SlideShare a Scribd company logo
1 of 18
Download to read offline
IV Asamblea cidadá Tecer Galicia
Podemos Galicia
24 propostas
sobre as que tecer
un horizonte
para o 2024
IV Asamblea cidadá 24 propostas sobre as que tecer un horizonte para o 2024 1
Podemos Galicia Tecer Galicia
Queremos un país feminista. Isto quere dicir que aspiramos a un horizonte de
transformación no que a ollada feminista incorpore a igualdade e a corresponsabilidade
social como elementos vertebradores da Galicia que vén. Cuestionar o estado das
cousas, buscando non só ser unha sociedade máis inclusiva, senón tamén máis
comunitaria, ofrecendo alternativas de vidas e protección a todas as persoas.
Queremos un país que mire ao futuro, con valentía e tamén con ilusión. A sociedade
galega leva tempo preparada, pero precisa de políticas que articulen a esperanza.
1 Os servizos públicos que sosteñen as vidas.
Diagnose.
A partir da crise de 2008 vense impoñendo en Galicia un modelo de xestión do público
pensado para o impulso do negocio e dos intereses privados. Cun baixo nivel de
ingresos públicos en relación á UE, a situación caracterízase polos recortes de servizos,
o abandono e desmantelamento do público na última década, e a infiltración dos
intereses privados.
Os ingresos públicos en España: 35,4% do PIB fronte ao 41,6% da Eurozona.
Proposta de Horizonte.
-Cómpre defender e presentar un modelo alternativo á degradación do público que
dende a Xunta está a desenvolver o Partido Popular. Reivindicar un modelo de servizos
públicos de xestión directa como principal garante dunha sociedade igualitaria e de
benestar, poñendo en valor que o público é sinónimo de calidade e equidade.
-Reverter os recortes e impulsar unha estratexia de investimento e fortalecemento que
estenda o impacto positivo da rede pública de servizos na nosa sociedade. O público
debe ser unha aposta de calidade para toda a cidadanía, servizos aos que poida
acceder o conxunto da sociedade porque ten dereito e porque cobren as súas
necesidades básicas de maneira satisfactoria.
-Reformular o sistema de ingresos baixo a premisa de que “quen máis ten debe aportar
máis” co fin de que a xustiza fiscal, propia dun modelo progresivo de fiscalidade,
garanta que o conxunto da poboación se beneficie da rede de servizos e investimentos
públicos.
2 A sanidade como piar do sistema.
Diagnose.
As políticas de recortes e deterioro dos servizos están a provocar situacións extremas
durante este ano 2022 debido á falta de persoal médico nos Centros de Atención
Primaria que, non só incumpren as ratios específicas, senón que, en moitos casos,
IV Asamblea cidadá 24 propostas sobre as que tecer un horizonte para o 2024 2
Podemos Galicia Tecer Galicia
vense na obriga de prestar a atención exclusivamente por medio de persoal de
enfermería ao carecer en diferentes ocasións dese persoal médico.
A Xunta, en vez de asumir as súas competencias, limítase a escusarse na falta de
médicos, porén, os sindicatos denuncian que na OPE 2022 non se ofrecen prazas para
facultativos de Atención Primaria nin Atención Especializada, do que poderíamos
deducir unha intención de debilitar a Atención Primaria.
Galicia é, tras Madrid, a segunda Comunidade Autónoma con menos investimento en
Atención Primaria, un 11,62%, por debaixo da media estatal do 13,92%, tratándose
ademais dunha poboación moito máis dispersa e envellecida.
Proposta de Horizonte.
-Garantir a universalidade efectiva do sistema sanitario, para que ninguén quede sen
atención nin tratamentos no sistema público.
-Asegurar un sistema público de calidade impedindo negociar coa saúde pública ou co
sistema sanitario.
-Incrementar o investimento en Atención Primaria para que sexa a columna que
vertebre o sistema de saúde, facéndoa accesible a todas as persoas e garantindo a
atención de proximidade.
-Dignificar as condicións económicas e laborais do persoal sanitario, moi especialmente
daquel que exerce o seu labor na Atención Primaria, co fin de que Galicia represente
unha opción de calidade e dignidade para as profesionais da medicina e reter ao
persoal da Atención Primaria.
3 Unha sociedade corresponsable.
Diagnose:
Os coidados supoñen un elemento esencial para as nosas sociedades e o seu benestar
que, en moitos casos, son realizados de forma informal no ámbito familiar e,
maiormente, por mulleres. Son tamén parte importante do estado do benestar aqueles
servizos relacionados cos coidados sustentados polas administracións e os recursos
públicos. Non obstante, esta serie de servizos son vistos cada vez máis como unha
oportunidade de negocio por parte das empresas, o que está a determinar que unha
actividade que debería rexerse por parámetros de benestar e dignidade se mida en
función do rendemento e dos beneficios. Isto repercute na calidade do mesmo e na
precarización das condicións de traballo das profesionais que realizan este labor.
Proposta de horizonte.
-Revalorizar a percepción social e a dimensión laboral dos coidados nas diferentes
etapas da vida, estendendo a xestión pública de modo que atenda á demanda do
conxunto da poboación, acabando coas listas de espera. Un modelo de
IV Asamblea cidadá 24 propostas sobre as que tecer un horizonte para o 2024 3
Podemos Galicia Tecer Galicia
corresponsabilidade social no que o sostén do sistema de coidados sexan as
administracións e non as persoas que realizan esta función.
-Creación dunha empresa pública de coidados para garantir a xestión pública dos
mesmos, ademais de reforzar o compromiso das administracións coa calidade dos
servizos e as condicións laborais das traballadoras. O obxectivo principal desta empresa
é a de pilotar a recuperación da xestión pública do Servizo da Atención no fogar (SAF) e
estender dunha e transformar a rede pública de residencias en función dun modelo de
dignidade que poña ás persoas no centro.
-Xerar recursos e ferramentas que melloren a conciliación laboral e familiar. Garantir as
condicións materiais que permitan o seu desenvolvemento a partir da realización dun
diagnóstico que permita delimitar as necesidades e permita a súa flexibilidade en
función das distintas realidades familiares. Monitorización dos plans que se
implementen co fin de garantir a súa eficiencia e idoneidade. Fomentar os debates
sobre os usos dos tempos para aspirar a acadar unha maior satisfacción coas vidas que
vivimos.
4 Pacto pola mobilidade pública sostible e a
vertebración territorial de Galicia.
Diagnose.
A vertebración territorial de Galicia continúa a ser unha tarefa pendente. Sen unha
verdadeira rede de cercanías no transporte ferroviario, a aposta pola alta velocidade
propiciou que se perderan estruturas para a vertebración do país, provocando que o
modelo actual da rede-infraestrutura estea afastado en horarios e volume dos servizos
da demanda actual. Ademais, existe un claro desequilibrio entre na rede que repercute
moi negativamente na provincia de Lugo ou comarcas como Ferrolterra. Tamén se
detectan múltiples eivas respecto ao transporte colectivo interurbano, sen unha
coordinación eficiente coas diferentes modalidades de transporte como pode ser o
ferroviario. Algo que tamén é prexudicial para o medio ambiente nunha situación de
cambio climático como a que vivimos.
Proposta de horizonte.
-Promover un pacto público polo transporte entre as distintas administracións
(Goberno do Estado, Xunta de Galicia, deputacións provinciais e concellos),
involucrando tamén á cidadanía, que supoña un compromiso de traballo coordinado co
fin de combinar as distintas modalidades de transporte segundo as distintas
competencias.
-Crear unha mesa entre administracións para o desenvolvemento dunha “tarxeta
galega multitransporte” como unha medida estrutural e coa vista posta no 2024. O
obxectivo é que, unha vez remate o 2023 e con el os abonos no transporte ferroviario e
transporte público interurbano, as galegas dispoñan dunha ferramenta que abarate os
seus desprazamentos combinados a través dunha cota fixa mensual accesible. Para isto
é indispensable o traballo conxunto das administracións, ademais da mellora e aumento
das infraestruturas que faciliten a vertebración.
IV Asamblea cidadá 24 propostas sobre as que tecer un horizonte para o 2024 4
Podemos Galicia Tecer Galicia
-O fomento da mobilidade sostible a través do desenvolvemento das liñas e do
potencial do transporte público. Como estamos a comprobar co éxito dos descontos
impulsados polo Goberno do Estado e aumento do número de usuarias, o transporte
público en Galicia non estaba a ser accesible tanto no económico como polas súas
características estruturais. Cómpre actuar de maneira global e planificada para así
fomentar o seu uso como un factor fundamental na sustentabilidade e o coidado do
medio ambiente.
5 Un país que sexa rede para as vulnerables.
Diagnose.
O informe 'Estado da Pobreza en Galicia' 2022 revela que 678.000 persoas, o 25,2% da
poboación galega, estaba en risco de pobreza ou exclusión social (AROPE) no 2021
Os principais factores que caracterizan esta situación son as desigualdades, o
abandono rural, o envellecemento e a dependencia ou problemas asociados á
exclusión: alcoholismo, ludopatías.
Proposta de horizonte.
-As necesidades básicas deben ser dereitos universais efectivos. Garantir o básico para
vivir: rendas, vivenda, auga, electricidade, saúde, educación, seguridade, xustiza.
Impedir a mercantilización e o negocio cos mínimos para a vida.
-Despregar estratexias de desenvolvemento humano inclusivas que combatan as
múltiples formas de desigualdade e exclusión con perspectiva interseccional.
-Impulsar unha sociedade aberta e integradora onde todos os seres humanos teñen
dereitos e os movementos migratorios non se entendan como ameazas. Todas e todos
somos migrantes, as galegas máis.
-Asegurar que ninguén queda atrás, garantir que o Estado de Benestar é un Estado con
toda a súa xente dentro.
6 Pensións dignas, vellez sen medo á pobreza
Diagnose.
Existe un baixo número de cotizantes e un alto índice de envellecemento da poboación.
En Galicia as pensións son moi baixas o que supón unha perda de poder adquisitivo e
maior vulnerabilidade na vellez.
O número de pensionistas aumenta paulatinamente, situándose en 2021 en 681.094, en
torno ao 25% da poboación, o que fai que un de cada catro fogares do nos país
dependan das pensións.
Importante fenda por xéneros que situou en 2021 a pensión media para os homes en
1.087,99 € de 711,68 € no caso das mulleres.
IV Asamblea cidadá 24 propostas sobre as que tecer un horizonte para o 2024 5
Podemos Galicia Tecer Galicia
Galicia é a segunda comunidade coas pensións máis baixas do Estado. A pensión media
mensual era de 934,60€ a novembro de 2022, fronte aos 1.094,02 € da media estatal
ou os 1.356,13€ de Euskadi.
Proposta de horizonte.
-Incrementar as pensións ata que se sitúen nas recomendacións internacionais,
pensión mínima no 60% do salario medio. Pensións dignas e que ningunha pensión se
sitúe por baixo do limiar da pobreza.
-Garantir o dereito a pensións dignas sostendo o sistema de pensións non a través só
das cotizacións senón a través de ingresos suficientes do Estado, como sucede nos
países da nosa contorna. Disuadir o negocio das pensións privadas alimentadas polos
discursos interesados que vaticinan a quebra do sistema.
-Incluír elementos que permitan corrixir a fenda de xénero das pensións actuais, co fin
de que ser muller en Galicia non signifique maior vulnerabilidade durante a vellez.
Apostar por modelos laborais que minimicen o impacto salarial que supoñen
actualmente a conciliación e os coidados para as mulleres co fin corrixir de maneira
sistemática e estrutural a fenda nas pensións futuras.
7 Desenvolvemento dunha estratexia enerxética
comunitaria.
Diagnose.
Dependencia dos combustibles fósiles, desaproveitamento das capacidades
enerxéticas, falta de autonomía enerxética ante situacións de crises de
subministracións como a que estamos a vivir.
Ademais, a implantación das renovables está a encontrarse coa oposición veciñal ao
adoecer das mesmas eivas que o modelo enerxético tradicional. O desenvolvemento
amplo das mesmas en Galicia non se está a reflectir nunha maior soberanía enerxética.
Proposta de horizonte.
-Elaboración dunha estratexia de transición enerxética xusta que nos permita
abandonar a enerxía dependente dos combustibles fósiles, que nos fai máis
contaminantes, produtores de quentamento global e dependentes de materias primas
externas.
-Planificación territorial para o desenvolvemento de renovables sobre os eixos de
equilibrio e protección territorial e da biodiversidade no seu despregamento. A
transición enerxética debe levar aparellada actuacións de mellora do medio rural e
recuperación da biodiversidade ademais da interlocución e participación das
comunidades veciñais.
-Reforzar o papel do sector público na transición enerxética e nas estruturas sobre as
que se leve a cabo, co fin de que os recursos vaian destinados a garantir a
IV Asamblea cidadá 24 propostas sobre as que tecer un horizonte para o 2024 6
Podemos Galicia Tecer Galicia
accesibilidade e o dereito á enerxía por parte do territorio e a súa poboación,
favorecendo a creación dunha empresa pública de enerxía.
-Participación das entidades locais e a veciñanza a través da constitución de
comunidades enerxéticas locais.
8 Un modelo produtivo con futuro.
Diagnose.
Existe falta de anticipación, de planificación e de proxecto de futuro como país, falta de
investimento público polos sectores estratéxicos, desmantelamento do Estado do
