacións, unha delas final.
Para a cualificación usarán os seguintes procedementos de avaliación:

Avaliación inicial

Ten lugar ó comezo do curso. Permite coñecer as circunstancias particulares de cada
alumno (coñecementos previos, nivel de desenrolo, estereotipos, intereses…). Os
resultados da avaliación teranse en conta para no desenvolvemento da programación.

Avaliación formativa

Inclúe o proceso de ensinanza-aprendizaxe. Adaptarase no posible ás necesidades
individuais de cada alumno. Pretende a obtención dos obxectivos propostos para o
curso.

Observación por parte do profesor da actitude participativa do alumno nas actividades
de clase e nos grupos de traballo.

Entre os instrumentos de avaliación sinalamos:

       Traballos individuais, nas avaliacións parciais en que se realicen (comentario
       dun anuncio, reportaxe fotográfico, podcast, etc.)
       Traballos en equipo, en las avaliacións parciales en que se realicen (corto de cine
       mudo e documento multimedia)
       Exames escritos, con preguntas teóricas e breves exercicios prácticos
       relacionados cos contidos impartidos, tanto teóricos como prácticos.
Criterios mínimos de avaliación
   A destreza e espírito crítico do alumnado para identificar e manipular os
   diferentes produtos audiovisuais a os que ten acceso seguindo criterios estéticos.

   Analizar os elementos espaciais e temporais, ase como outras características
   básicas do significado e sentido na lectura de imaxes tanto fixas como en
   movemento.

   Analizar producións radiofónicas e televisivas identificando as características de
   xénero e diferenciando cos roles sociais máis comúns nas producións
   audiovisuais

   Identificar os elementos básicos da linguaxe audiovisual

   Relacionar os conceptos de plano, escena e secuencia coas súas dimensións
   comunicativas e narrativas, ase como coas súas funcións espaciais e temporais

   Capacidade de aplicar ou integrar o medio audiovisual como linguaxe expresivo
   nos conflitos do seu entorno social ou educativo.

   Visión critica e selectiva ante os medios de produción audiovisual, sobre a oferta
   radiofónica e televisiva, diferenciando as claves e os códigos formais de cada
   xénero, ase como os tópicos recorrentes nos programas de éxito.

   Actitude como receptor consciente, selectivo e crítico ante os mensaxes e
   creacións audiovisuais.

   Capacidade de identificar e manipular as posibilidades das tecnoloxías da
   información e a comunicación, con especial atención a os medios de
   comunicación de libre acceso como internet.

   Recoñecer e reflexionar sobre as distintas funcións da publicidade, diferenciando
   os elementos informativos e culturais de aqueles outros relacionados coa
   emotividade, a sedución e a fascinación.

   Capacidade para reflexionar e distinguir os diferentes elementos que inciden no
   receptor das mensaxes publicitarias.
Instrumentos de cualificación
Os instrumentos de avaliación máis adecuados que teremos en conta serán:

a) Resolución de exercicios prácticos. Dependendo da unidade propoñeremos
traballos específicos.

b) Elaboración e seguimento do traballo práctico dos alumnos ó longo do curso. Os
alumnos deberán ter un blog de aula dedicado á recollida e intercambio de información
e traballos da materia, tanto de conceptos teóricos recibidos na clase coma dos traballos
elaborados.

c)    Actitude positiva no que se refire ós seguintes aspectos:

       Manexa o medio con claridade e corrección.
       É ordenado e limpo nas súas producións e no coidado do material.
       É metódico e sistemático no desenvolvemento do seu traballo.
       Sabe traballar individualmente ou en equipo segundo as necesidades concretas
       de cada caso e axustándose ás condicións que se lle indican.
       Sabe seleccionar, organizar e manexar o material adecuado para o
       desenvolvemento dunha actividade.
       Segue con atención as actividades da aula e realiza habitualmente as tarefas de
       clase, demostrando interese polo traballo.
       Formula as dúbidas ou dificultades que se lle presentan e trata de corrixir os
       erros propios, amosando afán de superación.
       Cumpre as normas de convivencia do centro, respectando o ben común e o
       medio que o rodea, e non provoca conflitos no desenvolvemento normal da
       clase.
       É tolerante, respectuoso, dialogante, sabe escoitar e respecta a quenda de
       palabra, coopera cos seus compañeiros e profesores e amosa actitudes solidarias.
       Asume responsabilidades e cumpre os compromisos, acabando os traballos nos
       prazos asignados e traendo o material necesario para traballar na clase.

