SlideShare a Scribd company logo
1 of 38
aquelo
MonDaporta
COUSIÑAS
FEITAS
NA CASA
Iba un día un rato moneando polo camiño
Cando case se mete naquelo ata o fuciño.
E como atopar aquelo non lle gustou nada
quixo reprender ao autor da porcallada.
O primeiro en pasar foi o coello
e berroulle o rato por facer aquelo.
-Non, eu non fun -respondeulle o coello-.
Eso non é o que eu fago, nin estando enfermo.
E o que tal fixo anda esfurricado
senon non se entende… tremendo “traballo”!
Detrás veu a galiña que iba de paseo
e retouna o rato por facer aquelo.
-Non, eu non fun – contestoulle a galiña-.
Nin na forma nin na cor esa cousa se parece á miña.
Logo foi o ourizo o que oeu ao ratiño
por facer aquelo no medio do camiño.
-Non, eu non fun –protestou o ourizo-.
Eu nin fixen tal cousa nin sei quen a fixo.
Chamada polo rebumbio asomou a toupeira
e alá foi o rato para reprendela.
-Non, eu non fun -replicoulle a toupeira-.
Eu fago o que fago debaixo da terra.
Despois veu un gato e non se librou.
Por facer aquelo tamén escoitou.
-Non, eu non fun –díxolle o gato ao ratiño-.
Eu enterro o que boto, non o deixo no camiño.
Dun burato do valo saeu o lagarto
e alá foi a rifarlle, ás carreiras, o rato.
-Non, eu non fun. Só son un lagarto.
Como podes ver… non podo obrar tanto.
Máis adiante veu un grilo, e o rato con premura,
foise a el para facerlle a censura
-Non, eu non fun –negou enfadado o grilo-.
Vostede non sabe o que di, meu amigo…
e, ou non ve ben ou non ten moito seso.
Pensa que do meu corpo puido saír todo eso?
Con tanto barullo espertou o leirón,
achegouse a ver, e escoitou o sermón.
-Non, eu non fun, de ningunha maneira.
Eu non son quen de facer tal bosteira.
Botoulle ao teixugo unha parrafada
por facer no camiño aquela barroada.
-Non, eu non fun- apuxo o teixugo-.
Eso non o facemos nin obrando vinte xuntos.
Acusou logo ao merlo, que se achegou a ver,
porque pensou o rato que o puidera de facer.
-Non, eu non fun -repúxolle o merlo-.
Eu non fago tal cousa nin nun ano enteiro.
Apareceu por alí un can e, antes de escoitar nada,
achegouse a inspeccionar a tremenda “pancada”.
Mirouna arredor, achegoulle o fuciño,
deu media volta e fixo o seu xuizo.
-Pola pinta e polo olor…
eso non é o que pensa… non o é, non señor!
Eso do chan, ainda que non o creades…
eso non é merda. Eso é chocolate!
Ninguén daba creto a semellante saída.
“-Ou o can está tolo… -Ou dalle á bebida”.
Ao escoitar o balbordo achegouse o chasco.
Vira o que pasara e deixou todo claro.
-Onte ao pasar co carro, o chocolateiro,
bateu nunha pedra e envorcoulle un caldeiro.
Ningún creu tal cousa ata que se achegaron,
viron de preto, uliron e tocaron.
Logo un lambeu,
outros beliscaron
e todos comeron ata que afartaron.
E con esto a historia quedou rematada.
Acabou en enchenta o que empezou en cagada.

More Related Content

More from MonContos

que fan que.pptx
que fan que.pptxque fan que.pptx
que fan que.pptxMonContos
 
a rolada.pptx
a rolada.pptxa rolada.pptx
a rolada.pptxMonContos
 
cactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxcactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxMonContos
 
Serra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxSerra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxMonContos
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxMonContos
 
voitres.pptx
voitres.pptxvoitres.pptx
voitres.pptxMonContos
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaMonContos
 
Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009MonContos
 
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IICabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IIMonContos
 
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)MonContos
 
Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)MonContos
 
Rata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelRata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelMonContos
 
Rata Luisa, máis papel
Rata Luisa,  máis papelRata Luisa,  máis papel
Rata Luisa, máis papelMonContos
 
Rata Luísa, barcos de papel
Rata Luísa,  barcos de papelRata Luísa,  barcos de papel
Rata Luísa, barcos de papelMonContos
 
Rata Luísa, avións de papel
Rata Luísa,  avións de papelRata Luísa,  avións de papel
Rata Luísa, avións de papelMonContos
 
Morcego Roque, peixes planos
Morcego Roque, peixes planosMorcego Roque, peixes planos
Morcego Roque, peixes planosMonContos
 
Morcego Roque, avenoiteiras
Morcego Roque, avenoiteirasMorcego Roque, avenoiteiras
Morcego Roque, avenoiteirasMonContos
 
Morcego Roque, as anduriñas
Morcego Roque, as anduriñasMorcego Roque, as anduriñas
Morcego Roque, as anduriñasMonContos
 

More from MonContos (20)

que fan que.pptx
que fan que.pptxque fan que.pptx
que fan que.pptx
 
a rolada.pptx
a rolada.pptxa rolada.pptx
a rolada.pptx
 
cactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxcactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptx
 
Serra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxSerra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptx
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptx
 
voitres.pptx
voitres.pptxvoitres.pptx
voitres.pptx
 
petos.pptx
petos.pptxpetos.pptx
petos.pptx
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didáctica
 
Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009
 
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IICabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
 
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
 
Paco Leiro
Paco LeiroPaco Leiro
Paco Leiro
 
Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)
 
Rata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelRata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papel
 
Rata Luisa, máis papel
Rata Luisa,  máis papelRata Luisa,  máis papel
Rata Luisa, máis papel
 
Rata Luísa, barcos de papel
Rata Luísa,  barcos de papelRata Luísa,  barcos de papel
Rata Luísa, barcos de papel
 
Rata Luísa, avións de papel
Rata Luísa,  avións de papelRata Luísa,  avións de papel
Rata Luísa, avións de papel
 
Morcego Roque, peixes planos
Morcego Roque, peixes planosMorcego Roque, peixes planos
Morcego Roque, peixes planos
 
Morcego Roque, avenoiteiras
Morcego Roque, avenoiteirasMorcego Roque, avenoiteiras
Morcego Roque, avenoiteiras
 
Morcego Roque, as anduriñas
Morcego Roque, as anduriñasMorcego Roque, as anduriñas
Morcego Roque, as anduriñas
 

Aquelo