SlideShare a Scribd company logo
1 of 3
Download to read offline
Movemento “¡Democracia Real Ya!”

                    O movemento
                    ¡Democracia Real YA!            é un movemento
                    cidadán, non partidista e de ámbito estatal que
                    comezou a nacer nos primeiros meses do 2011,
                    a través da Internet, especialmente das redes
                    sociais, tales coma Facebook , Twitter ou Tuenti.
                    A súa creación débese ao descontento dos
                    cidadáns, entre outras cousas por non sentirse o
                    suficientemente representados nin escoitados
                    polos políticos dos principais partidos políticos
                    deste país que rexen na actualidade, tanto os
                    membros do Partido Socialista como os do
                    Partido     Popular.     Polo   que   esixen    unha
                    modificación real e pronta no rumbo das
                    políticas sociais e económica que conduciron a
                    taxas récord de desemprego e precariedade no
                    último      período    democrático.   Este     grande
                    colectivo     denuncia     ademais    as     prácticas
                    prexudiciais para os españois das grandes
                    corporacións, amparadas tanto polo PP como
                    polo PSOE. O movemento é de carácter pacífico,
                    apolítico e opta así mesmo por un cambio do
                    sistema.


                    As súas manifestacións.

                    Este movemento convocou manifestacións en
                    máis de 50 cidades españolas pedindo unha
                    rexeneración      das    canles    democráticas,
                    denunciando a corrupción política. O
                    movemento dos “indignados” non contou con
                    ningún apoio publicitario, nin de ningún partido
                    político ou sindicato, contou co apoio de miles
                    de cidadáns que se manifestaron pacificamente
                    en todo o país baixo o lema “Democracia real
                    ¡Xa!”
Movemento “¡Democracia Real Ya!”


                    Acampadas.
                    En Madrid, decenas de manifestantes decidiron
                    permanecer na Porta do Sol ata o domingo
                    seguinte, dia das eleccións autonómicas e
                    municipais, e foron desaloxados pola policía na
                    madrugada do 17 de maio. Isto fixo que a
                    indignación aumentase e tras estes incidentes
                    esta plataforma volveu a concentrarse, esta vez
                    cun seguimento de 10.000 persoas.




                    Continuación das acampadas.
                    Debido a este éxito das manifestacións, as
                    protestas continuaron de xeito indefinido
                    mediante acampadas urbanas en cincuenta
                    cidades do noso país e máis de vinte en todo o
                    mundo. Isto propagouse ata o domingo día 12
                    de xuño e incluso nalgunhas das cidades este
                    movementos segue activo nas súas principais
                    prazas. Na Porta do Sol, en Madrid, decidiron
                    trasladar   este   movemento aos     diferentes
                    barrios da cidade. Sen embargo, en lugares
                    como na Praza do Obradoiro            decidiron
                    continuar coas acampadas.
Movemento “¡Democracia Real Ya!”


                    Dura represión.
                    A este movemento sumóuselle a dura actuación
                    dos Mossos d´Esquadra na Plaza de Catalunya,
                    cando estes recibiron a orde de desaloxala. A
                    súa actuación suscitou aínda máis a polémica, xa
                    que moitos dos integrantes deste movemento
                    non crían lícito este feito nunha manifestación
                    pacífica. Duras imaxes filtráronse nos medios de
                    comunicación, como é o caso de diferentes
                    Mossos agredindo a un discapacitado.

More Related Content

Similar to "¡Democracia Real ya!"

Similar to "¡Democracia Real ya!" (7)

Tema 13
Tema  13Tema  13
Tema 13
 
[Xerais 2019 (10N)] Programa electoral
[Xerais 2019 (10N)] Programa electoral[Xerais 2019 (10N)] Programa electoral
[Xerais 2019 (10N)] Programa electoral
 
O movemento feminista.
O movemento feminista.O movemento feminista.
O movemento feminista.
 
Transición á Democracia
Transición á DemocraciaTransición á Democracia
Transición á Democracia
 
Tema 13.
Tema 13.Tema 13.
Tema 13.
 
TEMA 13
TEMA 13TEMA 13
TEMA 13
 
Unidade 10.España en democracia
Unidade 10.España en democraciaUnidade 10.España en democracia
Unidade 10.España en democracia
 

"¡Democracia Real ya!"

  • 1. Movemento “¡Democracia Real Ya!” O movemento ¡Democracia Real YA! é un movemento cidadán, non partidista e de ámbito estatal que comezou a nacer nos primeiros meses do 2011, a través da Internet, especialmente das redes sociais, tales coma Facebook , Twitter ou Tuenti. A súa creación débese ao descontento dos cidadáns, entre outras cousas por non sentirse o suficientemente representados nin escoitados polos políticos dos principais partidos políticos deste país que rexen na actualidade, tanto os membros do Partido Socialista como os do Partido Popular. Polo que esixen unha modificación real e pronta no rumbo das políticas sociais e económica que conduciron a taxas récord de desemprego e precariedade no último período democrático. Este grande colectivo denuncia ademais as prácticas prexudiciais para os españois das grandes corporacións, amparadas tanto polo PP como polo PSOE. O movemento é de carácter pacífico, apolítico e opta así mesmo por un cambio do sistema. As súas manifestacións. Este movemento convocou manifestacións en máis de 50 cidades españolas pedindo unha rexeneración das canles democráticas, denunciando a corrupción política. O movemento dos “indignados” non contou con ningún apoio publicitario, nin de ningún partido político ou sindicato, contou co apoio de miles de cidadáns que se manifestaron pacificamente en todo o país baixo o lema “Democracia real ¡Xa!”
  • 2. Movemento “¡Democracia Real Ya!” Acampadas. En Madrid, decenas de manifestantes decidiron permanecer na Porta do Sol ata o domingo seguinte, dia das eleccións autonómicas e municipais, e foron desaloxados pola policía na madrugada do 17 de maio. Isto fixo que a indignación aumentase e tras estes incidentes esta plataforma volveu a concentrarse, esta vez cun seguimento de 10.000 persoas. Continuación das acampadas. Debido a este éxito das manifestacións, as protestas continuaron de xeito indefinido mediante acampadas urbanas en cincuenta cidades do noso país e máis de vinte en todo o mundo. Isto propagouse ata o domingo día 12 de xuño e incluso nalgunhas das cidades este movementos segue activo nas súas principais prazas. Na Porta do Sol, en Madrid, decidiron trasladar este movemento aos diferentes barrios da cidade. Sen embargo, en lugares como na Praza do Obradoiro decidiron continuar coas acampadas.
  • 3. Movemento “¡Democracia Real Ya!” Dura represión. A este movemento sumóuselle a dura actuación dos Mossos d´Esquadra na Plaza de Catalunya, cando estes recibiron a orde de desaloxala. A súa actuación suscitou aínda máis a polémica, xa que moitos dos integrantes deste movemento non crían lícito este feito nunha manifestación pacífica. Duras imaxes filtráronse nos medios de comunicación, como é o caso de diferentes Mossos agredindo a un discapacitado.