1. O GALEGO é O úNICO AUTOR QUE REPRESENTA A ESPAñA NO PRESTIXIOSO
GALARDóN
Agustín Fernández Paz recunca
como candidato ao Astrid
Lindgren
O premio Astrid Lindgren de Literatura Infantil e Xuvenil,
considerado o equivalente ao Nóbel nos libros para este
público, conta un ano máis con presenza galega. Agustín
Fernández Paz recunca como candidato a estes galardóns,
sendo o único escritor do Estado proposto, canda a outras
catro candidaturas que corresponden a ilustradores e
organizacións. Fernández Paz xa fora proposto para este
galardón nas edicións de 2008, 2009, 2011 e 2013 e nesta
xeira compite con 238 propostas de 64 países.