1. CEIP Fermín Bouza Brey
Equipo TIC’s
Desvío de correo
Ás veces, é obrigatorio o emprego da nosa conta de correo da Xunta pero esta ten capacidade
limitada.
Ademais deste problema, as páxinas desenvolvidas na web da Xunta, moitas delas non seguen os
estándares web e non podemos empregar servizos coma o XADE en navegadores diferentes do
Internet Explorer.
Se queremos ler o noso correo, se nter que accedera o e-mail da Xunta, podemos desvialo, igual
que se desviaba nas chamadas de teléfono.
Par afacelo, unha vez dentro do correo, deberemos ir á pestana OPCIÓNS.
Unha vez alí, na parte final onde di REENVIAR MENSAXES, activamos a casiña Activalo reenvío
e escribimos o enderezo no cadro de texto.
• Se marcamos a casiña NON DEIXAR COPIA NO SERVIDOR, no noso correo da Xunta non
quedaría nada e se fallara o reenvío perderiamos os correos.
• Se non marcamos a casiña NON DEIXAR COPIA NO SERVIDOR, a conta da Xunta
encheríase de mensaxes e ao estar o buzón cheo, non poderían entrar máis correos e seren
reenviados á conta opcional que lle sinalamos.
Polo tanto, se deixades esta última opción é para aqueles que sí entredes de vez en cando ao
correo de edu.xunta e vaiades eliminando mensaxes. NON ESQUECER GARDAR CAMBIOS
A única opción a maiores que vos queda é deixar a conta de edu.xunta.es para asuntos
administrativos e para documentos, reenvíos entre compañeiros/as, información claustros e
demais dispor doutra conta alternativa.
2. CEIP Fermín Bouza Brey
Equipo TIC’s
NOTA IMPORTANTE:
Non esquezades que aqueles días que non funcione o servidor da Xunta ou estean facendo
modificacións no correo, tampouco vos chegarán os correos á conta alternativa, xa que sexa
como sexa, primeiro pasan polo correo da Xunta.