2. 1. GRUPOS DE TECIDOS VEXETAIS
1.1 MERISTEMÁTICOS
1.2 DEFINITIVOS OU ADULTOS
2. TECIDOS QUE SE DIVIDEN: OS MERISTEMAS
2.1 PRIMARIOS OU APICAIS
2.2 SECUNDARIOS OU LATERAIS
3.TECIDOS DEFINITIVOS
3.1 SISTEMA EPIDÉRMICO
3.2 SISTEMA FUNDAMENTAL
3.3 SISTEMA VASCULAR
3. 1. GRUPOS DE TECIDOS VEXETAIS
Segundo a capacidade das súas células para dividirse
os tecidos vexetais clasifícanse en:
1.1 Tecidos meristemáticos: Con capacidade para
formar novas células.
1.2 Tecidos definitivos: Perderon a capacidade de
dividirse. Orixínanse a partir dos meristemas.
4. 2. TECIDOS QUE SE DIVIDEN: MERISTEMAS
Os meristemas son os tecidos responsables
do crecemento dos vexetais, pola súa
capacidade de dividirse indefinidamente.
Posúen células pequenas con membranas
moi finas. Hai dous tipos de meristemas:
meristemas primarios e meristemas
secundarios.
5. 2.1 Meristemas primarios: Están situados no
extremo dos talos, raíces e xemas. Permiten o
crecemento en lonxitude da planta
2.2 Meristemas secundarios: Son capas de
células situadas no interior dos talos e das
raíces, que permiten o crecemento en grosor
ddestas estruturas.Hai dous tipos de
meristemas secundarios: Cambium vascular e o
cambium suberoso ou felóxeno.
6. Cambium vascular: sitúase entre os vasos
conductores e divídese indifinidamente
orixinando numerosas capas de células. As
interiores convértense en vasos leñosos (xilema
secundario) e as exteriores forman vasos
liberianos (floema secundario).
Cambium suberoso ou felóxeno: orixina cara ao
interior un tecido denominado parénquima
cortical, e cara ao exterior a cortiza.
9. 3. TECIDOS DEFINITIVOS
Os tecidos definitivos agrúpanse en sistemas, un
grupo de tecidos cunha unidada estrutural e
funcional. Hai tres tipos:
Sistema epidermico: está formado polos tecidos
de protección como a epiderme e a periderme.
Sistema fundamental: inclúe o
parénquima, esclerénquima e o colénquima.
Sitema vascular: o cal está formado polo xilema e
o floema
10. 3.1 SITEMA EPIDÉRMICO
A epiderme: está formada por unha soa capa de células.
En talos e follas, estas células presentan unha protección
chamada cutícula que impermeabiliza os órganos e
protéxeos do ataque de axentes externos.Na epiderme
encóntranse unhos poros denominados estomas que
permiten o intercambio gaseoso e a transpiración.
A periderme: é un tecido formado por numerosas capas
de células, que tamén ten función protectora. As súas
células están formadas por lignina e suberina o que lle
proporciona dureza e rixidez. Para poder respirar na
epiderme existen lenticelas, que son uns poros
engrosados.
12. 3.2 SISTEMA FUNDAMENTAL
Parénquima
O parénquima é o tecido vexetal mais abundante.
Realiza funcións importantes como a fotosíntese , o
almacenamento e a secreción.
As células parenquimáticas teñen capacidade para
diferenciarse, especialmente se a planta sofre danos. As
plantas teñen capacidade para reproducirse
asexualmente, a partir dun anaco vexetal. Segundo o tipo
de células que deu esta división o parénquima pode ser:
clorofílico, de reserva, aerífero, acuífero e glandular.
13. Clorofílico: está formado por células con numerosos
cloroplastos situados normalmente debaixo da epiderme
das follas. Nas follas distínguense dous tipos de parénquima
clorofílico: parénquima en estacada e o parénquima
esponxoso.
De reserva: situado en raíces e talos. As súas células
serven como reservas de substancias como o
amidón, aceites, auga e sales.
Aerífero: entre as súas células existen ocos nos que se
acumulan auga para que a planta poida flotar.
Acuífero: é un tecido que acumula auga.
Glandular: segrega substancias coma on látex, o caucho
ou a resina.
15. Colénquima e esclerénquima
Estes tecidos constitúen o esqueleto que lles
dá consistencia aos vexetais.
Colénquima: é un tecido de sostén
formado por células pouco diferenciadase e con
paredes reforzadas con celulosa.
Esclerénquima: este tecido encóntrase
distribuído por toda a planta e esta formado por
dous tipos de células poliédricas mortas, as
eclereidas e as fibras esclerenquimáticas.
17. 3.3 SITEMA VASCULAR
Os tecidos do sistema vascular son tecidos condutores
encargados do transporte de substancias ainda que
tamén colaboran no soporte da planta. Existen dous
tipos de tecidos condutores: o xilema e o floema
18. Xilema
O conxunto de vasos leñosos encargados de
transportar o zume bruto denomínase xilema.
Cada vaso leñoso, ou traquea, está constituído
por células mortas dispostas de maneira
vertical. Estas células posúen unha parede
celular reforzada con lignina que lle confire
unha gran dureza.
19. Floema
O floema é o conxunto de vasos liberianos
ou cribosos. Está formado por células vivas con
tabiques perforados de separación estre
elas, denominados placas cribosas.Estes vasos
transportan o zume elaborado.
20. As plantas non só utilizan todo o
anterior explicado para o seu beneficio
propio senón que tamén o empregan
para moitas outras cousas. Desta
maneira no terreo no que se encontran
elas é un terreo moi pouco
erosionado, e permiten o
desénvolvemento dos ecositemas.