Benestar na última década, regresión demográfica, abandono do rural, perda de tecido
industrial, emigración masiva da xente nova.
Proposta de horizonte.
-Impulsar un proxecto de país que aposte polos sectores estratéxicos da economía e a
sociedade galega; activar a inxección pública orientada a afrontar os retos da nova
sociedade (dixitalización, robotización, nova economía) en beneficio das maiorías
sociais.
-Poñer os recursos públicos ao servizo do desenvolvemento do país e da súa xente. O
sector público ten que facer apostas polos sectores de maior valor engadido, máis
intensivos en emprego e máis orientados ao ben público (igualdade, inclusión, coidado
do medio, desenvolvemento rural...), así como promover a xeración de emprego público
que permita un país co benestar avanzado que mellore a calidade de vida da maioría.
-Incentivar a xeración de emprego de valor engadido e innovador, co fin de xerar
riqueza no país para que a xente poida vivir dignamente do seu traballo e a xente moza
non teña que emigrar.
-Aproveitar as oportunidades da economía galega: transición enerxética, explotación
sostible das rías e dos montes, economía circular, a recuperación de terra agraria e
soberanía alimentaria, plans de dinamización industrial co peche dos ciclos produtivos,
recuperar os empregados públicos perdidos os últimos anos ou ampliar o sistema de
coidados público.
9 Proxectos de vida no país.
Diagnose.
Precariedade xeneralizada, emigración, desemprego xuvenil, desemprego de longa
duración, fenda de xénero, traballadores pobres.
Poder adquisitivo a través dos salarios: o salario medio subiu un 6,1% no último ano en
Galicia, pero sen que aumentara o poder adquisitivo por mor dunha inflación por riba da
media.
IV Asamblea cidadá 24 propostas sobre as que tecer un horizonte para o 2024 7
Podemos Galicia Tecer Galicia
Dos 853.779 cidadáns españois que viven fóra do Estado, o 17,15% é natural de Galicia,
o que supón unha cifra de 146.423 persoas.
Pobreza laboral: 208.570 persoas en pobreza laboral en Galicia das que 124.177 son
mulleres.
O 12,2% da xente moza atópase en situación de pobreza laboral.
Proposta de horizonte.
-Impulsar o emprego de calidade na nosa terra. Garantir que quen queira traballar en
Galicia poida facelo, con traballos dignos que permitan construír proxectos de vida no
país.
-Traballo decente en Galicia. Recuperar o traballo con dereitos. Combater a
precariedade e a caída dos salarios garantindo non só máis traballo senón tamén
condicións laborais, salariais, de seguridade e de relacións laborais dignas.
-Implantar medidas estruturais que favorezan as condicións laborais das mulleres e
mitiguen o impacto salarial negativo da conciliación e os coidados que recaen
maiormente nestas. Acabar co paradigma de “emprego feminizado, emprego
precarizado”.
-Plan de retorno das persoas emigradas a través dun programa completo que favoreza
que poidan asentarse en Galicia promovendo a integración laboral, educativa, así como
o dereito fundamental á vivenda. Incluír medidas específicas para resolver a situación da
xente moza, que se ve obrigada a emigrar ou resignarse a precariedade.
10 Articular a intelixencia colectiva para aproveitar
os avances científicos e tecnolóxicos.
Diagnose.
Falta de previsión e de capacidade de adaptación ante os cambios económicos e
sociais, empregos substituídos pola robotización, ameaza de destrución masiva de
empregos nos sectores tradicionais froito dos cambios (robotización, venta a distancia,
industria 4.0).
Proposta de horizonte.
-O coñecemento debe ser unha ferramenta ao servizo do progreso social. Garantir a
través da acción pública a anticipación e orientación ante os cambios na economía, na
sociedade e no entorno internacional.
-Desenvolver estratexias para aproveitar as potencialidades dos cambios tecnolóxicos e
da sociedade da información e do coñecemento, no emprego, na formación, nas
empresas e, no sector público.
IV Asamblea cidadá 24 propostas sobre as que tecer un horizonte para o 2024 8
Podemos Galicia Tecer Galicia
-Garantir que a innovación signifique desenvolvemento humano e mellora para a vida
das maiorías, darlle a volta ás ameazas da robotización sobre o emprego e reorientar
sectores e cualificacións para que a innovación sexa progreso social; afrontar os retos
da industria intelixente (4.0) como oportunidades para aproveitar o emprego, a
intelixencia e as potencialidades do país.
11 Do dereito á vivenda.
Diagnose.
Cada vez existe unha maior fenda entre os salarios e o custe do acceso á vivenda. Alto
prezo da vivenda, inseguridade nos alugueiros, infravivenda e condicións de pobreza,
pobreza enerxética, dificultade para acceder á primeira vivenda.
O parque de vivenda social é en Galicia de 3.534 vivendas, o que representa un 0,32%
sobre o número total de vivendas e fronte á media de 0,96% no Estado. Máis de 8.000
persoas agardan por unha vivenda en alugueiro protexida pola Xunta.
Menos dun 20% dos mozos entre 18 e 29 anos poden emanciparse debido á
imposibilidade de acceder e manter unha vivenda de forma estable.
O 36,2% da poboación en situación de pobreza destina máis do 40% da súa renda ao
pago da vivenda.
Proposta de horizonte.
-Aprobación da Lei de vivenda, garantindo o seu acceso como un dereito fundamental
da poboación, establecendo mecanismos de regulación do alugueiro que mitiguen os
efectos da especulación inmobiliaria que está desvirtuando e impedindo que se exerza
un dereito esencial para as persoas.
-Garantir o acceso a unha vivenda digna, a través do control público dos alugueiros
abusivos, da estabilidade e seguridade dos mesmos.
-Ningún desafiuzamento sen alternativa habitacional.
-Aumentar o parque de vivenda pública co fin de garantir o acceso e reducir os prezos.
Condicionar a cesión do solo público ao incremento de vivenda pública e social
municipal.
-Facer de cada casa un fogar, garantindo que todas as vivendas poidan dispoñer do
básico: electricidade, calefacción, auga, saneamento.
12 Do dereito ao espazo público.
Diagnose.
Degradación dos espazos públicos, privatización, falta de instrumentos de participación
cidadá na maioría dos concellos, espazo urbano dominado polos vehículos privados,
IV Asamblea cidadá 24 propostas sobre as que tecer un horizonte para o 2024 9
Podemos Galicia Tecer Galicia
xentrificación e expulsión dos habitantes tradicionais dos cascos históricos, falta de
transporte interurbano e metropolitano efectivo.
Liñas de futuro.
-Incluír a perspectiva feminista á hora de abordar a transformación do espazo público.
Gañar e recuperar espazos públicos coidados, accesibles e seguros para a vida da
veciñanza. Reforzar a súa concepción como lugares de encontro e de comunidade,
reforzando o seu uso para o lecer, impulsando a responsabilidade colectiva e a
democracia.
-Garantir a mobilidade sostible a través de sistemas públicos de transporte, accesibles,
inclusivos, que articulen e integren o espazo urbano e que permitan recuperar as rúas
para as persoas.
-Defensa dos servizos públicos de calidade, recuperar a xestión pública dos servizos
básicos como a auga.
-Participación no próximo, os municipios como institucións abertas á cidadanía e como
proxectos que impliquen as súas veciñas no común e no deseño e desenvolvemento
dos lugares que habitan.
13 Por un rural vivo e con futuro.
Diagnose.
A comunidade galega é a segunda máis envellecida do Estado, só por detrás de
Asturias. A poboación xubilada en Galicia é de 681.094 fronte aos 280.664 menores de
16 anos.
A porcentaxe de segundas residencias, que en 2011 representaba un 34% para o total
de Galicia, ascendeu nas provincias do interior (Lugo e Ourense) ata máis da metade.
En Galicia quedan deshabitadas máis de 100 aldeas ao ano, que xa alcanzan o número
de 2.000.
Segundo as proxeccións, Galicia perderá un 5% da súa poboación de aquí a dez anos.
Nunca houbo unha porcentaxe tan alta de maiores de 64 anos, nin un índice de
sobreenvellecemento (maiores de 85 anos) tal alto.
Proposta de horizonte.
-Impulsar o rural a través de políticas de desenvolvemento baseadas nas novas
tecnoloxías, a sociedade da información e a economía social, superando o modelo
baseado exclusivamente no turismo.
-Reverter as políticas inmobiliarias da Xunta nas últimas décadas sobre as segundas
residencias, deseñando unha política pública de vivenda nos concellos non urbanos, e
especialmente naqueles que a presión turística está encarecendo o prezo da vivenda.
IV Asamblea cidadá 24 propostas sobre as que tecer un horizonte para o 2024 10
Podemos Galicia Tecer Galicia
-Desenvolver políticas igualitarias que combatan a desigualdade en xeral, pero, en
especial, nas circunstancias nas que se agudiza a discriminación, a enorme distancia na
taxa de ocupación entre as mulleres que son nais e os homes que son pais supón un
hándicap para o desenvolvemento laboral e profesional das mulleres.
-Avanzar na normalización democrática e na transparencia nos concellos pequenos. A
chave para un desenvolvemento sostible e xusto está nun novo modelo de gobernanza,
na que a xente sexa escoitada, tamén no rural.
14 Sobre o dereito a vivir do agro.
Diagnose.
Estamos inmersas nunha realidade dupla, na que unha terra abandonada constitúe
unha oportunidade de negocio para atraer a inversión de grandes capitais.
Un rural con baixas densidades de poboación constitúe o argumento principal de
grandes empresas enerxéticas para ocupar o noso territorio, especialmente as áreas de
maior relevancia ambiental e paisaxística. O despoboamento convértese nunha
coartada para substituír un modelo de economía de produción de proximidade por un
modelo de produción agraria baseado nas macrogranxas e explotacións agrarias
industriais.
O aumento do tamaño medio das explotacións non significa que aumentara a
rendibilidade das mesmas, senón un cambio cara unha a agricultura e gandería
industriais, cada vez máis dependente dos prezos das materias primas nos mercados
internacionais e dos mercados financeiros. Desde 2008 pecharon 1.700 explotacións
cada ano. A proposta de aldeas modelo, afastada da xente que habita os territorios,
abunda no modelo industrializador do agro
As políticas ambientais deben superar o modelo punitivo fronte á xente do campo, para
transformarse en políticas amables que acompañen a agricultura e a gandería
tradicional no que sempre souberon facer: coidar o medio ambiente.
Perda do 5% da súa superficie agraria entre 2013 e 2016. En Galicia a superficie agraria
útil non chega ao 25% do territorio, unha das porcentaxes máis baixas de Europa.
Proposta de horizonte.
-Fortalecer as explotacións de pequeno e mediano tamaño e o cooperativismo entre
produtoras, creando medios para a investigación e novos mercados e técnicas de
comercialización impulsadas desde os colectivos interesados.
-Apostar pola agricultura e a gandería como sectores estratéxicos e piares da
economía de proximidade, coidado da contorna e do desenvolvemento rural, incentivar
a recuperación de terra agraria e o impulso do banco de terras.
-Promover a soberanía alimentaria e a economía circular, estimulando o peche do ciclo
produtivo na nosa terra e xerando un valor engadido que revirta no propio territorio,
IV Asamblea cidadá 24 propostas sobre as que tecer un horizonte para o 2024 11
Podemos Galicia Tecer Galicia
fortalecendo os circuítos curtos de comercialización que foron seriamente danados nas
últimas décadas.
-Estimular a agricultura e gandería coidadora do medio que desenvolve boas prácticas
para unha alimentación saudable, integrada na contorna, con bo trato dos animais e da
natureza.
-Dar a Galicia voz e decisión onde se adoptan as acordos sobre agricultura na Unión
Europea e na comunidade internacional.
15 Mar do que vivir
Diagnose.
Abandono paulatino do sector primario: pesca e marisqueo; malestar e inseguridade no
traballo, descartes e problemas de sustentabilidade dos caladoiros, distribución de
cotas, falta de capacidade política para defender os intereses da pesca galega no
Estado e en Europa.
Proposta de horizonte.
-Asegurar que o mar represente unha oportunidade de boa vida para a xente que o
traballa, impulsar o relevo xeracional para que as mozas e mozos vexan o mar como
unha alternativa de futuro.
-A pesca e o marisqueo como sector estratéxico e motor económico das zonas
costeiras, tanto polo sector primario como pola industria transformadora e o valor
engadido asociado ao mar. Impulsar a innovación e a creatividade como signo de
identidade dos produtos do mar galego, así como modelos sostibles e cooperativos.
-Protexer, promover e poñer en valor a pesca tradicional coidadosa co medio así como
o marisqueo, que teñen gran relevancia no emprego e na dinamización das zonas
costeiras. Garantir que as artes de pesca tradicionais -como o Xeito- dispoñan da
consideración de pesca artesanal respectuosa co medio.
-Galicia é unha das maiores potencias pesqueiras de Europa, ten que dispoñer de voz
no ámbito da Unión Europea e na comunidade internacional, e ter capacidade de
negociación sobre os caladoiros.
16 Terra na que producir, potencia industrial.
Diagnose.
Situación de perda do emprego industrial, ameaza de deslocalización empresarial,
dificultades de acceso á financiación para as novas empresas, escasa carga de traballo
nalgúns ámbitos, precarización laboral en determinados sectores, falta de cooperación
interempresarial, vulnerabilidade ante os retos de futuro.
IV Asamblea cidadá 24 propostas sobre as que tecer un horizonte para o 2024 12
