SlideShare a Scribd company logo
1 of 15
UN DIA NO CIRCO


  Pecha o dia. Chuquiño esfameado chega a casa cun bolson cheo de cousas(ou vacio).
Tras rebuscar e rebuscar na bolsa atopa unha pequena codia de pan(unha herba, unha
maza mediocomida) que come coma se fora banquete. Tras esa breve pero intensa
comilona decide poñerse a durmir. Cando vai poñerse durmir sinte diante da casa
balbordo.


CHUKI

Ei ei ei ei!!!!Qué é o que pasa ahi fora?Será dia de festa?Ei! Pero...eses trombons..que
estrano...tamen hai tambores..non será... miraaaa...os paiasos...olaaaaaaaaa...Uy pero si
é....O CIRCOOO

   É o circo que pasa. Ilusionado lé un cartaz que anuncia función.

CHUKI

Que bonitas caravanas!!! Todas empapeladas de cartaces de funcións....pero...ese
cartaz???Eiiiiiii.. ese cartaz é para mañan. A ver......”Mañan dia 15 a gran compañia
circense    I Fratelli Fratellini divertiranos e asombraranos cos seus numeros mais
clásicos. coas personaxes do circo coma os paiasos, a muller barbuda e o home mais
forte do mundo!!!! Unha experiencia unica!!!


  Chuquiño queda pensando. Namentres a compañia e a sua música desaparecen volta a
durmir.


CHUKI

Unha experiencia unica!!!.....Iso era o que poñía. Pois eu non mo perdo por nada do
mundo...O circo....os paiasos..a muller barbuda (ri)
Decidido. Mañan irei ao circo. Ayyy. Xa teño ganas de que chegue mañan.

  Sale a lúa. A noite chega para todo o mundo( incluido para o resto de animais do
monte). Cando chega o sol Chuquiño segue a durmir e a soñar coa muller barbuda e os
paiasos. Por detrás da casa chega Ghoriño, amigo do Chuquiño.

GHORIÑO

Holaaaa. Chuquiño!! Imos dar unha voooltiñaaaaaa a verr se atopamosssssss........(chuqui
segue a durmir) vaia outra vez durmido!!!! Eiiii, tiiiii, espertaaaaaa....
Ghoriño trata de espertalo tirándolle dunha perna, movendoo,... pero Chuqui
vírase, záfase e segue a durmir. Tras varios intentos atopa o modo.Chuki do susto
levantase dun salto.

CHUKI

Quen anda ahi?Mira que non teño medo ningun!(berra Chuki levantando a guardia sen
decatarse de que o seu colega esta detras del) Ahaaaa. Xa mo parecía...(De repente dase
a volta e ao atoparse co seu amigo xusto diante del e asustase pegando un brinco cara
atras)
Eiiiiii, que fas???

GHORINHO

Son eu. Ghorinho, teu amigo.

CHUKI

E non me podías ser un pouco mais sutil?

GHORINHO

E que ti non dabas.....

CHUKI

Da o mesmo que o mesmo da (interrompeo todo contento) Sabes que?

GHORIÑO

Que?

CHUKI

Non sabes a última?

GHORIÑO

Non

CHUKI

Queres que cha conte?
GHORIÑO

Siiiii

CHUKI

Vaiche encantar

GHORIÑO

Conta

CHUKI

Vas alucinar

GHORIÑO

Coontaaa

CHUKI

Vas aaaa...

GHORIÑO

(Xa entre berros e choros)Coontaaaaaa xaaaaaa.

CHUKI

Ayyy, perdón. Está ben. Pois resulta que ven O CIRCO ao pobo do lado esta tarde.

GHORIÑO

Que me contas??!!

CHUKI

Onte vin á compañía de circo pasar por diante da miña casa e dixen pra min:-“Esta é a
miña. Mañán irei ao circo”. E mañán é hoxe así que hoxe vou ir ver o circo.

GHORIÑO

Que boa noticia, Chuki!! Xa estou desexando ir eu tamen e ver os tragalumes
CHUKI

Sii

GHORIÑO

os malabaristas,

CHUKI

Siiiiiii

GHORIÑO

os acrobatas..

CHUKI

Siiiiiiiiiiiiiii. E tamén os paiasos...

GHORIÑO

os paiasos....

CHUKI

A muller barbuda....

GHORIÑO

Barbuda!....

CHUKI

...e o home mais forte do mundo!!!!

 (Miranse)

OS DOUS

O home mais forte do mundooooo!!!!

GHORIÑO

Pois xa me convenciches. Vou avisar aos demais e vemonos alí. Ata logiño!!!
CHUKI

Aburiñooo

     Despídense con choque de mans e demais despedidas
    Decidido, preparase para o camiño. Arranxa as suas cousas, acicálase e marcha
cara o pobo do lado bailando e cantando. No camiño atópase a Saltón, o vello acróbata.
Chuki non se decata e segue a bailar. Cando se decata para de bailar avergoñado.

SALTON

Remataches?

CHUKI

Rematei

SALTON

E pódese saber onde vas tan contento?

