Your SlideShare is downloading. ×
Datos das enquisas
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×

Thanks for flagging this SlideShare!

Oops! An error has occurred.

×
Saving this for later? Get the SlideShare app to save on your phone or tablet. Read anywhere, anytime – even offline.
Text the download link to your phone
Standard text messaging rates apply

Datos das enquisas

186
views

Published on


0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total Views
186
On Slideshare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
0
Actions
Shares
0
Downloads
0
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

Report content
Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
No notes for slide

Transcript

  • 1. Resumo da mostraxe das enquisasA primeira observación a realizar é que só chegaron ao equipo un 47% das enquisasentregadas. Polo tanto, os datos obtidos, referiranse cando menos á poboación querealizou e entregou a mesma sen que poidamos extrapolar os datos aos restantessuxeitos.O número total de enquisas que se tiveron en conta para a elaboración dalgunhas dasseguintes táboas e extracción dalgunhas conclusións é de 19.Comezando coa análise das dúas primeiras cuestións:¿Emprega habitualmente o ordenador na súa casa?¿Tes coñecementos de informática?Sinalamos que o 100% das enquisas responderon afirmativamente ás dúas anteriorescuestións. Polo tanto, non merecen especial observación. Sí o fará a seguinte cuestión,xa que se pide que comuniquen o nivel de coñecementos informáticos que posúe,obtendo a seguinte gráfica: Grao de coñecementos informáticos 12 10 8 6 4 2 0 Alto Medio BaixoOs datos exportáronse a unha gráfica de columnas e non de datos, debido ao baixonúmero de participantes, xa que, por exemplo, habería un suxeito cun nivel alto e isosignificaría un 5% da poboación que puidera dar lugar a erros.Como pode observarse, o nivel da maioría do claustro é medio, seguido moi preto porun nivel de baixo dominio ou destrezas no eido informático. 1
  • 2. Polo tanto, sería boa a realización de cursos de formación para aqueles programas queo profesorado precise ou crea precisar para a súa labor educativa.No que respecta aos programas que o profesorado coñece, obtívose a gráfica que acontinuación se detalla: Programas coñecidos 20 18 16 14 12 10 8 6 4 2 0 Microsoft Word Microsoft Excel Microsoft Access Microsoft PowerPoint Correo electrónico Open Writer Open Calc Open Impress GIMP Photoshop Encarta Squeak Jclic Power Dvd VLCComo pode observarse, os programas máis empregados polo profesorado son polaseguinte orde, dende os máis empregados aos que menos:• Correo electrónico• Microsfot PowerPoint• Microsoft Word• Power Dvd• Jclic• Encarta• Photoshop• Microsoft Excel• ...Obsérvase un claro uso do correo electrónico e de aplicacións ofimáticas coma Word ePowerPoint e de programas de visualización de vídeos e do eido educativo como Jclic. 2
  • 3. Por outra parte, obsérvase un claro descoñecemento de programas homólogos aosanteriores coa diferenza que son gratuítos. Polo tanto, sería interesante darlle pulo aoOpen Writer (homólogo do Word), Open Impress (homólogo do PowerPoint), VLC(moito mellor programa que o Power Dvd)...No que respecta á pregunta sobre coñecemento de Linux (sistema operativo alternativoa Windows) hai moito descoñecemento do mesmo. As diferentes distribucións destesistema operativo, permítennos traballar en máis de 24 idiomas diferentes e sendototalmente gratuito, existen distribucións educativas que nos permiten instalar eempregar máis de 75.000 programas educativos totalmente gratuitos, algo que nontemos en Windows.Os resultados obtidos foron os seguintes: Coñece Linux 26% SI NON 74%Pasando xa á última pregunta sobre o emprego do ordenador na aula, obtivemos unhagráfica como a seguinte: Frecuencia de uso do ordenador na aula 8% 31% BAIXA MEDIA ALTA 61%Se a observamos detalladamente, vemos que a frecuencia de emprego no ordenadorna aula é moi baixa, establecéndose diferentes argumentacións ao respecto, entre ascales topamos as seguintes: 3