Podemos Galicia Tecer Galicia
Un de cada dous empregos que se perderon en Galicia durante a crise de 2007 foi na
industria. Entre 2005 e 2015 Galicia perdeu 50.000 empregos industriais.
Proposta de horizonte.
-Aumentar o valor engadido na transformación dos produtos agrarios, gandeiros,
forestais e do mar, pechando en Galicia a cadea de valor.
-Impulso dos sectores estratéxicos de Galicia -ademais dos vinculados ao sector
primario e á alimentación-: o naval, a automoción, o téxtil, a enerxía eléctrica, o turismo
e as industrias culturais, a saúde e a biotecnoloxía, as tecnoloxías da información.
-Ampliar a cobertura pública aos investimentos económicos estratéxicos para o
desenvolvemento do territorio, para o emprego ou para os obxectivos socialmente
valiosos; reforzando a conexión co I+D+ i público
-Aumentar o investimento para impulsar e diversificar as PEMES a formación de
clusters.
17 Vidas feministas e libres.
Diagnose.
A participación das mulleres no mercado laboral vese atravesada por unha dobre
realidade que perpetúa as desigualdades tamén neste ámbito: Por unha banda, un teito
de cristal que impide o seu ascenso e promoción e, por outra, un chan pegañento que
as atrapa na precariedade.
Segundo os datos máis recentes do Instituto Galego de Estatística (IGE), o número de
mulleres que deixa de traballar ou que recorre á redución da súa xornada laboral para
coidar de familiares dependentes é máis do dobre que o de homes. No que ten que ver
coa distribución do salario bruto anual segundo o sexo en Galicia, o 50% das mulleres
non supera os 16.146,14€ mentres que a porcentaxe de homes que gaña menos desa
cantidade é ao redor do 25%.
Somos testemuñas de como os traballos máis feminizados veñen atravesados por máis
precariedade. Vémolo nas traballadoras do mar, as traballadoras das conserveiras, as
do SAF, as do telemarketing, e en moitas outras que en Galicia levan anos
protagonizando reivindicacións para acadar dereitos elementais que garantan a
dignidade dos seus traballos.
A todo isto haille que sumar as situacións de acoso laboral que sofren as mulleres polo
feito de selo, a discriminación á que se ven sometidas polos seus corpos ou pola súa
orientación ou identidade sexuais, especialmente no caso das mulleres trans.
En Galicia o número de vítimas de violencia machista aumentou un 2,4% respecto do
2020. Segundo datos da Fiscalía Superior Galicia, no 2021 abríronse 6.777
procedementos penais por violencia machista.
IV Asamblea cidadá 24 propostas sobre as que tecer un horizonte para o 2024 13
Podemos Galicia Tecer Galicia
No que levamos de ano xa son 40 o número de mulleres asasinadas pola violencia de
xénero. Desde o 2003 sumamos un total de 1.173.
Proposta de horizonte.
- Empoderamento das mulleres, promover que todas as persoas dispoñan de recursos
para valerse por si mesmas, a autonomía é básica para a igualdade e para a liberdade;
precisamos políticas efectivas dirixidas a garantir a autonomía das mulleres, con plans
de emprego específicos e políticas de cobertura social.
-Promover a igualdade e a non discriminación nos diferentes ámbitos, combater
calquera tipo de machismo: no traballo, na casa, na rúa, na escola, nos medios, no
espazo público; garantir os dereitos das mulleres en todos os ámbitos.
-Combater a fenda laboral en todas as súas dimensión: desemprego, precariedade,
economía mergullada, salarios, dereitos ou pensións.
-Apostar por políticas que teñan como obxectivo erradicar as violencias machistas.
18 Tecer entre diversas.
Diagnose.
Discriminacións pola orientación ou a identidade sexuais, acoso, agresións, falta de
dereitos e servizos, dificultades laborais, problemas emocionais e psicolóxicos
derivados da discriminación
Aproximadamente o 65-75% dos adolescentes trans pensan en suicidarse e o 15-30%
tenta suicidarse. A taxa de paro supera o 85%.
Ser LGTBI é o terceira causa dos delitos de odio en España.
Falta de desenvolvemento da Lei 2/2014 pola igualdade de trato e a non discriminación
de lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuais en Galicia.
Galicia carece dunha lei trans autonómica.
Proposta de horizonte.
-Preservar o dereito de cada persoa á súa identidade e orientación sexuais. O papel dos
servizos públicos deben ser de acompañamento e facilitación; en Galicia é preciso
desenvolver a Lei 2/2014 e impulsar unha lei de identidade de xénero que articule e
responda ás distintas realidades e necesidades do colectivo LGTBI.
-A identidade ou a orientación sexuais non poden limitar as persoas no exercicio da
cidadanía, ter unha atención médica axeitada ou un documento de identidade acorde
ao teu xénero son cuestións que a dia de hoxe non sempre son posibles. Aprobación da
Lei Trans estatal que inclúa a autodeterminación de xénero.
IV Asamblea cidadá 24 propostas sobre as que tecer un horizonte para o 2024 14
Podemos Galicia Tecer Galicia
-As institucións públicas deben asumir unha posición activa no combate da
discriminación para garantir a igual liberdade de todos os seres humanos. Impulsar a
educación sexual integral para unha aprendizaxe transversal que teña en conta as
diversidades sexuais e afectivas e o pracer sexual.
19 Cultura, investir en desenvolvemento humano.
Diagnose.
Falta de recoñecemento do valor humano e económico da cultura que ten como
consecuencia a precarización do sector. Caída do gasto e o investimento cultural,
concentración do gasto cultural na Cidade da Cultura e nos eventos relacionados co
Xacobeo.
Escasa aposta polos proxectos, a creación e a dinamización cultural ao focalizar os
investimentos nun modelo cultural-espectáculo
Caída do orzamento da Xunta desde 2009: o investimento no 2022 representou o
1,06% do total de investimentos fronte ao 1,88% do ano 2009, con só un incremento do
1,69% con respecto ao 2021, ano moi condicionado pola pandemia.
Proposta de horizonte.
-Defender a cultura como dereito, garantindo a universalidade no acceso aos bens
culturais e o papel cidadán na participación da cultura dende unha perspectiva de
democracia cultural.
-Poñer en valor a cultura como ben público a preservar e como base de
desenvolvemento humano; fomentar a creatividade como un valor fundamental para as
persoas e para a sociedade.
-Incrementar o peso do investimento no sector cultural ata acadar o 2%. Entender a
cultura como factor de desenvolvemento, e crecente motor económico na sociedade
que vén, impulsando ademais modelos cooperativos na creación cultural, fomentando a
diversidade e a riqueza dos proxectos.
-Acabar coa precariedade do traballo cultural, con empregos dignos no sector e
recoñecendo o seu valor para a sociedade.
20 Coidar o galego: o valor dunha lingua propia.
Diagnose.
Paulatina perda de falantes da lingua galega especialmente entre a mocidade e a
poboación urbana -en crecemento nos últimos anos-; forte caída na transmisión
interxeracional do uso do galego; incumprimento da Carta Europea da Linguas
Rexionais e Minoritarias; redución dun 92% das partidas destinadas á normalización
lingüística polo goberno do Partido Popular.
IV Asamblea cidadá 24 propostas sobre as que tecer un horizonte para o 2024 15
Podemos Galicia Tecer Galicia
Proposta de horizonte.
-Revitalizar o idioma galego, recoñecendo o seu valor como lingua propia de Galicia.
Facer do galego unha lingua de oportunidade que nos enraíce cunha tradición
plurisecular e nos conecte co mundo, particularmente coa lusofonía.
-Cumprimento da lexislación para garantir os dereitos lingüísticos dos galegofalantes.
Recuperar o investimento en normalización lingüística.
-Derrogar o decreto de plurilingüismo que contribuíu a reducir, en gran medida, a
presenza do noso idioma no ámbito educativo.
-Desenvolver unha promoción activa do galego e do valor do multilingüismo no mundo
actual que se entenda como proveitosa para a cidadanía e boa para a comunidade.
-Promoción especial do uso do galego como lingua vehicular no desenvolvemento de
actividades culturais, campañas promocionais e de concienciación, etc.
-Recuperar a TVG como ferramenta de promoción do uso da lingua galega en contidos
interxeneracionais e de calidade.
21 Tecer democracia e liberdade.
Diagnose.
Na última década vimos como se procesaba a tuiteros e titiriteros por chamar ladróns
aos Borbóns ou por sátiras políticas ou relixiosas, mentres se permitía a exaltación do
fascismo, o antisemitismo, a homofobia ou o machismo.
Afortunadamente déronse pasos para reverter esta situación. A nova lei de memoria
democrática perseguirá por fin a exaltación da ditadura franquista, así como tamén está
en trámite a supresión do delito de inxurias á Coroa. A nova lei de liberdade sexual
tamén contempla sancións ante comentarios machistas que acosen e coarten a
liberdade das mulleres, xa antes optouse con bo criterio ao perseguir por fin os
comentarios e condutas denigrantes para o colectivo LGTBI.
Proposta de horizonte.
-Continuar a traballar para a derrogación da Lei Mordaza.
-Blindar no estatuto do artista a liberdade de expresión case absoluta dentro das
formas de representación cultural, co único límite do respecto aos dereitos humanos e
aos valores democráticos.
-Os delitos de opinión deben limitarse ao choque flagrante cos dereitos e liberdades
propios dun Estado democrático de Dereito. Xa abonda de perseguir chistes de tuiteros
IV Asamblea cidadá 24 propostas sobre as que tecer un horizonte para o 2024 16
Podemos Galicia Tecer Galicia
mentres se permite a exaltación do fascismo. Urxe tamén suprimir anacrónico tipo
penal de inxurias aos sentimentos relixiosos, herdeiro da antiga blasfemia.
22 Galicia protagonista nun Estado plurinacional.
Diagnose.
Sen recoñecemento de Galicia como suxeito político, carencia de estruturas
institucionais na concepción plurinacional do Estado, incapacidade do Senado como
cámara territorial, regresión autonómica, proceso de recentralización amparado na
crise económica, renuncia ao exercicio do autogoberno de Galicia e ao seu
protagonismo político dentro do Estado.
Proposta de horizonte.
-A cidadanía galega debe exercer como suxeito político con voz e capacidade de
interlocución en todos os niveis, no ámbito do autogoberno, cumprindo un papel de
codecisión nos ámbitos do Estado e da Unión Europea.
-Impulsar o desenvolvemento do autogoberno ligado á mellora dos servizos públicos e
á extensión de dereitos, autogoberno a favor da maioría de galegos e galegas.
-Galicia como proxecto político compartido dunha comunidade orgullosa que quere ser
dona de si, que reclama o seu papel protagonista diante dun Estado plurinacional.
23 Tecer unha sociedade de información veraz e
transparente.
Diagnose.
A maioría dos medios de comunicación atravesan unha grave crise de lexitimidade. Os
bulos, as fake news e a información nesgada adoita ser a tónica. Algúns medios
públicos como a CRTVG son utlizados ao servizo dos intereses do PP; a maioría dos
mass media privados están en mans dos bancos e do Ibex-35, e existe unha percepción
na poboación de que as liñas editoriais e o tratamento da actualidade non busca
informar, senón incidir na opinión pública.
Proposta de horizonte.
-Traballar en valorizar o sector da comunicación e a súa función democratizadora
incidindo no papel que a independencia e a veracidade deben xogar nunha sociedade
informada e aberta.
-Lexislar para que a difusión reiterada de bulos, fake news e desinformación poida ser
sancionada co obxectivo de acabar con estas prácticas.
IV Asamblea cidadá 24 propostas sobre as que tecer un horizonte para o 2024 17
Podemos Galicia Tecer Galicia
-Facilitar as condicións estruturais e a dignificación das condicións laborais do sector
da comunicación de cara a garantir a súa capacidade para xerar unha información
transparente e veraz.
24 Do exercicio da libre cidadanía: da escola ao
mundo do traballo.
Diagnose.
Persistencia de condutas na escola privada e concertada que perpetúan roles de xénero
caducos e retrógrados, que aínda teñen repercusión na educación universitaria.
A lexislación española outorga aínda tanto na escola pública como na privada unha
situación de privilexio á materia de relixión católica, cuxa selección do profesorado
segue a ser realizada por parte das autoridades eclesiásticas, o que contribúe a
perpetuar certos prexuízos relativos á igualdade de xénero ou á liberdade sexual.
Existen empresas que seguen prácticas de vixilancia e control dos seus empregados
que non son tolerables. Non se respecta o dereito á desconexión dixital, con
comunicacións e instrucións ao persoal a horas intempestivas fóra da súa xornada,
videovixilancia nos postos de traballo, intimidación e presións para consecución dos
obxectivos, así como actitudes denigrantes, autoritarias e discriminatorias.
A todo isto súmase o uso recorrente das empresas do big data para ter aos seus
traballadores monitorizados, accedendo aos seus datos recorrendo a fontes de
terceiros, incluída información íntima e persoal extraída das redes sociais.
Proposta de horizonte.
-A escola democrática debe ser laica. As confesións relixiosas nos poden estar dentro
do curriculum académico. A liberdade relixiosa exércese nos templos, non nas aulas.
-Aumentar as sancións aos empresarios en caso de prácticas abusivas e de control
inxustificado dos seus empregados, así como a garantía efectiva da desconexión dixital
e o dereito á intimidade.
-Preservar a privacidade e impedir o uso non autorizado da nosa información, prohibir
que as multinacionais controlen os nosos movementos e a nosa vida na rede.