d) Entendese por comportamento exemplar:

       Respectar as normas de convivencia.
       Respectar ós profesores e ós compañeiros.
       Presentar os traballos con limpeza e pulcritude.
       Entregar os traballos nos prazos sinalados.
       Realizar os traballos prácticos axuntándose ás condicións mínimas que se lle
       indican.
       Coidar o material e mantén a orde e a limpeza no lugar de traballo.
       Traballar cumprindo as normas de hixiene e seguridade.
       Ser metódico e sistemático no desenvolvemento do seu traballo.
       Selecciona, organiza e manexa ben o material adecuado para o
       desenvolvemento do seu traballo.
       Ser capaz de traballar autonomamente, sen necesidade de instrucións concretas
       e constantes.
       Traballar ben en equipo.
Normas de convivencia e obrigas do
alumnado
Todas as faltas contrarias ás normas de convivencia serán sancionadas de acordo co
establecido no Regulamento de Réxime Interno do Instituto.

       Considérase falta leve non levar á clase o material específico esixido para
       traballar. Ás tres faltas leves acumuladas darase aviso ós pais do alumno/a e
       o/a titor/a mediante un parte de incidencias. A quinta falta de material por
       avaliación, significará un segundo parte de incidencias e a sexta falta de
       material na avaliación significará o terceiro parte de incidencias que se
       propoñerá inmediatamente en coñecemento da xefatura de estudios, posto que a
       falta pasa a ser grave e merecer, polo tanto, un parte sancionador. A sanción
       correspondente será en cada caso a marcada no Regulamento de Réxime
       Interno.

       Cada alumno/a deberá coidar a súa mesa de traballo e deixala limpa antes de
       finalizar a clase. O negarse a dita limpeza ou o esquecemento reiterado neste
       labor será sancionado cun parte de incidencias que será comunicado ao/á
       titor/a, aos pais e a xefatura de estudos.

       Se un alumno chega a clase cinco minutos ou máis despois de que toque o
       timbre, considerarase como atraso. Tres atrasos acumulados terán a condición
       de falta leve que da lugar a emisión dun parte de incidencias que se comunicará
       ós pais e o/a titora do alumno. A persistencia nestes feitos terán a consideración
       de falta contraria ás normas de convivencia.

More Related Content

What's hot

Ricardo ulla traballo
Ricardo ulla traballoRicardo ulla traballo
Ricardo ulla traballoricardoulla
 
Criterios de avaliación
Criterios de avaliaciónCriterios de avaliación
Criterios de avaliacióncristina4b
 
Copia de criterios de avaliación de martiño
Copia de criterios de avaliación de martiñoCopia de criterios de avaliación de martiño
Copia de criterios de avaliación de martiñon1martinho
 
10 11 ima minimos
10 11 ima minimos10 11 ima minimos
10 11 ima minimosn1cristina
 
Hipervínculos
HipervínculosHipervínculos
HipervínculoscRisveDe
 
Copia de copia de 11 12 ima minimos
Copia de copia de 11 12  ima minimosCopia de copia de 11 12  ima minimos
Copia de copia de 11 12 ima minimosjuanantonion1
 
10 11 ima minimos
10 11 ima minimos10 11 ima minimos
10 11 ima minimosnoapampin
 
Documento1
Documento1Documento1
Documento1Mariamr
 

What's hot (14)

Ricardo ulla traballo
Ricardo ulla traballoRicardo ulla traballo
Ricardo ulla traballo
 
índice
índiceíndice
índice
 
Ima 2010
Ima 2010Ima 2010
Ima 2010
 
Criterios de avaliación
Criterios de avaliaciónCriterios de avaliación
Criterios de avaliación
 
Copia de criterios de avaliación de martiño
Copia de criterios de avaliación de martiñoCopia de criterios de avaliación de martiño
Copia de criterios de avaliación de martiño
 
