SlideShare a Scribd company logo
1 of 67
o rato rabelo
MonDaporta
O rato, cousas da vida, naceu así, pero canso de que lle preguntaran
como, cando e por que?
e farto da compasión e da condescendencia, das lástimas e das mans polo lombo,
Tivo unha idea.
Decideu darlle unha volta ao caso e aproveitar para rirse de si
mesmo, da circunstancia e da credulidade dos demais.
Xuntou casos que coñeceu, feitos que lle contaron, cousas que leu, e algunhas
andrómenas que ideou, para sorprender, e quitarse de enriba, aos curiosos e aos
pesados.
E comezou a contar a historia según lle viñera ao caso e, en canto
era posible, de forma diferente
Se alguén que o escoitou antes lle fai notar que o está a contar de outra maneira, el
sae do paso decindo que o que está a contar agora sucedeu antes, ou despois, do que
contara a vez pasada porque non perdeu todo o rabo dunha soa vez.
Ata agora, que eu saiba, leva dito que:
“Perdín o rabo, sendo novo, nunha rateira.
Perdeu o rabo nunha rateira.
Boteime a polo engado... e fixen saltar o resorte que,
por sorte, como era pequeno, pasoume por enriba do lombo e só me
parteu o rabo”.
“Pasei a dor e o susto,
pero tivo arranxo cunha vendaxe e seguín coa vida”.
Nos raios da roda dunha bicicleta
“Iba tan tranquilo na miña bicicleta cando por cousa dun bache
fixen un movemento estraño,
metéuseme o rabo na roda de atrás e trabouma. Troncei o rabo
e de propina dinme una boa trompada.
“Estaba ao axexo para ver as posibilidades de facer unha saída,
No marco dunha porta.
cando o vento empurrou a porta e, ao pecharse de golpe, talloume o rabo”.
“Nunha excursión á luz do día quedei ao descuberto xusto diante dunha
persoa armada cunha vasoira.
Dun vasoirazo
Salvei a vida pero paguei un prezo. Deixei medio rabo nun vasoirazo”.
En varios accidentes na rúa.
“Estaba parado falando cun coñecido, sen decatarme de que tiña parte do rabo na
calzada,
cando de súpeto pasou unha bicicleta que me tronzou a punta do rabo”.
Doutra volta foi un coche o causante da desgracia
... ou unha moto.
O seu rabo tamén foi víctima dun patinete que circulaba pola beirarrúa
sen a debida precaución...
e de outros varios aparellos rodantes e/ou circulantes coñecidos.
“Caeu unha maceta desde unha
altura que me levou o rabo pero
ben puido levarme a vida”.
Noutra ocasión foi un
armario que subían a
un piso, ao que lle
parteu a corda,
un anaco dunha cornixa, unha
tella, vultos varios, sacos de
cousas e obxectos pesados de
toda clase.
De accidentes na cociña
“Atraído polos olores
metinme nunha cociña,
pero cando me
descubriron estiven nun
tris de non contalo.
Zafei deixando medio
rabo nunha coitelada”
“Un tixolazo, que fallou por pouco, levoume
parte do rabo e case me deixa xordo.
Non penso repetir!”.
“Nas festas merquei un globo, o globo mais grande que había.
Vítima dun globo “asasino”
Pero logo, como non me deixaba libertade para facer o que queria,
amarreino ao rabo.
De súpeto levantouse vento e unha racha forte levounos arrastro.
Salváronme os compañeiros que me colleron
polos brazos, pero o vento seguiu a tirar con
tanta forza que o rabo trincou
e unha parte foise para sempre voando co globo”.
“Ía camiñando por un lugar bastante arredado
un imprevisto nun lugar solitario
cando, de súpeto, se derrubou un valado ao pé do que pasaba.
Fuxín, mais tiven a mala sorte de que o rabo me quedara preso
debaixo dunha pedra.
Non puiden escavar para libralo porque debaixo da pedra había outra pedra.
Tentei erguela pero a miña forza era pouca para movela.
Turrei do rabo para soltalo, pero foi imposible.
Berrei pedindo axuda, pero ninguén respondeu á miña chamada.
e despois de pasar dous días chamando e agardando,
non me quedou outra que botar man da navalla, e cunha navalliña, que sempre
levo enriba, cortei o anaco de rabo que quedara debaixo da pedra, porque aínda
que conseguira sacalo de alí ía estar tan esmagado que tampouco tería arranxo”.
… non me quedou outra que armarme de valor e tronzar o rabo cos
meus propios dentes”.
Nun incendio
“Estaba mirando, demasiado de preto, unha estrutura que ardía
cando, de repente, se veu abaixo e pilloume o rabo.
Á forza de tirar del conseguín soltalo, pero saeu tan maltreito e estragado
que cando fun ao médico este veu que non tiña arranxo, e que a única
maneira de salvar a parte que estaba san era amputar a que estaba danada”.
unha pedrada mal intencionada
“Como son bastante curioso, ousado e imprudente saín a dar una volta á
luz do día. Víronme uns rapaces
e mandáronme unha andanada de pedras que
que, por sorte, non acadaron de todo o obxectivo, aínda que me deixaron
sen un anaco do rabo como recordo permanente da data”.
Nunha ocasión sorprendeume unha vaga de frío. As mans, os pés e as
orellas libraron porque puiden dispoñer de calzado axeitado, de luvas e de
gorro de abrigo,
Unha vaga de frío inesperada
pero o rabo xeóuseme
e tiveron que tallarlle un anaco”.
“Andaba a enredar nunha sebe dun xardín.
Unha poda inesperada
cando o xardineiro comezou a podala xusto por onde eu estaba
e o primeiro tesoirazo levou por diante a parte do rabo que me falta
desde aquela”.
As derradeiras
comeullo un peixe, ao confundilo cunha miñoca, cando foi
visitar a “Bob Esponja”.
comeullo un peixe
Levoullo un cazador asesino de Pokemons.
Un tipo que, na volta de capturalos e coleccionalos
písaos e esmágaos, para o que calza unhas botas de piso metálico reforzado e
con cravos axeitado para destruír calquera tipo de armadura,
un tipo que na súa obsesión confundiu o real co virtual e
... mandoume unha zoupada, da que zafei botándome a un lado no último intre,
pero o rabo non tivo tanta fortuna e quedou tan maltreito e escalazado que non
houbo outra que cortalo.
E de aquí en diante podedes poñer as que se vos ocorran.

