SlideShare a Scribd company logo
1 of 27
Cousas da rata Luisa
GALLETAS
Desde que empezaron a traballar coas masas,
gústalle máis cada día compoñelas e probalas.
Dentro de pouco vai haber unha festa,
e eles van axudar facendo galletas.
E como polo de agora nunca as fixeran,
van probar esta tarde con algunha receita.
Hai tantas, tan bonitas e tan doadas de facer
que só teñen un problema… saber cal van escoller.
- Xa que nos gustan tantas, imos facer un par delas,
unhas das normais, e outras máis festeiras.
- Pois a buscar fariña, azucre, leite, manteiga,
ovos, limóns… e o que pidan nas receitas.
O cunco para mesturar, o rolo para tender a masa,
os listóns para que saia igual, e os moldes para cortalas.
cunco
rolo
listóns
moldes
Sen esquecer os mandís, e coas mans ben lavadas,
póñense coas mesturas para faceren a masa.
Reméxeno todo un pouco, e logo ao “frigo” a repousar…
Mentras, poñen o forno. Xa o saben manexar!
Xa traballan sós, pero Luisa non perde de vista
ningunha das cousas que fan na cociña.
Estenden a masa, cos listóns e o rolo,
e cos troqueis recortan un pouco de todo.
Estrelas, corazóns, flores, paxariños,
peixes, bolboretas, bonecos, coelliños,
caras alegres e tristes, casiñas con cheminea,
roscas, lúas,… e outras que lle viñeron á idea.
Postas xa na bandexa danlle o toque final.
Píntanas con ovo batido e cóbrenas de azucre en gran.
Métenas no forno. Axustan ben o tempo,
porque o punto das galletas é cousa dun momento.
Mentras coce unha tanda xa preparan a outra,
e para non repetirse vanlle dar unha volta.
A estas vanlle facer un pociño no medio
no que van a botar marmelada de pexego.
Galletas con marmelada
E a última tanda tamén vai ser distinta,
con bonitas cores, cheas de fantasía.
Para eso precisan facerlle buratos
e poñerlle neles caramelos en cachos.
Galletas de cristal
E cando as puxeron enriba da mesa,
gozaron coméndoas e ata enredaron con elas.
Galletas recortadas
Hoxe, para probar, só fixeron esas poucas,
pero hai moitas máis. Aquí vai unha proba.
Galletas decoradas
Galletas pintadas
…e máis galletas
fin
As fotografías foron collidas da Internet.
Agradézolle aos autores a súa dispoñibilidade e agardo que saiban disculpar o uso que fixen delas.
Mon Daporta

More Related Content

More from MonContos

More from MonContos (20)

a rolada.pptx
a rolada.pptxa rolada.pptx
a rolada.pptx
 
cactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxcactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptx
 
Serra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxSerra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptx
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptx
 
voitres.pptx
voitres.pptxvoitres.pptx
voitres.pptx
 
petos.pptx
petos.pptxpetos.pptx
petos.pptx
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didáctica
 
Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009
 
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IICabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
 
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
 
Paco Leiro
Paco LeiroPaco Leiro
Paco Leiro
 
Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)
 
Rata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelRata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papel
 
Rata Luisa, máis papel
Rata Luisa,  máis papelRata Luisa,  máis papel
Rata Luisa, máis papel
 
Rata Luísa, barcos de papel
Rata Luísa,  barcos de papelRata Luísa,  barcos de papel
Rata Luísa, barcos de papel
 
Rata Luísa, avións de papel
Rata Luísa,  avións de papelRata Luísa,  avións de papel
Rata Luísa, avións de papel
 
Morcego Roque, peixes planos
Morcego Roque, peixes planosMorcego Roque, peixes planos
Morcego Roque, peixes planos
 
Morcego Roque, avenoiteiras
Morcego Roque, avenoiteirasMorcego Roque, avenoiteiras
Morcego Roque, avenoiteiras
 
Morcego Roque, as anduriñas
Morcego Roque, as anduriñasMorcego Roque, as anduriñas
Morcego Roque, as anduriñas
 
Morcego Roque, o vento
Morcego Roque, o ventoMorcego Roque, o vento
Morcego Roque, o vento
 

Cousas da Rata Luisa: galletas

  • 3. Desde que empezaron a traballar coas masas, gústalle máis cada día compoñelas e probalas.
  • 4. Dentro de pouco vai haber unha festa, e eles van axudar facendo galletas.
  • 5. E como polo de agora nunca as fixeran, van probar esta tarde con algunha receita.
  • 6. Hai tantas, tan bonitas e tan doadas de facer que só teñen un problema… saber cal van escoller.
  • 7. - Xa que nos gustan tantas, imos facer un par delas, unhas das normais, e outras máis festeiras.
  • 8. - Pois a buscar fariña, azucre, leite, manteiga, ovos, limóns… e o que pidan nas receitas.
  • 9. O cunco para mesturar, o rolo para tender a masa, os listóns para que saia igual, e os moldes para cortalas. cunco rolo listóns moldes
  • 10. Sen esquecer os mandís, e coas mans ben lavadas, póñense coas mesturas para faceren a masa.
  • 11. Reméxeno todo un pouco, e logo ao “frigo” a repousar… Mentras, poñen o forno. Xa o saben manexar!
  • 12. Xa traballan sós, pero Luisa non perde de vista ningunha das cousas que fan na cociña.
  • 13. Estenden a masa, cos listóns e o rolo, e cos troqueis recortan un pouco de todo.
  • 14. Estrelas, corazóns, flores, paxariños, peixes, bolboretas, bonecos, coelliños, caras alegres e tristes, casiñas con cheminea, roscas, lúas,… e outras que lle viñeron á idea.
  • 15. Postas xa na bandexa danlle o toque final. Píntanas con ovo batido e cóbrenas de azucre en gran.
  • 16. Métenas no forno. Axustan ben o tempo, porque o punto das galletas é cousa dun momento.
  • 17. Mentras coce unha tanda xa preparan a outra, e para non repetirse vanlle dar unha volta.
  • 18. A estas vanlle facer un pociño no medio no que van a botar marmelada de pexego.
  • 20. E a última tanda tamén vai ser distinta, con bonitas cores, cheas de fantasía. Para eso precisan facerlle buratos e poñerlle neles caramelos en cachos.
  • 22. E cando as puxeron enriba da mesa, gozaron coméndoas e ata enredaron con elas.
  • 23. Galletas recortadas Hoxe, para probar, só fixeron esas poucas, pero hai moitas máis. Aquí vai unha proba.
  • 27. fin As fotografías foron collidas da Internet. Agradézolle aos autores a súa dispoñibilidade e agardo que saiban disculpar o uso que fixen delas. Mon Daporta