More Related Content

Similar to 24 propostas para Tecer Galicia de cara ao 2024.pdf

Programa de Sumar Galicia para las elecciones autonómicas de 2024
Programa de Sumar Galicia para las elecciones autonómicas de 2024Programa de Sumar Galicia para las elecciones autonómicas de 2024
Programa de Sumar Galicia para las elecciones autonómicas de 2024luarodalegre97
 
Manifesto plataforma galega_definitivo_09
Manifesto plataforma galega_definitivo_09Manifesto plataforma galega_definitivo_09
Manifesto plataforma galega_definitivo_09MsArkadina Fontana
 
CxG Vigo - Programa Municipais 2015
CxG Vigo - Programa Municipais 2015CxG Vigo - Programa Municipais 2015
CxG Vigo - Programa Municipais 2015Mortadelo007
 
Programa del BNG para las elecciones de Galicia 2024
Programa del BNG para las elecciones de Galicia 2024Programa del BNG para las elecciones de Galicia 2024
Programa del BNG para las elecciones de Galicia 2024luarodalegre97
 
Programa Ferrol en Común
Programa Ferrol en ComúnPrograma Ferrol en Común
Programa Ferrol en ComúnJorge Suárez
 
Manifesto ao presidente da xunta de galicia maio 2012
Manifesto ao presidente da xunta de galicia maio 2012Manifesto ao presidente da xunta de galicia maio 2012
Manifesto ao presidente da xunta de galicia maio 2012oscargaliza
 
Programa electoral esquerda unida narón 2015
Programa electoral esquerda unida narón 2015Programa electoral esquerda unida narón 2015
Programa electoral esquerda unida narón 2015ferrolano
 
Pérez Bouza: de Ourense ao Congreso!
Pérez Bouza: de Ourense ao Congreso!Pérez Bouza: de Ourense ao Congreso!
Pérez Bouza: de Ourense ao Congreso!Ansotegi GZ
 
Programa pp galicia
Programa pp galiciaPrograma pp galicia
Programa pp galicia20minutos
 
Programa de Gobierno del PSdeG para las elecciones de 2024
Programa de Gobierno del PSdeG para las elecciones de 2024Programa de Gobierno del PSdeG para las elecciones de 2024
Programa de Gobierno del PSdeG para las elecciones de 2024luarodalegre97
 
Programa de Veciños por Lugo (VL)
Programa de Veciños por Lugo (VL)Programa de Veciños por Lugo (VL)
Programa de Veciños por Lugo (VL)Xohán Rompe
 
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdf
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdfPrograma electoral BNG O Porriño 2023.pdf
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdfBNGdoPorrinho
 
Plan de Sustentabilidade da Coruña 2015
Plan de Sustentabilidade da Coruña 2015Plan de Sustentabilidade da Coruña 2015
Plan de Sustentabilidade da Coruña 2015Repsol
 
Decálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machista
Decálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machistaDecálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machista
Decálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machistaBNG - Bloque Nacionalista Galego
 
Manifesto para o día 13 de xuño
Manifesto para o día 13 de xuñoManifesto para o día 13 de xuño
Manifesto para o día 13 de xuñooscargaliza
 
Boletín PSOE Bergondo 2019
Boletín PSOE Bergondo 2019Boletín PSOE Bergondo 2019
Boletín PSOE Bergondo 2019psdegbergondo
 
Observatorio Económico Ourensan - Carballiño 2016
Observatorio Económico Ourensan - Carballiño 2016Observatorio Económico Ourensan - Carballiño 2016
Observatorio Económico Ourensan - Carballiño 2016ccarballino
 

Similar to 24 propostas para Tecer Galicia de cara ao 2024.pdf (20)

Programa de Sumar Galicia para las elecciones autonómicas de 2024
Programa de Sumar Galicia para las elecciones autonómicas de 2024Programa de Sumar Galicia para las elecciones autonómicas de 2024
Programa de Sumar Galicia para las elecciones autonómicas de 2024
 
Manifesto plataforma galega_definitivo_09
Manifesto plataforma galega_definitivo_09Manifesto plataforma galega_definitivo_09
Manifesto plataforma galega_definitivo_09
 
CxG Vigo - Programa Municipais 2015
CxG Vigo - Programa Municipais 2015CxG Vigo - Programa Municipais 2015
CxG Vigo - Programa Municipais 2015
 
Propostas BNG "Xerar Futuro. Galiza Next."
Propostas BNG "Xerar Futuro. Galiza Next."Propostas BNG "Xerar Futuro. Galiza Next."
Propostas BNG "Xerar Futuro. Galiza Next."
 
