SlideShare a Scribd company logo
1 of 5
Download to read offline
A PRETEMPORADA
(Chiqui Barros)
“Cando estás na elite é moi fácil adestrar, porque tes moita xente ao teu redor
cubríndoche todo tipo de necesidades: preparadores físicos, médicos, fisioterapeutas...
pero nun equipo e unha categoría modestos non hai nada disto e un ten que facer de
masaxista, de psicólogo, de adestrador e ata de utillero, e isto dáche unha preparación
de valor incalculable”. (Juande Ramos).
“ O meu traballo non sería nada sen o esforzo do equipo: xogadores e corpo técnico
son quen levan á práctica o que eu intento transmitir, son os artífices de calquera éxito
deportivo”. (Juande Ramos).
Cando falamos da Pretemporada referímonos, sen ningunha dúbida, a etapa máis
importante no moldeado do equipo, do seu estilo, da filosofía de xogo. É o tempo para
establecer as bases de todo o desenvolvemento posterior. Resulta moi difícil alcanzar os
obxectivos sen un bo traballo nesta época do ano. Nada ten que ver coa configuración do
plantel, que debera estar plenamente realizada nunha fase inmediatamente anterior, pero
nela, ademais, detectaranse as carencias da mesma e poderanse emendar con rapidez, algo
que resultará realmente complicado si se xuntan ambos os momentos.
O adestrador ten que chegar coas ideas moi claras en canto ás metas a lograr e a forma de
conseguilas. É certo que adestrar é definir a realidade e que o proceso de adestramento é
algo vivo e que as circunstancias varían dun día para outro. Pero tamén o é o que unha boa
planificación axuda a adaptarse e solucionar os imprevistos con menor dificultade e maior
coherencia. Por iso non se deberá deixar nada á improvisación e haberá que intentar
anticiparse ás situacións desfavorables.
Todo isto será menos dificultoso canto mellor sexa o equipo de traballo. Un equipo que vai
desde o adestrador xefe ata o secretario técnico ou director deportivo, pasando polos
adestradores axudantes, preparador físico, fisioterapeutas, médicos e delegado.
O primeiro será establecer e delimitar claramente as responsabilidades de cada un así como
a filosofía xeral de traballo que virá marcada polo club e definida polo adestrador xefe, que,
ao final, é o último e principal responsable.
Hoxe en día, no deporte de competición resulta imposible chegar a bo porto sen un reparto
do traballo, sen unha axeitada delegación de funcións e sen unha innegociable asunción de
responsabilidades. Todos deben saber que son importantes, sentirse realmente así (porque
ven que se respecta e valora a súa función) ao mesmo tempo que iso leva unha obrigación
concretada na asunción de responsabilidade para o bo e para o malo.
O adestrador é o líder que ten que dirixir ao grupo e o responsable de que todo quede moi
claro nas reunións previas que se realicen antes do primeiro adestramento do equipo.
Co director deportivo teñen que quedar perfectamente definidos os obxectivos deportivos
e humanos da entidade. O lóxico, non se pode entender doutro xeito, é que se establecese
unha relación directa, aberta, total e sen intermediarios. Toda a información e as
posibilidades de mellora do plantel deberán ser postas en coñecemento do adestrador xefe
que, á súa vez, informará de todas as situacións que manexe e poidan facilitar o labor da
dirección deportiva. É importante dialogar e razoar con el, e, logo, que cada un decida dentro
da súa parcela. Se unha palabra debe definir esta relación é a CONFIANZA.
Cos adestradores axudantes (que non esquezamos son tan adestradores como o
adestrador xefe) hase de establecer unha relación de confianza, cunha comunicación fluída e
inmediata e baseada na complicidade. Complicidade que non significa dicir amén a todo. En
privado, os axudantes transmitirán todas as súas inquietudes e as posibilidades que vexan
para que o equipo, dentro da filosofía establecida, creza e sexa máis competitivo. Fornecerán
toda a información posible. En público, a sintonía será total xa que non se pode manexar nen
dirixir ben unha casa que estea dividida.
Coñecerán perfectamente as funcións de cada un: desde o scouting, ata os traballos
individualizados a realizar cos diferentes xogadores ou as distintas posicións, pasando polo
seu labor nos adestramentos, durante os partidos, na relación cos xogadores, cos outros
estamentos do club e en todo aquilo que o adestrador estime oportuno que realicen.e
Así mesmo, complementaranse perfectamente, sen egoísmos nin discrepancias. Serán os
ollos, os oídos e os mellores aliados do adestrador xefe, buscando sempre o mellor para o
equipo.
Co preparador físico marcaranse as pautas do traballo a realizar definindo claramente o
estilo de xogo que se pretende levar á práctica e o traballo físico e de pista necesario para
conseguilo. A mesma flexibilidade e capacidade de adaptación que debe amosar o
adestrador, terán que asumila os demais membros do corpo técnico e o preparador físico
non será unha excepción.
Todos deben estar encamiñados ao mesmo fin común, que non é outro que maximizar o
rendemento do grupo e, se fose posible, facelo crecer. A complicidade e a sinceridade son
esenciais, tendo moi claro que calquera idea ou proposta deberá discutirse en privado co
