1. MOTIVACION NO ADESTRAMENTO
Dirixir un grupo humano durante un período longo como pode ser unha
tempada ten diferentes riscos. Un, común a equipos de elite e tamén a equipos
de formación ou de nenos, é a aparición do aburrimento no adestramento.
Cando isto sucede é a antesala da falta de motivación e do estancamento
técnico dos xogadores. Salvo contadas excepcións en xogadores que non
teñen a actitude axeitada, a realidade é que en xeral os nosos xogadores teñen
unha motivación alta e unha predisposición boa para realizar o que sexa
necesario para o ben do equipo. Sucede que un exceso de repeticións nos
adestramentos, a monotonía dos exercicios e outros factores provocan a miúdo
que non se consigan os obxectivos desexados.
Como adestradores somos os máximos responsables da falta de motivación
dos nosos xogadores. Debemos buscar técnicas que teñan sempre ao xogador
motivado. É bo que o equipo non saiba que se vai a atopar no adestramento.
Sorprender é un factor de motivación. Isto non quere dicir que cada día
debamos facer un adestramento completamente diferente ao do día anterior
pero é moi interesante, por exemplo, variar a orde dos exercicios que máis nos
interesen realizar.
Tamén considero básico para a motivación que no adestramento haxa moita
parte competitiva. É sinxelo atopar competicións entre os propios xogadores
nos exercicios de tiro, xa sexa individual ou en grupos. Todos os traballos de
técnica individual (pase, dribling, etc) serán de maior proveito se incluímos
factores competitivos. Por suposto todos os exercicios de defensa poden e
deben ter un obxectivo competitivo. Obxectivos como acadar un número
determinado de defensas exitosas seguidas, ou simplemente contar os puntos
que recibe cada equipo nun traballo defensivo determinado son sempre moi
motivantes.
Só temos que vixiar que a competición no adestramento non se converta no
2. único importante. Non pode ser un factor distorsionador da concentración e
seriedade mínima que sempre debe estar presente nos nosos adestramentos.
Pedro Martínez