10 11 ima minimos
10 11 ima minimos10 11 ima minimos
10 11 ima minimos
 
Hipervínculos
HipervínculosHipervínculos
Hipervínculos
 
Copia de copia de 11 12 ima minimos
Copia de copia de 11 12  ima minimosCopia de copia de 11 12  ima minimos
Copia de copia de 11 12 ima minimos
 
Álvaro 3ºa
Álvaro 3ºaÁlvaro 3ºa
Álvaro 3ºa
 
Traballo
TraballoTraballo
Traballo
 
Ima 2010
Ima 2010Ima 2010
Ima 2010
 
Ima 2010
Ima 2010Ima 2010
Ima 2010
 
10 11 ima minimos
10 11 ima minimos10 11 ima minimos
10 11 ima minimos
 
Documento1
Documento1Documento1
Documento1
 

Viewers also liked

Lo que el Puerto no cumple y puede condenar Asturias
Lo que el Puerto no cumple y puede condenar AsturiasLo que el Puerto no cumple y puede condenar Asturias
Lo que el Puerto no cumple y puede condenar AsturiasJose Maria Perez
 
La energía de enrique y agustina
La energía de enrique y agustinaLa energía de enrique y agustina
La energía de enrique y agustinaMiriam Roca
 
Iii unidad epoca de las trans estructurales
Iii unidad epoca de las trans estructuralesIii unidad epoca de las trans estructurales
Iii unidad epoca de las trans estructuralescasuco
 
SXVIII BEA 2003
SXVIII BEA 2003SXVIII BEA 2003
SXVIII BEA 2003tricilla
 

Viewers also liked (9)

Método de composición.
Método de composición.Método de composición.
Método de composición.
 
Lo que el Puerto no cumple y puede condenar Asturias
Lo que el Puerto no cumple y puede condenar AsturiasLo que el Puerto no cumple y puede condenar Asturias
Lo que el Puerto no cumple y puede condenar Asturias
 
La energía de enrique y agustina
La energía de enrique y agustinaLa energía de enrique y agustina
La energía de enrique y agustina
 
Grecia
GreciaGrecia
Grecia
 
Iii unidad epoca de las trans estructurales
Iii unidad epoca de las trans estructuralesIii unidad epoca de las trans estructurales
Iii unidad epoca de las trans estructurales
 
Amistad viryi
Amistad viryiAmistad viryi
Amistad viryi
 
SXVIII BEA 2003
SXVIII BEA 2003SXVIII BEA 2003
SXVIII BEA 2003
 
Más allá
Más allá Más allá
Más allá
 
Pubicacionslide
PubicacionslidePubicacionslide
Pubicacionslide
 

Similar to Ima 2010 pdf

Ricardo ulla traballo
Ricardo ulla traballoRicardo ulla traballo
Ricardo ulla traballoricardoulla
 
minimos,belen gestoso
minimos,belen gestosominimos,belen gestoso
minimos,belen gestosoBgsts
 
Iniciación aos medios audiovisuais
Iniciación aos medios audiovisuaisIniciación aos medios audiovisuais
Iniciación aos medios audiovisuaisvalladares14
 
10 11 ima minimos muiños
10 11 ima minimos muiños10 11 ima minimos muiños
10 11 ima minimos muiñosmuinhos94
 
Programación do departamento de Tecnoloxía IES A GUÍA Vigo
Programación do departamento de Tecnoloxía IES A GUÍA VigoProgramación do departamento de Tecnoloxía IES A GUÍA Vigo
Programación do departamento de Tecnoloxía IES A GUÍA VigoPeregrina Pintos Testa
 
Presentacion do Módulo de Didactica da Educación Infantil
Presentacion do Módulo de Didactica da Educación InfantilPresentacion do Módulo de Didactica da Educación Infantil
Presentacion do Módulo de Didactica da Educación InfantilArturo Iglesias
 
LGMEDIA - 3 - INTERACTIVIDADE
LGMEDIA - 3 - INTERACTIVIDADELGMEDIA - 3 - INTERACTIVIDADE
LGMEDIA - 3 - INTERACTIVIDADEManuel Gago
 