adestrador xefe e que unha vez adoptado un camiño seguirase sen dúbidas.
Encargarase ademais das recuperacións de xogadores, en permanente contacto cos servizos
médicos, e realizará os quecementos nos adestramentos de pista, de acordo coa finalidade
de cada sesión así como, xunto cos axudantes, os previos aos partidos.
Co fisioterapeuta e os médicos a relación basearase na confianza e no respecto mutuo. Eles
son os que saben de medicamento e de recuperación, pero decidirán en presenza e de
acordo co adestrador. É inevitable que en ocasións xurdan rozamentos motivados polas
esixencias da competición, pero sempre haberán de ser arranxados onde corresponde sen
enviar ao exterior mensaxes contraditorias. Son planos diferentes pero da súa unión
dependerá, en demasiadas ocasións, o logro das metas.
Co delegado estableceranse as normas de todo o relacionado co seu labor. Viaxes, con todo
o que se necesita neles, estatísticas, necesidades do equipo e dos xogadores. Normalmente é
a persoa que debe estar todo o tempo pendente de calquera mínimo detalle que se necesite
e de que estea disposto. Debe ter moi clara cal é a súa función nos partidos e o tipo de
información que ha de fornecer ao adestrador ou aos seus axudantes e cando facelo.
Entón:
1) CO DIRECTOR DEPORTIVO: establecer obxectivos. Relación directa, aberta, total e sen
intermediarios.
2) COS ADESTRADORES AXUDANTES: confianza, complicidade, sinceridade. Coñecemento
total das súas obrigacións e responsabilidades. Non haberá competencia nin egoísmos entre
eles.
3) CO PREPARADOR FÍSICO: marcar pautas do traballo a realizar de acordo co estilo de xogo.
Complicidade e sinceridade. Recuperación de xogadores, a poder ser na cancha mentres
traballan os seus compañeiros, de acordo coas pautas médicas e arrequecementos.
4) CO FISIOTERAPEUTA E os MÉDICOS: confianza e respecto mutuo. O médico é o que sabe
de medicamento e o adestrador de baloncesto.
5) CO DELEGADO: normas sobre viaxes, estatísticas e labor nos partidos. Saber que sempre
haberá de estar pendente de todo.
A partir disto, establecemos, durante toda a pretemporada, as pautas de comportamento
dos xogadores, as normas que afectan a todo o grupo e os seus posibles e probables roles
dentro do equipo. Esta etapa é básica para o real e verdadeiro coñecemento recíproco de
adestrador e xogadores. Debemos falarlles claro, establecendo obxectivos e expectativas
(individuais e colectivas)asumibles, lóxicas, reais e alcanzables.
É moi importante que o adestrador domine a empatía e escoite, e así llo faga sentir, aos
xogadores. Debemos valorar moito o nivel de competencia que queremos para non
equivocarnos aquí, tendo presente e definido se dentro do equipo imos traballar con papeis
fixos ou abertos. Persoalmente, penso que é moito mellor que sexan abertos salvo que a
realidade das diferenzas de nivel sexa tan evidente que aconselle o contrario. Isto é clave
para que todo o mundo saiba desde un principio o nivel de competencia interna que
estamos dispostos a soportar dentro do grupo. É moi importante que o xogador saiba que
un equipo ha de ter unha política interna e outra externa.
Non se debería, agora, xerar situacións individuais de alta frustración, posto que xa haberá
tempo de xogar co estrés ou que non quede máis remedio que facelo ou soportalo.
Entón:
6) COS XOGADORES: normas de grupo, roles e funcións dentro do equipo, comunicación,
competencia, non abusar de situacións que xeren excesiva frustración.
Debemos chegar con todo definido sobre o estilo de xogo, os movementos, as situacións
especiais, as defensas, todos os aspectos do xogo... pero facelo coa mente aberta e a
flexibilidade suficiente para adaptarnos ás circunstancias e para crecer a partir das novas
posibilidades que o equipo poida ofrecernos no día a día. Está ben, é esencial, ter un plan
pero é importante ver cando e onde se ha de modificar, ampliándoo ou reducíndoo.
Saber desde un principio con que mínima bagaxe táctica e física debemos iniciar a
competición, ata onde pretendemos chegar e cales son os momentos clave da tempada para
chegar a eles en óptimas condicións.
Ademais, este é o tempo en que debemos detectar as posibles carencias e intentar liquidalas;
vendo, ao mesmo tempo, o nivel real de implicación de todos os membros do equipo.
Entón:
7) O ADESTRADOR: Analizará todo, tomará decisións sen precipitarse pero coa rapidez e
eficiencia necesarias e saberá cara a onde quere ir e como logralo. Saberá cales son os
momentos clave da tempada e actuará en consecuencia. Será flexible desde a planificación e
terá permanente comunicación con todos os seus colaboradores. Terá moi claro, e así llo fará
saber a todo o mundo, que ou se está dentro ou se está fóra, que non se pode estar a medias
para conseguir calquera obxectivo que se persiga.
Todo isto pode parecer obvio e moi evidente, pero hai moitos equipos que xogan nunha
competición profesional, que así se chama ou pretende selo, sen ningunha estrutura. En
demasiadas ocasións o adestrador está só e ha de organizalo todo. Pois é bo que o faga
pronto, que todo o mundo o teñs en conta e que se saiba, que non se esqueza, Convén telo
presente.

