SlideShare a Scribd company logo
1 of 23
Download to read offline
Outubro 2015
PROXECTO
DOCUMENTAL
INTEGRADO
ACTIVIDADES SAMAÍN 2015
PROXECTO
DOCUMENTAL
INTEGRADO
ACTIVIDADES SAMAÍN
2015
EDUCACIÓN INFANTIL
Dentro do Proxecto Documental Integrado que xira sobre o tema do cómic, desde o equipo de Biblioteca e
dinamización da lingua galega querémosvos propor as seguintes actividades para conmemorar o Samaín.
Vaise colgar na páxina do centro (http://edu.xunta.es/centros/cpiasrevoltas) un enlace desde onde tedes
unha presentación en Power Point para visualizar na clase co alumnado, especialmente para o 3º ciclo de
Primaria e Secundaria (vid. anexo 1).
Ademais, achégansevos outras páxinas con recursos sobre a banda deseñada (vid. anexo 2), e mais unhas
copias de globos e onomatopeas para que o alumnado as pinte e/ou as pegue (vid. anexo 3), que tamén
estarán dispoñibles na páxina web por se necesitades facer copias modificándoas sobre os orixinais.
 CONCURSO “PORTAS TERRORÍFICAS”
Cada aula de Educación Infantil e Primaria decorará a súa porta con motivos de medo. Haberá un diploma
e un premio para aquela máis orixinal e terrorífica, que se entregarán durante o Magosto.
As persoas titoras, de necesitaren algún material para decorar as portas, cubrirán o papel que se achega
(vid. anexo 4) co material que necesitaren, a cantidade, a cor, etc… e deixarano antes do 9 de outubro no
casilleiro da coordinadora do EDLG, Silvana Castro, para que o merque, o distribúa e leve a contabilidade.
Na rede existen moitas páxinas onde atopar ideas sobre a decoración das portas (vid. anexo 5).
 CONCURSO “SUSTOS MONSTRUOSOS”
O alumnado de Educación Infantil e 1º ciclo de Primaria debuxará na plantilla que se vos achega (vid. anexo
6) o seu personaxe de cómic favorito ou un monstro que lle guste e utilizando un globo (pódeselle
fotocopiar para que o peguen) para que escriban algo dentro del en lingua galega, na medida das súas
posibilidades. Recordade que o tema arredor do que se traballe sexa o medo, o terror.
Unha vez que se fagan, as titoras farán unha preselección e entregaranlla á coordinadora do EDLG antes
do 29 de outubro, que os custodiará ata que o xurado se reúna e escolla o mellor por aula, que recibirá un
diploma e un premio durante o Magosto.
 EXPOSICIÓN DE CABAZAS
O alumnado que o desexe traerá unha cabaza decorada con motivos do Samaín entre o 26 e o 29 de
outubro, que colocará nas mesas que os titores prepararán nos corredores das aulas.
A novidade deste ano é que non haberá premios, só será exposición, que se manterá ata o 29, día en que
cada alumno/a levará a súa respectiva cabaza de volta para a casa antes da ponte.
PROXECTO
DOCUMENTAL
INTEGRADO
ACTIVIDADES SAMAÍN
2015
1º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA
Dentro do Proxecto Documental Integrado que xira sobre o tema do cómic, desde o equipo de Biblioteca e
dinamización da lingua galega querémosvos propor as seguintes actividades para conmemorar o Samaín.
Vaise colgar na páxina do centro (http://edu.xunta.es/centros/cpiasrevoltas) un enlace desde onde tedes
unha presentación en Power Point para visualizar na clase co alumnado, especialmente para o 3º ciclo de
Primaria e Secundaria (vid. anexo 1).
Ademais, achégansevos outras páxinas con recursos sobre a banda deseñada (vid. anexo 2), e mais unhas
copias de globos e onomatopeas para que o alumnado as pinte e/ou as pegue, que tamén estarán
dispoñibles na páxina web por se necesitades facer copias modificándoas sobre os orixinais (vid. anexo 3).
 CONCURSO “PORTAS TERRORÍFICAS”
Cada aula de Educación Infantil e Primaria decorará a súa porta con motivos de medo. Haberá un diploma
e un premio para aquela máis orixinal e terrorífica, que se entregarán durante o Magosto.
As persoas titoras, de necesitaren algún material para decorar as portas, cubrirán o papel que se achega
(vid. anexo 4) co material que necesitaren, a cantidade, a cor, etc… e deixarano antes do 9 de outubro no
casilleiro da coordinadora do EDLG, Silvana Castro, para que o merque, o distribúa e leve a contabilidade.
Na rede existen moitas páxinas onde atopar ideas sobre a decoración das portas (vid. anexo 5).
 CONCURSO “SUSTOS MONSTRUOSOS”
O alumnado de E. Infantil e 1º ciclo de Educación Primaria debuxará na plantilla que se vos achega (vid.
anexo 6) o seu personaxe de cómic favorito ou un monstro que lle guste e utilizando un globo (pódeselle
fotocopiar para que o peguen) para que escriban algo dentro del en lingua galega, na medida das súas
posibilidades. Recordade que o tema arredor do que se traballe sexa o medo, o terror.
Unha vez que se fagan, as persoas titoras farán unha preselección e entregaranlla á coordinadora do EDLG
antes do 29 de outubro, que os custodiará ata que o xurado se reúna e escolla o mellor por aula, que
recibirá un diploma e un premio durante o Magosto.
 EXPOSICIÓN DE CABAZAS
O alumnado que o desexe traerá unha cabaza decorada con motivos do Samaín entre o 26 e o 29 de
outubro, que colocará nas mesas que os titores prepararán nos corredores das aulas.
A novidade deste ano é que non haberá premios, só será exposición, que se manterá ata o 29, día en que
cada alumno/a levará a súa respectiva cabaza de volta para a casa antes da ponte.
PROXECTO
DOCUMENTAL
INTEGRADO
ACTIVIDADES SAMAÍN
2015
2º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA
Dentro do Proxecto Documental Integrado que xira sobre o tema do cómic, desde o equipo de Biblioteca e
dinamización da lingua galega querémosvos propor as seguintes actividades para conmemorar o Samaín.
Vaise colgar na páxina do centro (http://edu.xunta.es/centros/cpiasrevoltas) un enlace desde onde tedes
unha presentación en Power Point para visualizar na clase co alumnado, especialmente para o 3º ciclo de
Primaria e Secundaria (vid. anexo 1).
Ademais, achégansevos outras páxinas con recursos sobre a banda deseñada (vid. anexo 2), e mais unhas
copias de globos e onomatopeas para que o alumnado as pinte e/ou as pegue, que tamén estarán
dispoñibles na páxina web por se necesitades facer copias modificándoas sobre os orixinais (vid. anexo 3).
 CONCURSO “PORTAS TERRORÍFICAS”
Cada aula de Educación Infantil e Primaria decorará a súa porta con motivos de medo. Haberá un diploma
e un premio para aquela máis orixinal e terrorífica, que se entregarán durante o Magosto.
As persoas titoras, de necesitaren algún material para decorar as portas, cubrirán o papel que se achega
(vid. anexo 4) co material que necesitaren, a cantidade, a cor, etc… e deixarano antes do 9 de outubro no
casilleiro da coordinadora do EDLG, Silvana Castro, para que o merque, o distribúa e leve a contabilidade.
Na rede existen moitas páxinas onde atopar ideas sobre a decoración das portas (vid. anexo 5).
 CONCURSO DE CÓMICS DE TERROR
O alumnado de 2º e 3º ciclo de Primaria debuxará un cómic de terror en lingua galega na plantilla que se
vos entrega (vid. anexo 7). Nos casos que vexades, poden utilizar os globos e onomatopeas que se vos
achegan no anexo 2 (pódeselle fotocopiar para que os peguen e coloreen).
Unha vez que se fagan, as persoas titoras farán unha preselección e entregaranlla á coordinadora do EDLG
antes do 29 de outubro, que os custodiará ata que o xurado se reúna e escolla o mellor por aula, que
recibirá un diploma e un premio durante o Magosto.
 EXPOSICIÓN DE CABAZAS
O alumnado que o desexe traerá unha cabaza decorada con motivos do Samaín entre o 26 e o 29 de
outubro, que colocará nas mesas que os titores prepararán nos corredores das aulas.
A novidade deste ano é que non haberá premios, só será exposición, que se manterá ata o 29, día en que
cada alumno/a levará a súa respectiva cabaza de volta para a casa antes da ponte.
PROXECTO
DOCUMENTAL
INTEGRADO
ACTIVIDADES SAMAÍN
2015
3º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA
Dentro do Proxecto Documental Integrado que xira sobre o tema do cómic, desde o equipo de Biblioteca e
dinamización da lingua galega querémosvos propor as seguintes actividades para conmemorar o Samaín.
Vaise colgar na páxina do centro (http://edu.xunta.es/centros/cpiasrevoltas) un enlace desde onde tedes
unha presentación en Power Point para visualizar na clase co alumnado, especialmente para o 3º ciclo de
Primaria e Secundaria (vid. anexo 1).
Ademais, achégansevos outras páxinas con recursos sobre a banda deseñada (vid. anexo 2), e mais unhas
copias de globos e onomatopeas para que o alumnado as pinte e/ou as pegue, que tamén estarán
dispoñibles na páxina web por se necesitades facer copias modificándoas sobre os orixinais (vid. anexo 3).
 CONCURSO “PORTAS TERRORÍFICAS”
Cada aula de Educación Infantil e Primaria decorará a súa porta con motivos de medo. Haberá un diploma
e un premio para aquela máis orixinal e terrorífica, que se entregarán durante o Magosto.
As persoas titoras, de necesitaren algún material para decorar as portas, cubrirán o papel que se achega
(vid. anexo 4) co material que necesitaren, a cantidade, a cor, etc … e deixarano antes do 9 de outubro
no casilleiro da coordinadora do EDLG, Silvana Castro, para que o merque, o distribúa e leve a contabilidade.
Na rede existen moitas páxinas onde atopar ideas sobre a decoración das portas (vid. anexo 5).
 CONCURSO DE CÓMICS DE TERROR
O alumnado de 2º e 3º ciclo de Primaria debuxará un cómic de terror en lingua galega na plantilla que se
vos entrega (vid. anexo 7). Nos casos que vexades, poden utilizar os globos e onomatopeas que se vos
achegan no anexo 3 (pódeselle fotocopiar para que os peguen e coloreen).
Unha vez que se fagan, as persoas titoras farán unha preselección e entregaranlla á coordinadora do EDLG
antes do 29 de outubro, que os custodiará ata que o xurado se reúna e escolla o mellor por aula, que
recibirá un diploma e un premio durante o Magosto.
 EXPOSICIÓN DE CABAZAS
O alumnado que o desexe traerá unha cabaza decorada con motivos do Samaín entre o 26 e o 29 de
outubro, que colocará nas mesas que os titores prepararán nos corredores das aulas.
A novidade deste ano é que non haberá premios, só será exposición, que se manterá ata o 29, día en que
cada alumno/a a levará de volta para a casa antes da ponte.
PROXECTO
DOCUMENTAL
INTEGRADO
ACTIVIDADES SAMAÍN
2015
EDUCACIÓN SECUNDARIA
Dentro do Proxecto Documental Integrado que xira sobre o tema do cómic, desde o equipo de Biblioteca e
dinamización da lingua galega querémosvos propor as seguintes actividades para conmemorar o Samaín.
Vaise colgar na páxina do centro (http://edu.xunta.es/centros/cpiasrevoltas) un enlace desde onde tedes
unha presentación en Power Point para visualizar na clase co alumnado (vid. anexo 1).
Ademais, achégansevos outras páxinas con recursos sobre a banda deseñada (vid. anexo 2) para que
poidades traballar o tema nas aulas.
 EXPOSICIÓN “PORTAS TERRORÍFICAS”
As aulas de Educación Secundaria que o desexen decorarán a súa porta con motivos de medo, axudados
pola persoa titora ou outro membro do profesorado que se preste para facelo.
O profesorado encargado de lles axudar, de necesitar algún material para decorar as portas, cubrirá o papel
que se achega (vid. anexo 4) co material que necesitaren, a cantidade, a cor, etc… e deixarano antes do
9 de outubro no casilleiro da coordinadora do EDLG, Silvana Castro, para que o merque, o distribúa e leve
a contabilidade.
Na rede existen moitas páxinas onde atopar ideas sobre a decoración das portas (vid. anexo 5).
 CONCURSO DE CÓMICS DE TERROR
O alumnado de 2º e 3º ciclo de Primaria, e todo o alumnado de Secundaria debuxará un cómic de terror en
lingua galega na plantilla que se vos entrega (vid. anexo 8).
Unha vez que se fagan, as persoas encargadas da actividade (Dpto. Lingua galega e literatura) farán unha
preselección e entregaranlla á coordinadora do EDLG, Silvana Castro, antes do 29 de outubro, que os
custodiará ata que o xurado se reúna e escolla o mellor por aula, que recibirá un diploma e un premio
durante o Magosto.
 CONCURSO DE CURTAS DE TERROR
O alumnado de Educación Secundaria poderá participar en grupos de ata 4 persoas na creación, gravación
e edición dunha curtametraxe de medo ou terror en lingua galega, dun máximo de 10 minutos de
duración. Valorarase especialmente a orixinalidade e a calidade da imaxe e do guión, así como a inclusión
de elementos propios do Samaín e do cómic.
Os traballos entregaránselle á coordinadora do EDLG, Silvana Castro, en formato vídeo (p.ex. AVI, MP4…)
antes do 29 de outubro, quen os custodiará ata que o xurado se reúna e escolla a mellor curta, cuxos
autores/as recibirán, durante a celebración do Magosto, cadanseu diploma e un premio de 80 € nun vale
de compra a repartir entre todos os membros do equipo gañador.
PROXECTO
DOCUMENTAL
INTEGRADO
ACTIVIDADES SAMAÍN
2015
ANEXO 1
Presentación en Power Point sobre o cómic. Podedes descargala do enlace que
se atopa na páxina web do centro
(http://www.edu.xunta.es/centros/cpiasrevoltas/
A continuación, achéganse as miniaturas das diapositivas:
1
2
1
3
4
PROXECTO
DOCUMENTAL
INTEGRADO
ACTIVIDADES SAMAÍN
2015
5
6
7
8
9
10
PROXECTO
DOCUMENTAL
INTEGRADO
ACTIVIDADES SAMAÍN
2015
11
12
13
14
15
16
PROXECTO
DOCUMENTAL
INTEGRADO
ACTIVIDADES SAMAÍN
2015
18
19
20
21
22
17
PROXECTO
DOCUMENTAL
INTEGRADO
ACTIVIDADES SAMAÍN
2015
ANEXO 2
INFORMACIÓN XERAL SOBRE O CÓMIC
- Guía do Cómic, completa web nada en 2001 e dividida nas seguintes seccións: novela gráfica,
superheroes, manga, humor, autores españois e máis cómics. Os seus obxectivos declarados son
fomentar e promover a lectura de cómics, así como as súas posibilidades lúdicas, educativas e
artísticas, e ofrecer unha información clara e rigorosa. Contén fichas de autores españois e galegos,
así como os seus títulos publicados e entrevistas que se lle dedicaron.
- Sobre Cómic: unha páxina sobre a arte do cómic, con artigos sobre autores, as mellores portadas,
apuntamentos de novas publicacións, etc .
- Comic is Art: blog dedicado, como di na portada, “a todos os grandes artistas da historia da novena
arte” que van desde Harold Foster ata Jack Kirby ou Will Eisner. Todas as entradas traen información
gráfica.
- Tebeosfera: unha páxina en español que recolle moitos autores e títulos da banda deseñada en
diferentes idiomas.
- Para lermos cómics: versión en pdf dunha publicación de Agustín Fernández Paz do ano 1984.
- Galicia dende a banda deseñada: unha modalidade literaria en expansión: versión en pdf dun
artigo de Isabel Mociño.
MATERIAL DIDÁCTICO
- El Tinglado - El Cómic: Sección didáctica sobre a historieta dentro do blog colectivo de docentes
El Tinglado. Información básica sobre os fundamentos da linguaxe do cómic a través de series de
diapositivas narradas.
- Monográfico do cómic: do profesor Ricardo Fernández Muñoz. Un documento de texto que analiza
a narrativa da historieta e as súas posibilidades educativas como a súa capacidade de enriquecer a
comunicación e mellorar a comprensión lectora. Propón diferentes actividades para desenvolver co
alumnado.
- 8 ideas para usar o cómic na aula e como crealos fácilmente en iPad e Android Contén ideas e
actividades patra traballar coa banda deseñada na aula e recurso TIC para crear historias en iPad e
Android.
- El cómic como recurso didáctico en el aula de español como lengua extranjera . Traballo
universitario do Mestrado de Ensino do Español, que contén reflexións interesantes sobre o
emrpego da banda deseñada nas aulas e exemplos de actividades das que podedes tirar ideas para
levar ás vosas aulas.
- El cómic. Su lenguaje y recursos expresivos. Presentación sobre este tema.
PROXECTO
DOCUMENTAL
INTEGRADO
ACTIVIDADES SAMAÍN
2015
- O cómic galego. Presentación en Slideshare.
- Playcomic: páxina web do Ministerio de Educación con actividades e recursos didácticos para
empregar na aula. Está dispoñible en español e en inglés.
- O cómic: tres autores galegos da historieta: webquest orientada para 1º ESO para traballar en
Abalar.
- Obras de referencia na BD galega de Búsola.
XERADORES DE CÓMIC
Os xeradores son programas online que nos permiten crear historietas en minutos a partir dunha biblioteca
de recursos, e engadir os nosos textos. Se de entrada poden considerarse un medio de entretemento, con
tempo e enxeño é posible conseguirse resultados interesantes. Exemplos:
- Strip Generator: Entretida aplicación en inglés para crear tiras de cómic en minutos mediante unha
galería de personaxes e recursos.
- Make beliefs comix: Outra web na que crear sinxelas historias en forma de tira gráfica, coa
posibilidade de envialas por correo electrónico.
Exemplo de historia creada en Make beliefs comix
- Comic Master: aplicación que ten un maior grao de complicación, xa que permite subir imaxes
previamente creadas.
- Witty Comics: xerador de cómics que permite gardar o resultado nun servidor ou na propia
computadora en formato PNG.
- Bitstrips: xerador de cómics moi completo e, con todo, sinxelo de utilizar. Permite personalizar os
personaxes e as súas expresións, engadir efectos e crear personaxes propios. O resultado pódese
enviar por correo electrónico ou publicarse nunha páxina web.
PROXECTO
DOCUMENTAL
INTEGRADO
ACTIVIDADES SAMAÍN
2015
- Pixton: xerador de tiras cómicas moi completo e versátil. Permite, entre outras cousas, personalizar
os fondos e os personaxes, engadirlles expresións e posturas, e achegar ou afastar os elementos que
conforman cada escena.
OUTROS RECURSOS PARA CREAR BANDAS DESEÑADAS
- Graffix Multimedia: ofrece imaxes e portadas de cómic para descargar (non é gratuita). Mais
pódense descargar imaxes para imprimir ou usar de balde.
- Blambot: unha web que ofrece fontes para cómic, algunhas delas gratuitas, divididas polo propósito
ao que van dirixidas: diálogos, onomatopeas, títulos, etc. Aínda que está en inglés, pode ser
intersante para ver os tipos de letra que podemos usar en relación co contido da banda deseñada.
VIDEOTECA
- A orixe do cómic galego: vídeo emitido no programa Desde Galicia para o mundo no que se fala da
orixe do cómic galego e se amosan as obras que constituíron unha exposición sobre este tema na
Cidade da Cultura de Galicia, desde os inicios da banda deseñada galega até exemplos de títulos
actuais. Aparece no video o autor Miguelanxo Prado falando sobre a súa obra Ardalén.
- Escola galega do cómic: vídeo emitido no programa Desde Galicia para o mundo no que se fala sobre
“O garaxe hermético”, a escola galega da banda deseñada situada en Pontevedra.
- Dez autores do cómic reunidos nunha mostra do Museo de Pontevedra: vídeo emitido no programa
A Revista da CRTVG
- Aproximación ás características do cómic: Vídeo sobre como facer un cómic (especialmente para
Educación Secundaria).
SITIOS WEB SOBRE AUTORES/AS DE CÓMIC OU EVENTOS DO CÓMIC EN
GALICIA
- ACDCómic: Asociación de Críticos e Divulgadores de Cómic de España, é unha asociación sen ánimo
de lucro que agrupa a persoas que realizan traballos de xornalismo, crítica, estudo, comisariado e
outras actividades teóricas e divulgativas relacionadas co cómic. Contén selección de obras esenciais
por anos e público ao que vai dirixido.
- Asociación de Autoras de Cómic
- Asociación Galega de Profesionais da Ilustración.
- Bedeteca de Cultura Galega.org: páxina sobre a banda deseñada no portal do Consello da Cultura
Galega.
- Blog de Manuel Cráneo
PROXECTO
DOCUMENTAL
INTEGRADO
ACTIVIDADES SAMAÍN
2015
- Concurso galego de BD convocado pola Xunta de Galicia.
- Fancomic. Blog sobre o cómic das bibliotecas municipais da Coruña.
- O garaxe hermético: Escola profesional de banda deseñada e ilustración
- Salón do Cómic de Cangas: En 2015 tivo que suspenderse por falta de orzamento, mais celebráronse
dezaseis edicións [procurar información nalgún buscador]
- Selección de títulos de banda deseñada en galego ou en castelán de autoría galega da libraría
Abrente.
- Viñetas desde o Atlántico: páxina sobre este Salón do Cómic organizado polo Concello da Coruña
que se celebra todos os veráns na cidade.
- Web de Miguelanxo Prado
- Xornadas de Banda Deseñada de Ourense
LIBRARÍAS E TENDAS DE CÓMIC ONLINE
- Planeta Cómic: páxina da Editorial Planeta con información sobre títulos de banda deseñada.
- Supercomics
- Zonacomic: grupo de librerías especializadas en cómic que comezou a traballar en 2011. Está
integrado por librerías profesionais, algunhas delas situadas en cidades galegas.
- Komic
LIBRARÍAS E TENDAS DE CÓMIC EN GALICIA
- A gata tola (Santiago de Compostela)
- Alita Comics (A Coruña e Santiago de Compostela)
- Comic Vigo Banda Deseñada (Vigo)
- Komic (Santiago de Compostela)
- Libraría Sindicato do Cómic (Ourense)
- Metropolis Comics (Ferrol)
- Norma (Vigo)
- Sousa Comics (Vigo)
PROXECTO
DOCUMENTAL
INTEGRADO
ACTIVIDADES SAMAÍN
2015
MUSEOS DO CÓMIC EN ESPAÑA E GALICIA
- Museo do Humor (Fene- A Coruña)
- Museo del cómic (Barcelona). Ofrece exposicións itinerantes.
- Museo del niño (Albacete). Historia do cómic
OUTRAS CURIOSIDADES SOBRE A BANDA DESEÑADA
- Premios nacionais españois do cómic, outorgados polo Ministerio de Educación, Cultura e
Deporte
- Premio de Banda Deseñada Castelao, convocado pola Deputación da Coruña.
- Día do cómic gratis en español
- El arte del cómic: Está en Madrid. É un novo espazo expositivo e de venda dos debuxos orixinais
publicados nos cómics máis populares e de culto en todo o mundo. Un lugar agradable no que hai
exposicións temporais de autores, talleres e encontros con algúns deles, así como a representación
máis actual de orixinais presentes nos cómic de referencia mundial.
PROXECTO
DOCUMENTAL
INTEGRADO
ACTIVIDADES SAMAÍN
2015
ANEXO 3
Globos, onomatopeas, signos de apoio e liñas cinéticas para recortar e
colorear. Pensade en descargar as imaxes da páxina do centro antes de
imprimilas, se tedes que facelas máis pequenas ou meirandes.
PROXECTO
DOCUMENTAL
INTEGRADO
ACTIVIDADES SAMAÍN
2015
PROXECTO
DOCUMENTAL
INTEGRADO
ACTIVIDADES SAMAÍN
2015

? !
PROXECTO
DOCUMENTAL
INTEGRADO
ACTIVIDADES SAMAÍN
2015
ANEXO 4
Folla que cada titor cubrirá co material que precise para elaborar as portas,
deixándoa antes do 9 de outubro no casilleiro da coordinadora do EDLG,
Silvana Castro:
PROFESOR / GRUPO :__________________________________
MATERIAL TIPO / COR, etc… CANTIDADE
PROXECTO
DOCUMENTAL
INTEGRADO
ACTIVIDADES SAMAÍN
2015
ANEXO 5
Recursos para a decoración de portas:
- Pór no buscador que empregues: “Puerta de Halloween en Pinterest” e
mirar en imaxes:
https://www.google.es/search?q=puerta+de+halloween+en+pinterest&bi
w=1280&bih=683&source=lnms&tbm=isch&sa=X&ved=0CAYQ_AUoAWo
VChMI_72j7MCmyAIVSQgaCh2s9w-m
- “Ideas para decorar tu clase en Halloween. Nuestra puerta”:
http://www.orientacionandujar.es/2014/10/10/ideas-para-decorar-tu-
clase-en-halloween-nuestra-puerta/
- http://www.bblandia.es/blog/wp-content/uploads/2014/10/puertas-
halloween.jpg
- http://www.imageneseducativas.com/super-coleccion-con-decoraciones-
de-otono-rincones-puertas-murales-detalles-y-pasillos/
- http://www.imageneseducativas.com/completa-coleccion-de-
manualidades-infantiles-para-halloween-videos-tutoriales-plantillas/
PROXECTO
DOCUMENTAL
INTEGRADO
ACTIVIDADES SAMAÍN
2015
ANEXO 6
A continuación, na seguinte páxina, achégase a plantilla para a participación
na actividade “Sustos monstruosos”, para Educación Infantil e 1º ciclo de
Educación Primaria para que poidades fotocopiar as que necesitedes.
PROXECTO
DOCUMENTAL
INTEGRADO
ACTIVIDADES SAMAÍN
2015
ANEXO 7
A continuación, na seguinte páxina, achégase a plantilla para a participación
no concurso de cómics de terror para 2º e 3º ciclo de Educación Primaria.
Recomendamos facer as copias necesarias ampliándoas a tamaño A3.
PROXECTO
DOCUMENTAL
INTEGRADO
ACTIVIDADES SAMAÍN
2015
ANEXO 8
A continuación, na seguinte páxina, achégase a plantilla para a participación
no concurso de cómics de terror para Educación Secundaria.
Recomendamos facer as copias necesarias ampliándoas a tamaño A3.

More Related Content

Viewers also liked (6)

Comic de 6º grupo A
Comic de 6º grupo AComic de 6º grupo A
Comic de 6º grupo A
 
El cómic
El cómicEl cómic
El cómic
 
Comic Strips
Comic StripsComic Strips
Comic Strips
 
Comic power point
Comic power pointComic power point
Comic power point
 
Power point comic
Power point comicPower point comic
Power point comic
 
Comic Strip PowerPoint
Comic Strip PowerPointComic Strip PowerPoint
Comic Strip PowerPoint
 

Similar to Proxecto Documental Integrado Samaín 2015

II edición concurso portada de libros
II edición concurso portada de librosII edición concurso portada de libros
II edición concurso portada de librosYolanda Castro
 
Concurso ilustración 2016
Concurso ilustración 2016 Concurso ilustración 2016
Concurso ilustración 2016 Celia Díaz
 
Concurso portada de libros
Concurso portada de librosConcurso portada de libros
Concurso portada de librosYolanda Castro
 
Abril, mes-dos-libros 2015
Abril, mes-dos-libros 2015Abril, mes-dos-libros 2015
Abril, mes-dos-libros 2015Encarna
 
Marcapáxinas 2013 2014
Marcapáxinas 2013 2014Marcapáxinas 2013 2014
Marcapáxinas 2013 2014Celia Díaz
 
Concurso de cubertas de libros
Concurso de cubertas de librosConcurso de cubertas de libros
Concurso de cubertas de librossatelite1
 
Concurso ilustración 2015
Concurso ilustración 2015Concurso ilustración 2015
Concurso ilustración 2015Celia Díaz
 
III Concurso Portada de Libros 2016
III Concurso Portada de Libros 2016III Concurso Portada de Libros 2016
III Concurso Portada de Libros 2016Yolanda Castro
 
Concurso de carteis
Concurso de carteisConcurso de carteis
Concurso de carteissatelite1
 
A Mariña con mita arte 2017
A Mariña con mita arte 2017A Mariña con mita arte 2017
A Mariña con mita arte 2017Marta Pérez Lage
 
Carta puca2
Carta puca2Carta puca2
Carta puca2maria
 
Carta dona leo
Carta dona leoCarta dona leo
Carta dona leoA Solaina
 

Similar to Proxecto Documental Integrado Samaín 2015 (15)

II edición concurso portada de libros
II edición concurso portada de librosII edición concurso portada de libros
II edición concurso portada de libros
 
Concurso ilustración 2016
Concurso ilustración 2016 Concurso ilustración 2016
Concurso ilustración 2016
 
Concurso portada de libros
Concurso portada de librosConcurso portada de libros
Concurso portada de libros
 
Abril, mes-dos-libros 2015
Abril, mes-dos-libros 2015Abril, mes-dos-libros 2015
Abril, mes-dos-libros 2015
 
Semana de Romanía
Semana de RomaníaSemana de Romanía
Semana de Romanía
 
Marcapáxinas 2013 2014
Marcapáxinas 2013 2014Marcapáxinas 2013 2014
Marcapáxinas 2013 2014
 
Concurso letras galegas
Concurso letras galegasConcurso letras galegas
Concurso letras galegas
 
Concurso de cubertas de libros
Concurso de cubertas de librosConcurso de cubertas de libros
Concurso de cubertas de libros
 
Concurso ilustración 2015
Concurso ilustración 2015Concurso ilustración 2015
Concurso ilustración 2015
 
III Concurso Portada de Libros 2016
III Concurso Portada de Libros 2016III Concurso Portada de Libros 2016
III Concurso Portada de Libros 2016
 
Quincena tropical
Quincena tropicalQuincena tropical
Quincena tropical
 
Concurso de carteis
Concurso de carteisConcurso de carteis
Concurso de carteis
 
A Mariña con mita arte 2017
A Mariña con mita arte 2017A Mariña con mita arte 2017
A Mariña con mita arte 2017
 
Carta puca2
Carta puca2Carta puca2
Carta puca2
 
Carta dona leo
Carta dona leoCarta dona leo
Carta dona leo
 

More from BibliotecaRevoltas

Entrada Musical CPI As Revoltas
Entrada Musical CPI As RevoltasEntrada Musical CPI As Revoltas
Entrada Musical CPI As RevoltasBibliotecaRevoltas
 
Concurso do mes das Letras Galegas do CPI As Revoltas
Concurso do mes das Letras Galegas do CPI As RevoltasConcurso do mes das Letras Galegas do CPI As Revoltas
Concurso do mes das Letras Galegas do CPI As RevoltasBibliotecaRevoltas
 
Bases concurso do nome da radio
Bases concurso do nome da radioBases concurso do nome da radio
Bases concurso do nome da radioBibliotecaRevoltas
 
As cantigas de amigo de Martim Codax
As cantigas de amigo de Martim CodaxAs cantigas de amigo de Martim Codax
As cantigas de amigo de Martim CodaxBibliotecaRevoltas
 
Bases entroido 2019 CPI As Revoltas
Bases entroido 2019 CPI As RevoltasBases entroido 2019 CPI As Revoltas
Bases entroido 2019 CPI As RevoltasBibliotecaRevoltas
 
Vida e obra de cantantes diversos
Vida e obra de cantantes diversosVida e obra de cantantes diversos
Vida e obra de cantantes diversosBibliotecaRevoltas
 
Día da ciencia en galego 2017 CPI As Revoltas
Día da ciencia en galego 2017 CPI As RevoltasDía da ciencia en galego 2017 CPI As Revoltas
Día da ciencia en galego 2017 CPI As RevoltasBibliotecaRevoltas
 
Pintura de terror_Samaín 2017_CPI As Revoltas
Pintura de terror_Samaín 2017_CPI As RevoltasPintura de terror_Samaín 2017_CPI As Revoltas
Pintura de terror_Samaín 2017_CPI As RevoltasBibliotecaRevoltas
 
Samaín 2017_Pintura de terror_ CPI As Revoltas
Samaín 2017_Pintura de terror_ CPI As RevoltasSamaín 2017_Pintura de terror_ CPI As Revoltas
Samaín 2017_Pintura de terror_ CPI As RevoltasBibliotecaRevoltas
 
Cómic sobre A Comuna de París elaborado por Uxía Santos Seoane
Cómic sobre A Comuna de París elaborado por Uxía Santos SeoaneCómic sobre A Comuna de París elaborado por Uxía Santos Seoane
Cómic sobre A Comuna de París elaborado por Uxía Santos SeoaneBibliotecaRevoltas
 

More from BibliotecaRevoltas (20)

Entrada Musical CPI As Revoltas
Entrada Musical CPI As RevoltasEntrada Musical CPI As Revoltas
Entrada Musical CPI As Revoltas
 
Concurso do mes das Letras Galegas do CPI As Revoltas
Concurso do mes das Letras Galegas do CPI As RevoltasConcurso do mes das Letras Galegas do CPI As Revoltas
Concurso do mes das Letras Galegas do CPI As Revoltas
 
Bases concurso do nome da radio
Bases concurso do nome da radioBases concurso do nome da radio
Bases concurso do nome da radio
 
As cantigas de amigo de Martim Codax
As cantigas de amigo de Martim CodaxAs cantigas de amigo de Martim Codax
As cantigas de amigo de Martim Codax
 
Bases entroido 2019 CPI As Revoltas
Bases entroido 2019 CPI As RevoltasBases entroido 2019 CPI As Revoltas
Bases entroido 2019 CPI As Revoltas
 
Lecturas de Nadal 2018
Lecturas de Nadal 2018Lecturas de Nadal 2018
Lecturas de Nadal 2018
 
Vida e obra de cantantes diversos
Vida e obra de cantantes diversosVida e obra de cantantes diversos
Vida e obra de cantantes diversos
 
Bases samain
Bases samainBases samain
Bases samain
 
Turismo sostible 4º 1
Turismo sostible 4º 1Turismo sostible 4º 1
Turismo sostible 4º 1
 
Día da ciencia en galego 2017 CPI As Revoltas
Día da ciencia en galego 2017 CPI As RevoltasDía da ciencia en galego 2017 CPI As Revoltas
Día da ciencia en galego 2017 CPI As Revoltas
 
Pintura de terror_Samaín 2017_CPI As Revoltas
Pintura de terror_Samaín 2017_CPI As RevoltasPintura de terror_Samaín 2017_CPI As Revoltas
Pintura de terror_Samaín 2017_CPI As Revoltas
 
Samaín 2017_Pintura de terror_ CPI As Revoltas
Samaín 2017_Pintura de terror_ CPI As RevoltasSamaín 2017_Pintura de terror_ CPI As Revoltas
Samaín 2017_Pintura de terror_ CPI As Revoltas
 
Cómic sobre A Comuna de París elaborado por Uxía Santos Seoane
Cómic sobre A Comuna de París elaborado por Uxía Santos SeoaneCómic sobre A Comuna de París elaborado por Uxía Santos Seoane
Cómic sobre A Comuna de París elaborado por Uxía Santos Seoane
 
Cultural news
Cultural newsCultural news
Cultural news
 
No al acoso
No al acosoNo al acoso
No al acoso
 
No al acoso escolar
No al acoso escolarNo al acoso escolar
No al acoso escolar
 
El acoso
El acosoEl acoso
El acoso
 
Acoso escolar
Acoso escolarAcoso escolar
Acoso escolar
 
Irmandades da Fala
Irmandades da FalaIrmandades da Fala
Irmandades da Fala
 
Panxea
PanxeaPanxea
Panxea
 

Recently uploaded

Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxAgrela Elvixeo
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfAntonio Gregorio Montes
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 

Recently uploaded (12)

Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 

Proxecto Documental Integrado Samaín 2015

  • 2. PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO ACTIVIDADES SAMAÍN 2015 EDUCACIÓN INFANTIL Dentro do Proxecto Documental Integrado que xira sobre o tema do cómic, desde o equipo de Biblioteca e dinamización da lingua galega querémosvos propor as seguintes actividades para conmemorar o Samaín. Vaise colgar na páxina do centro (http://edu.xunta.es/centros/cpiasrevoltas) un enlace desde onde tedes unha presentación en Power Point para visualizar na clase co alumnado, especialmente para o 3º ciclo de Primaria e Secundaria (vid. anexo 1). Ademais, achégansevos outras páxinas con recursos sobre a banda deseñada (vid. anexo 2), e mais unhas copias de globos e onomatopeas para que o alumnado as pinte e/ou as pegue (vid. anexo 3), que tamén estarán dispoñibles na páxina web por se necesitades facer copias modificándoas sobre os orixinais.  CONCURSO “PORTAS TERRORÍFICAS” Cada aula de Educación Infantil e Primaria decorará a súa porta con motivos de medo. Haberá un diploma e un premio para aquela máis orixinal e terrorífica, que se entregarán durante o Magosto. As persoas titoras, de necesitaren algún material para decorar as portas, cubrirán o papel que se achega (vid. anexo 4) co material que necesitaren, a cantidade, a cor, etc… e deixarano antes do 9 de outubro no casilleiro da coordinadora do EDLG, Silvana Castro, para que o merque, o distribúa e leve a contabilidade. Na rede existen moitas páxinas onde atopar ideas sobre a decoración das portas (vid. anexo 5).  CONCURSO “SUSTOS MONSTRUOSOS” O alumnado de Educación Infantil e 1º ciclo de Primaria debuxará na plantilla que se vos achega (vid. anexo 6) o seu personaxe de cómic favorito ou un monstro que lle guste e utilizando un globo (pódeselle fotocopiar para que o peguen) para que escriban algo dentro del en lingua galega, na medida das súas posibilidades. Recordade que o tema arredor do que se traballe sexa o medo, o terror. Unha vez que se fagan, as titoras farán unha preselección e entregaranlla á coordinadora do EDLG antes do 29 de outubro, que os custodiará ata que o xurado se reúna e escolla o mellor por aula, que recibirá un diploma e un premio durante o Magosto.  EXPOSICIÓN DE CABAZAS O alumnado que o desexe traerá unha cabaza decorada con motivos do Samaín entre o 26 e o 29 de outubro, que colocará nas mesas que os titores prepararán nos corredores das aulas. A novidade deste ano é que non haberá premios, só será exposición, que se manterá ata o 29, día en que cada alumno/a levará a súa respectiva cabaza de volta para a casa antes da ponte.
  • 3. PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO ACTIVIDADES SAMAÍN 2015 1º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA Dentro do Proxecto Documental Integrado que xira sobre o tema do cómic, desde o equipo de Biblioteca e dinamización da lingua galega querémosvos propor as seguintes actividades para conmemorar o Samaín. Vaise colgar na páxina do centro (http://edu.xunta.es/centros/cpiasrevoltas) un enlace desde onde tedes unha presentación en Power Point para visualizar na clase co alumnado, especialmente para o 3º ciclo de Primaria e Secundaria (vid. anexo 1). Ademais, achégansevos outras páxinas con recursos sobre a banda deseñada (vid. anexo 2), e mais unhas copias de globos e onomatopeas para que o alumnado as pinte e/ou as pegue, que tamén estarán dispoñibles na páxina web por se necesitades facer copias modificándoas sobre os orixinais (vid. anexo 3).  CONCURSO “PORTAS TERRORÍFICAS” Cada aula de Educación Infantil e Primaria decorará a súa porta con motivos de medo. Haberá un diploma e un premio para aquela máis orixinal e terrorífica, que se entregarán durante o Magosto. As persoas titoras, de necesitaren algún material para decorar as portas, cubrirán o papel que se achega (vid. anexo 4) co material que necesitaren, a cantidade, a cor, etc… e deixarano antes do 9 de outubro no casilleiro da coordinadora do EDLG, Silvana Castro, para que o merque, o distribúa e leve a contabilidade. Na rede existen moitas páxinas onde atopar ideas sobre a decoración das portas (vid. anexo 5).  CONCURSO “SUSTOS MONSTRUOSOS” O alumnado de E. Infantil e 1º ciclo de Educación Primaria debuxará na plantilla que se vos achega (vid. anexo 6) o seu personaxe de cómic favorito ou un monstro que lle guste e utilizando un globo (pódeselle fotocopiar para que o peguen) para que escriban algo dentro del en lingua galega, na medida das súas posibilidades. Recordade que o tema arredor do que se traballe sexa o medo, o terror. Unha vez que se fagan, as persoas titoras farán unha preselección e entregaranlla á coordinadora do EDLG antes do 29 de outubro, que os custodiará ata que o xurado se reúna e escolla o mellor por aula, que recibirá un diploma e un premio durante o Magosto.  EXPOSICIÓN DE CABAZAS O alumnado que o desexe traerá unha cabaza decorada con motivos do Samaín entre o 26 e o 29 de outubro, que colocará nas mesas que os titores prepararán nos corredores das aulas. A novidade deste ano é que non haberá premios, só será exposición, que se manterá ata o 29, día en que cada alumno/a levará a súa respectiva cabaza de volta para a casa antes da ponte.
  • 4. PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO ACTIVIDADES SAMAÍN 2015 2º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA Dentro do Proxecto Documental Integrado que xira sobre o tema do cómic, desde o equipo de Biblioteca e dinamización da lingua galega querémosvos propor as seguintes actividades para conmemorar o Samaín. Vaise colgar na páxina do centro (http://edu.xunta.es/centros/cpiasrevoltas) un enlace desde onde tedes unha presentación en Power Point para visualizar na clase co alumnado, especialmente para o 3º ciclo de Primaria e Secundaria (vid. anexo 1). Ademais, achégansevos outras páxinas con recursos sobre a banda deseñada (vid. anexo 2), e mais unhas copias de globos e onomatopeas para que o alumnado as pinte e/ou as pegue, que tamén estarán dispoñibles na páxina web por se necesitades facer copias modificándoas sobre os orixinais (vid. anexo 3).  CONCURSO “PORTAS TERRORÍFICAS” Cada aula de Educación Infantil e Primaria decorará a súa porta con motivos de medo. Haberá un diploma e un premio para aquela máis orixinal e terrorífica, que se entregarán durante o Magosto. As persoas titoras, de necesitaren algún material para decorar as portas, cubrirán o papel que se achega (vid. anexo 4) co material que necesitaren, a cantidade, a cor, etc… e deixarano antes do 9 de outubro no casilleiro da coordinadora do EDLG, Silvana Castro, para que o merque, o distribúa e leve a contabilidade. Na rede existen moitas páxinas onde atopar ideas sobre a decoración das portas (vid. anexo 5).  CONCURSO DE CÓMICS DE TERROR O alumnado de 2º e 3º ciclo de Primaria debuxará un cómic de terror en lingua galega na plantilla que se vos entrega (vid. anexo 7). Nos casos que vexades, poden utilizar os globos e onomatopeas que se vos achegan no anexo 2 (pódeselle fotocopiar para que os peguen e coloreen). Unha vez que se fagan, as persoas titoras farán unha preselección e entregaranlla á coordinadora do EDLG antes do 29 de outubro, que os custodiará ata que o xurado se reúna e escolla o mellor por aula, que recibirá un diploma e un premio durante o Magosto.  EXPOSICIÓN DE CABAZAS O alumnado que o desexe traerá unha cabaza decorada con motivos do Samaín entre o 26 e o 29 de outubro, que colocará nas mesas que os titores prepararán nos corredores das aulas. A novidade deste ano é que non haberá premios, só será exposición, que se manterá ata o 29, día en que cada alumno/a levará a súa respectiva cabaza de volta para a casa antes da ponte.
  • 5. PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO ACTIVIDADES SAMAÍN 2015 3º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA Dentro do Proxecto Documental Integrado que xira sobre o tema do cómic, desde o equipo de Biblioteca e dinamización da lingua galega querémosvos propor as seguintes actividades para conmemorar o Samaín. Vaise colgar na páxina do centro (http://edu.xunta.es/centros/cpiasrevoltas) un enlace desde onde tedes unha presentación en Power Point para visualizar na clase co alumnado, especialmente para o 3º ciclo de Primaria e Secundaria (vid. anexo 1). Ademais, achégansevos outras páxinas con recursos sobre a banda deseñada (vid. anexo 2), e mais unhas copias de globos e onomatopeas para que o alumnado as pinte e/ou as pegue, que tamén estarán dispoñibles na páxina web por se necesitades facer copias modificándoas sobre os orixinais (vid. anexo 3).  CONCURSO “PORTAS TERRORÍFICAS” Cada aula de Educación Infantil e Primaria decorará a súa porta con motivos de medo. Haberá un diploma e un premio para aquela máis orixinal e terrorífica, que se entregarán durante o Magosto. As persoas titoras, de necesitaren algún material para decorar as portas, cubrirán o papel que se achega (vid. anexo 4) co material que necesitaren, a cantidade, a cor, etc … e deixarano antes do 9 de outubro no casilleiro da coordinadora do EDLG, Silvana Castro, para que o merque, o distribúa e leve a contabilidade. Na rede existen moitas páxinas onde atopar ideas sobre a decoración das portas (vid. anexo 5).  CONCURSO DE CÓMICS DE TERROR O alumnado de 2º e 3º ciclo de Primaria debuxará un cómic de terror en lingua galega na plantilla que se vos entrega (vid. anexo 7). Nos casos que vexades, poden utilizar os globos e onomatopeas que se vos achegan no anexo 3 (pódeselle fotocopiar para que os peguen e coloreen). Unha vez que se fagan, as persoas titoras farán unha preselección e entregaranlla á coordinadora do EDLG antes do 29 de outubro, que os custodiará ata que o xurado se reúna e escolla o mellor por aula, que recibirá un diploma e un premio durante o Magosto.  EXPOSICIÓN DE CABAZAS O alumnado que o desexe traerá unha cabaza decorada con motivos do Samaín entre o 26 e o 29 de outubro, que colocará nas mesas que os titores prepararán nos corredores das aulas. A novidade deste ano é que non haberá premios, só será exposición, que se manterá ata o 29, día en que cada alumno/a a levará de volta para a casa antes da ponte.
  • 6. PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO ACTIVIDADES SAMAÍN 2015 EDUCACIÓN SECUNDARIA Dentro do Proxecto Documental Integrado que xira sobre o tema do cómic, desde o equipo de Biblioteca e dinamización da lingua galega querémosvos propor as seguintes actividades para conmemorar o Samaín. Vaise colgar na páxina do centro (http://edu.xunta.es/centros/cpiasrevoltas) un enlace desde onde tedes unha presentación en Power Point para visualizar na clase co alumnado (vid. anexo 1). Ademais, achégansevos outras páxinas con recursos sobre a banda deseñada (vid. anexo 2) para que poidades traballar o tema nas aulas.  EXPOSICIÓN “PORTAS TERRORÍFICAS” As aulas de Educación Secundaria que o desexen decorarán a súa porta con motivos de medo, axudados pola persoa titora ou outro membro do profesorado que se preste para facelo. O profesorado encargado de lles axudar, de necesitar algún material para decorar as portas, cubrirá o papel que se achega (vid. anexo 4) co material que necesitaren, a cantidade, a cor, etc… e deixarano antes do 9 de outubro no casilleiro da coordinadora do EDLG, Silvana Castro, para que o merque, o distribúa e leve a contabilidade. Na rede existen moitas páxinas onde atopar ideas sobre a decoración das portas (vid. anexo 5).  CONCURSO DE CÓMICS DE TERROR O alumnado de 2º e 3º ciclo de Primaria, e todo o alumnado de Secundaria debuxará un cómic de terror en lingua galega na plantilla que se vos entrega (vid. anexo 8). Unha vez que se fagan, as persoas encargadas da actividade (Dpto. Lingua galega e literatura) farán unha preselección e entregaranlla á coordinadora do EDLG, Silvana Castro, antes do 29 de outubro, que os custodiará ata que o xurado se reúna e escolla o mellor por aula, que recibirá un diploma e un premio durante o Magosto.  CONCURSO DE CURTAS DE TERROR O alumnado de Educación Secundaria poderá participar en grupos de ata 4 persoas na creación, gravación e edición dunha curtametraxe de medo ou terror en lingua galega, dun máximo de 10 minutos de duración. Valorarase especialmente a orixinalidade e a calidade da imaxe e do guión, así como a inclusión de elementos propios do Samaín e do cómic. Os traballos entregaránselle á coordinadora do EDLG, Silvana Castro, en formato vídeo (p.ex. AVI, MP4…) antes do 29 de outubro, quen os custodiará ata que o xurado se reúna e escolla a mellor curta, cuxos autores/as recibirán, durante a celebración do Magosto, cadanseu diploma e un premio de 80 € nun vale de compra a repartir entre todos os membros do equipo gañador.
  • 7. PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO ACTIVIDADES SAMAÍN 2015 ANEXO 1 Presentación en Power Point sobre o cómic. Podedes descargala do enlace que se atopa na páxina web do centro (http://www.edu.xunta.es/centros/cpiasrevoltas/ A continuación, achéganse as miniaturas das diapositivas: 1 2 1 3 4
  • 11. PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO ACTIVIDADES SAMAÍN 2015 ANEXO 2 INFORMACIÓN XERAL SOBRE O CÓMIC - Guía do Cómic, completa web nada en 2001 e dividida nas seguintes seccións: novela gráfica, superheroes, manga, humor, autores españois e máis cómics. Os seus obxectivos declarados son fomentar e promover a lectura de cómics, así como as súas posibilidades lúdicas, educativas e artísticas, e ofrecer unha información clara e rigorosa. Contén fichas de autores españois e galegos, así como os seus títulos publicados e entrevistas que se lle dedicaron. - Sobre Cómic: unha páxina sobre a arte do cómic, con artigos sobre autores, as mellores portadas, apuntamentos de novas publicacións, etc . - Comic is Art: blog dedicado, como di na portada, “a todos os grandes artistas da historia da novena arte” que van desde Harold Foster ata Jack Kirby ou Will Eisner. Todas as entradas traen información gráfica. - Tebeosfera: unha páxina en español que recolle moitos autores e títulos da banda deseñada en diferentes idiomas. - Para lermos cómics: versión en pdf dunha publicación de Agustín Fernández Paz do ano 1984. - Galicia dende a banda deseñada: unha modalidade literaria en expansión: versión en pdf dun artigo de Isabel Mociño. MATERIAL DIDÁCTICO - El Tinglado - El Cómic: Sección didáctica sobre a historieta dentro do blog colectivo de docentes El Tinglado. Información básica sobre os fundamentos da linguaxe do cómic a través de series de diapositivas narradas. - Monográfico do cómic: do profesor Ricardo Fernández Muñoz. Un documento de texto que analiza a narrativa da historieta e as súas posibilidades educativas como a súa capacidade de enriquecer a comunicación e mellorar a comprensión lectora. Propón diferentes actividades para desenvolver co alumnado. - 8 ideas para usar o cómic na aula e como crealos fácilmente en iPad e Android Contén ideas e actividades patra traballar coa banda deseñada na aula e recurso TIC para crear historias en iPad e Android. - El cómic como recurso didáctico en el aula de español como lengua extranjera . Traballo universitario do Mestrado de Ensino do Español, que contén reflexións interesantes sobre o emrpego da banda deseñada nas aulas e exemplos de actividades das que podedes tirar ideas para levar ás vosas aulas. - El cómic. Su lenguaje y recursos expresivos. Presentación sobre este tema.
  • 12. PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO ACTIVIDADES SAMAÍN 2015 - O cómic galego. Presentación en Slideshare. - Playcomic: páxina web do Ministerio de Educación con actividades e recursos didácticos para empregar na aula. Está dispoñible en español e en inglés. - O cómic: tres autores galegos da historieta: webquest orientada para 1º ESO para traballar en Abalar. - Obras de referencia na BD galega de Búsola. XERADORES DE CÓMIC Os xeradores son programas online que nos permiten crear historietas en minutos a partir dunha biblioteca de recursos, e engadir os nosos textos. Se de entrada poden considerarse un medio de entretemento, con tempo e enxeño é posible conseguirse resultados interesantes. Exemplos: - Strip Generator: Entretida aplicación en inglés para crear tiras de cómic en minutos mediante unha galería de personaxes e recursos. - Make beliefs comix: Outra web na que crear sinxelas historias en forma de tira gráfica, coa posibilidade de envialas por correo electrónico. Exemplo de historia creada en Make beliefs comix - Comic Master: aplicación que ten un maior grao de complicación, xa que permite subir imaxes previamente creadas. - Witty Comics: xerador de cómics que permite gardar o resultado nun servidor ou na propia computadora en formato PNG. - Bitstrips: xerador de cómics moi completo e, con todo, sinxelo de utilizar. Permite personalizar os personaxes e as súas expresións, engadir efectos e crear personaxes propios. O resultado pódese enviar por correo electrónico ou publicarse nunha páxina web.
  • 13. PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO ACTIVIDADES SAMAÍN 2015 - Pixton: xerador de tiras cómicas moi completo e versátil. Permite, entre outras cousas, personalizar os fondos e os personaxes, engadirlles expresións e posturas, e achegar ou afastar os elementos que conforman cada escena. OUTROS RECURSOS PARA CREAR BANDAS DESEÑADAS - Graffix Multimedia: ofrece imaxes e portadas de cómic para descargar (non é gratuita). Mais pódense descargar imaxes para imprimir ou usar de balde. - Blambot: unha web que ofrece fontes para cómic, algunhas delas gratuitas, divididas polo propósito ao que van dirixidas: diálogos, onomatopeas, títulos, etc. Aínda que está en inglés, pode ser intersante para ver os tipos de letra que podemos usar en relación co contido da banda deseñada. VIDEOTECA - A orixe do cómic galego: vídeo emitido no programa Desde Galicia para o mundo no que se fala da orixe do cómic galego e se amosan as obras que constituíron unha exposición sobre este tema na Cidade da Cultura de Galicia, desde os inicios da banda deseñada galega até exemplos de títulos actuais. Aparece no video o autor Miguelanxo Prado falando sobre a súa obra Ardalén. - Escola galega do cómic: vídeo emitido no programa Desde Galicia para o mundo no que se fala sobre “O garaxe hermético”, a escola galega da banda deseñada situada en Pontevedra. - Dez autores do cómic reunidos nunha mostra do Museo de Pontevedra: vídeo emitido no programa A Revista da CRTVG - Aproximación ás características do cómic: Vídeo sobre como facer un cómic (especialmente para Educación Secundaria). SITIOS WEB SOBRE AUTORES/AS DE CÓMIC OU EVENTOS DO CÓMIC EN GALICIA - ACDCómic: Asociación de Críticos e Divulgadores de Cómic de España, é unha asociación sen ánimo de lucro que agrupa a persoas que realizan traballos de xornalismo, crítica, estudo, comisariado e outras actividades teóricas e divulgativas relacionadas co cómic. Contén selección de obras esenciais por anos e público ao que vai dirixido. - Asociación de Autoras de Cómic - Asociación Galega de Profesionais da Ilustración. - Bedeteca de Cultura Galega.org: páxina sobre a banda deseñada no portal do Consello da Cultura Galega. - Blog de Manuel Cráneo
  • 14. PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO ACTIVIDADES SAMAÍN 2015 - Concurso galego de BD convocado pola Xunta de Galicia. - Fancomic. Blog sobre o cómic das bibliotecas municipais da Coruña. - O garaxe hermético: Escola profesional de banda deseñada e ilustración - Salón do Cómic de Cangas: En 2015 tivo que suspenderse por falta de orzamento, mais celebráronse dezaseis edicións [procurar información nalgún buscador] - Selección de títulos de banda deseñada en galego ou en castelán de autoría galega da libraría Abrente. - Viñetas desde o Atlántico: páxina sobre este Salón do Cómic organizado polo Concello da Coruña que se celebra todos os veráns na cidade. - Web de Miguelanxo Prado - Xornadas de Banda Deseñada de Ourense LIBRARÍAS E TENDAS DE CÓMIC ONLINE - Planeta Cómic: páxina da Editorial Planeta con información sobre títulos de banda deseñada. - Supercomics - Zonacomic: grupo de librerías especializadas en cómic que comezou a traballar en 2011. Está integrado por librerías profesionais, algunhas delas situadas en cidades galegas. - Komic LIBRARÍAS E TENDAS DE CÓMIC EN GALICIA - A gata tola (Santiago de Compostela) - Alita Comics (A Coruña e Santiago de Compostela) - Comic Vigo Banda Deseñada (Vigo) - Komic (Santiago de Compostela) - Libraría Sindicato do Cómic (Ourense) - Metropolis Comics (Ferrol) - Norma (Vigo) - Sousa Comics (Vigo)
  • 15. PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO ACTIVIDADES SAMAÍN 2015 MUSEOS DO CÓMIC EN ESPAÑA E GALICIA - Museo do Humor (Fene- A Coruña) - Museo del cómic (Barcelona). Ofrece exposicións itinerantes. - Museo del niño (Albacete). Historia do cómic OUTRAS CURIOSIDADES SOBRE A BANDA DESEÑADA - Premios nacionais españois do cómic, outorgados polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte - Premio de Banda Deseñada Castelao, convocado pola Deputación da Coruña. - Día do cómic gratis en español - El arte del cómic: Está en Madrid. É un novo espazo expositivo e de venda dos debuxos orixinais publicados nos cómics máis populares e de culto en todo o mundo. Un lugar agradable no que hai exposicións temporais de autores, talleres e encontros con algúns deles, así como a representación máis actual de orixinais presentes nos cómic de referencia mundial.
  • 16. PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO ACTIVIDADES SAMAÍN 2015 ANEXO 3 Globos, onomatopeas, signos de apoio e liñas cinéticas para recortar e colorear. Pensade en descargar as imaxes da páxina do centro antes de imprimilas, se tedes que facelas máis pequenas ou meirandes.
  • 19. PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO ACTIVIDADES SAMAÍN 2015 ANEXO 4 Folla que cada titor cubrirá co material que precise para elaborar as portas, deixándoa antes do 9 de outubro no casilleiro da coordinadora do EDLG, Silvana Castro: PROFESOR / GRUPO :__________________________________ MATERIAL TIPO / COR, etc… CANTIDADE
  • 20. PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO ACTIVIDADES SAMAÍN 2015 ANEXO 5 Recursos para a decoración de portas: - Pór no buscador que empregues: “Puerta de Halloween en Pinterest” e mirar en imaxes: https://www.google.es/search?q=puerta+de+halloween+en+pinterest&bi w=1280&bih=683&source=lnms&tbm=isch&sa=X&ved=0CAYQ_AUoAWo VChMI_72j7MCmyAIVSQgaCh2s9w-m - “Ideas para decorar tu clase en Halloween. Nuestra puerta”: http://www.orientacionandujar.es/2014/10/10/ideas-para-decorar-tu- clase-en-halloween-nuestra-puerta/ - http://www.bblandia.es/blog/wp-content/uploads/2014/10/puertas- halloween.jpg - http://www.imageneseducativas.com/super-coleccion-con-decoraciones- de-otono-rincones-puertas-murales-detalles-y-pasillos/ - http://www.imageneseducativas.com/completa-coleccion-de- manualidades-infantiles-para-halloween-videos-tutoriales-plantillas/
  • 21. PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO ACTIVIDADES SAMAÍN 2015 ANEXO 6 A continuación, na seguinte páxina, achégase a plantilla para a participación na actividade “Sustos monstruosos”, para Educación Infantil e 1º ciclo de Educación Primaria para que poidades fotocopiar as que necesitedes.
  • 22. PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO ACTIVIDADES SAMAÍN 2015 ANEXO 7 A continuación, na seguinte páxina, achégase a plantilla para a participación no concurso de cómics de terror para 2º e 3º ciclo de Educación Primaria. Recomendamos facer as copias necesarias ampliándoas a tamaño A3.
  • 23. PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO ACTIVIDADES SAMAÍN 2015 ANEXO 8 A continuación, na seguinte páxina, achégase a plantilla para a participación no concurso de cómics de terror para Educación Secundaria. Recomendamos facer as copias necesarias ampliándoas a tamaño A3.