Similar to Ima 2010 pdf (17)

Hipervinculos
HipervinculosHipervinculos
Hipervinculos
 
íNdice
íNdiceíNdice
íNdice
 
íNdice
íNdiceíNdice
íNdice
 
Ricardo ulla traballo
Ricardo ulla traballoRicardo ulla traballo
Ricardo ulla traballo
 
Ima 2010
Ima 2010Ima 2010
Ima 2010
 
áLvaro 3ºa
áLvaro 3ºaáLvaro 3ºa
áLvaro 3ºa
 
áLvaro 3ºa
áLvaro 3ºaáLvaro 3ºa
áLvaro 3ºa
 
minimos,belen gestoso
minimos,belen gestosominimos,belen gestoso
minimos,belen gestoso
 
10 11 ima minimos
10 11 ima minimos10 11 ima minimos
10 11 ima minimos
 
Iniciación aos medios audiovisuais
Iniciación aos medios audiovisuaisIniciación aos medios audiovisuais
Iniciación aos medios audiovisuais
 
10 11 imma
10 11 imma10 11 imma
10 11 imma
 
ima muiños
ima muiñosima muiños
ima muiños
 
10 11 ima minimos muiños
10 11 ima minimos muiños10 11 ima minimos muiños
10 11 ima minimos muiños
 
Programación do departamento de Tecnoloxía IES A GUÍA Vigo
Programación do departamento de Tecnoloxía IES A GUÍA VigoProgramación do departamento de Tecnoloxía IES A GUÍA Vigo
Programación do departamento de Tecnoloxía IES A GUÍA Vigo
 
Presentacion do Módulo de Didactica da Educación Infantil
Presentacion do Módulo de Didactica da Educación InfantilPresentacion do Módulo de Didactica da Educación Infantil
Presentacion do Módulo de Didactica da Educación Infantil
 
LGMEDIA - 3 - INTERACTIVIDADE
LGMEDIA - 3 - INTERACTIVIDADELGMEDIA - 3 - INTERACTIVIDADE
LGMEDIA - 3 - INTERACTIVIDADE
 
Proxecto interdisciplinar v3
Proxecto interdisciplinar v3Proxecto interdisciplinar v3
Proxecto interdisciplinar v3
 

More from makeino

El presidente Barack Obama celebró el primer aniversario de la muerte de Osam...
El presidente Barack Obama celebró el primer aniversario de la muerte de Osam...El presidente Barack Obama celebró el primer aniversario de la muerte de Osam...
El presidente Barack Obama celebró el primer aniversario de la muerte de Osam...makeino
 
El presidente Barack Obama celebró el primer aniversario de la muerte de Osam...
El presidente Barack Obama celebró el primer aniversario de la muerte de Osam...El presidente Barack Obama celebró el primer aniversario de la muerte de Osam...
El presidente Barack Obama celebró el primer aniversario de la muerte de Osam...makeino
 
Vicente aleixandre
Vicente aleixandreVicente aleixandre
Vicente aleixandremakeino
 
Presentación1
Presentación1Presentación1
Presentación1makeino
 
o magosto
o magostoo magosto
o magostomakeino
 
o magosto
o magostoo magosto
o magostomakeino
 

More from makeino (7)

El presidente Barack Obama celebró el primer aniversario de la muerte de Osam...
El presidente Barack Obama celebró el primer aniversario de la muerte de Osam...El presidente Barack Obama celebró el primer aniversario de la muerte de Osam...
El presidente Barack Obama celebró el primer aniversario de la muerte de Osam...
 
El presidente Barack Obama celebró el primer aniversario de la muerte de Osam...
El presidente Barack Obama celebró el primer aniversario de la muerte de Osam...El presidente Barack Obama celebró el primer aniversario de la muerte de Osam...
El presidente Barack Obama celebró el primer aniversario de la muerte de Osam...
 