More Related Content

More from Pedro Apuntesbasket

Direccion de equipos por Angel Navarro
Direccion de equipos por Angel NavarroDireccion de equipos por Angel Navarro
Direccion de equipos por Angel NavarroPedro Apuntesbasket
 
Motivacion en el entrenamiento por Pedro Martinez
Motivacion en el entrenamiento por Pedro MartinezMotivacion en el entrenamiento por Pedro Martinez
Motivacion en el entrenamiento por Pedro MartinezPedro Apuntesbasket
 
Conceptos de ataque a partir del 1x1 por Cholas
Conceptos de ataque a partir del 1x1 por CholasConceptos de ataque a partir del 1x1 por Cholas
Conceptos de ataque a partir del 1x1 por CholasPedro Apuntesbasket
 
Balance Defensivo por Moncho Lopez
Balance Defensivo por Moncho LopezBalance Defensivo por Moncho Lopez
Balance Defensivo por Moncho LopezPedro Apuntesbasket
 
Ejercicios fases de Juego por Moncho López
Ejercicios fases de Juego por Moncho LópezEjercicios fases de Juego por Moncho López
Ejercicios fases de Juego por Moncho LópezPedro Apuntesbasket
 
Psicologia del bloque comun Marga Canaves
Psicologia del bloque comun Marga CanavesPsicologia del bloque comun Marga Canaves
Psicologia del bloque comun Marga CanavesPedro Apuntesbasket
 
Metodologia por Luis Terrasa Roca
Metodologia por Luis Terrasa RocaMetodologia por Luis Terrasa Roca
Metodologia por Luis Terrasa RocaPedro Apuntesbasket
 
La velocidad en formacion (I) por Pablo Sánchez
La velocidad en formacion (I) por Pablo SánchezLa velocidad en formacion (I) por Pablo Sánchez
La velocidad en formacion (I) por Pablo SánchezPedro Apuntesbasket
 
La velocidad en formacion (II) por Pablo Sánchez
La velocidad en formacion (II) por Pablo SánchezLa velocidad en formacion (II) por Pablo Sánchez
La velocidad en formacion (II) por Pablo SánchezPedro Apuntesbasket
 
