ACTIVIDADES LINGUA GALEGA1º ESO 27 marzo, 2ª quincena.
TEMA 7
Traballamos repasando o vocabulario deste tema, na páxina 130 exercicios 1-2-3
Tamén hai que repasar os verbos, tedes no apéndice do libro as conxugacións, hai que
aprender os verbos regulares.
E para rematar, os exercicios nº 7-8 da páxina 130 (Consultade as páxinas 126 e 127 do libro)
Escribídeos nos cadernos e xa comprobaredes as solucións que seguiremos enviando polo blog.
PARA TRABALLAR a POESÍA
Na páxina 131, lede con atención as recomendacións para o RECITAL POÉTICO
Podedes practicar, ler en alto, recitar á familia, diante dun espello, gravar... podedes escoller outros
poemas... E se vos animades podedes mandar un vídeo ou un audio co voso recitado!!
SE QUEREDES ENVIARNOS ALGO DO QUE GRAVEDES, FACÉDEO ANTES DO VENRES 3 DE ABRIL
Ademais se queredes podedes participar neste concurso Un poema na túa voz:
http://www.galix.org/2020/03/por-mor-das-circunstancias-excepcionais.html?m=1
E ánimo,... xa queda menos. Estádelo facendo xenial!!! Sodes campioas e campións!! Estamos moi
orgullosas de vós!!
Un saúdo.
E PARA DIVERTIRSE EN GALEGO, ESCOITAR E VER:
https://www.youtube.com/watch?v=-
fP2z3zUpeA&feature=youtu.be&list=UUulEokUqwRzcYirUcovc-zw