Vicente aleixandre
Vicente aleixandreVicente aleixandre
Vicente aleixandre
 
Presentación1
Presentación1Presentación1
Presentación1
 
Magosto
MagostoMagosto
Magosto
 
o magosto
o magostoo magosto
o magosto
 
o magosto
o magostoo magosto
o magosto
 

Ima 2010 pdf

  • 2. IMA 2010/11. Programación didácti Contenido IMA 2010/11. Programación didácti ................................................................................. 2 ca ............................................................................................ ¡Error! Marcador no definido. Criterios de Avaliación................................................................................................................... 2 Mínimos esixibles .......................................................................................................................... 4 Criterios de cualificación ............................................................................................................... 5 Procedementos e instrumentos de avaliación .............................................................................. 6 Criterios mínimos de avaliación .................................................................................................... 7 Instrumentos de cualificación ....................................................................................................... 8 Normas de convivencia e obrigas do alumnado .......................................................................... 9 Documentación 28th septiembre 2010 - By admin Criterios de Avaliación A capacidade de identificar os avances ao largo da historia nas tecnoloxías da información e a comunicación e a súa repercusión na evolución estética dos mensaxes audiovisuais. A destreza e espírito crítico do alumnado para identificar e manipular os diferentes produtos audiovisuais a os que ten acceso seguindo criterios estéticos. Capacidade reflexiva e analítica para marcar as diferenzas entre realidade e a súa imaxe, nas súas diversas formas e medios de representación nos medios audiovisuais e de comunicación. Analizar os elementos espaciais e temporais, ase como outras características básicas do significado e sentido na lectura de imaxes tanto fixas como en movemento. Analizar e comprender, por parte do alumnado, os diferentes niveis de lectura dunha mesma imaxe.
  • 3. Analizar producións radiofónicas e televisivas identificando as características de xénero e diferenciando cos roles sociais máis comúns nas producións audiovisuais Identificar os elementos básicos da linguaxe audiovisual Capacidade de utilizar, tanto de maneira individual como en grupo, os elementos básicos do medio audiovisual para realizar traballos con imaxes fixas e con imaxes en movemento. Capacidade para combina a creación visual con elementos sonoros. Relacionar os conceptos de plano, escena e secuencia coas súas dimensións comunicativas e narrativas, ase como coas súas funcións espaciais e temporais Valorar a capacidade para crear e analizar mensaxes visuais e sonoros avaliando a estrutura do mensaxe e su eficacia comunicativa. Capacidade para estruturar un guión a partir da adaptación dunha obra literaria, dunha idea ou dun acontecemento. Capacidade de aplicar ou integrar o medio audiovisual como linguaxe expresivo nos conflitos do seu entorno social ou educativo. Visión critica e selectiva ante os medios de produción audiovisual, sobre a oferta radiofónica e televisiva, diferenciando as claves e os códigos formais de cada xénero, ase como os tópicos recorrentes nos programas de éxito. Actitude como receptor consciente, selectivo e crítico ante os mensaxes e creacións audiovisuais. Capacidade de identificar e manipular as posibilidades das tecnoloxías da información e a comunicación, con especial atención a os medios de comunicación de libre acceso como internet. Aproveitamento dos recursos que ofrecen os medios audiovisuais, avaliando os seus aspectos positivos e negativos. Recoñecer e reflexionar sobre as distintas funcións da publicidade, diferenciando os elementos informativos e culturais de aqueles outros relacionados coa emotividade, a sedución e a fascinación. Capacidade para reflexionar e distinguir os diferentes elementos que inciden no receptor das mensaxes publicitarias.