Dimitris Itoudis - Ejercicios previos al entrenamiento PAO
Dimitris Itoudis - Ejercicios previos al entrenamiento PAODimitris Itoudis - Ejercicios previos al entrenamiento PAO
Dimitris Itoudis - Ejercicios previos al entrenamiento PAOPedro Apuntesbasket
 
Rentabilizar a una jugadora interior por Carlos Colinas
Rentabilizar a una jugadora interior por Carlos ColinasRentabilizar a una jugadora interior por Carlos Colinas
Rentabilizar a una jugadora interior por Carlos ColinasPedro Apuntesbasket
 
Psicologia (II) por Marga Canaves
Psicologia (II) por Marga CanavesPsicologia (II) por Marga Canaves
Psicologia (II) por Marga CanavesPedro Apuntesbasket
 
Psicologia (I) por Marga Canaves
Psicologia (I) por Marga CanavesPsicologia (I) por Marga Canaves
Psicologia (I) por Marga CanavesPedro Apuntesbasket
 
Salida de Presion por Diego Ocampo
Salida de Presion por Diego OcampoSalida de Presion por Diego Ocampo
Salida de Presion por Diego OcampoPedro Apuntesbasket
 
Preparacion fisica por Barbara Llull
Preparacion fisica por Barbara LlullPreparacion fisica por Barbara Llull
Preparacion fisica por Barbara LlullPedro Apuntesbasket
 
Preparación fisica en baloncesto por Diego Rivas
Preparación fisica en baloncesto por Diego RivasPreparación fisica en baloncesto por Diego Rivas
Preparación fisica en baloncesto por Diego RivasPedro Apuntesbasket
 
Calentamiento en edades de formacion por Pablo Sanchez
Calentamiento en edades de formacion por Pablo SanchezCalentamiento en edades de formacion por Pablo Sanchez
Calentamiento en edades de formacion por Pablo SanchezPedro Apuntesbasket
 
La Preparacion fisica en edades de Formacion por Cuco Rodriguez
La Preparacion fisica en edades de Formacion por Cuco RodriguezLa Preparacion fisica en edades de Formacion por Cuco Rodriguez
La Preparacion fisica en edades de Formacion por Cuco RodriguezPedro Apuntesbasket
 
Trabajo de coordinacion en formación por Ivan Villar
Trabajo de coordinacion en formación por Ivan VillarTrabajo de coordinacion en formación por Ivan Villar
Trabajo de coordinacion en formación por Ivan VillarPedro Apuntesbasket
 

More from Pedro Apuntesbasket (20)

Direccion de equipos por Angel Navarro
Direccion de equipos por Angel NavarroDireccion de equipos por Angel Navarro
Direccion de equipos por Angel Navarro
 
Planificacion por Angel Navarro
Planificacion por Angel NavarroPlanificacion por Angel Navarro
Planificacion por Angel Navarro
 
Motivacion en el entrenamiento por Pedro Martinez
Motivacion en el entrenamiento por Pedro MartinezMotivacion en el entrenamiento por Pedro Martinez
Motivacion en el entrenamiento por Pedro Martinez
 
Conceptos de ataque a partir del 1x1 por Cholas
Conceptos de ataque a partir del 1x1 por CholasConceptos de ataque a partir del 1x1 por Cholas
Conceptos de ataque a partir del 1x1 por Cholas
 
Balance Defensivo por Moncho Lopez
Balance Defensivo por Moncho LopezBalance Defensivo por Moncho Lopez
Balance Defensivo por Moncho Lopez
 
Ejercicios fases de Juego por Moncho López
Ejercicios fases de Juego por Moncho LópezEjercicios fases de Juego por Moncho López
Ejercicios fases de Juego por Moncho López
 
Psicologia del bloque comun Marga Canaves
Psicologia del bloque comun Marga CanavesPsicologia del bloque comun Marga Canaves
Psicologia del bloque comun Marga Canaves
 
Metodologia por Luis Terrasa Roca
Metodologia por Luis Terrasa RocaMetodologia por Luis Terrasa Roca
Metodologia por Luis Terrasa Roca
 
La velocidad en formacion (I) por Pablo Sánchez
La velocidad en formacion (I) por Pablo SánchezLa velocidad en formacion (I) por Pablo Sánchez
La velocidad en formacion (I) por Pablo Sánchez
 
