1. CIRCULAR MARZO 2015 Nº:110
CLUB PEÑA TREVINCA Nº 110 Marzo 20154
Edita: Club Peña Trevinca - Montañeiros de Galicia.
Maquetación: Susana Serantes Conde. Normalización lingüística: Lucía Cerdeira Botana.
Edición web: Ricardo Moratinos García.
Club Peña Trevinca non comparte, necesariamente, as opinións dos seus colaboradores.
C.I.F.: G-36.630.192 - Depósito legal: VG-353-2005 . Imprime: Devalocor, S.L.
Club Peña Trevinca entidade colaboradora con UNICEF
CLUB PEÑA TREVINCA - Montañeiros de Galicia
• R/ Brasil, 46 Entreplanta • 36204 Vigo (Pontevedra)
• Teléfono: 986 42 05 51 • Fax: 986 42 05 57 • Móbil actividades: 660 69 35 35
• Horario do Club: Martes a Venres: De 19,30 h. a 21,30 h.
• Web: www.trevinca.es • Correo-e: info@trevinca.es
• Conta de ingresos: ABANCA IBAN ES88 2080 5046 2930 4001 8773
AUTOS GONZALEZ S.L.
CIF - B32012486
C. /Arenal Nº 58 - 60 1º A - 36201 - VIGO (España)
Tf.: (0034)986 441 222
Fax : (0034)986 222 011
Tf. Atencion al Cliente 24H : (0034)620 777 577
e-mail : autocares@autosgonzalez.com
web : www.autosgonzalez.es
SEGUNDA ETAPA
4ª Etapa da Volta ao Bierzo: Vales de Tremor e Alto Boeza
Nos confíns do Bierzo. 14 e 15 Marzo
As dúas saídas previstas para este ano 2015 desta gran aventura da Volta ao Bierzo van ser ben montañeiras, pois
imos cruzar todo o nordés da cunca berciana entre a autoestrada a meseta, e a estrada a Villablino. Serán cinco
xornadas de marcha (entre marzo e outubro) nas que imos percorrer toda a comarca do Alto Sil e Vizbueno, serras onde
algúns de nós gañamos a maioría de idade montañeira (hai moitos anos). Nestas dúas primeiras xornadas de marzo que
agora presentamos, para non deixar nada atrás, achegarémonos ata os chamados “Confíns do Bierzo”, onde se atopan
os afastados vales de Tremor e Alto Boeza, rozando xa as terras alleas da Maragatería, A Cepeda e As Omañas.
OVal de Tremor reúne unha serie de lugares e aldeas castigados de sempre polo profundo illamento, e ata hai
ben pouco, polas desmesuradas explotacións de carbón a ceo aberto e toda a súa salvaxe infraestrutura: pistas,
entulleiras, buratos, etc. Comprobaredes que é unha terra de xente amable e hospitalaria, homes fortes (case rudos)
e fermosas mulleres. Imos coñecer dese afastado val unha das súas xoias mellor gardadas, como é a vella senda que
remonta o Río Suspirón ata as súas fontes, nas faldras do cume do mesmo nome, onde se atopa a cabana “El Chozo”.
Trátase dun sendeiro perdido no tempo, encaixado durante
séculos polo río, e case cerrado pola maleza e o olvido.
O cume a ascender o sábado é o Pico Suspirón (1829 m.),
que intentaremos facer todos xuntos. Logo os senderistas,
virando ao nacente, baixarán por pistas e sendas máis trilladas,
o chamado Camino Asturiano, pasando pola cabana Ladil,
e volvendo ata onde arrancamos co bus de mañá, preto do
pobo de Tremor de Arriba. Os de Travesía, despois do cume,
viraremos ao revés, cara ao poñente, ata o porto do Pando
(1680 m.), para baixar logo ata a solitaria ermida da Virxe da
Casa ou de Pena Furada, onde faremos o vivac.