  • 4. Mínimos esixibles - Sintaxes da linguaxe audiovisual. Coñecemento e uso axeitado da sintaxes e dos medios audiovisuais na creación de mensaxes. - Emprego das TIC de xeito informativo e de xeito expresivo. - Análise das características básicas, significado e sentido na lectura de imaxes tanto fixas como en movemento. - Lectura obxectiva e a subxectiva (denotación e connotación) dunha mesma imaxe ou produción audiovisual. - O proceso da comunicación publicitaria. Análise publicitaria. - Colaboración en grupo. Respecto cara ás outras persoas, capacidade de discusión e crítica e asunción das responsabilidades no traballo que require calquera proxecto audiovisual. - Mantemento e limpeza de equipamentos e instalacións
  • 5. Criterios de cualificación Os instrumentos utilizados para avaliar serán, entre outros: Probas sobre coñecementos teóricos. Probas teórico-prácticas, tanto individuais como colectivas Valoración de conceptos, procedementos e actitudes. A nota de cada traballo individual: Un 60% do resultado e obxectivos a cumprir coa realización de cada actividade, o que supoñerá ou non, a asimilación dos contidos conceptuais que precederon cada actividade. Un 20% estará referido á súa actitude fronte as propostas, así como a súa predisposición á experimentación, capacidade crítica cos seus propios resultados, o seu nivel de esforzo e curiosidade, así como de respecto á materia. o Por último o 20 % restante referirase á asistencia, entrega puntual dos traballos, boa presentación dos mesmos, orde e a limpeza dos materiais, propios e comúns. Tamén teremos en conta o comportamento na aula, baseándose no respecto e a tolerancia fronte os compañeiros e ao profesor, tamén valorarase o respecto ó traballo alleo. o Os traballos non entregados sen causa xustificada terán de nota un cero o En caso de entregar traballos fora de prazo, sen causa xustificada, terán unha rebaixa na nota en proporción coa tardanza na entrega. A nota dos proxectos en grupo: Será dun 75% como traballo colectivo e nota de aportación persoal ao traballo conxunto 25% A suma de ambas definen a nota do alumno polo proxecto en grupo. Cualificación de las avaliacións parciais: A avaliación de cada trimestre será nun 75 % o resultado da media aritmética dos exercicios, exames e demais probas de contido propostas na avaliación. Nun 25% se valorarán durante o trimestre os instrumentos de cualificación recollidos no apartado c) do punto 10 desta programación Cualificación da avaliación final: A avaliación final será nun 75 % o resultado da media aritmética das notas das tres avaliacións do curso. Nun 25% se valorarán durante todo o curso os instrumentos de cualificación recollidos no apartado c) do punto 10 desta programación.
  • 6. Procedementos e instrumentos de avaliación Seguindo a programación xeral do centro, realizaránse tres avaliacións, unha delas final. Para a cualificación usarán os seguintes procedementos de avaliación: Avaliación inicial Ten lugar ó comezo do curso. Permite coñecer as circunstancias particulares de cada alumno (coñecementos previos, nivel de desenrolo, estereotipos, intereses…). Os resultados da avaliación teranse en conta para no desenvolvemento da programación. Avaliación formativa Inclúe o proceso de ensinanza-aprendizaxe. Adaptarase no posible ás necesidades individuais de cada alumno. Pretende a obtención dos obxectivos propostos para o curso. Observación por parte do profesor da actitude participativa do alumno nas actividades de clase e nos grupos de traballo. Entre os instrumentos de avaliación sinalamos: Traballos individuais, nas avaliacións parciais en que se realicen (comentario dun anuncio, reportaxe fotográfico, podcast, etc.) Traballos en equipo, en las avaliacións parciales en que se realicen (corto de cine mudo e documento multimedia) Exames escritos, con preguntas teóricas e breves exercicios prácticos relacionados cos contidos impartidos, tanto teóricos como prácticos.
  • 7. Criterios mínimos de avaliación A destreza e espírito crítico do alumnado para identificar e manipular os diferentes produtos audiovisuais a os que ten acceso seguindo criterios estéticos. Analizar os elementos espaciais e temporais, ase como outras características básicas do significado e sentido na lectura de imaxes tanto fixas como en movemento. Analizar producións radiofónicas e televisivas identificando as características de xénero e diferenciando cos roles sociais máis comúns nas producións audiovisuais Identificar os elementos básicos da linguaxe audiovisual Relacionar os conceptos de plano, escena e secuencia coas súas dimensións comunicativas e narrativas, ase como coas súas funcións espaciais e temporais Capacidade de aplicar ou integrar o medio audiovisual como linguaxe expresivo nos conflitos do seu entorno social ou educativo. Visión critica e selectiva ante