More Related Content

More from MonContos

publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfpublicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfMonContos
 
rata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxrata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxMonContos
 
Rata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxRata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxMonContos
 
rata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxrata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxMonContos
 
rata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxrata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxMonContos
 
que fan que.pptx
que fan que.pptxque fan que.pptx
que fan que.pptxMonContos
 
a rolada.pptx
a rolada.pptxa rolada.pptx
a rolada.pptxMonContos
 
cactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxcactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxMonContos
 
Serra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxSerra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxMonContos
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxMonContos
 
voitres.pptx
voitres.pptxvoitres.pptx
voitres.pptxMonContos
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaMonContos
 
Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009MonContos
 
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IICabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IIMonContos
 
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)MonContos
 
Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)MonContos
 
Rata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelRata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelMonContos
 
Rata Luisa, máis papel
Rata Luisa,  máis papelRata Luisa,  máis papel
Rata Luisa, máis papelMonContos
 

More from MonContos (20)

publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfpublicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
 
rata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxrata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptx
 
Rata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxRata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptx
 
rata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxrata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptx
 
rata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxrata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptx
 
que fan que.pptx
que fan que.pptxque fan que.pptx
que fan que.pptx
 
a rolada.pptx
a rolada.pptxa rolada.pptx
a rolada.pptx
 
cactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxcactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptx
 
Serra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxSerra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptx
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptx
 
voitres.pptx
voitres.pptxvoitres.pptx
voitres.pptx
 
petos.pptx
petos.pptxpetos.pptx
petos.pptx
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didáctica
 
Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009
 
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IICabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
 
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
 
Paco Leiro
Paco LeiroPaco Leiro
Paco Leiro
 
Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)
 
Rata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelRata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papel
 
Rata Luisa, máis papel
Rata Luisa,  máis papelRata Luisa,  máis papel
Rata Luisa, máis papel
 