Programa del BNG para las elecciones de Galicia 2024
Programa del BNG para las elecciones de Galicia 2024Programa del BNG para las elecciones de Galicia 2024
Programa del BNG para las elecciones de Galicia 2024
 
Programa Ferrol en Común
Programa Ferrol en ComúnPrograma Ferrol en Común
Programa Ferrol en Común
 
Manifesto ao presidente da xunta de galicia maio 2012
Manifesto ao presidente da xunta de galicia maio 2012Manifesto ao presidente da xunta de galicia maio 2012
Manifesto ao presidente da xunta de galicia maio 2012
 
Programa electoral esquerda unida narón 2015
Programa electoral esquerda unida narón 2015Programa electoral esquerda unida narón 2015
Programa electoral esquerda unida narón 2015
 
Pérez Bouza: de Ourense ao Congreso!
Pérez Bouza: de Ourense ao Congreso!Pérez Bouza: de Ourense ao Congreso!
Pérez Bouza: de Ourense ao Congreso!
 
Programa pp galicia
Programa pp galiciaPrograma pp galicia
Programa pp galicia
 
Programa de Gobierno del PSdeG para las elecciones de 2024
Programa de Gobierno del PSdeG para las elecciones de 2024Programa de Gobierno del PSdeG para las elecciones de 2024
Programa de Gobierno del PSdeG para las elecciones de 2024
 
Programa de Veciños por Lugo (VL)
Programa de Veciños por Lugo (VL)Programa de Veciños por Lugo (VL)
Programa de Veciños por Lugo (VL)
 
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdf
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdfPrograma electoral BNG O Porriño 2023.pdf
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdf
 
Plan de Sustentabilidade da Coruña 2015
Plan de Sustentabilidade da Coruña 2015Plan de Sustentabilidade da Coruña 2015
Plan de Sustentabilidade da Coruña 2015
 
Decálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machista
Decálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machistaDecálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machista
Decálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machista
 
Manifesto para o día 13 de xuño
Manifesto para o día 13 de xuñoManifesto para o día 13 de xuño
Manifesto para o día 13 de xuño
 
Programa electoral do BNG do Porriño
Programa electoral do BNG do PorriñoPrograma electoral do BNG do Porriño
Programa electoral do BNG do Porriño
 
Boletín PSOE Bergondo 2019
Boletín PSOE Bergondo 2019Boletín PSOE Bergondo 2019
Boletín PSOE Bergondo 2019
 
¿ CÓMO VES A SANIDADE PÚBLICA?
¿ CÓMO VES A SANIDADE PÚBLICA?¿ CÓMO VES A SANIDADE PÚBLICA?
¿ CÓMO VES A SANIDADE PÚBLICA?
 
Observatorio Económico Ourensan - Carballiño 2016
Observatorio Económico Ourensan - Carballiño 2016Observatorio Económico Ourensan - Carballiño 2016
Observatorio Económico Ourensan - Carballiño 2016
 

