SlideShare a Scribd company logo
1 of 4
Download to read offline
ANÁLISE CRÍTICA DE ANUNCIOS PUBLICITARIOS
PRENSA, RADIO, TV, INTERNET...
Para analizar os mecanismos que utilizan as mensaxes AV e cómo inflúen nos destinatarios ­ Pere Marquès ­ UAB (2001)
ANÁLISE OBJETIVA. Que vemos?
Nombre do produto / marca: Lotería nacional de la ONCE
Eslogan /logotipo:
Descrición do produto e dos seus destinatarios:
Este produto consiste nun boleto de lotería que en caso de gañar o premio o afortunado/a
conseguiría unha gran suma de diñeiro. Vai orientado principalmente para a xente de clase
media/baixa sen recursos o con necesidade. O público principalmente é xente maior ou pais e
nais de familia. O prezo do produto é asequible, polo que o beneficio para as persoas ben sendo
bastante alto e desta forma conseguirían solucionar algúns problemas.
Identificación do medio en que aparece:
Este anuncio publicouse na televisión durante a temporada navideña para fomentar a súa compra,
porque serviría como un regalo.
Tipo de campaña: campaña de mantemento.
Tratamento do produto: loa as súas vantaxes.
Descripción dos elementos morfolóxicos:
Este anuncio desenvólvese primeiramente no establecemento de venta do produto onde aparece
unha muller anciana que anteriormente xa comprara o billete de lotería. Despois chega á casa da
súa filla onde tamén viven os seus netos. Aparentemente viven nun entorno sociocultural baixo e
con necesidades. A nai dos nenos e filla da anciana tamén compra este producto e o ten gardado
na cociña. No principio do anuncio cando a señora descobre que gañou o premio soa unha
canción relaxante e que reflexa o seu sentimento de ilusión e alegría. Cando chega á casa, soa o
timbre interrompendo as tarefas da casa e esta musica diminúe; para finalmente subir todo o seu
volume cando intercambia  o seu billete con premio polo que comprara súa filla.
Estrutura narrativa:
É un relato que conta a historia dunha familia con 3 fillos que viven nunha casa sen ningún tipo de
luxo e que aparentemente teñen moitas necesidades. Un día cando a avóa destes nenos (nai da
nai deles) comproba nunha caseta da ONCE que gañou o premio da lotería do nadal. Eufórica por
gañar o premio diríxese a súa casa pero de camiño acórdase da súa filla e dos seus netos e
decide ir a casa da súa familia por sorpresa e intercambiar sen que a dúa filla se de conta o
número de lotería dela polo da súa filla, para que cando vexa que gañou o premio crea que o nadal
que trouxo un gran agasallo e lle solucione moitos problemas.
Aspectos sintáctico ­ expresivos:
Primeiro realízase un primeiro plano da señora, iluminando o seu corpo e cara e deixando un
fondo da cidade moi escuro. Cando chega á caseta a cámara sitúase dentro dela e despois
cambiase por unha cámara externa nun angulo lateral onde se ve o logo da ONCE na parte trasera
da caseta dunha forma moi tenue. No momento en que a señora decide regalarlle o premio a súa
filla a cámara enfoca na súa parte central o xesto da cara indicando a súa intención. Cando a
señora vai de camiño á casa da súa filla realízase un plano xeral da parada do mentro e cando xa
esta dentro dél enfocase de forma clara o seu bolso, lugar onde ten gardado e protexido o billete
gañador. Despois realízase un cambio de escena á casa da familia onde hai unha camara fixa
panorámica nun plano moi baixo case a ras do chan do cuarto de baño con luz onde está a nai
bañando ós seus tres fillos. No momento en que soa o timbre realízase un plano centra á cara da
filla pequena indicando que é a que posteriormente vai a abri­la porta. Cando a nena sae do cuarto
de baño bese un plano xeral do pasillo da casa onde están as luces apagadas e mais tarde vese
cunha camara interior do baño como entra a avoa coa nena en brazos. A cámara cambia de
escena seguindo o recorrido que fai a avoa ata a cociña onde ahi menos luz, aqui realízanse
cambios moi rápidos de cámara que enfocan onde estaba o billete da nai, o momento do cambio
e onde garda a avoa o billete con premio e sen premio. A última escena familiar vese cunha
camara situada no pasillo que enfoca primeiramente o cuarto de baño pero no momento que que a
