1. Webquest: Juan Farias
Introducción: Orientar sobre o que van atopar e motivalos.
Imos investigar a Juan Farias, un dos máis importantes escritores
de literatura infantil e xuvenil do noso país que, casualmente,
naceu e viviu moito tempo en Serantes, que está en Ferrol, así
que é case veciño noso.
Tarefas: Descrición do que terá que ter feito ao remate do exercicio.
Imos investigar a Juan Farias, un dos máis importantes escritores
de literatura infantil e xuvenil do noso país que, casualmente, é
de Serantes, en Ferrol, case veciño noso.
Cando acabemos coa nosa investigación coñeceremos a vida de
Juan Farias, as súas obras e de onde saca as ideas para escribilas
e a súa importancia como escritor .
Proceso e recursos: Pasos a seguir e orientacións. Lista de páxinas web.
A Webquest consta dunha serie de exercicios que teredes que ir
contestando nunha ficha.
Cada pregunta vai acompañada dun ou máis enlaces onde
poderedes descubrir a resposta.
1. Vida de Juan Farias:
Cando naceu?
Onde naceu?
En que traballou antes de ser escritor?
Onde vive agora?
http://sol-e.com/bancorecursos/directorio_resultado.php?dSeccion=7&id_tabla=761
http://www.xerais.com/cgigeneral/ficha_autor.pl?id_autor=200769&id_sello_editorial_
web=13&id_funcion=44
1
2. http://213.0.4.19/bib_autor/juanfarias/pcuartonivel.jsp?conten=cronologia
2. Algunhas cousas que lle gustan e outras que non:
Que lle gusta?
Que cousas non lle gustan?
http://bib.cervantesvirtual.com/bib_autor/juanfarias/pcuartonivel.jsp?conten=autor
3. Obras para adultos e para nenos:
Libros para nenos Libros para adultos
1. 1.
2. 2.
3. 3.
4. 4.
5. 5.
6. 6.
7. 7.
8. 8.
9. 9.
10. 10.
11. 11.
12. 12.
13. 13.
14. 14.
2
4. Un destes premios é o máis importante de literatura infantil en
lingua castelá. Cal deles é?
Un premio non llo deron pero estivo nominado. Cal é?
http://www.oei.es/premiolibro.htm
http://sole.com/bancorecursos/directorio_resultado.php?dSeccion=7&id_tabla=761
Ese premio que non lle deron, é moi importante?
Que importancia ten?
http://www.epdlp.com/premios.php?premio=Hans%20Christian%20Andersen
Avaliación: Descrición do que se vai avaliar e como se vai facer.
Á hora de avaliar valoraremos:
• A participación no traballo, tanto de grupo coma individual.
• As respostas acertadas.
• A presentación clara e correcta, sen faltas de ortografía.
• O interese amosado pola actividade.
4
5. Conclusión: Resumo e reflexión. Pode ser de interese suxerir preguntas que faría o profe.
A vida dos escritores pode ter influencia sobre os temas que
seleccionan para escribiren as súas obras e como se enfrontan a
eles e os desenvolven.
• Como pensas que influíu a vida de Juan Farias sobre o que
escribiu?
Reflexiona sobre a importancia de que existan escritores,
particularmente escritores de literatura infantil.
• Son importantes para nós os escritores de libros para
nenos? Por que?
5