Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Rousseau
1. Biografía Rousseau (1712 – 1778) foi un escritor, filósofo e músico. Traballou como aprendiz de reloxeíro. En canto a educación, escribiu “ Emilio, o De la educación” co cal promoveu pensamentos filósofos sobre a educación. Como dí o estudo preliminar de “ Emilio, o De la educación” : «asignade ós nenos máis libertade e menos imperio, deixádelles facer máis por sí mesmos e esixir menos dos demáis».
2. Achegas do autor á escola infantil actual O proceso educativo debe partir do entendemento da natureza do neno, do coñecemento dos seus intereses e características particulares. Así debe recoñecerse que o neno coñece o mundo exterior de xeito natural facendo uso dos seus sentidos, consecuentemente é erróneo facelo coñecer o mundo nesta etapa a partir de explicacións ou libros. Asumindo que por medio das sensacións o neno coñece o mundo que o rodea, observando e experimentando. A interacción co mundo físico por medio dos xogos é un dos xeitos nos que o neno comeza a coñecer. A través destas prácticas o neno sería capaz de diferenciar entre o eu e o mundo que lle rodea.
3. A educación debe de adecuarse a cada unha das etapas de desenvolvemento do neno; os contidos e obxectivos da educación deben trazarse a partir dos intereses e motivacións do alumno acorde á súa etapa de desenvolvemento. Esta postura conducirá a que o alumno senta realmente interese polo proceso educativo.
4. Rousseau establece tres normas que deben guiar á acción educativa presentes tamén na actualidade: – Considerar os intereses e capacidades do neno. – Estimular no neno o desexo de aprender. – Analizar que e cando debe ensinarse ao neno en función da súa etapa de desenvolvemento.