CHUKI

E que hoxe está o circo no pobo do lado

SALTON

Ahhhhh o circo. Eu de novo fun acrobata



(chuki mira ao vello saltón con cara de incredulidade ao que o vello responde cun
fracasado intento de acrobacia. O Chuqui ri a esgalla)

Perdón se non me presentei antes...ejemm.Eu son Pepe Saltón. E como dixen fun que non
son. Ayyy, rapaz eu nos teus tempos.....mira, doble tirabuzón con carpado cara atras e
doble mortal cara adiante e arrejanchate pelota!!!pro, agora...números novos con aparatos
mui modernos....imposibeis pra os da vella escola.


Salton tenta colgar algo no biombo e axudao Chuki. Numero acrobata no que o vello
case cae e chuki axudalle. Agradecido por axudalo abrazao e regalalle a chuki un
bocata
SALTON

Toma rapaz. Para o camiño. Que te vexo feito un fiuncho

CHUKI

Gracias.(abrazanse outra vez) Oes, disque fan os seus números mais clásicos

SALTON

En serio? Ca carpa branca e vermella E os paiasos? E...e..e todo iso de....como estan
vostedes??????? E a xente a reponder: Beeennnnnnn. Que recordos....

Eu xa o sei, ti ainda non
Que o circo xa chegou.
Eu xa o sei, ti xa o sabes
E un circo de variedades.

Tan contento un dia chegou
O circo ata a miña porta
E dun dia para o outro
A vida deume unha volta

Pirueta con dobre mortal
Ten cuidado que te vas esnafrar
Camiñando polo arame
Arriscando para non pasar fame

Hoxe vou ao circo,
 hoxe vou ao circo
Que ninguen me pare
que o salto pegando un brinco
  (bis)

SALTON

Oes, eu tamen quero ir ao circo. Asi que fai o teu camiño e vémonos ali mais tarde

   Os dous despidense dandose as mans., uns abrazos e outra serie de despididas
propias de grandes amigos. Cando marcha o salton marcha chukiño facendo cabriolas
ou polo menos o intento.

CHUKI

De acordo Salton. Eu vou indo para coller bos sitios na platea.
SALTON

Ata logo rapaz

CHUKI

Ata logo Salton


 Hoxe vou ao circo,
 Hoxe vou ao circo
 Que ninguen me pare
 Que o salto pegando un brinco



CHUKI

Que ben! Toda a xente está ilusionada co do circo. Creo que esta será unha gran tarde
aqui no pobo. Que ganas teño de chegar. Apeteceme tanto. A vos non vos apetece nenos?
Imos xuntos ao circo?


Ao mesmo tempo que esta a dicir iso aparece un paiaso moi enfadado/triste. Que se
senta diante no escenario. Chuki ao velo (salta de alegria(ou cala estrañado?) achégase
a el.


CHUKI

Ola!! Ei!! Ola? Ti debes ser....

PAIASO

Cala!!

CHUKI

Ui!! Queria dicir que...

PAIASO

Vai de ahi!!
Durante o diálogo que sigue chuki tente levantalo, e levalo cara o circo. O paiaso
resistese.
CHUKI

Pero ti non eres o paiaso do circo?

PAIASO

Era. Ou polo menos un deles.

CHUKI

Non deberias estar no circo?

PAIASO

Deberia pro agora....

CHUKI

Que raro. Algo acontece. Ei, animate.(tenta darlle unha palmada na espalda pero o
paiaso zafase agachandose e propinando un bofetón a chuki,número clasico)Eu son
chuki., un rapaz da aldea do lado. E que viña a ver ao circo. Que xa debe estar a empezar.
E o teu número e o mais esperado. (mesmo número da bofetada)

PAIASO

Pois vas aviado

CHUKI

E iso?

PAIASO

Botáronme do circo. Asi que...asi que marcho. De todos modos xa estaba a pensar en
marchar. Xa son varias semanas que case non comemos. E cada vez quedabamos menos
no circo.Irei traballar a outro lado. Non sei. Nunha oficina ou no Carrefour. Ali polo
menos terei catro pesos para comer. E que teño unha fame que morro. Comería...comería
un elefante,si, e dentro do elefante metería unha vaca. Unha vaca ben gorda. Sen cornos
iso si, que repiten. E dentro da vaca metería un porquiño cunhas poucas patacas. E dentro
do porco unha galiña si. E dentro dela metería un dente de allo,si, para darlle sabor á
carne. Todo ao espeto e xira e xira e xira...ay que fame. E cando estiver listo colleria o
espeto e todo de golpe pa dentro.....(o paiaso decatase de que todo iso estaba na sua
imaxinacion)
Pero...pero non teño nin pa pipas
Chuki pensa e saca do zurron o bocadillo e dallo ao paiaso vendo que esta nunha
situacion pior ca sua. O paiaso agradecello.

CHUKI

Isto hai que arranxalo. Irei falar co dono do circo. Ven

PAIASO

Non, eu non volto mais. Vai ti, se queres

CHUKI

Está ben. Por onde queda o circo?

PAIASO

Por alí

CHUKI

De acordo. Irei ali a ver que pasa. Non marches. Ao mellor atopamos unha solución

PAIASO

Andarei por aqui.