La velocidad en formacion (II) por Pablo Sánchez
La velocidad en formacion (II) por Pablo SánchezLa velocidad en formacion (II) por Pablo Sánchez
La velocidad en formacion (II) por Pablo Sánchez
 
Dimitris Itoudis - Ejercicios previos al entrenamiento PAO
Dimitris Itoudis - Ejercicios previos al entrenamiento PAODimitris Itoudis - Ejercicios previos al entrenamiento PAO
Dimitris Itoudis - Ejercicios previos al entrenamiento PAO
 
Rentabilizar a una jugadora interior por Carlos Colinas
Rentabilizar a una jugadora interior por Carlos ColinasRentabilizar a una jugadora interior por Carlos Colinas
Rentabilizar a una jugadora interior por Carlos Colinas
 
Psicologia (II) por Marga Canaves
Psicologia (II) por Marga CanavesPsicologia (II) por Marga Canaves
Psicologia (II) por Marga Canaves
 
Psicologia (I) por Marga Canaves
Psicologia (I) por Marga CanavesPsicologia (I) por Marga Canaves
Psicologia (I) por Marga Canaves
 
Salida de Presion por Diego Ocampo
Salida de Presion por Diego OcampoSalida de Presion por Diego Ocampo
Salida de Presion por Diego Ocampo
 
Preparacion fisica por Barbara Llull
Preparacion fisica por Barbara LlullPreparacion fisica por Barbara Llull
Preparacion fisica por Barbara Llull
 
Preparación fisica en baloncesto por Diego Rivas
Preparación fisica en baloncesto por Diego RivasPreparación fisica en baloncesto por Diego Rivas
Preparación fisica en baloncesto por Diego Rivas
 
Calentamiento en edades de formacion por Pablo Sanchez
Calentamiento en edades de formacion por Pablo SanchezCalentamiento en edades de formacion por Pablo Sanchez
Calentamiento en edades de formacion por Pablo Sanchez
 
La Preparacion fisica en edades de Formacion por Cuco Rodriguez
La Preparacion fisica en edades de Formacion por Cuco RodriguezLa Preparacion fisica en edades de Formacion por Cuco Rodriguez
La Preparacion fisica en edades de Formacion por Cuco Rodriguez
 
Trabajo de coordinacion en formación por Ivan Villar
Trabajo de coordinacion en formación por Ivan VillarTrabajo de coordinacion en formación por Ivan Villar
Trabajo de coordinacion en formación por Ivan Villar
 