24 propostas para Tecer Galicia de cara ao 2024.pdf

  • 1. IV Asamblea cidadá Tecer Galicia Podemos Galicia 24 propostas sobre as que tecer un horizonte para o 2024
  • 2. IV Asamblea cidadá 24 propostas sobre as que tecer un horizonte para o 2024 1 Podemos Galicia Tecer Galicia Queremos un país feminista. Isto quere dicir que aspiramos a un horizonte de transformación no que a ollada feminista incorpore a igualdade e a corresponsabilidade social como elementos vertebradores da Galicia que vén. Cuestionar o estado das cousas, buscando non só ser unha sociedade máis inclusiva, senón tamén máis comunitaria, ofrecendo alternativas de vidas e protección a todas as persoas. Queremos un país que mire ao futuro, con valentía e tamén con ilusión. A sociedade galega leva tempo preparada, pero precisa de políticas que articulen a esperanza. 1 Os servizos públicos que sosteñen as vidas. Diagnose. A partir da crise de 2008 vense impoñendo en Galicia un modelo de xestión do público pensado para o impulso do negocio e dos intereses privados. Cun baixo nivel de ingresos públicos en relación á UE, a situación caracterízase polos recortes de servizos, o abandono e desmantelamento do público na última década, e a infiltración dos intereses privados. Os ingresos públicos en España: 35,4% do PIB fronte ao 41,6% da Eurozona. Proposta de Horizonte. -Cómpre defender e presentar un modelo alternativo á degradación do público que dende a Xunta está a desenvolver o Partido Popular. Reivindicar un modelo de servizos públicos de xestión directa como principal garante dunha sociedade igualitaria e de benestar, poñendo en valor que o público é sinónimo de calidade e equidade. -Reverter os recortes e impulsar unha estratexia de investimento e fortalecemento que estenda o impacto positivo da rede pública de servizos na nosa sociedade. O público debe ser unha aposta de calidade para toda a cidadanía, servizos aos que poida acceder o conxunto da sociedade porque ten dereito e porque cobren as súas necesidades básicas de maneira satisfactoria. -Reformular o sistema de ingresos baixo a premisa de que “quen máis ten debe aportar máis” co fin de que a xustiza fiscal, propia dun modelo progresivo de fiscalidade, garanta que o conxunto da poboación se beneficie da rede de servizos e investimentos públicos. 2 A sanidade como piar do sistema. Diagnose. As políticas de recortes e deterioro dos servizos están a provocar situacións extremas durante este ano 2022 debido á falta de persoal médico nos Centros de Atención Primaria que, non só incumpren as ratios específicas, senón que, en moitos casos,
  • 3. IV Asamblea cidadá 24 propostas sobre as que tecer un horizonte para o 2024 2 Podemos Galicia Tecer Galicia vense na obriga de prestar a atención exclusivamente por medio de persoal de enfermería ao carecer en diferentes ocasións dese persoal médico. A Xunta, en vez de asumir as súas competencias, limítase a escusarse na falta de médicos, porén, os sindicatos denuncian que na OPE 2022 non se ofrecen prazas para facultativos de Atención Primaria nin Atención Especializada, do que poderíamos deducir unha intención de debilitar a Atención Primaria. Galicia é, tras Madrid, a segunda Comunidade Autónoma con menos investimento en Atención Primaria, un 11,62%, por debaixo da media estatal do 13,92%, tratándose ademais dunha poboación moito máis dispersa e envellecida. Proposta de Horizonte. -Garantir a universalidade efectiva do sistema sanitario, para que ninguén quede sen atención nin tratamentos no sistema público. -Asegurar un sistema público de calidade impedindo negociar coa saúde pública ou co sistema sanitario. -Incrementar o investimento en Atención Primaria para que sexa a columna que vertebre o sistema de saúde, facéndoa accesible a todas as persoas e garantindo a atención de proximidade. -Dignificar as condicións económicas e laborais do persoal sanitario, moi especialmente daquel que exerce o seu labor na Atención Primaria, co fin de que Galicia represente unha opción de calidade e dignidade para as profesionais da medicina e reter ao persoal da Atención Primaria. 3 Unha sociedade corresponsable. Diagnose: Os coidados supoñen un elemento esencial para as nosas sociedades e o seu benestar que, en moitos casos, son realizados de forma informal no ámbito familiar e, maiormente, por mulleres. Son tamén parte importante do estado do benestar aqueles servizos relacionados cos coidados sustentados polas administracións e os recursos públicos. Non obstante, esta serie de servizos son vistos cada vez máis como unha oportunidade de negocio por parte das empresas, o que está a determinar que unha actividade que debería rexerse por parámetros de benestar e dignidade se mida en función do rendemento e dos beneficios. Isto repercute na calidade do mesmo e na precarización das condicións de traballo das profesionais que realizan este labor. Proposta de horizonte. -Revalorizar a percepción social e a dimensión laboral dos coidados nas diferentes etapas da vida, estendendo a xestión pública de modo que atenda á demanda do conxunto da poboación, acabando coas listas de espera. Un modelo de
  • 4. IV Asamblea cidadá 24 propostas sobre as que tecer un horizonte para o 2024 3 Podemos Galicia Tecer Galicia corresponsabilidade social no que o sostén do sistema de coidados sexan as administracións e non as persoas que realizan esta función. -Creación dunha empresa pública de coidados para garantir a xestión pública dos mesmos, ademais de reforzar o compromiso das administracións coa calidade dos servizos e as condicións laborais das traballadoras. O obxectivo principal desta empresa é a de pilotar a recuperación da xestión pública do Servizo da Atención no fogar (SAF) e estender dunha e transformar a rede pública de residencias en función dun modelo de dignidade que poña ás persoas no centro. -Xerar recursos e ferramentas que melloren a conciliación laboral e familiar. Garantir as condicións materiais que permitan o seu desenvolvemento a partir da realización dun diagnóstico que permita delimitar as necesidades e permita a súa flexibilidade en función das distintas realidades familiares. Monitorización dos plans que se implementen co fin de garantir a súa eficiencia e idoneidade. Fomentar os debates sobre os usos dos tempos para aspirar a acadar unha maior satisfacción coas vidas que vivimos. 4 Pacto pola mobilidade pública sostible e a vertebración territorial de Galicia. Diagnose. A vertebración territorial de Galicia continúa a ser unha tarefa pendente. Sen unha verdadeira rede de cercanías no transporte ferroviario, a aposta pola alta velocidade propiciou que se perderan estruturas para a vertebración do país, provocando que o modelo actual da rede-infraestrutura estea afastado en horarios e volume dos servizos da demanda actual. Ademais, existe un claro desequilibrio entre na rede que repercute moi negativamente na provincia de Lugo ou comarcas como Ferrolterra. Tamén se detectan múltiples eivas respecto ao transporte colectivo interurbano, sen unha coordinación eficiente coas diferentes modalidades de transporte como pode ser o ferroviario. Algo que tamén é prexudicial para o medio ambiente nunha situación de cambio climático como a que vivimos. Proposta de horizonte. -Promover un pacto público polo transporte entre as distintas administracións (Goberno do Estado, Xunta de Galicia, deputacións provinciais e concellos), involucrando tamén á cidadanía, que supoña un compromiso de traballo coordinado co fin de combinar as distintas modalidades de transporte segundo as distintas competencias. -Crear unha mesa entre administracións para o desenvolvemento dunha “tarxeta galega multitransporte” como unha medida estrutural e coa vista posta no 2024. O obxectivo é que, unha vez remate o 2023 e con el os abonos no transporte ferroviario e transporte público interurbano, as galegas dispoñan dunha ferramenta que abarate os seus desprazamentos combinados a través dunha cota fixa mensual accesible. Para isto é indispensable o traballo conxunto das administracións, ademais da mellora e aumento das infraestruturas que faciliten a vertebración.
  • 5. IV Asamblea cidadá 24 propostas sobre as que tecer un horizonte para o 2024 4 Podemos Galicia Tecer Galicia -O fomento da mobilidade sostible a través do desenvolvemento das liñas e do potencial do transporte público. Como estamos a comprobar co éxito dos descontos impulsados polo Goberno do Estado e aumento do número de usuarias, o transporte público en Galicia non estaba a ser accesible tanto no económico como polas súas características estruturais. Cómpre actuar de maneira global e planificada para así fomentar o seu uso como un factor fundamental na sustentabilidade e o coidado do medio ambiente. 5 Un país que sexa rede para as vulnerables. Diagnose. O informe 'Estado da Pobreza en Galicia' 2022 revela que 678.000 persoas, o 25,2% da poboación galega, estaba en risco de pobreza ou exclusión social (AROPE) no 2021 Os principais factores que caracterizan esta situación son as desigualdades, o abandono rural, o envellecemento e a dependencia ou problemas asociados á exclusión: alcoholismo, ludopatías. Proposta de horizonte. -As necesidades básicas deben ser dereitos universais efectivos. Garantir o básico para vivir: rendas, vivenda, auga, electricidade, saúde, educación, seguridade, xustiza. Impedir a mercantilización e o negocio cos mínimos para a vida. -Despregar estratexias de desenvolvemento humano inclusivas que combatan as múltiples formas de desigualdade e exclusión con perspectiva interseccional. -Impulsar unha sociedade aberta e integradora onde todos os seres humanos teñen dereitos e os movementos migratorios non se entendan como ameazas. Todas e todos somos migrantes, as galegas máis. -Asegurar que ninguén queda atrás, garantir que o Estado de Benestar é un Estado con toda a súa xente dentro. 6 Pensións dignas, vellez sen medo á pobreza Diagnose. Existe un baixo número de cotizantes e un alto índice de envellecemento da poboación. En Galicia as pensións son moi baixas o que supón unha perda de poder adquisitivo e maior vulnerabilidade na vellez. O número de pensionistas aumenta paulatinamente, situándose en 2021 en 681.094, en torno ao 25% da poboación, o que fai que un de cada catro fogares do nos país dependan das pensións. Importante fenda por xéneros que situou en 2021 a pensión media para os homes en 1.087,99 € de 711,68 € no caso das mulleres.
  • 6. IV Asamblea cidadá 24 propostas sobre as que tecer un horizonte para o 2024 5 Podemos Galicia Tecer Galicia Galicia é a segunda comunidade coas pensións máis baixas do Estado. A pensión media mensual era de 934,60€ a novembro de 2022, fronte aos 1.094,02 € da media estatal ou os 1.356,13€ de Euskadi. Proposta de horizonte. -Incrementar as pensións ata que se sitúen nas recomendacións internacionais, pensión mínima no 60% do salario medio. Pensións dignas e que ningunha pensión se sitúe por baixo do limiar da pobreza. -Garantir o dereito a pensións dignas sostendo o sistema de pensións non a través só das cotizacións senón a través de ingresos suficientes do Estado, como sucede nos países da nosa contorna. Disuadir o negocio das pensións privadas alimentadas polos discursos interesados que vaticinan a quebra do sistema. -Incluír elementos que permitan corrixir a fenda de xénero das pensións actuais, co fin de que ser muller en Galicia non signifique maior vulnerabilidade durante a vellez. Apostar por modelos laborais que minimicen o impacto salarial que supoñen actualmente a conciliación e os coidados para as mulleres co fin corrixir de maneira sistemática e estrutural a fenda nas pensións futuras. 7 Desenvolvemento dunha estratexia enerxética comunitaria. Diagnose. Dependencia dos combustibles fósiles, desaproveitamento das capacidades enerxéticas, falta de autonomía enerxética ante situacións de crises de subministracións como a que estamos a vivir. Ademais, a implantación das renovables está a encontrarse coa oposición veciñal ao adoecer das mesmas eivas que o modelo enerxético tradicional. O desenvolvemento amplo das mesmas en Galicia non se está a reflectir nunha maior soberanía enerxética. Proposta de horizonte. -Elaboración dunha estratexia de transición enerxética xusta que nos permita abandonar a enerxía dependente dos combustibles fósiles, que nos fai máis contaminantes, produtores de quentamento global e dependentes de materias primas externas. -Planificación territorial para o desenvolvemento de renovables sobre os eixos de equilibrio e protección territorial e da biodiversidade no seu despregamento. A transición enerxética debe levar aparellada actuacións de mellora do medio rural e recuperación da biodiversidade ademais da interlocución e participación das comunidades veciñais. -Reforzar o papel do sector público na transición enerxética e nas estruturas sobre as que se leve a cabo, co fin de que os recursos vaian destinados a garantir a