 Preocupado chuquiño marcha cara o circo a falar co dono

CHUKI

Xa teño ganas de chegar ao circo. Mira que botar ao paiaso... ademais habia anos que non
vía ao circo e para unha vez que ven aqui, ao noso pobo non hai nin paiasos. A min o que
me gostaba era o equilibrista. Un rapaciño mais ou menos da vosa idade. Chamabase
Pedriño Pernas Fracas. Un picaro ben espilido. Traballaba con seu pai e seu irman nun
número fantastico. Subían e subian e subian ata 20 metros de altura e sobre un fino
arame camiñaba e saltaba e bailaba. Mesmo andaba en bicleta sobre o arame aquel rapaz,
si. Unha vez prepararon un número especial: O Gran Salto.
Subironse os tres ao arame, o pai , o irman e mais el e sobre da bicicleta o pai e o irman
impulsaron a Pedriño a case 40 metros de altura. Entre o sol que entraba polos buratos da
vella carpa e a altura case non podia ver a Pedriño e pensei que se ia matar pero de
repente puiden ver a Pedriño xirando no ar coma un trompo e caendo outra vez no arame.
O publico case tolea. Esas cousas non se poden perder. Vou falar co dono do circo.
Camiña que te camiña chega a entrada do circo. Ali atopase o dono e xefe de pista
chorando coma un neno.


CHUKI

Perdoe...atópase ben?(non atopa resposta) Ando a busca-lo circo.

RANDULFO

Pois andas moi errado. Este é o caixon dos desastres. Aqui non hai mais que ruina,
miseria e fame. Ayyyy, la fame. La verdadera tragedia dil teatro.

CHUKI

Hai unha carpa branca e vermella. E uns cartaces xigantes anunciando aos paiasos, e un
caseto onde mercalas entradas. E dentro vexo as gradas para que se senten os nenos e o
trapecio do equilibrista, e....

RANDULFO

Está bene....este e o circo e eu son il suo proprietario: Randulfo Randulfone, da familia
dos Fratellini. 200 anos de circo corren polas miñas venas rapaz. Dende o meu tatara-
tatara-tatara-tara-tatara-tara(muiñeira) tataravó ata min a miña familia so viviu do circo.

CHUKI

Entón fuches ti quen botou aos paiasos do circo!E Quererás quedarte cos seus cartos!
Non sabía eu iso da xente do circo! Que vergoña! 200 anos de circo e facerlle iso a un
compañeiro, a un irmán de oficio, a un fillo baixo a carpa....a un...a un...

RANDULFO

Tamen botei aos malabaristi

CHUKI

Como?

RANDULFO

E aos equilibristi

CHUKI

Non
RANDULFO

Si. E a muller barbuta, e os músicos, a taquilleira, incluso ao home mais forte do mundo

OS DOUS

O home mais forte do mundo!!!!

CHUKI

Pero como podes ser tan cruel

RANDULFO

e tamen marcho eu. Vou pechar o circo

CHUKI

Que??? Non podes facer iso.

RANDULFO

Non podo? E que vou facer? Ninguen ven ao circo. E unha ruina totale..(chora
desconsolado abrazandose a chuquiño) un disastro, amico mio. Il spetacolo é un disastro
totale. Antes os nenos venivan o circo. Rían e cantaban con nos. il paiacho arrivava e
preguntaba: Como estan vostedes???? E todos contestaban:bennnnnnnnnnn mais agora
nata. Nata de nata. Nen sequera un rapaz ven a vernos. Todos quedan na casa a xogare
cos ordenadores e a vedere la televisione.e o piore é que os seus pais estan contentos
porque non moven o cu da casa. Disastroooototale. Non c’é niente da fare.non. non hai
nada que facer.

CHUKI

Pero se o circo e do melloriño que hai nesta vida

RANDULFO

Xa

CHUKI

E ademais hoxe veu moita xente. E vai vir Pepe Salton, Ghoriño...

RANDULFO
Pero se non vai vir ninguen

CHUKI

Xunto cos nenos que xa viñeron

RANDULFO

Quen?

CHUKI

Todo-los nenos. Mira

Chuquiño sinala ao publico ao cal Randulfo, sorprendido, reacciona recolocando o seu
lucido atuendo e bota fora a Chuki. Cando se vai presentar ao publico decátase de que
non ten o circo preparado nen está a compañía. Chama a Chuquiño a unha esquina do
escenario

RANDULFO

Ayyyy que disastroooo!

CHUKI

E agora que pasaaaa

RANDULFO

E que como non viña ninguen ho mandato a casa a tutto il mondo. E non queda ninguen
no circo agás io. Solo quedo io. Que cousa podemos facer?

CHUKI

Improvisaaaaa!!!!

( volta a botar fora a Chuki)

RANDULFO

Ok. Señoras e señores. Con todos vostedes unha vez mais quero presentar ao circo dos
freatelli fratellini!!!!! Eu querido publico son o xefe de pista Randulfo Randulfone e
presentarei os maravillosos números que temos para esta noite. E agora sen mais quero
que recibades cun grande aplauso aos fabulosos acrobatas rusos, a familia Cataploff.
(o publico aplaude mais ninguen sae, repite a presentacion do numero e por segunda vez
ninguen sae despois dos aplausos. Chuquiño achegase a Randulfo disimuladamente e
susurralle algo)



RANDULFO

(para si mesmo e botando de novo fora a Chuki)Ah!! É verdade. Despedinos hai un mes.
(ao publico) Non pasa nada os rusos non puideron vir a tempo asi que pasaremos ao
seguinte número que ainda mais spetacolare. Con todos vos e vidos da lonxan China,
recibamos cun forte aplauso a grande compañia chinesa de malabaristas Xa-Ka-Iu

 ( de novo o público recibe con aplausos á compañia pero tampouco aparecen. De novo
sae Chuki pero esta vez so medio corpo dicindo que non coa man. Volta cara unha
esquina a chorar)

RANDULFO

Ma che disastrooooo!!!! Io debo suspendere la funzione e basta.

CHUKI

Oes teño unha idea. Eu de pequeno sempre ia ao circo. Porque non tentamos facer nos
polos menos un número dos do circo.

RANDULFO

Pero ti cres que nos....?

CHUKI
Escoita... ( susurralle algo á orella)

RANDULFO

Aha.... si...mmmmm....moi ben.
(dirixindose ao público recto e serio coma o bo xefe de pista que é)

Querido publico: despois de 200 anos traballando na pista debido ás dificultades polas
que atravesa a nosa humilde compañia e a que o resto dos artisti se ne sono andati e a que
hoxe non cobramos entrada debemos pechare. Mais antes de facelo, apetecevos ver unha
ultima funcion? Xa sei que non estan os malabaristi, os equilibristi, a mullr barbuta mais
io e il mio compagno chuquinno tentaremos facervolo pasar ben. Apetecevos?...querido
público hoxe sicuramente será a nosa última función. Maestro.....MUSICAAA!!!!
A música do circo soa mentres os nosos dous amigos preparan o circo todo o rapido
que poden cos seus consegintes retrasos e problemas. Rematan de colocalo á vez que fan
todolos numeros do circo imitando aos equilbristas, malabaristas, mller barbuda e ao
home mais forte do mundo. O circo foi un exito e a xente aplaude a reventar
RANDULFO

Exito tooootaaaleeeee. Que bene, que bene..grazie chukino. Hai salvato il circo. E al
publico le gusta. Grazie de verdad. Senti...estou a pensar que...a ti gostache o circo, vero?

CHUKI

e o que mais me gosta na vida. Ben despois dun chuleton...e dunhas boas laranxas...ben e
tamen despois....

RANDULFO

Vale, vale,vale..capito. allora, quero facerche unha proposicion....apeteceriache...entrar a
traballar no noso circo?

CHUKI

Dilo en serio? (0 xefe asinte)(chukinho abrazao ata case afogalo)

RANDULFO

De agora en diante formaras parte da nosa familia come: Chuquinno Fratellini.
Veña, andiamo facciamo una canzonetta.

CHUKI

De acordo, cantemos. E a vos rapaces xa sabedes se queredes pasar un bo anaco vide ao
circo ou ao teatro, que tamen se monta un bo circo,jijijiji....

OS DOUS

Apagha a tele faime caso e vaite pa cama
Apagha a tele ou senon tirote pola ventana/ nunca faras nada de nada
  (bis)

Teño uns cantos amigos que non paran de ver
A tele, o ordenata, e mais vais ti saber
Pero cando lles chega a hora de falar
Non saben e non queren e se atascan sen parar

O outro dia foi ao circo a ve-la función
E ria e saltaba que parecia un león
Un dia no circo

More Related Content

Featured

How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental Health
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental HealthHow Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental Health
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental HealthThinkNow
 
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdf
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdfAI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdf
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdfmarketingartwork
 
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024Neil Kimberley
 
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)contently
 
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024How to Prepare For a Successful Job Search for 2024
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024Albert Qian
 
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie InsightsSocial Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie InsightsKurio // The Social Media Age(ncy)
 
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024Search Engine Journal
 
5 Public speaking tips from TED - Visualized summary
5 Public speaking tips from TED - Visualized summary5 Public speaking tips from TED - Visualized summary
5 Public speaking tips from TED - Visualized summarySpeakerHub
 
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd Clark Boyd
 
Getting into the tech field. what next
Getting into the tech field. what next Getting into the tech field. what next
Getting into the tech field. what next Tessa Mero
 
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search Intent
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search IntentGoogle's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search Intent
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search IntentLily Ray
 
Time Management & Productivity - Best Practices
Time Management & Productivity -  Best PracticesTime Management & Productivity -  Best Practices
Time Management & Productivity - Best PracticesVit Horky
 
The six step guide to practical project management
The six step guide to practical project managementThe six step guide to practical project management
The six step guide to practical project managementMindGenius
 
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...RachelPearson36
 
Unlocking the Power of ChatGPT and AI in Testing - A Real-World Look, present...
Unlocking the Power of ChatGPT and AI in Testing - A Real-World Look, present...Unlocking the Power of ChatGPT and AI in Testing - A Real-World Look, present...
Unlocking the Power of ChatGPT and AI in Testing - A Real-World Look, present...Applitools
 