O rato Rabelo

  • 2. O rato, cousas da vida, naceu así, pero canso de que lle preguntaran como, cando e por que?
  • 3. e farto da compasión e da condescendencia, das lástimas e das mans polo lombo,
  • 5. Decideu darlle unha volta ao caso e aproveitar para rirse de si mesmo, da circunstancia e da credulidade dos demais.
  • 6. Xuntou casos que coñeceu, feitos que lle contaron, cousas que leu, e algunhas andrómenas que ideou, para sorprender, e quitarse de enriba, aos curiosos e aos pesados.
  • 7. E comezou a contar a historia según lle viñera ao caso e, en canto era posible, de forma diferente
  • 8. Se alguén que o escoitou antes lle fai notar que o está a contar de outra maneira, el sae do paso decindo que o que está a contar agora sucedeu antes, ou despois, do que contara a vez pasada porque non perdeu todo o rabo dunha soa vez.
  • 9. Ata agora, que eu saiba, leva dito que:
  • 10. “Perdín o rabo, sendo novo, nunha rateira. Perdeu o rabo nunha rateira.
  • 11. Boteime a polo engado... e fixen saltar o resorte que,
  • 12. por sorte, como era pequeno, pasoume por enriba do lombo e só me parteu o rabo”.
  • 13. “Pasei a dor e o susto,
  • 14. pero tivo arranxo cunha vendaxe e seguín coa vida”.
  • 15. Nos raios da roda dunha bicicleta “Iba tan tranquilo na miña bicicleta cando por cousa dun bache fixen un movemento estraño,
  • 16. metéuseme o rabo na roda de atrás e trabouma. Troncei o rabo
  • 17. e de propina dinme una boa trompada.
  • 18. “Estaba ao axexo para ver as posibilidades de facer unha saída, No marco dunha porta.
  • 19. cando o vento empurrou a porta e, ao pecharse de golpe, talloume o rabo”.
  • 20. “Nunha excursión á luz do día quedei ao descuberto xusto diante dunha persoa armada cunha vasoira. Dun vasoirazo
  • 21. Salvei a vida pero paguei un prezo. Deixei medio rabo nun vasoirazo”.
  • 22. En varios accidentes na rúa. “Estaba parado falando cun coñecido, sen decatarme de que tiña parte do rabo na calzada,
  • 23. cando de súpeto pasou unha bicicleta que me tronzou a punta do rabo”.
  • 24. Doutra volta foi un coche o causante da desgracia
  • 25. ... ou unha moto.
  • 26. O seu rabo tamén foi víctima dun patinete que circulaba pola beirarrúa sen a debida precaución...
  • 27. e de outros varios aparellos rodantes e/ou circulantes coñecidos.
  • 28. “Caeu unha maceta desde unha altura que me levou o rabo pero ben puido levarme a vida”.
  • 29. Noutra ocasión foi un armario que subían a un piso, ao que lle parteu a corda,
  • 30. un anaco dunha cornixa, unha tella, vultos varios, sacos de cousas e obxectos pesados de toda clase.
  • 31. De accidentes na cociña “Atraído polos olores metinme nunha cociña, pero cando me descubriron estiven nun tris de non contalo. Zafei deixando medio rabo nunha coitelada”
  • 32. “Un tixolazo, que fallou por pouco, levoume parte do rabo e case me deixa xordo. Non penso repetir!”.
  • 33. “Nas festas merquei un globo, o globo mais grande que había. Vítima dun globo “asasino”
  • 34. Pero logo, como non me deixaba libertade para facer o que queria, amarreino ao rabo.
  • 35. De súpeto levantouse vento e unha racha forte levounos arrastro.
  • 36. Salváronme os compañeiros que me colleron polos brazos, pero o vento seguiu a tirar con tanta forza que o rabo trincou
  • 37. e unha parte foise para sempre voando co globo”.
  • 38. “Ía camiñando por un lugar bastante arredado un imprevisto nun lugar solitario
  • 39. cando, de súpeto, se derrubou un valado ao pé do que pasaba.
  • 40. Fuxín, mais tiven a mala sorte de que o rabo me quedara preso debaixo dunha pedra.
  • 41. Non puiden escavar para libralo porque debaixo da pedra había outra pedra.
  • 42. Tentei erguela pero a miña forza era pouca para movela.
  • 43. Turrei do rabo para soltalo, pero foi imposible.
  • 44. Berrei pedindo axuda, pero ninguén respondeu á miña chamada.
  • 45. e despois de pasar dous días chamando e agardando,
  • 46. non me quedou outra que botar man da navalla, e cunha navalliña, que sempre levo enriba, cortei o anaco de rabo que quedara debaixo da pedra, porque aínda que conseguira sacalo de alí ía estar tan esmagado que tampouco tería arranxo”.
  • 47. … non me quedou outra que armarme de valor e tronzar o rabo cos meus propios dentes”.
  • 48. Nun incendio “Estaba mirando, demasiado de preto, unha estrutura que ardía cando, de repente, se veu abaixo e pilloume o rabo.
  • 49. Á forza de tirar del conseguín soltalo, pero saeu tan maltreito e estragado
  • 50. que cando fun ao médico este veu que non tiña arranxo, e que a única maneira de salvar a parte que estaba san era amputar a que estaba danada”.
  • 51. unha pedrada mal intencionada “Como son bastante curioso, ousado e imprudente saín a dar una volta á luz do día. Víronme uns rapaces
  • 52. e mandáronme unha andanada de pedras que
  • 53. que, por sorte, non acadaron de todo o obxectivo, aínda que me deixaron sen un anaco do rabo como recordo permanente da data”.
  • 54. Nunha ocasión sorprendeume unha vaga de frío. As mans, os pés e as orellas libraron porque puiden dispoñer de calzado axeitado, de luvas e de gorro de abrigo, Unha vaga de frío inesperada
  • 55. pero o rabo xeóuseme
  • 56. e tiveron que tallarlle un anaco”.
  • 57. “Andaba a enredar nunha sebe dun xardín. Unha poda inesperada
  • 58. cando o xardineiro comezou a podala xusto por onde eu estaba
  • 59. e o primeiro tesoirazo levou por diante a parte do rabo que me falta desde aquela”.
  • 61. comeullo un peixe, ao confundilo cunha miñoca, cando foi visitar a “Bob Esponja”. comeullo un peixe
  • 62. Levoullo un cazador asesino de Pokemons. Un tipo que, na volta de capturalos e coleccionalos
  • 63. písaos e esmágaos, para o que calza unhas botas de piso metálico reforzado e con cravos axeitado para destruír calquera tipo de armadura,
  • 64. un tipo que na súa obsesión confundiu o real co virtual e
  • 65. ... mandoume unha zoupada, da que zafei botándome a un lado no último intre,
  • 66. pero o rabo non tivo tanta fortuna e quedou tan maltreito e escalazado que non houbo outra que cortalo.
  • 67. E de aquí en diante podedes poñer as que se vos ocorran.