La pretemporada por Chiqui Barros

  • 1. A PRETEMPORADA (Chiqui Barros) “Cando estás na elite é moi fácil adestrar, porque tes moita xente ao teu redor cubríndoche todo tipo de necesidades: preparadores físicos, médicos, fisioterapeutas... pero nun equipo e unha categoría modestos non hai nada disto e un ten que facer de masaxista, de psicólogo, de adestrador e ata de utillero, e isto dáche unha preparación de valor incalculable”. (Juande Ramos). “ O meu traballo non sería nada sen o esforzo do equipo: xogadores e corpo técnico son quen levan á práctica o que eu intento transmitir, son os artífices de calquera éxito deportivo”. (Juande Ramos). Cando falamos da Pretemporada referímonos, sen ningunha dúbida, a etapa máis importante no moldeado do equipo, do seu estilo, da filosofía de xogo. É o tempo para establecer as bases de todo o desenvolvemento posterior. Resulta moi difícil alcanzar os obxectivos sen un bo traballo nesta época do ano. Nada ten que ver coa configuración do plantel, que debera estar plenamente realizada nunha fase inmediatamente anterior, pero nela, ademais, detectaranse as carencias da mesma e poderanse emendar con rapidez, algo que resultará realmente complicado si se xuntan ambos os momentos. O adestrador ten que chegar coas ideas moi claras en canto ás metas a lograr e a forma de conseguilas. É certo que adestrar é definir a realidade e que o proceso de adestramento é algo vivo e que as circunstancias varían dun día para outro. Pero tamén o é o que unha boa planificación axuda a adaptarse e solucionar os imprevistos con menor dificultade e maior coherencia. Por iso non se deberá deixar nada á improvisación e haberá que intentar anticiparse ás situacións desfavorables. Todo isto será menos dificultoso canto mellor sexa o equipo de traballo. Un equipo que vai desde o adestrador xefe ata o secretario técnico ou director deportivo, pasando polos adestradores axudantes, preparador físico, fisioterapeutas, médicos e delegado.
  • 2. O primeiro será establecer e delimitar claramente as responsabilidades de cada un así como a filosofía xeral de traballo que virá marcada polo club e definida polo adestrador xefe, que, ao final, é o último e principal responsable. Hoxe en día, no deporte de competición resulta imposible chegar a bo porto sen un reparto do traballo, sen unha axeitada delegación de funcións e sen unha innegociable asunción de responsabilidades. Todos deben saber que son importantes, sentirse realmente así (porque ven que se respecta e valora a súa función) ao mesmo tempo que iso leva unha obrigación concretada na asunción de responsabilidade para o bo e para o malo. O adestrador é o líder que ten que dirixir ao grupo e o responsable de que todo quede moi claro nas reunións previas que se realicen antes do primeiro adestramento do equipo. Co director deportivo teñen que quedar perfectamente definidos os obxectivos deportivos e humanos da entidade. O lóxico, non se pode entender doutro xeito, é que se establecese unha relación directa, aberta, total e sen intermediarios. Toda a información e as posibilidades de mellora do plantel deberán ser postas en coñecemento do adestrador xefe que, á súa vez, informará de todas as situacións que manexe e poidan facilitar o labor da dirección deportiva. É importante dialogar e razoar con el, e, logo, que cada un decida dentro da súa parcela. Se unha palabra debe definir esta relación é a CONFIANZA. Cos adestradores axudantes (que non esquezamos son tan adestradores como o adestrador xefe) hase de establecer unha relación de confianza, cunha comunicación fluída e inmediata e baseada na complicidade. Complicidade que non significa dicir amén a todo. En privado, os axudantes transmitirán todas as súas inquietudes e as posibilidades que vexan para que o equipo, dentro da filosofía establecida, creza e sexa máis competitivo. Fornecerán toda a información posible. En público, a sintonía será total xa que non se pode manexar nen dirixir ben unha casa que estea dividida. Coñecerán perfectamente as funcións de cada un: desde o scouting, ata os traballos individualizados a realizar cos diferentes xogadores ou as distintas posicións, pasando polo seu labor nos adestramentos, durante os partidos, na relación cos xogadores, cos outros estamentos do club e en todo aquilo que o adestrador estime oportuno que realicen.e
  • 3. Así mesmo, complementaranse perfectamente, sen egoísmos nin discrepancias. Serán os ollos, os oídos e os mellores aliados do adestrador xefe, buscando sempre o mellor para o equipo. Co preparador físico marcaranse as pautas do traballo a realizar definindo claramente o estilo de xogo que se pretende levar á práctica e o traballo físico e de pista necesario para conseguilo. A mesma flexibilidade e capacidade de adaptación que debe amosar o adestrador, terán que asumila os demais membros do corpo técnico e o preparador físico non será unha excepción. Todos deben estar encamiñados ao mesmo fin común, que non é outro que maximizar o rendemento do grupo e, se fose posible, facelo crecer. A complicidade e a sinceridade son esenciais, tendo moi claro que calquera idea ou proposta deberá discutirse en