  • 4. • Pouca dispoñibilidade de medios (portátil e canón) Compartir o portátil con 6 profesores/as máis.• Falta de horas xa que se precisa o tempo para impartir as diferentes materias.• Instalación eléctrica deficiente (irse a luz).• Ausencia de espazo axeitado para proxectar.• Descoñecemento da montaxe e acoplamento do portátil ao canón.• Diferentes modelos, diferentes configuracións.En resposta aos anteriores problemas comentados, dende o equipo queremos intentardarvos solucións ao respecto ou aclaracións dos puntos que comentades nasenquisas.1º Non dispoñer dese material na aula. Polo que teño entendido, en 2º e 3º ciclo haibastante equipamento informático, portátil e canón por mestre. Corrixídeme se metrabuco. No primeiro ciclo é onde hai máis problema nese eido e por iso mesmo, estasebarallando xa a compra de portátiles para que cada mestre poida ter o seu. Respectoaos canóns, en principio poderiamos facer quendas de uso, xa que non usaremos ásmesmas horas os membros dun nivel o canón.2º No que respecta á falta de horas, no primeiro trimestre entre que un se habitúa, osnenos/as se amoldan e demais custa topar ocos, pero despois, a explicación damateria pode ir a través das TIC’s procurando ser máis amena.3º No referente á instalación eléctrica deficiente, xa foi revisada polo electricista –comoxa se vos comentou e a aula ten case o dobre de potencia en amperios da que se estáa consumir. A cuestión é se algún equipo ten danada a fonte, consume moita máiscorrente da debida, facendo saltar os automáticos e danando a placa dos equipos. Poriso, rogaríasevos a tódolos mestres que apaguedes os ordenadores da sala de mestredespois de usalos, pois moitas veces quedan prendidos. Un uso continuado dosequipos e deixalos acesos demasiado tempo, provoca desgaste na fonte dealimentación que ao final se acaba queimando ou, sen chegar a facelo, acaba tendo uncomportamento deficiente. OLLO: Se algún ou algunha de vós se percata que aoacender os automáticos algún ordenador arrinca só, iso é que ten a fonte dealimentación “tocada” e a medio - curto prazo acabará danándose o equipo. Senotades isto, comunicádeo. 4
  • 5. 4º O espazo para proxectar acostuma ser un grande problema ao non ter pantalla, xaque algunhas das aulas son moi pequenas e están as paredes ocupadas ao máximo. Apantalla que encartase e se abrise sería unha boa solución e moi útil, pero mentras nondispomos da mesma, poderíanos servir unha sábana vella de cor branca que teñamosna casa. É unha opción algo chapuceira e máis porque hai que mirar o modo máisaxeitado de colocala na aula e andala recollendo cada pouco, pero podería ser unhaalternativa a curto prazo.5º Descoñecemento do acoplamento do canón ao portátil. A conexión é moi doada e sóé cuestión de práctica. Os portátiles e os canóns traen varias saídas, pero as que máisacostuman empregarse son a VGA e HDMI. Hai que ver qué cable ven co canón econectalo ao portátil por un extremo e ao canón por outro. Prendelos (a orde éindiferente en contra do que cre moita xente) e para que se vexa a imaxe só napantalla, só no proxector ou ambos á vez, hai que ir pulsando as teclas Fn e unha teclade función ata topar coa combinación máis axeitada para cada momento. Tedes máisinformación na web que se vos pasara, concretamente. Porén, non hai problema por seun día queredes montalo, falade comigo e así explícovos no momento paso a paso. VGA HDMINa páxina que se vos pasara: http://rai.informe.com/problemas-solucionados-df2.htmltedes cara o final da páxina un apartado que se titula “Combinaciones teclas cañón”.Pulsades aí e teredes as principais combinacións de teclas para canóns dosfabricantes máis coñecidos.6º Para rematar no que respecta a diferentes modelos e diferentes configuraciónstodos fan exactamente o mesmo, aínda que uns teñan máis ou menos recursos. Osproblemas era para o seu amaño ou reinstalalos que hai que ir un por un e iso sí éunha dor de cabeza, pois non falamos dun ordenador, senón de 20. 5
  • 6. Pero nese eido sí que non é posible facer nada, xa que os equipos vanse repoñendosegundo se avarían e segundo o presuposto e como sabedes iso é moi limitado e máiscoa crise. OS ordenadores vanse mudando de dous en dous ou cando xa non érentable o seu amaño. Cambialos todos á vez para que teñan a mesma configuración,salvo que esteamos nun dos centros financiados por Amancio Ortega vai a ser algomoi pero que moi difícil, por non dicir imposible. Porén, hai equipos vellos que se sereinstalan ben, poden resultar igual de útiles e eficientes que algúns novos para o usoque se lles da. 6