2. Que é?
O asma é unha enfermidade pulmonar, a súa
característica principal que a define é a inflamación
dos bronquios, o cal conduce a que se fagan máis
grosos, produzan máis moco e os músculos que
rodean as vías respiratorias se tensionen, isto
reduce a cantidade de aire que poda pasar. Tamén
produce o aumento de sensibilidade dos bronquios
que fai que os bronquios se cerren ante
determinados estímulos como o exercicio, aire
frío, as infeccións víricas, o humo do tabaco, etc.
Esta enfermidade é cada vez máis frecuente nos
nenos e xóvenes.Nos nenos prevalece
principalmente a tos,mentras que nos adultos soe
aparecer unha rixidez no peito, silbidos e fatiga,
sobretodo pola noite.
3. Causas
Cando falamos de causas de asma podemos distinguir
entre causas de asma propiamente ditas ou factores
etilóxicos e desencadenantes, que non producen a
enfermidade pero si desencadean unha crisis nunha
persoa que padecía asma.
Dentro de factores etilóxicos encontramos compoñentes
xenéticos ou sustancias que poden producir alerxias
como o po, o polen, a caspa da pelaxe dos animais ou
fungos microscopicos.
Os factores desencadenantes están relacionados con
cambios de clima (principalmente polo frío), exercicio
físico intenso, ambientes contaminados,emocións fortes
como o estrés, infeccións respiratorias ou un resfriado
común.
4. Síntomas
Algúns dos síntomas máis frecuentes son: a tos
xeralmente pola noite e de madrugada ou ben ao
realizar exercicio físico, sibilancias ou pitos, ruidos en
froma de pitos ou silbidos ao respirar, opresión
torácica moitas veces manifestada como sensación de
peso no peito e por último disnea ou fatiga dificultade
para respirar que pode afectar á capacidade para falar
ou incluso para alimentarse, en especial nos nenos
pequenos.
Cales son os sinais da asma?
-Imnsonio
-Falta de aire nos pulmóns
-Toser cando non tes gripe
-Respiración forzada
-Sensación de peso no peito
5. Tratamento
Non hai menciñas que curen a asma.Sen embargo podemos tomar medidas para
evitar, na medida do posible, os diferentes factores que desencadean a aparición
desta enfermidade.Cando a prevención fracasa e é inevitable que se desencadee
temos menciñas que nos permiten levar una vida normal na medida do posible como:
-Antiflamatorios, diminuen a inflamación dos bronquios, existen por vía inhalatoria
ou intravenosa en casos mais graves.
-Broncodilatadores administranse de forma inhalada xa que así chega maior
cantidade de fármaco al pulmón, con menos efectos secundarios para o organismo.
Existen varios tipos: cartucho presurizado, cámara de inhalación ou polvo seco.
-Inmunoterapia: emplease únicamente nos pacentes sensibles a un alerxeno, nos
que non se conseguiu unha resposta adecuada do asma.AdminÍstrase no hospital
por personal especializado.
-Antihistamínicos: non controlan o asma pero sí son útiles para diminuir os
síntomas alérxicos como picor no nariz, esbirros, enroxecimento dos ollos...