avóa entra cerra a porta deixando ver só unha pequena parte do interior dese cuarto, quedando a
imaxe moi escura e iluminada unha pequena franxa po onde se ve a felicidade dos nenos pola
visita da súa avóa. A imaxe final utilízase para promocionar a ONCE, cun fondo negro onde só
pode lerse o producto promocionado, a empresa e unha pequena frase que provoca sentimentos
positivos no lector.
Tratamento lingüístico:
Socio­cultural, socio­económico, realista e sentimental.
Texto escrito/verbal:
Dende o principio do anuncio ata a primeira escena da casa o anuncio só utiliza a musica como
transmisión auditiva xa que quere que o receptor centre a súa atención na trama ou historia. Os
xestos que realiza a señora son transmisores dos sentimentos de felicidade, ilusión e
solidariedade que dan un efecto familiar á situación. Na casa atópase a familia onde todo o que
din presenta un trato moi cariñoso e cercano que manifesta ternura e serenidade, ao igual que
cando entra a avoa na casa. A linguaxe verbal cesa no momento en que se realiza o intercambio
do billete e volve cando regresa ó cuarto de baño onde esta a familia. En todo o anuncio no se
utiliza ningún tipo de texto escrito ata o final onde aparece de forma tenue e que se fai mais
intensa unha mensaxe co logo da ONCE e da campaña en branco e por último en letra sinxela e
en maiúsculas unha mensaxe en inglés que desea bo nadal e é lido por unha voz en off
masculina.
Música e efectos sonoros:
Na primeira parte só se poden escoitar os sonidos dos coches e o ruido da cidade pero despois
durante todo o anuncio utiliza unha música relaxante, tranquila e que expresa ilusión, que
aumenta e diminúe o seu volume dependendo da acción. Na escena da casa, no momento en que
os personaxes falan a musica elimínase e so se poden escoitar as voces e o sonido do timbre da
casa. Na escena final da casa escóitase a música co ruido de fondo dos nenos; e no final
escóitase a voz en off tendo como fondo a música nun ton suave.
ANÁLISE SUBXECTIVA. Que nos suxire?
Impacto do anuncio:
O anuncio en xeral gústame. O que máis me gusta é o xeito en que expresa a mensaxe e a forma
que a utiliza para vender o producto xa que emprega moi ben as sensaións, xestos e accións dos
personaxes para chegar dunha forma máis directa ós espectadores. Creo que resulta crativo,
porque están ben estructuradas a escenas e a música pareceme moi adecuada no contexto. Os
aspectos máis impactantes considero que son a mensaxe oculta do anuncio que manifesta o
amor dunha avóa pola súa familia, ademáis da tranquilidade manifestada pola señora cando
comproba que gañou o premio. Tamén é moi destacable como plasma a necessidade que hoxe
en día pasan algunhas familias españolas. Considero que o eslogan lémbrase facilmente xa que
aparece de forma moi clara no anuncio.
Presentación do produto:
As calidades que se destacan son os beneficios que pode traer para persoas con necesidades o
feito de gañar un premio que implica unha gran cantiidade de diñeiro; e a solidariedade dalgunhas
persoas, neste caso o feito de que a avóa gaña o premio e sen que a súa filla se de conta decide
regalarllo a ela. E os aspectos que se omiten son as posibles necesidades económicas que ao
mellor pode ter a señora que decide regalarlle o premio a súa filla. As vantaxes reais que ofrece
este producto son as posibles solucións a problemas económicos que pode ter unha familia.
Público ao que se dirixe o anuncio:
O anuncio diríxese a un público da terceira idade á persoas adultas, pais e nais de familia sobre
todo mulleres. Estes destinatarios serán dun nivel económico baixo ou medio con necesidades. O
público debe ter unha ideoloxía familiar que se apoien nas persoas que día a día lles demostran o
cariño que senten cara eles, ademais que non perdan nunca os sentimentos de ilusión e
felicidade a pesar das adversidades da vida.
Valores e estereotipos que se utilizan como reclamo ou se manifestan:
Os valores que utiliza son a solidariedade, ilusión, felicidade, compaixón... dando unha visión
positiva deles, utilizando como estereotipos a persoas que presentan estes valores. Durante todo
o anuncio establece unha relación causa efecto co producto xa que é accesible a súa adquisición