  • 7. IV Asamblea cidadá 24 propostas sobre as que tecer un horizonte para o 2024 6 Podemos Galicia Tecer Galicia accesibilidade e o dereito á enerxía por parte do territorio e a súa poboación, favorecendo a creación dunha empresa pública de enerxía. -Participación das entidades locais e a veciñanza a través da constitución de comunidades enerxéticas locais. 8 Un modelo produtivo con futuro. Diagnose. Existe falta de anticipación, de planificación e de proxecto de futuro como país, falta de investimento público polos sectores estratéxicos, desmantelamento do Estado do Benestar na última década, regresión demográfica, abandono do rural, perda de tecido industrial, emigración masiva da xente nova. Proposta de horizonte. -Impulsar un proxecto de país que aposte polos sectores estratéxicos da economía e a sociedade galega; activar a inxección pública orientada a afrontar os retos da nova sociedade (dixitalización, robotización, nova economía) en beneficio das maiorías sociais. -Poñer os recursos públicos ao servizo do desenvolvemento do país e da súa xente. O sector público ten que facer apostas polos sectores de maior valor engadido, máis intensivos en emprego e máis orientados ao ben público (igualdade, inclusión, coidado do medio, desenvolvemento rural...), así como promover a xeración de emprego público que permita un país co benestar avanzado que mellore a calidade de vida da maioría. -Incentivar a xeración de emprego de valor engadido e innovador, co fin de xerar riqueza no país para que a xente poida vivir dignamente do seu traballo e a xente moza non teña que emigrar. -Aproveitar as oportunidades da economía galega: transición enerxética, explotación sostible das rías e dos montes, economía circular, a recuperación de terra agraria e soberanía alimentaria, plans de dinamización industrial co peche dos ciclos produtivos, recuperar os empregados públicos perdidos os últimos anos ou ampliar o sistema de coidados público. 9 Proxectos de vida no país. Diagnose. Precariedade xeneralizada, emigración, desemprego xuvenil, desemprego de longa duración, fenda de xénero, traballadores pobres. Poder adquisitivo a través dos salarios: o salario medio subiu un 6,1% no último ano en Galicia, pero sen que aumentara o poder adquisitivo por mor dunha inflación por riba da media.
  • 8. IV Asamblea cidadá 24 propostas sobre as que tecer un horizonte para o 2024 7 Podemos Galicia Tecer Galicia Dos 853.779 cidadáns españois que viven fóra do Estado, o 17,15% é natural de Galicia, o que supón unha cifra de 146.423 persoas. Pobreza laboral: 208.570 persoas en pobreza laboral en Galicia das que 124.177 son mulleres. O 12,2% da xente moza atópase en situación de pobreza laboral. Proposta de horizonte. -Impulsar o emprego de calidade na nosa terra. Garantir que quen queira traballar en Galicia poida facelo, con traballos dignos que permitan construír proxectos de vida no país. -Traballo decente en Galicia. Recuperar o traballo con dereitos. Combater a precariedade e a caída dos salarios garantindo non só máis traballo senón tamén condicións laborais, salariais, de seguridade e de relacións laborais dignas. -Implantar medidas estruturais que favorezan as condicións laborais das mulleres e mitiguen o impacto salarial negativo da conciliación e os coidados que recaen maiormente nestas. Acabar co paradigma de “emprego feminizado, emprego precarizado”. -Plan de retorno das persoas emigradas a través dun programa completo que favoreza que poidan asentarse en Galicia promovendo a integración laboral, educativa, así como o dereito fundamental á vivenda. Incluír medidas específicas para resolver a situación da xente moza, que se ve obrigada a emigrar ou resignarse a precariedade. 10 Articular a intelixencia colectiva para aproveitar os avances científicos e tecnolóxicos. Diagnose. Falta de previsión e de capacidade de adaptación ante os cambios económicos e sociais, empregos substituídos pola robotización, ameaza de destrución masiva de empregos nos sectores tradicionais froito dos cambios (robotización, venta a distancia, industria 4.0). Proposta de horizonte. -O coñecemento debe ser unha ferramenta ao servizo do progreso social. Garantir a través da acción pública a anticipación e orientación ante os cambios na economía, na sociedade e no entorno internacional. -Desenvolver estratexias para aproveitar as potencialidades dos cambios tecnolóxicos e da sociedade da información e do coñecemento, no emprego, na formación, nas empresas e, no sector público.
  • 9. IV Asamblea cidadá 24 propostas sobre as que tecer un horizonte para o 2024 8 Podemos Galicia Tecer Galicia -Garantir que a innovación signifique desenvolvemento humano e mellora para a vida das maiorías, darlle a volta ás ameazas da robotización sobre o emprego e reorientar sectores e cualificacións para que a innovación sexa progreso social; afrontar os retos da industria intelixente (4.0) como oportunidades para aproveitar o emprego, a intelixencia e as potencialidades do país. 11 Do dereito á vivenda. Diagnose. Cada vez existe unha maior fenda entre os salarios e o custe do acceso á vivenda. Alto prezo da vivenda, inseguridade nos alugueiros, infravivenda e condicións de pobreza, pobreza enerxética, dificultade para acceder á primeira vivenda. O parque de vivenda social é en Galicia de 3.534 vivendas, o que representa un 0,32% sobre o número total de vivendas e fronte á media de 0,96% no Estado. Máis de 8.000 persoas agardan por unha vivenda en alugueiro protexida pola Xunta. Menos dun 20% dos mozos entre 18 e 29 anos poden emanciparse debido á imposibilidade de acceder e manter unha vivenda de forma estable. O 36,2% da poboación en situación de pobreza destina máis do 40% da súa renda ao pago da vivenda. Proposta de horizonte. -Aprobación da Lei de vivenda, garantindo o seu acceso como un dereito fundamental da poboación, establecendo mecanismos de regulación do alugueiro que mitiguen os efectos da especulación inmobiliaria que está desvirtuando e impedindo que se exerza un dereito esencial para as persoas. -Garantir o acceso a unha vivenda digna, a través do control público dos alugueiros abusivos, da estabilidade e seguridade dos mesmos. -Ningún desafiuzamento sen alternativa habitacional. -Aumentar o parque de vivenda pública co fin de garantir o acceso e reducir os prezos. Condicionar a cesión do solo público ao incremento de vivenda pública e social municipal. -Facer de cada casa un fogar, garantindo que todas as vivendas poidan dispoñer do básico: electricidade, calefacción, auga, saneamento. 12 Do dereito ao espazo público. Diagnose. Degradación dos espazos públicos, privatización, falta de instrumentos de participación cidadá na maioría dos concellos, espazo urbano dominado polos vehículos privados,
  • 10. IV Asamblea cidadá 24 propostas sobre as que tecer un horizonte para o 2024 9 Podemos Galicia Tecer Galicia xentrificación e expulsión dos habitantes tradicionais dos cascos históricos, falta de transporte interurbano e metropolitano efectivo. Liñas de futuro. -Incluír a perspectiva feminista á hora de abordar a transformación do espazo público. Gañar e recuperar espazos públicos coidados, accesibles e seguros para a vida da veciñanza. Reforzar a súa concepción como lugares de encontro e de comunidade, reforzando o seu uso para o lecer, impulsando a responsabilidade colectiva e a democracia. -Garantir a mobilidade sostible a través de sistemas públicos de transporte, accesibles, inclusivos, que articulen e integren o espazo urbano e que permitan recuperar as rúas para as persoas. -Defensa dos servizos públicos de calidade, recuperar a xestión pública dos servizos básicos como a auga. -Participación no próximo, os municipios como institucións abertas á cidadanía e como proxectos que impliquen as súas veciñas no común e no deseño e desenvolvemento dos lugares que habitan. 13 Por un rural vivo e con futuro. Diagnose. A comunidade galega é a segunda máis envellecida do Estado, só por detrás de Asturias. A poboación xubilada en Galicia é de 681.094 fronte aos 280.664 menores de 16 anos. A porcentaxe de segundas residencias, que en 2011 representaba un 34% para o total de Galicia, ascendeu nas provincias do interior (Lugo e Ourense) ata máis da metade. En Galicia quedan deshabitadas máis de 100 aldeas ao ano, que xa alcanzan o número de 2.000. Segundo as proxeccións, Galicia perderá un 5% da súa poboación de aquí a dez anos. Nunca houbo unha porcentaxe tan alta de maiores de 64 anos, nin un índice de sobreenvellecemento (maiores de 85 anos) tal alto. Proposta de horizonte. -Impulsar o rural a través de políticas de desenvolvemento baseadas nas novas tecnoloxías, a sociedade da información e a economía social, superando o modelo baseado exclusivamente no turismo. -Reverter as políticas inmobiliarias da Xunta nas últimas décadas sobre as segundas residencias, deseñando unha política pública de vivenda nos concellos non urbanos, e especialmente naqueles que a presión turística está encarecendo o prezo da vivenda.
  • 11. IV Asamblea cidadá 24 propostas sobre as que tecer un horizonte para o 2024 10 Podemos Galicia Tecer Galicia -Desenvolver políticas igualitarias que combatan a desigualdade en xeral, pero, en especial, nas circunstancias nas que se agudiza a discriminación, a enorme distancia na taxa de ocupación entre as mulleres que son nais e os homes que son pais supón un hándicap para o desenvolvemento laboral e profesional das mulleres. -Avanzar na normalización democrática e na transparencia nos concellos pequenos. A chave para un desenvolvemento sostible e xusto está nun novo modelo de gobernanza, na que a xente sexa escoitada, tamén no rural. 14 Sobre o dereito a vivir do agro. Diagnose. Estamos inmersas nunha realidade dupla, na que unha terra abandonada constitúe unha oportunidade de negocio para atraer a inversión de grandes capitais. Un rural con baixas densidades de poboación constitúe o argumento principal de grandes empresas enerxéticas para ocupar o noso territorio, especialmente as áreas de maior relevancia ambiental e paisaxística. O despoboamento convértese nunha coartada para substituír un modelo de economía de produción de proximidade por un modelo de produción agraria baseado nas macrogranxas e explotacións agrarias industriais. O aumento do tamaño medio das explotacións non significa que aumentara a rendibilidade das mesmas, senón un cambio cara unha a agricultura e gandería industriais, cada vez máis dependente dos prezos das materias primas nos mercados internacionais e dos mercados financeiros. Desde 2008 pecharon 1.700 explotacións cada ano. A proposta de aldeas modelo, afastada da xente que habita os territorios, abunda no modelo industrializador do agro As políticas ambientais deben superar o modelo punitivo fronte á xente do campo, para transformarse en políticas amables que acompañen a agricultura e a gandería tradicional no que sempre souberon facer: coidar o medio ambiente. Perda do 5% da súa superficie agraria entre 2013 e 2016. En Galicia a superficie agraria útil non chega ao 25% do territorio, unha das porcentaxes máis baixas de Europa. Proposta de horizonte. -Fortalecer as explotacións de pequeno e mediano tamaño e o cooperativismo entre produtoras, creando medios para a investigación e novos mercados e técnicas de comercialización impulsadas desde os colectivos interesados. -Apostar pola agricultura e a gandería como sectores estratéxicos e piares da economía de proximidade, coidado da contorna e do desenvolvemento rural, incentivar a recuperación de terra agraria e o impulso do banco de terras. -Promover a soberanía alimentaria e a economía circular, estimulando o peche do ciclo produtivo na nosa terra e xerando un valor engadido que revirta no propio territorio,
  • 12. IV Asamblea cidadá 24 propostas sobre as que tecer un horizonte para o 2024 11 Podemos Galicia Tecer Galicia fortalecendo os circuítos curtos de comercialización que foron seriamente danados nas últimas décadas. -Estimular a agricultura e gandería coidadora do medio que desenvolve boas prácticas para unha alimentación saudable, integrada na contorna, con bo trato dos animais e da natureza. -Dar a Galicia voz e decisión onde se adoptan as acordos sobre agricultura na Unión Europea e na comunidade internacional. 15 Mar do que vivir Diagnose. Abandono paulatino do sector primario: pesca e marisqueo; malestar e inseguridade no traballo, descartes e problemas de sustentabilidade dos caladoiros, distribución de cotas, falta de capacidade política para defender os intereses da pesca galega no Estado e en Europa. Proposta de horizonte. -Asegurar que o mar represente unha oportunidade de boa vida para a xente que o traballa, impulsar o relevo xeracional para que as mozas e mozos vexan o mar como unha alternativa de futuro. -A pesca e o marisqueo como sector estratéxico e motor económico das zonas costeiras, tanto polo sector primario como pola industria transformadora e o valor engadido asociado ao mar. Impulsar a innovación e a creatividade como signo de identidade dos produtos do mar galego, así como modelos sostibles e cooperativos. -Protexer, promover e poñer en valor a pesca tradicional coidadosa co medio así como o marisqueo, que teñen gran relevancia no emprego e na dinamización das zonas costeiras. Garantir que as artes de pesca tradicionais -como o Xeito- dispoñan da consideración de pesca artesanal respectuosa co medio. -Galicia é unha das maiores potencias pesqueiras de Europa, ten que dispoñer de voz no ámbito da Unión Europea e na comunidade internacional, e ter capacidade de negociación sobre os caladoiros. 16 Terra na que producir, potencia industrial. Diagnose. Situación de perda do emprego industrial, ameaza de deslocalización empresarial, dificultades de acceso á financiación para as novas empresas, escasa carga de traballo nalgúns ámbitos, precarización laboral en determinados sectores, falta de cooperación interempresarial, vulnerabilidade ante os retos de futuro.
