2. Turismo
para que?
O obxectivo do grao en TURISMO é formar persoas
especializadas en xestión e planificación
turística,
cunha visión holística e integradora acerca
das necesidades de xestión empresarial,
de aproveitamento turístico
e de conservación dos recursos naturais e
culturais
3. Turismo
para quen?
Está orientado a persoas
Con capacidade para a comunicación
interpersoal
Con espírito emprendedor
Con visión internacional e
interese polo aproveitamento
económico e social dos
recursos naturais e culturais
locais
4. Turismo
Duración: 4 anos
o que se estuda? Créditos ECTS: 240
Prazas: 60
O grao en Turismo proporciona coñecemento aos estudantes sobre unha
variedade de disciplinas relevantes para o turismo: marketing, xestión
empresarial, planificación estratéxica, línguas estranxeiras, xestión de
aloxamentos e restauración, economía ambiental, comercio internacional,
xeografía, socioloxía…
O plano de estudos incorpora:
Prácticas externas en empresas e institucións
de referencia no sector (12 créditos ECTS).
Traballo Fin de Grao (12 créditos ECTS).
+INFO
5. Turismo
onde podes traballar?
O graduado en Turismo pode formar parte de cadros directivos das
diferentes empresas e entidades turísticas existentes (públicas ou
privadas). O turismo é un sector extremamente diversificado: empresas de
aloxamento e restauración, axencias de intermediación turística,
institucións de planificación e promoción turística, empresas de transporte e
loxística, axencias de viaxes, empresas de servizos de ocio e lecer
6. Turismo
onde se estuda?
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
As Lagoas, s/n
32004-Ourense
Universidade de Vigo (Galicia - Spain)
Tfno. +34 988368700
E-mail: info.eto@uvigo.es
Páxina web: http://www.fcetou.uvigo.es/