12 Ways to Increase Your Influence at Work
12 Ways to Increase Your Influence at Work12 Ways to Increase Your Influence at Work
12 Ways to Increase Your Influence at WorkGetSmarter
 

Featured (20)

How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental Health
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental HealthHow Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental Health
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental Health
 
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdf
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdfAI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdf
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdf
 
Skeleton Culture Code
Skeleton Culture CodeSkeleton Culture Code
Skeleton Culture Code
 
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024
 
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)
 
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024How to Prepare For a Successful Job Search for 2024
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024
 
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie InsightsSocial Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
 
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024
 
5 Public speaking tips from TED - Visualized summary
5 Public speaking tips from TED - Visualized summary5 Public speaking tips from TED - Visualized summary
5 Public speaking tips from TED - Visualized summary
 
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd
 
Getting into the tech field. what next
Getting into the tech field. what next Getting into the tech field. what next
Getting into the tech field. what next
 
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search Intent
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search IntentGoogle's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search Intent
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search Intent
 
How to have difficult conversations
How to have difficult conversations How to have difficult conversations
How to have difficult conversations
 
Introduction to Data Science
Introduction to Data ScienceIntroduction to Data Science
Introduction to Data Science
 
Time Management & Productivity - Best Practices
Time Management & Productivity -  Best PracticesTime Management & Productivity -  Best Practices
Time Management & Productivity - Best Practices
 
The six step guide to practical project management
The six step guide to practical project managementThe six step guide to practical project management
The six step guide to practical project management
 
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
 
Unlocking the Power of ChatGPT and AI in Testing - A Real-World Look, present...
Unlocking the Power of ChatGPT and AI in Testing - A Real-World Look, present...Unlocking the Power of ChatGPT and AI in Testing - A Real-World Look, present...
Unlocking the Power of ChatGPT and AI in Testing - A Real-World Look, present...
 
12 Ways to Increase Your Influence at Work
12 Ways to Increase Your Influence at Work12 Ways to Increase Your Influence at Work
12 Ways to Increase Your Influence at Work
 
ChatGPT webinar slides
ChatGPT webinar slidesChatGPT webinar slides
ChatGPT webinar slides
 