  • 13. IV Asamblea cidadá 24 propostas sobre as que tecer un horizonte para o 2024 12 Podemos Galicia Tecer Galicia Un de cada dous empregos que se perderon en Galicia durante a crise de 2007 foi na industria. Entre 2005 e 2015 Galicia perdeu 50.000 empregos industriais. Proposta de horizonte. -Aumentar o valor engadido na transformación dos produtos agrarios, gandeiros, forestais e do mar, pechando en Galicia a cadea de valor. -Impulso dos sectores estratéxicos de Galicia -ademais dos vinculados ao sector primario e á alimentación-: o naval, a automoción, o téxtil, a enerxía eléctrica, o turismo e as industrias culturais, a saúde e a biotecnoloxía, as tecnoloxías da información. -Ampliar a cobertura pública aos investimentos económicos estratéxicos para o desenvolvemento do territorio, para o emprego ou para os obxectivos socialmente valiosos; reforzando a conexión co I+D+ i público -Aumentar o investimento para impulsar e diversificar as PEMES a formación de clusters. 17 Vidas feministas e libres. Diagnose. A participación das mulleres no mercado laboral vese atravesada por unha dobre realidade que perpetúa as desigualdades tamén neste ámbito: Por unha banda, un teito de cristal que impide o seu ascenso e promoción e, por outra, un chan pegañento que as atrapa na precariedade. Segundo os datos máis recentes do Instituto Galego de Estatística (IGE), o número de mulleres que deixa de traballar ou que recorre á redución da súa xornada laboral para coidar de familiares dependentes é máis do dobre que o de homes. No que ten que ver coa distribución do salario bruto anual segundo o sexo en Galicia, o 50% das mulleres non supera os 16.146,14€ mentres que a porcentaxe de homes que gaña menos desa cantidade é ao redor do 25%. Somos testemuñas de como os traballos máis feminizados veñen atravesados por máis precariedade. Vémolo nas traballadoras do mar, as traballadoras das conserveiras, as do SAF, as do telemarketing, e en moitas outras que en Galicia levan anos protagonizando reivindicacións para acadar dereitos elementais que garantan a dignidade dos seus traballos. A todo isto haille que sumar as situacións de acoso laboral que sofren as mulleres polo feito de selo, a discriminación á que se ven sometidas polos seus corpos ou pola súa orientación ou identidade sexuais, especialmente no caso das mulleres trans. En Galicia o número de vítimas de violencia machista aumentou un 2,4% respecto do 2020. Segundo datos da Fiscalía Superior Galicia, no 2021 abríronse 6.777 procedementos penais por violencia machista.
  • 14. IV Asamblea cidadá 24 propostas sobre as que tecer un horizonte para o 2024 13 Podemos Galicia Tecer Galicia No que levamos de ano xa son 40 o número de mulleres asasinadas pola violencia de xénero. Desde o 2003 sumamos un total de 1.173. Proposta de horizonte. - Empoderamento das mulleres, promover que todas as persoas dispoñan de recursos para valerse por si mesmas, a autonomía é básica para a igualdade e para a liberdade; precisamos políticas efectivas dirixidas a garantir a autonomía das mulleres, con plans de emprego específicos e políticas de cobertura social. -Promover a igualdade e a non discriminación nos diferentes ámbitos, combater calquera tipo de machismo: no traballo, na casa, na rúa, na escola, nos medios, no espazo público; garantir os dereitos das mulleres en todos os ámbitos. -Combater a fenda laboral en todas as súas dimensión: desemprego, precariedade, economía mergullada, salarios, dereitos ou pensións. -Apostar por políticas que teñan como obxectivo erradicar as violencias machistas. 18 Tecer entre diversas. Diagnose. Discriminacións pola orientación ou a identidade sexuais, acoso, agresións, falta de dereitos e servizos, dificultades laborais, problemas emocionais e psicolóxicos derivados da discriminación Aproximadamente o 65-75% dos adolescentes trans pensan en suicidarse e o 15-30% tenta suicidarse. A taxa de paro supera o 85%. Ser LGTBI é o terceira causa dos delitos de odio en España. Falta de desenvolvemento da Lei 2/2014 pola igualdade de trato e a non discriminación de lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuais en Galicia. Galicia carece dunha lei trans autonómica. Proposta de horizonte. -Preservar o dereito de cada persoa á súa identidade e orientación sexuais. O papel dos servizos públicos deben ser de acompañamento e facilitación; en Galicia é preciso desenvolver a Lei 2/2014 e impulsar unha lei de identidade de xénero que articule e responda ás distintas realidades e necesidades do colectivo LGTBI. -A identidade ou a orientación sexuais non poden limitar as persoas no exercicio da cidadanía, ter unha atención médica axeitada ou un documento de identidade acorde ao teu xénero son cuestións que a dia de hoxe non sempre son posibles. Aprobación da Lei Trans estatal que inclúa a autodeterminación de xénero.
  • 15. IV Asamblea cidadá 24 propostas sobre as que tecer un horizonte para o 2024 14 Podemos Galicia Tecer Galicia -As institucións públicas deben asumir unha posición activa no combate da discriminación para garantir a igual liberdade de todos os seres humanos. Impulsar a educación sexual integral para unha aprendizaxe transversal que teña en conta as diversidades sexuais e afectivas e o pracer sexual. 19 Cultura, investir en desenvolvemento humano. Diagnose. Falta de recoñecemento do valor humano e económico da cultura que ten como consecuencia a precarización do sector. Caída do gasto e o investimento cultural, concentración do gasto cultural na Cidade da Cultura e nos eventos relacionados co Xacobeo. Escasa aposta polos proxectos, a creación e a dinamización cultural ao focalizar os investimentos nun modelo cultural-espectáculo Caída do orzamento da Xunta desde 2009: o investimento no 2022 representou o 1,06% do total de investimentos fronte ao 1,88% do ano 2009, con só un incremento do 1,69% con respecto ao 2021, ano moi condicionado pola pandemia. Proposta de horizonte. -Defender a cultura como dereito, garantindo a universalidade no acceso aos bens culturais e o papel cidadán na participación da cultura dende unha perspectiva de democracia cultural. -Poñer en valor a cultura como ben público a preservar e como base de desenvolvemento humano; fomentar a creatividade como un valor fundamental para as persoas e para a sociedade. -Incrementar o peso do investimento no sector cultural ata acadar o 2%. Entender a cultura como factor de desenvolvemento, e crecente motor económico na sociedade que vén, impulsando ademais modelos cooperativos na creación cultural, fomentando a diversidade e a riqueza dos proxectos. -Acabar coa precariedade do traballo cultural, con empregos dignos no sector e recoñecendo o seu valor para a sociedade. 20 Coidar o galego: o valor dunha lingua propia. Diagnose. Paulatina perda de falantes da lingua galega especialmente entre a mocidade e a poboación urbana -en crecemento nos últimos anos-; forte caída na transmisión interxeracional do uso do galego; incumprimento da Carta Europea da Linguas Rexionais e Minoritarias; redución dun 92% das partidas destinadas á normalización lingüística polo goberno do Partido Popular.
  • 16. IV Asamblea cidadá 24 propostas sobre as que tecer un horizonte para o 2024 15 Podemos Galicia Tecer Galicia Proposta de horizonte. -Revitalizar o idioma galego, recoñecendo o seu valor como lingua propia de Galicia. Facer do galego unha lingua de oportunidade que nos enraíce cunha tradición plurisecular e nos conecte co mundo, particularmente coa lusofonía. -Cumprimento da lexislación para garantir os dereitos lingüísticos dos galegofalantes. Recuperar o investimento en normalización lingüística. -Derrogar o decreto de plurilingüismo que contribuíu a reducir, en gran medida, a presenza do noso idioma no ámbito educativo. -Desenvolver unha promoción activa do galego e do valor do multilingüismo no mundo actual que se entenda como proveitosa para a cidadanía e boa para a comunidade. -Promoción especial do uso do galego como lingua vehicular no desenvolvemento de actividades culturais, campañas promocionais e de concienciación, etc. -Recuperar a TVG como ferramenta de promoción do uso da lingua galega en contidos interxeneracionais e de calidade. 21 Tecer democracia e liberdade. Diagnose. Na última década vimos como se procesaba a tuiteros e titiriteros por chamar ladróns aos Borbóns ou por sátiras políticas ou relixiosas, mentres se permitía a exaltación do fascismo, o antisemitismo, a homofobia ou o machismo. Afortunadamente déronse pasos para reverter esta situación. A nova lei de memoria democrática perseguirá por fin a exaltación da ditadura franquista, así como tamén está en trámite a supresión do delito de inxurias á Coroa. A nova lei de liberdade sexual tamén contempla sancións ante comentarios machistas que acosen e coarten a liberdade das mulleres, xa antes optouse con bo criterio ao perseguir por fin os comentarios e condutas denigrantes para o colectivo LGTBI. Proposta de horizonte. -Continuar a traballar para a derrogación da Lei Mordaza. -Blindar no estatuto do artista a liberdade de expresión case absoluta dentro das formas de representación cultural, co único límite do respecto aos dereitos humanos e aos valores democráticos. -Os delitos de opinión deben limitarse ao choque flagrante cos dereitos e liberdades propios dun Estado democrático de Dereito. Xa abonda de perseguir chistes de tuiteros
  • 17. IV Asamblea cidadá 24 propostas sobre as que tecer un horizonte para o 2024 16 Podemos Galicia Tecer Galicia mentres se permite a exaltación do fascismo. Urxe tamén suprimir anacrónico tipo penal de inxurias aos sentimentos relixiosos, herdeiro da antiga blasfemia. 22 Galicia protagonista nun Estado plurinacional. Diagnose. Sen recoñecemento de Galicia como suxeito político, carencia de estruturas institucionais na concepción plurinacional do Estado, incapacidade do Senado como cámara territorial, regresión autonómica, proceso de recentralización amparado na crise económica, renuncia ao exercicio do autogoberno de Galicia e ao seu protagonismo político dentro do Estado. Proposta de horizonte. -A cidadanía galega debe exercer como suxeito político con voz e capacidade de interlocución en todos os niveis, no ámbito do autogoberno, cumprindo un papel de codecisión nos ámbitos do Estado e da Unión Europea. -Impulsar o desenvolvemento do autogoberno ligado á mellora dos servizos públicos e á extensión de dereitos, autogoberno a favor da maioría de galegos e galegas. -Galicia como proxecto político compartido dunha comunidade orgullosa que quere ser dona de si, que reclama o seu papel protagonista diante dun Estado plurinacional. 23 Tecer unha sociedade de información veraz e transparente. Diagnose. A maioría dos medios de comunicación atravesan unha grave crise de lexitimidade. Os bulos, as fake news e a información nesgada adoita ser a tónica. Algúns medios públicos como a CRTVG son utlizados ao servizo dos intereses do PP; a maioría dos mass media privados están en mans dos bancos e do Ibex-35, e existe unha percepción na poboación de que as liñas editoriais e o tratamento da actualidade non busca informar, senón incidir na opinión pública. Proposta de horizonte. -Traballar en valorizar o sector da comunicación e a súa función democratizadora incidindo no papel que a independencia e a veracidade deben xogar nunha sociedade informada e aberta. -Lexislar para que a difusión reiterada de bulos, fake news e desinformación poida ser sancionada co obxectivo de acabar con estas prácticas.
  • 18. IV Asamblea cidadá 24 propostas sobre as que tecer un horizonte para o 2024 17 Podemos Galicia Tecer Galicia -Facilitar as condicións estruturais e a dignificación das condicións laborais do sector da comunicación de cara a garantir a súa capacidade para xerar unha información transparente e veraz. 24 Do exercicio da libre cidadanía: da escola ao mundo do traballo. Diagnose. Persistencia de condutas na escola privada e concertada que perpetúan roles de xénero caducos e retrógrados, que aínda teñen repercusión na educación universitaria. A lexislación española outorga aínda tanto na escola pública como na privada unha situación de privilexio á materia de relixión católica, cuxa selección do profesorado segue a ser realizada por parte das autoridades eclesiásticas, o que contribúe a perpetuar certos prexuízos relativos á igualdade de xénero ou á liberdade sexual. Existen empresas que seguen prácticas de vixilancia e control dos seus empregados que non son tolerables. Non se respecta o dereito á desconexión dixital, con comunicacións e instrucións ao persoal a horas intempestivas fóra da súa xornada, videovixilancia nos postos de traballo, intimidación e presións para consecución dos obxectivos, así como actitudes denigrantes, autoritarias e discriminatorias. A todo isto súmase o uso recorrente das empresas do big data para ter aos seus traballadores monitorizados, accedendo aos seus datos recorrendo a fontes de terceiros, incluída información íntima e persoal extraída das redes sociais. Proposta de horizonte. -A escola democrática debe ser laica. As confesións relixiosas nos poden estar dentro do curriculum académico. A liberdade relixiosa exércese nos templos, non nas aulas. -Aumentar as sancións aos empresarios en caso de prácticas abusivas e de control inxustificado dos seus empregados, así como a garantía efectiva da desconexión dixital e o dereito á intimidade. -Preservar a privacidade e impedir o uso non autorizado da nosa información, prohibir que as multinacionais controlen os nosos movementos e a nosa vida na rede.