Odomingo, ben cedo, os de Travesía remontaremos
de novo o porto do Pando, para dirixírmonos pola
crista da serra ata os cumes da Penouta e Peña Cefera
(2015 m.) e facer logo o teito da xornada: o Arcos del
Agua (2060 m.). Despois baixaremos polo Sesteadero
del Buey del Fraile (1910 m.) ata a Campa de Santiago,
no nacemento do río Boeza, para terminar esta dura
xornada na aldea de máis longo nome que se coñece:
Colinas del Campo de Martin Moro Toledano.
Pola súa parte, os senderistas o domingo dende o pobo
de Colinas (por resumir) poderán intentar facer o cume
doArcos delAgua, ou se non achegarse ata a maxestosa
Campa de Santiago e a súa ermida, nun percorrido de
ida e volta que tampouco defraudará, pois as paisaxes
do alto Boeza por estes lugares son abraiantes e montañeiros coma poucos.
Tede en conta que aínda estamos no inverno, e tendo recente a experiencia da saída de Leitariegos, procurade ir ben
abastecidos e co voso material de montaña ben organizado. Recordade como se pon a montaña, e mais o maleteiro do
bus, nestas saídas onde manda a neve.
Os senderistas farán base no pobo de Pobladura de las Regueras.
Tede en conta que a lista se abre o martes 3, e péchase o mércores 11 de marzo
Que non falte ninguén. O Bierzo espéranos.
VINDEIRAS ACTIVIDADES
MES DIAS LUGAR ACTIVIDADE ORGANIZA
M
A
R
Z
O
7,8 Serra Enciña da Lastra Actividade de espeleoloxía Vocalía Xuvenil
8 Ponte Caldelas PR-G 109 Ruta das almiñas e do Foxo do lobo Vocalía Infantil/ Xuvenil
14,15 O Bierzo IV Etapa Volta o Bierzo VV. Montaña e Sendeirismo
14, 15 Peña Ubiña Curso montañismo invernal FGM- EGAM
15 Galiñeiro Xornada actividade escalada Vocalía Infantil/Xuvenil
20-22 San Isidro Actividades varias Vocalía Infantil/Xuvenil
20- 22 Peña Ubiña Curso de alpinismo de corredores Nivel II FGM- EGAM
21, 22 Pendente Curso de esquí fora de pista FGM- EGAM
22 Rocódromo Pontevedra Xornada de técnicas de caída en escalada FGM
27 Local Social Proxección do documental: “LADAKH, O PEQUENO TIBET” Xunta Directiva
27 Local Social Sorteo de casa rural e material de montaña Xunta Directiva
29 Ponte Caldelas GR- 94 Carballeira de Mirón- Sta. Mª de Moimenta Vocalía de Sendeirismo
A
B
R
I
L
2-5 Euskadi(Guipuzkoa) Sierra de Aralar VV. Montaña e Sendeirismo
12 O Incio (Lugo) Travesía entorno encoro Vilasouto Vocalía Infantil
19 O Courel (Lugo) Folgoso do Courel Vocalía de Sendeirismo
26 Galiñeiro 3ª Xornada actividade escalada Vocalía Infantil
A determinar A determinar Marcha e campamento galego FGM
M
A
I
O
1-3 León Cumes do Val do río Curueño VV. Montaña e Sendeirismo
1-3 Picos de Europa Benia de Onís ou Cabrales Vocalía Infantil
23-24 Parada do Sil/ A Teixeira Ruta río Mao/ Ruta San Paio de Abeleda Vocalía Infantil
24 Ribeira Sacra Vocalía de Sendeirismo
X
U
Ñ
O
7 A determinar A determinar Vocalía de Sendeirismo
7 Paradela (Lugo) PR-G 14: Río Loio Vocalía Infantil
13,14 A determinar Marcha Galega con Vivac FGM
20,21 Sanabria (Zamora) Campamento San Bernardo: A Ponte-Laguna de los Peces-Lago Vocalía Infantil
27,28 A determinar A determinar VV. Montaña e Sendeirismo
2. CLUB PEÑA TREVINCA Nº 110 Marzo 20152 CLUB PEÑA TREVINCA Nº 110 Marzo 20153
INFANTIL
Domingo, día 8. Ruta PR-G 109: Ruta das almiñas e do Foxo do Lobo (Ponte Caldelas). Trátase dun
percorrido de 10,8 km que, partindo da aldea de Caritel, percorre o ámbito do río Verdugo a
través de pequenas aldeas, ata alcanzar o denominado Foxo do Lobo, onde antigamente se facían
batidas de lobos. É un percorrido sinxelo e doado para coñecer esta zona do interior da provincia de
Pontevedra.