Un dia no circo

  • 1. UN DIA NO CIRCO Pecha o dia. Chuquiño esfameado chega a casa cun bolson cheo de cousas(ou vacio). Tras rebuscar e rebuscar na bolsa atopa unha pequena codia de pan(unha herba, unha maza mediocomida) que come coma se fora banquete. Tras esa breve pero intensa comilona decide poñerse a durmir. Cando vai poñerse durmir sinte diante da casa balbordo. CHUKI Ei ei ei ei!!!!Qué é o que pasa ahi fora?Será dia de festa?Ei! Pero...eses trombons..que estrano...tamen hai tambores..non será... miraaaa...os paiasos...olaaaaaaaaa...Uy pero si é....O CIRCOOO É o circo que pasa. Ilusionado lé un cartaz que anuncia función. CHUKI Que bonitas caravanas!!! Todas empapeladas de cartaces de funcións....pero...ese cartaz???Eiiiiiii.. ese cartaz é para mañan. A ver......”Mañan dia 15 a gran compañia circense I Fratelli Fratellini divertiranos e asombraranos cos seus numeros mais clásicos. coas personaxes do circo coma os paiasos, a muller barbuda e o home mais forte do mundo!!!! Unha experiencia unica!!! Chuquiño queda pensando. Namentres a compañia e a sua música desaparecen volta a durmir. CHUKI Unha experiencia unica!!!.....Iso era o que poñía. Pois eu non mo perdo por nada do mundo...O circo....os paiasos..a muller barbuda (ri) Decidido. Mañan irei ao circo. Ayyy. Xa teño ganas de que chegue mañan. Sale a lúa. A noite chega para todo o mundo( incluido para o resto de animais do monte). Cando chega o sol Chuquiño segue a durmir e a soñar coa muller barbuda e os paiasos. Por detrás da casa chega Ghoriño, amigo do Chuquiño. GHORIÑO Holaaaa. Chuquiño!! Imos dar unha voooltiñaaaaaa a verr se atopamosssssss........(chuqui segue a durmir) vaia outra vez durmido!!!! Eiiii, tiiiii, espertaaaaaa....
  • 2. Ghoriño trata de espertalo tirándolle dunha perna, movendoo,... pero Chuqui vírase, záfase e segue a durmir. Tras varios intentos atopa o modo.Chuki do susto levantase dun salto. CHUKI Quen anda ahi?Mira que non teño medo ningun!(berra Chuki levantando a guardia sen decatarse de que o seu colega esta detras del) Ahaaaa. Xa mo parecía...(De repente dase a volta e ao atoparse co seu amigo xusto diante del e asustase pegando un brinco cara atras) Eiiiiii, que fas??? GHORINHO Son eu. Ghorinho, teu amigo. CHUKI E non me podías ser un pouco mais sutil? GHORINHO E que ti non dabas..... CHUKI Da o mesmo que o mesmo da (interrompeo todo contento) Sabes que? GHORIÑO Que? CHUKI Non sabes a última? GHORIÑO Non CHUKI Queres que cha conte?
  • 3. GHORIÑO Siiiii CHUKI Vaiche encantar GHORIÑO Conta CHUKI Vas alucinar GHORIÑO Coontaaa CHUKI Vas aaaa... GHORIÑO (Xa entre berros e choros)Coontaaaaaa xaaaaaa. CHUKI Ayyy, perdón. Está ben. Pois resulta que ven O CIRCO ao pobo do lado esta tarde. GHORIÑO Que me contas??!! CHUKI Onte vin á compañía de circo pasar por diante da miña casa e dixen pra min:-“Esta é a miña. Mañán irei ao circo”. E mañán é hoxe así que hoxe vou ir ver o circo. GHORIÑO Que boa noticia, Chuki!! Xa estou desexando ir eu tamen e ver os tragalumes
  • 4. CHUKI Sii GHORIÑO os malabaristas, CHUKI Siiiiiii GHORIÑO os acrobatas.. CHUKI Siiiiiiiiiiiiiii. E tamén os paiasos... GHORIÑO os paiasos.... CHUKI A muller barbuda.... GHORIÑO Barbuda!.... CHUKI ...e o home mais forte do mundo!!!! (Miranse) OS DOUS O home mais forte do mundooooo!!!! GHORIÑO Pois xa me convenciches. Vou avisar aos demais e vemonos alí. Ata logiño!!!
  • 5. CHUKI Aburiñooo Despídense con choque de mans e demais despedidas Decidido, preparase para o camiño. Arranxa as suas cousas, acicálase e marcha cara o pobo do lado bailando e cantando. No camiño atópase a Saltón, o vello acróbata. Chuki non se decata e segue a bailar. Cando se decata para de bailar avergoñado. SALTON Remataches? CHUKI Rematei SALTON E pódese saber onde vas tan contento? CHUKI E que hoxe está o circo no pobo do lado SALTON Ahhhhh o circo. Eu de novo fun acrobata (chuki mira ao vello saltón con cara de incredulidade ao que o vello responde cun fracasado intento de acrobacia. O Chuqui ri a esgalla) Perdón se non me presentei antes...ejemm.Eu son Pepe Saltón. E como dixen fun que non son. Ayyy, rapaz eu nos teus tempos.....mira, doble tirabuzón con carpado cara atras e doble mortal cara adiante e arrejanchate pelota!!!pro, agora...números novos con aparatos mui modernos....imposibeis pra os da vella escola. Salton tenta colgar algo no biombo e axudao Chuki. Numero acrobata no que o vello case cae e chuki axudalle. Agradecido por axudalo abrazao e regalalle a chuki un bocata
  • 6. SALTON Toma rapaz. Para o camiño. Que te vexo feito un fiuncho CHUKI Gracias.(abrazanse outra vez) Oes, disque fan os seus números mais clásicos SALTON En serio? Ca carpa branca e vermella E os paiasos? E...e..e todo iso de....como estan vostedes??????? E a xente a reponder: Beeennnnnnn. Que recordos.... Eu xa o sei, ti ainda non Que o circo xa chegou. Eu xa o sei, ti xa o sabes E un circo de variedades. Tan contento un dia chegou O circo ata a miña porta E dun dia para o outro A vida deume unha volta Pirueta con dobre mortal Ten cuidado que te vas esnafrar Camiñando polo arame Arriscando para non pasar fame Hoxe vou ao circo, hoxe vou ao circo Que ninguen me pare que o salto pegando un brinco (bis) SALTON Oes, eu tamen quero ir ao circo. Asi que fai o teu camiño e vémonos ali mais tarde Os dous despidense dandose as mans., uns abrazos e outra serie de despididas propias de grandes amigos. Cando marcha o salton marcha chukiño facendo cabriolas ou polo menos o intento. CHUKI De acordo Salton. Eu vou indo para coller bos sitios na platea.
