5. Consellería de InnovaCIón e IndustrIa
dirección Xeral de turismo
DIRECTORIO
Directorio de empresas e
actividades turísticas
(Aloxamentos turísticos)
7. Directorio aloxamentos turísticos
• Establecementos hoteleiros (hoteis e pensións)
• Albergues turísticos e albergues de peregrinos
• Turismo rural
• Campamentos de turismo
• Apartamentos turísticos
7
8.
9. Presentación
O obxectivo deste Directorio de establecementos turísticos –elaborado no marco do inventario
do Plan galego de estatística– é facilitar unha ferramenta útil para todos os axentes e profesionais
do sector, así como para o público en xeral.
Trátase de proporcionar a localización, o número, a estrutura e as características destes estable-
cementos, dun xeito ordenado e sistemático.
Inclúese ademais información práctica tanto sobre a normativa turística de aplicación en Galicia
como sobre as diferentes definicións de cada tipo de establecemento.
A información contida neste Directorio está a acadar unha demanda crecente entre o propio
sector e a cidadanía, sendo distribuído a través de oficinas de turismo, bibliotecas e asociacións
sectoriais.
En definitiva, esta obra recompila boa parte da oferta aloxativa do país, a modo de guía de con-
sulta, de indubidable utilidade.
Fernando Blanco Álvarez
CONSELLEIRO DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA
9
10.
11. Metodoloxía
A presente publicación recolle datos estatísticos fundamentais sobre o mercado turístico de
Galicia dende o lado da oferta. Nela aparecen os principais establecementos, estruturados empresa-
rialmente, que constitúen a rede aloxativa do noso país.
Trátase de datos referidos ao 31-XII-2007 e baseados nos procedementos administrativos e nos
asentos rexistrais do Servizo de Ordenación do Turismo da Dirección Xeral de Turismo, adscrita
organicamente á Consellería de Innovación e Industria.
Desta escolma pódese deducir a densidade e distribución da capacidade receptiva crecente da
nosa Comunidade Autónoma, e dalgún xeito o seu potencial de desenvolvemento futuro.
11
12.
13. Normativa
• Lei 9/1997, do 21 de agosto, de ordenación e promoción do turismo en Galicia, e Lei 10/2004,
de 2 de novembro, de modificación da anterior.
• Decreto 82/1987, do 26 de marzo, polo que se crea o Rexistro de Empresas e Actividades Turís-
ticas da Comunidade Autónoma Galega.
• Decreto 267/1999, do 30 de setembro, polo que se establece a ordenación dos establecementos
hoteleiros. Corrección de erros do 24 de novembro de 1999 e do 28 de marzo de 2000.
• Decreto 191/2004, do 29 de xullo, de establecementos de turismo rural. Decreto 142/2006, do
27 de xullo, de modificación do anterior.
• Decreto 143/2006, do 27 de xullo, polo que se establece a ordenación dos campamentos de
turismo en Galicia. Decreto 11/2007, do 10 de xaneiro, polo que se modifica o decreto ante-
rior.
• Orde do Ministerio de Información e Turismo do 17 de xaneiro de 1967, modificado polos do
12 de febreiro de 1972 e 14 de marzo de 1975, pola que se aproba a ordenación dos apartamen-
tos, bungalows e outros aloxamentos de carácter turístico.
13
14.
15. Definicións
Hoteis: son aqueles establecementos que, ofrecendo aloxamento con ou sen comedor e outros
servizos complementarios, ocupen a totalidade dun ou varios edificios ou unha parte independi-
zada deles, constituíndo as súas dependencias un todo homoxéneo, con accesos, escaleiras e ascen-
sores de uso exclusivo, e que reúnan os requisitos técnicos mínimos en función da súa categoría,
determinados regulamentariamente.
Pensións: son aqueles establecementos que, ofrecendo aloxamento con ou sen comedor e outros
servizos complementarios, teñan unha estrutura e unhas características que lles impiden acadar os
requisitos e condicións esixidos para os hoteis, estando sometidos aos requisitos técnicos mínimos
en función da súa categoría, determinados regulamentariamente.
O directorio recolle os hoteis do grupo I (é dicir, os hoteis de 5, 4, 3, 2 e 1 estrelas) e as pensións
grupo II de 3, 2 e 1 estrelas.
Establecementos de turismo rural: aquelas edificacións situadas no medio rural que, reunindo
características singulares de construción, antigüidade e tipicidade galega ou que, desenvolvendo
actividades agropecuarias, prestan servizos de aloxamento turístico mediante prezo.
Campamentos de turismo: enténdese por campamento de turismo, tamén denominado cám-
ping, o espazo de terreo debidamente delimitado, dotado e acondicionado para a súa ocupación
temporal por persoas que prenteden facer vida ao aire libre con fins vacacionais ou de lecer e que
pasen a noite en tendas de campaña, albergues móbiles, remolques, caravanas ou outros elementos
similares facilmente transportables, así como en construcións fixas destinadas ao aloxamento tem-
poral sempre que se trate de edificacións independentes ou pareadas de planta baixa e que sexan
explotadas polo titular do establecemento. Estes asentamentos e construcións fixas non terán en
ningún caso carácter de residencia habitual.
Considéranse apartamentos turísticos os bloques ou conxuntos de apartamentos, casas, bunga-
lows e demais edificacións similares que, dispoñendo das necesarias instalacións e servizos, oferten
de maneira profesional e habitual, mediante contraprestación económica, aloxamento turístico.
15