SlideShare a Scribd company logo
1 of 28
cousiñas feitas na casa
Mon Daporta
Cousas da rata Luisa
MADALENAS
Luísa e Roxelio saen de viaxe
e non van volver ata máis da media tarde.
Os nenos ao quedaren sós deron en matinar
e prepararlle unha sorpresa para merendar.
E como a eles lles gustan as cousas da cociña,
pensaron en facer algo, que non fixeran aínda.
Colleron o libro para buscar ideas,
e pareceulles ben facer madalenas.
E unha vez de acordo, e escollida a receita,
xuntaron os compoñentes e puxéronse á faena.
Bateron os ovos co azucre, engadíronlle o leite,
botáronlle a fariña e o lévedo, as reladuras e o aceite.
E cando a pasta estaba xa feita
botaron nos moldes o que decía na receita.
Sobráballes pasta e para aproveitala,
repartíronna toda para non ter que tirala.
Metéronas no forno, co tempo programado,
e fóronse a esperar que pasara ao seu cuarto.
A masa, no forno, sigueu aumentando.
E cando foron ver… que sorpresa levaron!
A masa medrou tanto durante a cocedura
que non había madalenas… Todo o forno era unha!
Non lles quedou outra que acabar e limpalo,
e ao chegaren os pais ter que contalo.
Luisa ao entrar xa notou, polo cheiro,
que andiveran no forno con algún dos seus lerios.
E reñeulles, enfadada, polo que fixeran.
–Non poden cociñar sen que estea ela!
Eles apuxeron o de darlle a sorpresa
e que querían convidala a unha boa merenda.
E cando a nai, ao seguir, entrou na cociña,
preguntou que era aquelo e porque tiña esa pinta.
Eles contaron o que lles pasara,
que encheran moito os moldes por non tirar a masa.
E Roxelio ao acordarse do que a el lle pasara,
non poido máis e botou unha risada.
Os nenos sorpréndense, non entenden nada.
Seu pai está a rir da súa aduanada!
E contoulles que dunha volta, xa hai moito tempo,
a el tamén lle pasara outro tanto do mesmo.
Que non tiveran pena, que aquelo que fixeran
non se iba a estragar de ningunha maneira.
Que estaban no punto e cheiraban moi ben.
E merendáronas todas: os nenos co leite eos pais co café.
fin
E estaban tan boas, sabían tan ben,
que tomaron acordo de facelas outra vez.

More Related Content

More from MonContos

More from MonContos (20)

publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfpublicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
 
rata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxrata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptx
 
Rata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxRata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptx
 
rata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxrata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptx
 
rata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxrata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptx
 
que fan que.pptx
que fan que.pptxque fan que.pptx
que fan que.pptx
 
a rolada.pptx
a rolada.pptxa rolada.pptx
a rolada.pptx
 
cactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxcactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptx
 
Serra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxSerra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptx
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptx
 
voitres.pptx
voitres.pptxvoitres.pptx
voitres.pptx
 
petos.pptx
petos.pptxpetos.pptx
petos.pptx
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didáctica
 
Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009
 
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IICabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
 
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
 
Paco Leiro
Paco LeiroPaco Leiro
Paco Leiro
 
Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)
 
Rata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelRata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papel
 
Rata Luisa, máis papel
Rata Luisa,  máis papelRata Luisa,  máis papel
Rata Luisa, máis papel
 

Madalenas