  • 7. SALTON Ata logo rapaz CHUKI Ata logo Salton Hoxe vou ao circo, Hoxe vou ao circo Que ninguen me pare Que o salto pegando un brinco CHUKI Que ben! Toda a xente está ilusionada co do circo. Creo que esta será unha gran tarde aqui no pobo. Que ganas teño de chegar. Apeteceme tanto. A vos non vos apetece nenos? Imos xuntos ao circo? Ao mesmo tempo que esta a dicir iso aparece un paiaso moi enfadado/triste. Que se senta diante no escenario. Chuki ao velo (salta de alegria(ou cala estrañado?) achégase a el. CHUKI Ola!! Ei!! Ola? Ti debes ser.... PAIASO Cala!! CHUKI Ui!! Queria dicir que... PAIASO Vai de ahi!!
  • 8. Durante o diálogo que sigue chuki tente levantalo, e levalo cara o circo. O paiaso resistese. CHUKI Pero ti non eres o paiaso do circo? PAIASO Era. Ou polo menos un deles. CHUKI Non deberias estar no circo? PAIASO Deberia pro agora.... CHUKI Que raro. Algo acontece. Ei, animate.(tenta darlle unha palmada na espalda pero o paiaso zafase agachandose e propinando un bofetón a chuki,número clasico)Eu son chuki., un rapaz da aldea do lado. E que viña a ver ao circo. Que xa debe estar a empezar. E o teu número e o mais esperado. (mesmo número da bofetada) PAIASO Pois vas aviado CHUKI E iso? PAIASO Botáronme do circo. Asi que...asi que marcho. De todos modos xa estaba a pensar en marchar. Xa son varias semanas que case non comemos. E cada vez quedabamos menos no circo.Irei traballar a outro lado. Non sei. Nunha oficina ou no Carrefour. Ali polo menos terei catro pesos para comer. E que teño unha fame que morro. Comería...comería un elefante,si, e dentro do elefante metería unha vaca. Unha vaca ben gorda. Sen cornos iso si, que repiten. E dentro da vaca metería un porquiño cunhas poucas patacas. E dentro do porco unha galiña si. E dentro dela metería un dente de allo,si, para darlle sabor á carne. Todo ao espeto e xira e xira e xira...ay que fame. E cando estiver listo colleria o espeto e todo de golpe pa dentro.....(o paiaso decatase de que todo iso estaba na sua imaxinacion) Pero...pero non teño nin pa pipas
  • 9. Chuki pensa e saca do zurron o bocadillo e dallo ao paiaso vendo que esta nunha situacion pior ca sua. O paiaso agradecello. CHUKI Isto hai que arranxalo. Irei falar co dono do circo. Ven PAIASO Non, eu non volto mais. Vai ti, se queres CHUKI Está ben. Por onde queda o circo? PAIASO Por alí CHUKI De acordo. Irei ali a ver que pasa. Non marches. Ao mellor atopamos unha solución PAIASO Andarei por aqui. Preocupado chuquiño marcha cara o circo a falar co dono CHUKI Xa teño ganas de chegar ao circo. Mira que botar ao paiaso... ademais habia anos que non vía ao circo e para unha vez que ven aqui, ao noso pobo non hai nin paiasos. A min o que me gostaba era o equilibrista. Un rapaciño mais ou menos da vosa idade. Chamabase Pedriño Pernas Fracas. Un picaro ben espilido. Traballaba con seu pai e seu irman nun número fantastico. Subían e subian e subian ata 20 metros de altura e sobre un fino arame camiñaba e saltaba e bailaba. Mesmo andaba en bicleta sobre o arame aquel rapaz, si. Unha vez prepararon un número especial: O Gran Salto. Subironse os tres ao arame, o pai , o irman e mais el e sobre da bicicleta o pai e o irman impulsaron a Pedriño a case 40 metros de altura. Entre o sol que entraba polos buratos da vella carpa e a altura case non podia ver a Pedriño e pensei que se ia matar pero de repente puiden ver a Pedriño xirando no ar coma un trompo e caendo outra vez no arame. O publico case tolea. Esas cousas non se poden perder. Vou falar co dono do circo.
  • 10. Camiña que te camiña chega a entrada do circo. Ali atopase o dono e xefe de pista chorando coma un neno. CHUKI Perdoe...atópase ben?(non atopa resposta) Ando a busca-lo circo. RANDULFO Pois andas moi errado. Este é o caixon dos desastres. Aqui non hai mais que ruina, miseria e fame. Ayyyy, la fame. La verdadera tragedia dil teatro. CHUKI Hai unha carpa branca e vermella. E uns cartaces xigantes anunciando aos paiasos, e un caseto onde mercalas entradas. E dentro vexo as gradas para que se senten os nenos e o trapecio do equilibrista, e.... RANDULFO Está bene....este e o circo e eu son il suo proprietario: Randulfo Randulfone, da familia dos Fratellini. 200 anos de circo corren polas miñas venas rapaz. Dende o meu tatara- tatara-tatara-tara-tatara-tara(muiñeira) tataravó ata min a miña familia so viviu do circo. CHUKI Entón fuches ti quen botou aos paiasos do circo!E Quererás quedarte cos seus cartos! Non sabía eu iso da xente do circo! Que vergoña! 200 anos de circo e facerlle iso a un compañeiro, a un irmán de oficio, a un fillo baixo a carpa....a un...a un... RANDULFO Tamen botei aos malabaristi CHUKI Como? RANDULFO E aos equilibristi CHUKI Non
