Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Propostaorganizativaarzua
1. Principios organizativos
Arzúa Pode
1 PRINCIPIOS ORGANIZATIVOS
A Asamblea Local de PODEMOS ARZÚA establece e acepta os documentos aprobados pola ASAMBLEA
CIDADÁ “Sí se Pode”, todo o funcionamento da Asamblea e dos membros ceñirase aos documentos
“CLARO QUE PODEMOS” e os seus “PRINCIPIOS ORGANIZATIVOS, ETICOS E POLÍTICOS” . Calquer
tipo de desviación ou incumplimento destos principios pode ser denunciada a Comisión de Garantias e
orgaos competentes de PODEMOS.
2 ORGANIZACIÓN
Seguindo as regras estabecidas pola organización PODEMOS, a Asamblea Local de Podemos Arzúa terá
como representante e xestor un Secretario Local elixido seguindo o reglamento aprobado polo Consello
Cidadá de PODEMOS. Cando a Asamblea Local supere a cifra de 100 afiliad@s constituirase o Consello
Cidadá formado por 7 persoas.
A Asamblea Local de Arzúa establece como periodo de mandato do seu Secretario Local o de 4 anos, pero
neste primeiro mandato o Secretario Local terá que establecer unha ratificación do seu cargo ante a
Asamblea Local ao cumplir 1 ano da elección. En todo caso seguindo as pautas dos Principios
Organizativos podense seguir os mecanismos de sustitución ou convocatoria de Asambleas Locais
Extraordinarias para o control e sustitución do Secretario Local. O límite de mandatos en calquer cargo
orgánico ou institucional desempeñado por membros de PODEMOS ARZÚA é dun máximo de 8 anos.
3 ESTRUCTURA
O Secretario Local será o responsable do traballo diario da organización e dos seus orgaos de
comunicación, ademáis de coordinar aos membros da Asamblea Local e as acción de PODEMOS
ARZÚA. Terá a obriga de convocar Asambleas Locais como mínimo cada 2 meses ou cando se cumprán
os requisitos establecidos nos Principios Organizativos Xerais
A Asamblea Local de PODEMOS ARZÚA pode establecer pola súa iniciativa ou por proposta do Secretario
Local as Comisións ou Grupos de Traballo que se necesiten para cumprir obxetivos. Estas comisións non
serán permanentes, e terán a vixencia que estableza o seu mandato ou a mesma Asamblea Local.
Exemplos de Comisións de Traballo poden ser as seguintes: Comisión de Comunicación (encargada de
coordinar as accións de comunicación), Comisión Electoral (encargada de coordinar as negociacións para
formar parte dunha candidatura local e do cumprimento dos principios de Podemos), Comisión Económica
(controlar o gasto e os ingresos da organización local).
4 ADMINISTRACIÓN E CONTROL ECONÓMICO
Anualmente o Secretario Local terá a obriga de establecer ao final de ano unha Asamblea Local na que
informará do estado económico da organización e das accións dos representantes institucionais que
pertezan a PODEMOS ARZÚA. A organización terá unha conta corrente nunha entidade de aforro ética e
non poderá incurrir en gastos que supoñan endebedamento da organización, sendo o Secretario Local
responsable subsidiario das accións económicas da organización.
Ningún integrante da Asamblea Local PODEMOS ARZÚA poderá obteñer salarios da súa acción política
representativa, aínda que teña cargos institucionais na administración local, comarcal ou provincial.
XOSÉ MANUEL ZAPATA PÉREZ, CANDIDATO A SECRETARIA LOCAL PODEMOS ARZÚA