2. OS MAIOS
Os Maios son unha das máis fermosas tradicións galegas, unha
desas ancestrais festas do ciclo do ano tan estreitamente
relacionadas co mundo agrario e a fertilidade da terra.
É unha festividade estreitamente relacionada coa
agricultura e a celebración do espertar da vida vexetal, do
poder rexenerador da natureza que coincide coa chegada da
primavera, do bo tempo, dos días máis longos e do comezo do
ano agrícola.
Desde a escola, como todos os anos, tamén imos celebrar
esta festa tradicional tan arraigada na nosa terra e para eso
precisamos da vosa colaboración, sempre tan importante.
Imos elaborar o noso maio e precisamos que traiades a escola:
FIUNCHO, XESTAS, MARGARIDAS, ROSAS,
CAMELIAS, PAMPILLOS, CALAS…
Este material deberá traerse á escola o luns 2 de
maio e será recollida nas aulas.
MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABIORACIÓN.