SlideShare a Scribd company logo
1 of 1
Download to read offline
EU SON…BALBINO

Neste mes de xaneiro de 2011 “Memorias dun neno labrego”, de Neira Vilas, está
de aniversario ¡Cumpre 50 anos!
Foi publicado en Bos Aires no 1961 e, dende aquela, moitas veces reeditado e
traducido a varios idiomas, con grande éxito.
Balbino, o protagonista, comeza presentándose:
“Eu son…BALBINO. Un rapaz de aldea. Coma quen dis, un ninguén. E ademais,
pobre.” Así se define Balbino pero, a pouco que leamos, descubrimos moito máis:
que é un rapaz intelixente ao que lle gusta moito ler e escribir, que é curioso e
adoece por entender o mundo e que é orgulloso , inconformista e rebelde co tempo
que lle tocou vivir, alá polos anos 40.
Balbino sérvese dun caderno para escribir todo aquilo que o desacouga e non se
atreve a contarlle a ninguén. É o seu xeito de sentirse libre e de baleirar o seu
corazón. Neste caderno cuestiona temas como a sumisión aos “señoritos”, o
maltrato á muller, a falsa moral da Igrexa, a lacra da emigración, a escola
represiva que pega e fala castelán, a falta de entendemento entre pais e fillos…,
pero tamén o primeiro amor e o primeiro desengano e, sobre todo, a amizade,
temas todos que tamén nos desacougan na actualidade.
Anímovos a ler o libro ou, se é o caso, a volver pousar os ollos nel. Atoparedes a
tristeza dun neno que vive a súa infancia indo co gando e traballando arreo no
campo e pasando miseria (”Queren que chegue a home antes de tempo”. “Disque na
guerra morren homes coma moscas […] Na aldea tamén caímos. Non se pelea con
soldados, pero lóitase cos trafegos da vida […] Morremos loitando” ), que ten que
someterse a leis sociais e morais que non entende, pero tamén hai grandes doses
de tenrura , emocións, a ilusión dun neno…
Balbino cumpre 50 anos pero, a pesar da idade, é PRESENTE.
Ademais, vai dedicado a nós, aos nenos que falamos galego.

More Related Content

Similar to Eu son2

Fina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptimaFina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptimaAsnosasletras
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Presentación do poeta Carlos Negro.
Presentación do poeta Carlos Negro.Presentación do poeta Carlos Negro.
Presentación do poeta Carlos Negro.Luciapuentes
 
Discurso agustin fdez paz dr. hc u vigo
Discurso agustin fdez paz   dr. hc u vigoDiscurso agustin fdez paz   dr. hc u vigo
Discurso agustin fdez paz dr. hc u vigocenlf
 
Concha blanco
Concha blancoConcha blanco
Concha blancocortinhas
 
Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns
Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razónsLecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns
Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razónsBibliotecaRevoltas
 
violeta corujo: presentación sobre Concha Blanco
violeta corujo: presentación sobre Concha Blancovioleta corujo: presentación sobre Concha Blanco
violeta corujo: presentación sobre Concha Blancovioleta Corujo
 
MICRORRELATOS TEMPOS MAIORES.pptx
MICRORRELATOS TEMPOS MAIORES.pptxMICRORRELATOS TEMPOS MAIORES.pptx
MICRORRELATOS TEMPOS MAIORES.pptxAtalaParedes1
 

Similar to Eu son2 (11)

Concha Blanco
Concha BlancoConcha Blanco
Concha Blanco
 
Fina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptimaFina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptima
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
Presentación do poeta Carlos Negro.
Presentación do poeta Carlos Negro.Presentación do poeta Carlos Negro.
Presentación do poeta Carlos Negro.
 
Discurso agustin fdez paz dr. hc u vigo
Discurso agustin fdez paz   dr. hc u vigoDiscurso agustin fdez paz   dr. hc u vigo
Discurso agustin fdez paz dr. hc u vigo
 
Concha blanco
Concha blancoConcha blanco
Concha blanco
 
Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns
Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razónsLecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns
Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns
 
Xosé neira vilas
Xosé neira vilasXosé neira vilas
Xosé neira vilas
 
violeta corujo: presentación sobre Concha Blanco
violeta corujo: presentación sobre Concha Blancovioleta corujo: presentación sobre Concha Blanco
violeta corujo: presentación sobre Concha Blanco
 
Fina casalderrei
Fina casalderreiFina casalderrei
Fina casalderrei
 
MICRORRELATOS TEMPOS MAIORES.pptx
MICRORRELATOS TEMPOS MAIORES.pptxMICRORRELATOS TEMPOS MAIORES.pptx
MICRORRELATOS TEMPOS MAIORES.pptx
 

Recently uploaded

GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxAgrela Elvixeo
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfAntonio Gregorio Montes
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeEduNoia1
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 

Recently uploaded (11)

GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na rede
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 

Eu son2

  • 1. EU SON…BALBINO Neste mes de xaneiro de 2011 “Memorias dun neno labrego”, de Neira Vilas, está de aniversario ¡Cumpre 50 anos! Foi publicado en Bos Aires no 1961 e, dende aquela, moitas veces reeditado e traducido a varios idiomas, con grande éxito. Balbino, o protagonista, comeza presentándose: “Eu son…BALBINO. Un rapaz de aldea. Coma quen dis, un ninguén. E ademais, pobre.” Así se define Balbino pero, a pouco que leamos, descubrimos moito máis: que é un rapaz intelixente ao que lle gusta moito ler e escribir, que é curioso e adoece por entender o mundo e que é orgulloso , inconformista e rebelde co tempo que lle tocou vivir, alá polos anos 40. Balbino sérvese dun caderno para escribir todo aquilo que o desacouga e non se atreve a contarlle a ninguén. É o seu xeito de sentirse libre e de baleirar o seu corazón. Neste caderno cuestiona temas como a sumisión aos “señoritos”, o maltrato á muller, a falsa moral da Igrexa, a lacra da emigración, a escola represiva que pega e fala castelán, a falta de entendemento entre pais e fillos…, pero tamén o primeiro amor e o primeiro desengano e, sobre todo, a amizade, temas todos que tamén nos desacougan na actualidade. Anímovos a ler o libro ou, se é o caso, a volver pousar os ollos nel. Atoparedes a tristeza dun neno que vive a súa infancia indo co gando e traballando arreo no campo e pasando miseria (”Queren que chegue a home antes de tempo”. “Disque na guerra morren homes coma moscas […] Na aldea tamén caímos. Non se pelea con soldados, pero lóitase cos trafegos da vida […] Morremos loitando” ), que ten que someterse a leis sociais e morais que non entende, pero tamén hai grandes doses de tenrura , emocións, a ilusión dun neno… Balbino cumpre 50 anos pero, a pesar da idade, é PRESENTE. Ademais, vai dedicado a nós, aos nenos que falamos galego.