por todo o mundo e en caso de gañar o premio a recompensa que brinda ó comprador ofrece
grandes beneficios.
Significado que se deriva dos elementos morfosintácticos e expresivos:
Os planos das cámaras centran as súas imaxes en enfocar os xestos e accións dos personaxes
para que dunha forma subxectiva proboquen un sentimento de compaixon e ilusión cara os
personaxes do anuncio e a súa situación por parte dos espectadores. Utiliza na primira parte moi
pouca luz, predominando cores oscuras e apagadas; e despois aparecen escenas máis
iluminadas. Na última escena familiar a cámara se atopa fora do cuarto de baño deixando a imaxe
prácticamente a oscuras excepto pola franxa de luz que se ve através da porta que de forma
indirecta transmite unha mensaxe de que a pesar de que as cousas fora estea mal sempre o calor
familiar materá cun lazo forte os lazos familiares e a felicidade e ilusión das persoas.
Aportacións da estrutura narrativa:
Os xestos e a personalidade evocan aos sentimentos e valores positivos que provocan un desexo
de compra e ilusión por parte dos espectadores. A relación que manteñen os personaxes é moi
directa e persoal, integrada nun contexto moi familiar que pretende achegarse aos corazones dos
posibles consumidores do producto. Os personaxes provocan emocións como a ilusión,
felicidade, solidariedade e de forma subxectiva a necesidade de ter a xente que os quere. O
producto aporta unha solución económica para as persoas que teñen necesidades.O produto
estreitará ainda máis os lazos entre os personaxes ademais de facilitarlles en certo modo a vida
solucionando algúns dos seus problemas económicos.
Función que realizan a música e os efectos especiais:
A música e os efectos sonoros evocana  unha situación de serenidade e evocan a un ambiende
familiar de ilusión e felicidade que provocan nos espectadores desexo de consumir o produto.
Recursos estéticos e semánticos utilizados:
A mensaxe que transmite o anuncio é que unha acción tan pequena, como pode ser comprar un
billete de lotería, póde producir moitos beneficios. Os recursos estéticos que utiliza son un
ambiente familiar situado nunha casa que transmite mediante as súas características físicas o
carácter socio­económico das persoas que viven alí.
Estratexia comunicativa ­ persuasiva. Como logra AIDA?:
AIDA refírese aos catro pasos que ten que existir para que unha mensaxe publicitaria transmitida
a través dun anuncio sexa eficaz. Estes son:
1. Atraer a atención do receptor
2. Suscitar interese
3. Fomentar o desexo do procuto
4. Acadar a acción de compra, o comportamento desexado polo emisor
Neste anuncio conséguese atraer a atención do receptor porque o seu desenvolvemento baséase
nunha historia que pode chegar a ser real, non incluindo personaxes coñecidos como
protagonistas, senon que utiliza persoas que son facilmete identificables con calquera membro
dunha familia corrente española de hoxe en día para crear un ambiente máis cercano e familiar;
ademáis utiliza a sorpresa cando a avóa intercambia o seu billete de lotería premiado polo da súa
filla, en secreto, sen que ela se de conta.
Suscita interese porque porque ao estar creado a partir dunha historia mantén ao receptor
pendente do que sucede en cada momento e en cada escena, xa que produce certa intriga
descubrir a o desenlace final. Con este método de vender o producto intenta seducir ou chegar
directamente as persoas cotidianas plantexando unha historia real.
Fomenta o desexo do producto porque dunha forma indirecta intenta dicirnos que se o mercamos,
e en caso de gaña­lo premio, os beneficios que obteríamos serían moi grandes e a grande suma
de diñeiro poderá solucionarnos moitos problemas económicos beneficiando a actidude das
persoas, pode volvelas máis felices e menos estresadas polos seus problemas. Aquí o espectador
participa por identificación cos personaxes que protagonizan a historia.
E por último consegue a acción de compra polo seu precio asequible, atrae ao receptor a partir da
compaixon que produce a historia do anuncio, e os beneficios económicos que pode xerar para o
gañador son moi gratificantes e solucionando a situación económica da familia, mellorando así o
nivel de vida das persoas.