Domingo, día 15. Xornada de escalada para NENOS E MOZOS. É unha actividade que se levará a
cabo no ámbito do Galiñeiro. Propoñémola porque nalgún momento pode ser necesario ter unhas
nocións básicas para salvar situacións complicadas na montaña. A actividade desenvolverase entre as
10:00 e as 14:00 horas e está pensada para todos os nenos, independentemente da súa idade porque,
ademais, estamos a tratar de contar nela coa presenza de técnicos da Federación. Mentres os nenos
gozan desta xornada, pais e nais podemos facer unha pequena camiñada polos arredores.
Ata a zona de escalada iremos en coches particulares. Propoñemos, ademais, a posibilidade de que
quen queira poida ir a véspera para durmir na zona. Recordarvos, por último, que todo o material de
escalada o poñerá o Club.
Os próximos días 20, 21 e 22 de marzo, as seccións Xuvenil e Infantil do Club levaremos a cabo
unha saída de fin de semana á Cordilleira Cantábrica, concretamente á zona de San Isidro e
Mampodre, entre as provincias de León e Asturias. É unha zona coñecida por moitos de vós xa que é
unha importante estación de montaña, situada entre o Parque Natural de Redes (Asturias) e a Reserva
Nacional de Mampodre, con altitudes que oscilan entre os 1500 e os 2200 m.
O venres trataremos de chegar ao mediodía ao noso destino pero, para aproveitar xa esa xornada,
temos prevista unha travesía dunhas tres horas nos arredores das aldeas de Llamazares, Redilluera e
Canseco. Durmiremos as noites do venres e sábado no Albergue de Cerulleda.
O sábado levaremos a cabo unha ruta un pouco máis “seria” polo entorno do porto de Vegarada cara ao
pico Huevo (2155 m.), con percorridos alternativos para os máis pequenos, os non tan pequenos e os
xuvenís, todo iso en función da cantidade de neve que nos atopemos. En calquera caso, todos poderán
gozar dunha actividade á súa medida. O domingo subiremos á estación de montaña de Riopinos, onde
teremos opción de practicar esquí, facer unha pequena ruta ou, simplemente xogar coa neve (quen
queira pode levar trineos, ou calquera dispositivo que considere, para lanzarse pola neve). Despois
de comer regresaremos a Vigo.
O Albergue de Cerulleda ofrece moi boas instalacións e un prezo moi axustado, o cal permitirá que, en
conxunto, esta saída sexa moi económica. Para comer, unicamente debemos levar cada un a súa comida
para o mediodía -bocatas- e no albergue poderemos facer os almorzos e ceas conxuntamente.
Estade atentos ao blog nas Actividades Infantís e Xuvenís (clubtrevinca.blogspot.com.es) para coñecer
máis detalles desta saída.
Afin de semana do 7 e 8 de marzo acompañados por técnicos da Federación Galega de Espeleoloxía
desprazarémonos ata a serra de Enciña da Lastra para empezar esta nova aventura. Durmiremos
no refuxio que eles teñen en Covas e explicarannos como debemos progresar nunha cova. Visitaremos
posiblemente dúas grutas, aquí chamadas “palas”: a da Zorra e a de Cumbeira.
Estaremos en contacto telefónico cos membros desta sección e tamén poderedes atopar máis
información desta actividade no noso blog.
AS PRAZAS SERÁN LIMITADAS E OS PARTICIPANTES TERÁN QUE ESTAR EN POSESIÓN DA LICENZA
XUVENIL.