privado co adestrador xefe e que unha vez adoptado un camiño seguirase sen dúbidas. Encargarase ademais das recuperacións de xogadores, en permanente contacto cos servizos médicos, e realizará os quecementos nos adestramentos de pista, de acordo coa finalidade de cada sesión así como, xunto cos axudantes, os previos aos partidos. Co fisioterapeuta e os médicos a relación basearase na confianza e no respecto mutuo. Eles son os que saben de medicamento e de recuperación, pero decidirán en presenza e de acordo co adestrador. É inevitable que en ocasións xurdan rozamentos motivados polas esixencias da competición, pero sempre haberán de ser arranxados onde corresponde sen enviar ao exterior mensaxes contraditorias. Son planos diferentes pero da súa unión dependerá, en demasiadas ocasións, o logro das metas. Co delegado estableceranse as normas de todo o relacionado co seu labor. Viaxes, con todo o que se necesita neles, estatísticas, necesidades do equipo e dos xogadores. Normalmente é a persoa que debe estar todo o tempo pendente de calquera mínimo detalle que se necesite e de que estea disposto. Debe ter moi clara cal é a súa función nos partidos e o tipo de información que ha de fornecer ao adestrador ou aos seus axudantes e cando facelo.
  • 4. Entón: 1) CO DIRECTOR DEPORTIVO: establecer obxectivos. Relación directa, aberta, total e sen intermediarios. 2) COS ADESTRADORES AXUDANTES: confianza, complicidade, sinceridade. Coñecemento total das súas obrigacións e responsabilidades. Non haberá competencia nin egoísmos entre eles. 3) CO PREPARADOR FÍSICO: marcar pautas do traballo a realizar de acordo co estilo de xogo. Complicidade e sinceridade. Recuperación de xogadores, a poder ser na cancha mentres traballan os seus compañeiros, de acordo coas pautas médicas e arrequecementos. 4) CO FISIOTERAPEUTA E os MÉDICOS: confianza e respecto mutuo. O médico é o que sabe de medicamento e o adestrador de baloncesto. 5) CO DELEGADO: normas sobre viaxes, estatísticas e labor nos partidos. Saber que sempre haberá de estar pendente de todo. A partir disto, establecemos, durante toda a pretemporada, as pautas de comportamento dos xogadores, as normas que afectan a todo o grupo e os seus posibles e probables roles dentro do equipo. Esta etapa é básica para o real e verdadeiro coñecemento recíproco de adestrador e xogadores. Debemos falarlles claro, establecendo obxectivos e expectativas (individuais e colectivas)asumibles, lóxicas, reais e alcanzables. É moi importante que o adestrador domine a empatía e escoite, e así llo faga sentir, aos xogadores. Debemos valorar moito o nivel de competencia que queremos para non equivocarnos aquí, tendo presente e definido se dentro do equipo imos traballar con papeis fixos ou abertos. Persoalmente, penso que é moito mellor que sexan abertos salvo que a realidade das diferenzas de nivel sexa tan evidente que aconselle o contrario. Isto é clave para que todo o mundo saiba desde un principio o nivel de competencia interna que estamos dispostos a soportar dentro do grupo. É moi importante que o xogador saiba que un equipo ha de ter unha política interna e outra externa. Non se debería, agora, xerar situacións individuais de alta frustración, posto que xa haberá tempo de xogar co estrés ou que non quede máis remedio que facelo ou soportalo.
  • 5. Entón: 6) COS XOGADORES: normas de grupo, roles e funcións dentro do equipo, comunicación, competencia, non abusar de situacións que xeren excesiva frustración. Debemos chegar con todo definido sobre o estilo de xogo, os movementos, as situacións especiais, as defensas, todos os aspectos do xogo... pero facelo coa mente aberta e a flexibilidade suficiente para adaptarnos ás circunstancias e para crecer a partir das novas posibilidades que o equipo poida ofrecernos no día a día. Está ben, é esencial, ter un plan pero é importante ver cando e onde se ha de modificar, ampliándoo ou reducíndoo. Saber desde un principio con que mínima bagaxe táctica e física debemos iniciar a competición, ata onde pretendemos chegar e cales son os momentos clave da tempada para chegar a eles en óptimas condicións. Ademais, este é o tempo en que debemos detectar as posibles carencias e intentar liquidalas; vendo, ao mesmo tempo, o nivel real de implicación de todos os membros do equipo. Entón: 7) O ADESTRADOR: Analizará todo, tomará decisións sen precipitarse pero coa rapidez e eficiencia necesarias e saberá cara a onde quere ir e como logralo. Saberá cales son os momentos clave da tempada e actuará en consecuencia. Será flexible desde a planificación e terá permanente comunicación con todos os seus colaboradores. Terá moi claro, e así llo fará saber a todo o mundo, que ou se está dentro ou se está fóra, que non se pode estar a medias para conseguir calquera obxectivo que se persiga. Todo isto pode parecer obvio e moi evidente, pero hai moitos equipos que xogan nunha competición profesional, que así se chama ou pretende selo, sen ningunha estrutura. En demasiadas ocasións o adestrador está só e ha de organizalo todo. Pois é bo que o faga pronto, que todo o mundo o teñs en conta e que se saiba, que non se esqueza, Convén telo presente.