More Related Content

Viewers also liked

1524 10 aug_2016
1524 10 aug_20161524 10 aug_2016
1524 10 aug_2016amconnect
 
GRI Europe Summit 2014 - Final Program
GRI Europe Summit 2014 - Final ProgramGRI Europe Summit 2014 - Final Program
GRI Europe Summit 2014 - Final ProgramRoy Maybury
 
Marcio luiz do_Nascimento
Marcio luiz do_NascimentoMarcio luiz do_Nascimento
Marcio luiz do_NascimentoCarlos Costa
 
Paçoquita vs. Nutella no Twitter
Paçoquita vs. Nutella no TwitterPaçoquita vs. Nutella no Twitter
Paçoquita vs. Nutella no TwitterCauã Taborda
 
Hiroo yamagata's subtitles for the ALS Ice Bucket Challenge
Hiroo yamagata's subtitles for the ALS Ice Bucket ChallengeHiroo yamagata's subtitles for the ALS Ice Bucket Challenge
Hiroo yamagata's subtitles for the ALS Ice Bucket ChallengeHiroo Yamagata
 
15.om shanti media august-i-2014
15.om shanti media august-i-201415.om shanti media august-i-2014
15.om shanti media august-i-2014Kamlesh Shete
 
Ale Gleser Y Fede Di llolo
Ale Gleser Y Fede Di llolo Ale Gleser Y Fede Di llolo
Ale Gleser Y Fede Di llolo alegleserfede
 
Lewis, c.s. las cronicas de narnia 5 la travesia del explorador del amanecer
Lewis, c.s.   las cronicas de narnia 5  la travesia del explorador del amanecerLewis, c.s.   las cronicas de narnia 5  la travesia del explorador del amanecer
Lewis, c.s. las cronicas de narnia 5 la travesia del explorador del amanecerpaulaXD
 
Locus de control
Locus de controlLocus de control
Locus de controlmisamigos98
 
Prevencion de adicciones
Prevencion de adiccionesPrevencion de adicciones
Prevencion de adiccionesgrislopezenciso
 
El ensayo
El ensayoEl ensayo
El ensayohuij
 
Brasil acessivelcaderno05 cópia
Brasil acessivelcaderno05   cópiaBrasil acessivelcaderno05   cópia
Brasil acessivelcaderno05 cópiaandresa26
 
Muestreo Reconstrucción y Controladores Digitales
Muestreo Reconstrucción y Controladores DigitalesMuestreo Reconstrucción y Controladores Digitales
Muestreo Reconstrucción y Controladores Digitaleslisi2407
 

Viewers also liked (20)

1524 10 aug_2016
1524 10 aug_20161524 10 aug_2016
1524 10 aug_2016
 
GRI Europe Summit 2014 - Final Program
GRI Europe Summit 2014 - Final ProgramGRI Europe Summit 2014 - Final Program
GRI Europe Summit 2014 - Final Program
 
Marcio luiz do_Nascimento
Marcio luiz do_NascimentoMarcio luiz do_Nascimento
Marcio luiz do_Nascimento
 