  • 11. RANDULFO Si. E a muller barbuta, e os músicos, a taquilleira, incluso ao home mais forte do mundo OS DOUS O home mais forte do mundo!!!! CHUKI Pero como podes ser tan cruel RANDULFO e tamen marcho eu. Vou pechar o circo CHUKI Que??? Non podes facer iso. RANDULFO Non podo? E que vou facer? Ninguen ven ao circo. E unha ruina totale..(chora desconsolado abrazandose a chuquiño) un disastro, amico mio. Il spetacolo é un disastro totale. Antes os nenos venivan o circo. Rían e cantaban con nos. il paiacho arrivava e preguntaba: Como estan vostedes???? E todos contestaban:bennnnnnnnnnn mais agora nata. Nata de nata. Nen sequera un rapaz ven a vernos. Todos quedan na casa a xogare cos ordenadores e a vedere la televisione.e o piore é que os seus pais estan contentos porque non moven o cu da casa. Disastroooototale. Non c’é niente da fare.non. non hai nada que facer. CHUKI Pero se o circo e do melloriño que hai nesta vida RANDULFO Xa CHUKI E ademais hoxe veu moita xente. E vai vir Pepe Salton, Ghoriño... RANDULFO
  • 12. Pero se non vai vir ninguen CHUKI Xunto cos nenos que xa viñeron RANDULFO Quen? CHUKI Todo-los nenos. Mira Chuquiño sinala ao publico ao cal Randulfo, sorprendido, reacciona recolocando o seu lucido atuendo e bota fora a Chuki. Cando se vai presentar ao publico decátase de que non ten o circo preparado nen está a compañía. Chama a Chuquiño a unha esquina do escenario RANDULFO Ayyyy que disastroooo! CHUKI E agora que pasaaaa RANDULFO E que como non viña ninguen ho mandato a casa a tutto il mondo. E non queda ninguen no circo agás io. Solo quedo io. Que cousa podemos facer? CHUKI Improvisaaaaa!!!! ( volta a botar fora a Chuki) RANDULFO Ok. Señoras e señores. Con todos vostedes unha vez mais quero presentar ao circo dos freatelli fratellini!!!!! Eu querido publico son o xefe de pista Randulfo Randulfone e presentarei os maravillosos números que temos para esta noite. E agora sen mais quero que recibades cun grande aplauso aos fabulosos acrobatas rusos, a familia Cataploff.
  • 13. (o publico aplaude mais ninguen sae, repite a presentacion do numero e por segunda vez ninguen sae despois dos aplausos. Chuquiño achegase a Randulfo disimuladamente e susurralle algo) RANDULFO (para si mesmo e botando de novo fora a Chuki)Ah!! É verdade. Despedinos hai un mes. (ao publico) Non pasa nada os rusos non puideron vir a tempo asi que pasaremos ao seguinte número que ainda mais spetacolare. Con todos vos e vidos da lonxan China, recibamos cun forte aplauso a grande compañia chinesa de malabaristas Xa-Ka-Iu ( de novo o público recibe con aplausos á compañia pero tampouco aparecen. De novo sae Chuki pero esta vez so medio corpo dicindo que non coa man. Volta cara unha esquina a chorar) RANDULFO Ma che disastrooooo!!!! Io debo suspendere la funzione e basta. CHUKI Oes teño unha idea. Eu de pequeno sempre ia ao circo. Porque non tentamos facer nos polos menos un número dos do circo. RANDULFO Pero ti cres que nos....? CHUKI Escoita... ( susurralle algo á orella) RANDULFO Aha.... si...mmmmm....moi ben. (dirixindose ao público recto e serio coma o bo xefe de pista que é) Querido publico: despois de 200 anos traballando na pista debido ás dificultades polas que atravesa a nosa humilde compañia e a que o resto dos artisti se ne sono andati e a que hoxe non cobramos entrada debemos pechare. Mais antes de facelo, apetecevos ver unha ultima funcion? Xa sei que non estan os malabaristi, os equilibristi, a mullr barbuta mais io e il mio compagno chuquinno tentaremos facervolo pasar ben. Apetecevos?...querido público hoxe sicuramente será a nosa última función. Maestro.....MUSICAAA!!!!
  • 14. A música do circo soa mentres os nosos dous amigos preparan o circo todo o rapido que poden cos seus consegintes retrasos e problemas. Rematan de colocalo á vez que fan todolos numeros do circo imitando aos equilbristas, malabaristas, mller barbuda e ao home mais forte do mundo. O circo foi un exito e a xente aplaude a reventar RANDULFO Exito tooootaaaleeeee. Que bene, que bene..grazie chukino. Hai salvato il circo. E al publico le gusta. Grazie de verdad. Senti...estou a pensar que...a ti gostache o circo, vero? CHUKI e o que mais me gosta na vida. Ben despois dun chuleton...e dunhas boas laranxas...ben e tamen despois.... RANDULFO Vale, vale,vale..capito. allora, quero facerche unha proposicion....apeteceriache...entrar a traballar no noso circo? CHUKI Dilo en serio? (0 xefe asinte)(chukinho abrazao ata case afogalo) RANDULFO De agora en diante formaras parte da nosa familia come: Chuquinno Fratellini. Veña, andiamo facciamo una canzonetta. CHUKI De acordo, cantemos. E a vos rapaces xa sabedes se queredes pasar un bo anaco vide ao circo ou ao teatro, que tamen se monta un bo circo,jijijiji.... OS DOUS Apagha a tele faime caso e vaite pa cama Apagha a tele ou senon tirote pola ventana/ nunca faras nada de nada (bis) Teño uns cantos amigos que non paran de ver A tele, o ordenata, e mais vais ti saber Pero cando lles chega a hora de falar Non saben e non queren e se atascan sen parar O outro dia foi ao circo a ve-la función E ria e saltaba que parecia un león