2. ▪ Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) realizamos esta
enquisa no mes de outubro de 2019 con fins estatísticos para actualizar os datos
sobre uso da lingua na nosa comunidade escolar.
▪ Xa que a maioría da nosa comunidade escolar era de xénero femenino, adaptamos
esta enquisa para a maioría e dirixímonos a ela con este xénero, abarcando aos
fillos e ás fillas. Así pois, o xénero femenino nesta enquisa abrangue tamén ao
xénero masculino de forma xeral en todas as preguntas.
▪ Facemos públicos os resultados obtidos para que toda a comunidade poida
informarse da nosa realidade. Incorporaremos os datos obtidos para actualizar os
nosos proxectos, agardando que nas próximas sondaxes poidamos ter unha maior
participación de familias xa que hai realidades na nosa comunidade que non están
presentes nesta enquisa por este motivo... e son tamén importantes.
▪ Gracias a todas por participar e pola seriedade xeral mostrada.