O15 de Marzo teremos unha actividade de escalada dispoñible para todos os rapaces do club que
estean federados. A lista abrirase o día 5 de marzo e pecharase o día 12. As prazas serán limitadas,
así que estade atentos ao blog que será onde se describa mellor a actividade.
GR-94: Carballeira De Mirón – Sta. Mª De Moimenta
Domingo 29
Na década dos 90 do pasado século XX un animoso grupo de “trevincos”, entre os que se atopaba o noso
recordado e querido Pepiño Costas, xuntáronse para facer unha ruta que unise Vigo con Santiago, por
camiños e sendas afastados das grandes estradas e núcleos de poboación, e que discurrise polo interior das
provincias de Pontevedra e Coruña. Despois de moito traballo e ilusión nace o “GR-94, Sendeiro rural de
Galicia”.
Dende o club todos os anos queremos facer un treito deste sendeiro para dar a coñecer aos nosos socios parte
do rico patrimonio que atesoura Peña Trevinca. No pasado ano 2014 unha reducida “cuadrilla” de socios es-
tiveron remarcando os sinais vermellos e brancos que indican a ruta do GR-94.
Aactividade deste día foi proposta e será guiada polo noso expresidente, socio e amigo, Pedro Outón. O
tramo que imos facer nesta ocasión inicíase na Carballeira de Mirón en terras do concello de Ponte Cal-
delas. Despois dunha curta baixada, cruzaremos o río Almofrei por unha fermosa ponte medieval dun só arco,
nun lugar de extraordinaria beleza. Toca agora subir ata Xesteira e chan de Batalla para chegar a Cuspedriños,
lugar que nos chamará a atención polas súas construcións en pedra. Baixada ata San Xurxo de Sacos onde
poderemos refrescarnos no bar do lugar. Seguiremos a nosa baixada para cruzar o río Lérez por unha robusta
ponte que no pasado utilizaban os paisanos para o transporte de alimentos e mercadurías.
Continuamos polas aldeas de Fentáns e Paredes. Nesta última poderemos contemplar os petroglifos de Cam-
porredondo e un poboado castrexo. Quedaranos unha hora de camiñada para rematar a nosa andaina na parro-
quia de Moimenta, no concello de Campo Lameiro. Trátase dun percorrido de dificultade media duns 25km,
onde poderemos admirar a rica construción pétrea do rural galego.
¡¡¡Animádevos a participar!!!!
Proxección dun documental e fotos de trekking en Ladakh
Himalaia Indio, Venres 27
Este día ás 20:30h, o noso compañeiro
Martín García, proxectará un
interesante e ameno documental de título:
“LADAKH, O PEQUENO TIBET”
cunha duración de 46 minutos. A
continuación, outros compañeiros,
Susana Serantes e Carlos Carrera,
proxectarán a montaxe en fotos dun
trekking de 1 semana percorrendo estas
terras, duración 15 minutos.
Susana, Carlos e Martín compartiron
viaxe a esta zona remota do Himalaia
indio, o pasado mes de xullo.
¡¡¡Achégate a coñecer un pouquiño
máis sobre outras culturas!!!!
Sorteo da Casa Rural e Material de Montaña
Venres 27
Achégase o primeiro trimestre deste ano e con el imos celebrar de novo o sorteo dunha fin de semana de
balde nunha casa rural, á cal, o socio agraciado poderá ir acompañado de quen guste. Este ano incluímos
unha pequena novidade: o agasallo poderase cambiar por un sitio de balde en calquera das saídas organizadas
polo Club (só para unha persoa e quedando excluída a saída de verán). Coma sempre, tamén sortearemos
material de montaña para todos os que estean presentes no local nese momento. Lembrade que só poderán
participar os SOCIOS FEDERADOS.
O sorteo terá lugar ao remate da proxección dos documentais que están previstos para ese mesmo serán.
¡¡¡Pódeche tocar a tí!!!!
XUVENIL