1. CONSELLOS PARA O ALUMNADO DO CURSO “ELABORACIÓN DE CONTIDOS
EDUCATIVOS III”
Para tirar máis proveito do curso é aconsellable crear un cartafol no noso
ordenador para gardarmos nel información interesante, porque ademais podemos
empregala despois e durante a o curso temos abondo moitos de nós con ir
familiarizándonos coas difefrentes feramentas e “pelexarnos” co “inghlés”.
Será proveitoso, por exemplo, crearmos unha carpeta na que gardaremos todos os
documentos cos contidos dos temas que podemos descargar da páxina do propio curso, e
tamén ir creando subcarpetas de cada tema ou actividade cos atallos a cada páxina web
das que se mencionan para, unha vez rematado o curso, mergullarnos en todas elas,
coñecedlas e seleccionar as que nos “van mellor”.
E posible que mentres estamos a resolver as tarefas moitos de nós nos vexamos
desbordados, especialemente aquelas persoas pouco avezadas nos proceloso mundos da
internet, mais unha vez repousados os coñecementos básicos este bcartafol vai ser
valiosísimo para mellorarnos de maneira exponencial a axilidade e o atractivo das nosas
clases.
Eu xa teño claro cal vai ser o próximo curso on-line ao que me inscriba: iniciación
ao inglés.