Tous les plug In LinkedIn
Tous les plug In LinkedInTous les plug In LinkedIn
Tous les plug In LinkedIn
 
Paçoquita vs. Nutella no Twitter
Paçoquita vs. Nutella no TwitterPaçoquita vs. Nutella no Twitter
Paçoquita vs. Nutella no Twitter
 
Hiroo yamagata's subtitles for the ALS Ice Bucket Challenge
Hiroo yamagata's subtitles for the ALS Ice Bucket ChallengeHiroo yamagata's subtitles for the ALS Ice Bucket Challenge
Hiroo yamagata's subtitles for the ALS Ice Bucket Challenge
 
Jose luis amado
Jose luis amadoJose luis amado
Jose luis amado
 
TIC
TIC TIC
TIC
 
15.om shanti media august-i-2014
15.om shanti media august-i-201415.om shanti media august-i-2014
15.om shanti media august-i-2014
 
Ale Gleser Y Fede Di llolo
Ale Gleser Y Fede Di llolo Ale Gleser Y Fede Di llolo
Ale Gleser Y Fede Di llolo
 
Lewis, c.s. las cronicas de narnia 5 la travesia del explorador del amanecer
Lewis, c.s.   las cronicas de narnia 5  la travesia del explorador del amanecerLewis, c.s.   las cronicas de narnia 5  la travesia del explorador del amanecer
Lewis, c.s. las cronicas de narnia 5 la travesia del explorador del amanecer
 
Locus de control
Locus de controlLocus de control
Locus de control
 
Prevencion de adicciones
Prevencion de adiccionesPrevencion de adicciones
Prevencion de adicciones
 
El ensayo
El ensayoEl ensayo
El ensayo
 
Pato de oporto
Pato de oportoPato de oporto
Pato de oporto
 
Brasil acessivelcaderno05 cópia
Brasil acessivelcaderno05   cópiaBrasil acessivelcaderno05   cópia
Brasil acessivelcaderno05 cópia
 
Muestreo Reconstrucción y Controladores Digitales
Muestreo Reconstrucción y Controladores DigitalesMuestreo Reconstrucción y Controladores Digitales
Muestreo Reconstrucción y Controladores Digitales
 
Sistema Operativo
Sistema OperativoSistema Operativo
Sistema Operativo
 
Making
MakingMaking
Making
 
Stcm an-ipci-01 normal
Stcm an-ipci-01 normalStcm an-ipci-01 normal
Stcm an-ipci-01 normal
 

Similar to Belen publicidade

Tatianapublicidade
TatianapublicidadeTatianapublicidade
Tatianapublicidadetatigm95
 
10. Comunicación y técnicas de venta
10. Comunicación y técnicas de venta10. Comunicación y técnicas de venta
10. Comunicación y técnicas de ventaManager Asesores
 
Marketing
MarketingMarketing
Marketingmerno
 
Marketing
MarketingMarketing
Marketingmerno
 
Tenda de alimentación ecolóxica -Terrae-
  Tenda de alimentación ecolóxica -Terrae-  Tenda de alimentación ecolóxica -Terrae-
Tenda de alimentación ecolóxica -Terrae-maria_090
 

Similar to Belen publicidade (6)

Tatianapublicidade
TatianapublicidadeTatianapublicidade
Tatianapublicidade
 
10. Comunicación y técnicas de venta
10. Comunicación y técnicas de venta10. Comunicación y técnicas de venta
10. Comunicación y técnicas de venta
 
Marketing
MarketingMarketing
Marketing
 
Marketing
MarketingMarketing
Marketing
 
Actividade 9
Actividade 9Actividade 9
Actividade 9
 
Tenda de alimentación ecolóxica -Terrae-
  Tenda de alimentación ecolóxica -Terrae-  Tenda de alimentación ecolóxica -Terrae-
Tenda de alimentación ecolóxica -Terrae-
 

Belen publicidade