SlideShare a Scribd company logo
1 of 1
Download to read offline
Á MARXE, 1995
Obra xornalística IV
(EDITORIAL GALAXIA).-Vigo. 2006
Acto final
CARLOS CASARES
Débolle a Billy Wilder a primeira risa do ano que comeza. Estaba onte lendo a
súa biografía e atopeime cunha historia chea de malicia que merece a pena ser
contada. Tratábase dun neno, amigo da infancia do celebre director de cine, a
quen o pai sorprendeu un día facendo un pecado.
Co propósito de corrixilo, díxolle que se repetía aquel acto cincuenta veces,
morrería. O rapaciño prometeuse a si mesmo emendarse, pero sen conseguilo.
Por precaución, cada vez que sucumbía puña unha raia nun caderno.
Pouco a pouco, a pesar de estar convencido de que a súa debilidade o conducía
irremediablemente cara a un fatal desenlace, a libreta íase enchendo de raias.
O único que conseguía con moito esforzo era ir retrasando o día da morte, que
de todas maneiras se aproximaba de forma inexorable, tal como o seu pai lle
tiña anunciado.
A raia número corenta e nove estivo bastante tempo pechando a serie, pero o
demo arranxou todo para que a número cincuenta, e definitiva, fose trazada no
lugar que lle correspondía.
Antes, o rapaz escribiulle unha carta cariñosa aos seus pais, na que lles
explicaba como tiña loitado contra a tentación, pero que ao cabo ía caer por
última vez e que rogaba que lle perdoasen.
Meteu a carta por debaixo da porta do dormitorio deles e alá se encamiñou cara
ao acto final.
Por fortuna, Deus foi máis comprensivo que o pai do rapaz.
Luns, 2 de xaneiro

More Related Content

What's hot (7)

Recomendacións Nadal 2017
Recomendacións Nadal 2017Recomendacións Nadal 2017
Recomendacións Nadal 2017
 
Recomendacións libros Nadal 2016
Recomendacións libros Nadal 2016Recomendacións libros Nadal 2016
Recomendacións libros Nadal 2016
 
O meu libro favorito
O meu libro favoritoO meu libro favorito
O meu libro favorito
 
Guía de lectura nadal 17
Guía de lectura nadal 17Guía de lectura nadal 17
Guía de lectura nadal 17
 
Recomendaciones verano 2017
Recomendaciones verano 2017Recomendaciones verano 2017
Recomendaciones verano 2017
 
Recomendacións de lectura semana santa
Recomendacións de lectura   semana santaRecomendacións de lectura   semana santa
Recomendacións de lectura semana santa
 
Boletín nadal 16
Boletín nadal 16Boletín nadal 16
Boletín nadal 16
 

Viewers also liked (20)

33 ways to stay creative
33 ways to stay creative33 ways to stay creative
33 ways to stay creative
 
Normas de urbanidad
Normas de urbanidadNormas de urbanidad
Normas de urbanidad
 
Ola k ase note to silly guy
Ola k ase note to silly guyOla k ase note to silly guy
Ola k ase note to silly guy
 
Oda david trueba
Oda   david truebaOda   david trueba
Oda david trueba
 
Safe links pdf
Safe links pdfSafe links pdf
Safe links pdf
 
Abuse against women
Abuse against womenAbuse against women
Abuse against women
 
The twelve steps of aa
The twelve steps of aaThe twelve steps of aa
The twelve steps of aa
 
Tener clase , m vicent
Tener clase , m vicentTener clase , m vicent
Tener clase , m vicent
 
The woman runner
The woman runnerThe woman runner
The woman runner
 
Nato phonetic alphabet
Nato phonetic alphabetNato phonetic alphabet
Nato phonetic alphabet
 
Cultura hacker en femenino
Cultura hacker en femeninoCultura hacker en femenino
Cultura hacker en femenino
 
Quality means-doing-it-right
Quality means-doing-it-rightQuality means-doing-it-right
Quality means-doing-it-right
 
INTEF
INTEFINTEF
INTEF
 
Cuadernos condiciones de entrega
Cuadernos condiciones de entregaCuadernos condiciones de entrega
Cuadernos condiciones de entrega
 
Que es Slideshare y Como funciona!
Que es Slideshare y Como funciona!Que es Slideshare y Como funciona!
Que es Slideshare y Como funciona!
 
День Рожденья школы
День Рожденья школыДень Рожденья школы
День Рожденья школы
 
ssg rosado 10 doc
ssg rosado 10 docssg rosado 10 doc
ssg rosado 10 doc
 
Udkast til kontrakt helikopter
Udkast til kontrakt helikopterUdkast til kontrakt helikopter
Udkast til kontrakt helikopter
 
Semi-automatic Text MiningNK
Semi-automatic Text MiningNKSemi-automatic Text MiningNK
Semi-automatic Text MiningNK
 
MAPWORKS ONE-SHEET
MAPWORKS ONE-SHEETMAPWORKS ONE-SHEET
MAPWORKS ONE-SHEET
 

Recently uploaded

Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 

Recently uploaded (12)

XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 

Acto final, c casares

  • 1. Á MARXE, 1995 Obra xornalística IV (EDITORIAL GALAXIA).-Vigo. 2006 Acto final CARLOS CASARES Débolle a Billy Wilder a primeira risa do ano que comeza. Estaba onte lendo a súa biografía e atopeime cunha historia chea de malicia que merece a pena ser contada. Tratábase dun neno, amigo da infancia do celebre director de cine, a quen o pai sorprendeu un día facendo un pecado. Co propósito de corrixilo, díxolle que se repetía aquel acto cincuenta veces, morrería. O rapaciño prometeuse a si mesmo emendarse, pero sen conseguilo. Por precaución, cada vez que sucumbía puña unha raia nun caderno. Pouco a pouco, a pesar de estar convencido de que a súa debilidade o conducía irremediablemente cara a un fatal desenlace, a libreta íase enchendo de raias. O único que conseguía con moito esforzo era ir retrasando o día da morte, que de todas maneiras se aproximaba de forma inexorable, tal como o seu pai lle tiña anunciado. A raia número corenta e nove estivo bastante tempo pechando a serie, pero o demo arranxou todo para que a número cincuenta, e definitiva, fose trazada no lugar que lle correspondía. Antes, o rapaz escribiulle unha carta cariñosa aos seus pais, na que lles explicaba como tiña loitado contra a tentación, pero que ao cabo ía caer por última vez e que rogaba que lle perdoasen. Meteu a carta por debaixo da porta do dormitorio deles e alá se encamiñou cara ao acto final. Por fortuna, Deus foi máis comprensivo que o pai do rapaz. Luns, 2 de xaneiro