Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Contos e música para o día da paz
1. Contos e música para o Día da Paz
Na aula de música
mesturamos a literatura coa música para
conmemorar unha data tan especial como é o 30 de xaneiro, día da Paz.
Escoitamos, cantamos, lemos e miramos contos que nos ofrecen algo máis
que historias con contidos musicais.
É posible que non o creas, pero para
que o ruído se converta en música o máis
importante
é
levarse
ben.
Elefante e Crocodilo son veciños. A
Elefante ponlle nervioso oír o violín de
Crocodilo, e este non soporta o son da
trompeta
de
Elefante.
Terán
que
acontecer moitas cousas antes de que
poidan tocar os dous xuntos!
Sofía deixa a súa aldea, onde é moi
querida por todos os veciños para ir á
cidade en busca dun soño: participar nun
concurso musical. Busca unha banda que
queira contratala como cantante, pero
resúltalle moi difícil.
Aínda que ela é unha extraordinaria
artista, tropézase con que as orquestras
a rexeitan porque non é demasiado alta,
porque os seus cornos son pequenos ou
porque non é de cor branca e negra. É
dicir, rexéitana por cuestións que nada
teñen que ver coa música. Que pode
facer? Antes de regresar decepcionada á
súa aldea, comproba que sempre hai
algo ou alguén que, nos momentos máis
baixos, pode darnos ese pequeno
empuxonciño que necesitamos para
superar os contratempos cos que nos
tropezamos na vida.
2. Hai persoas de tódolos tamaños, formas e
cores.
Hai persoas con gustos e afeccións moi i
diferentes, pero
cada unha delas é especial.
“O importante é ter amigos
cos que poder xogar:
altos ou máis baixiños,
louros ou morenos.
Iso a min dáme igual
TI ES ESPECIAL!”
O Gran xeneral estaba preocupado. No
seu uniforme cheo de condecoracións
gañadas en multitude de batallas había
un pequeno rinconciño baleiro. Que
podía facer para gañar unha medalla?
Non se lle ocorreu mellor cousa que
iniciar unha guerra pero no medio das
súas tropas había un pequeno e vello
grupo de soldados moi especiais: a
banda musical de xubilados do exército.
A historia está chea de expresións e
palabras que mesturan a linguaxe propia
dun militar con expresións
e frases
feitas moi musicais.