os medios de produción audiovisual, sobre a oferta radiofónica e televisiva, diferenciando as claves e os códigos formais de cada xénero, ase como os tópicos recorrentes nos programas de éxito. Actitude como receptor consciente, selectivo e crítico ante os mensaxes e creacións audiovisuais. Capacidade de identificar e manipular as posibilidades das tecnoloxías da información e a comunicación, con especial atención a os medios de comunicación de libre acceso como internet. Recoñecer e reflexionar sobre as distintas funcións da publicidade, diferenciando os elementos informativos e culturais de aqueles outros relacionados coa emotividade, a sedución e a fascinación. Capacidade para reflexionar e distinguir os diferentes elementos que inciden no receptor das mensaxes publicitarias.
  • 8. Instrumentos de cualificación Os instrumentos de avaliación máis adecuados que teremos en conta serán: a) Resolución de exercicios prácticos. Dependendo da unidade propoñeremos traballos específicos. b) Elaboración e seguimento do traballo práctico dos alumnos ó longo do curso. Os alumnos deberán ter un blog de aula dedicado á recollida e intercambio de información e traballos da materia, tanto de conceptos teóricos recibidos na clase coma dos traballos elaborados. c) Actitude positiva no que se refire ós seguintes aspectos: Manexa o medio con claridade e corrección. É ordenado e limpo nas súas producións e no coidado do material. É metódico e sistemático no desenvolvemento do seu traballo. Sabe traballar individualmente ou en equipo segundo as necesidades concretas de cada caso e axustándose ás condicións que se lle indican. Sabe seleccionar, organizar e manexar o material adecuado para o desenvolvemento dunha actividade. Segue con atención as actividades da aula e realiza habitualmente as tarefas de clase, demostrando interese polo traballo. Formula as dúbidas ou dificultades que se lle presentan e trata de corrixir os erros propios, amosando afán de superación. Cumpre as normas de convivencia do centro, respectando o ben común e o medio que o rodea, e non provoca conflitos no desenvolvemento normal da clase. É tolerante, respectuoso, dialogante, sabe escoitar e respecta a quenda de palabra, coopera cos seus compañeiros e profesores e amosa actitudes solidarias. Asume responsabilidades e cumpre os compromisos, acabando os traballos nos prazos asignados e traendo o material necesario para traballar na clase. d) Entendese por comportamento exemplar: Respectar as normas de convivencia. Respectar ós profesores e ós compañeiros. Presentar os traballos con limpeza e pulcritude. Entregar os traballos nos prazos sinalados. Realizar os traballos prácticos axuntándose ás condicións mínimas que se lle indican. Coidar o material e mantén a orde e a limpeza no lugar de traballo. Traballar cumprindo as normas de hixiene e seguridade. Ser metódico e sistemático no desenvolvemento do seu traballo. Selecciona, organiza e manexa ben o material adecuado para o desenvolvemento do seu traballo. Ser capaz de traballar autonomamente, sen necesidade de instrucións concretas e constantes. Traballar ben en equipo.
  • 9. Normas de convivencia e obrigas do alumnado Todas as faltas contrarias ás normas de convivencia serán sancionadas de acordo co establecido no Regulamento de Réxime Interno do Instituto. Considérase falta leve non levar á clase o material específico esixido para traballar. Ás tres faltas leves acumuladas darase aviso ós pais do alumno/a e o/a titor/a mediante un parte de incidencias. A quinta falta de material por avaliación, significará un segundo parte de incidencias e a sexta falta de material na avaliación significará o terceiro parte de incidencias que se propoñerá inmediatamente en coñecemento da xefatura de estudios, posto que a falta pasa a ser grave e merecer, polo tanto, un parte sancionador. A sanción correspondente será en cada caso a marcada no Regulamento de Réxime Interno. Cada alumno/a deberá coidar a súa mesa de traballo e deixala limpa antes de finalizar a clase. O negarse a dita limpeza ou o esquecemento reiterado neste labor será sancionado cun parte de incidencias que será comunicado ao/á titor/a, aos pais e a xefatura de estudos. Se un alumno chega a clase cinco minutos ou máis despois de que toque o timbre, considerarase como atraso. Tres atrasos acumulados terán a condición de falta leve que da lugar a emisión dun parte de incidencias que se comunicará ós pais e o/a titora do alumno. A persistencia nestes feitos terán a consideración de falta contraria ás normas de convivencia.