Manual de formación para o marisqueo 09. administración

248
-1

Published on

Published in: Education
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total Views
248
On Slideshare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
0
Actions
Shares
0
Downloads
1
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Manual de formación para o marisqueo 09. administración

  1. 1. Administración ¿O marisqueo é unha MANUAL DE FORMACIÓN actividade empresarial? PARA O MARISQUEO ¿Quen debe declarar? E¿Por que hai impostos? ¿Canto teño que pagar á Seguridade Social? ¿Como me protexe a Seguridade Social? ¿IVE? XUNTA DE GALICIA
  2. 2. XUNTA DE GALICIACONSELLERÍA DE PESCA EASUNTOS MARÍTIMOSDirección Xeral de Innovación eDesenvolvemento Pesqueiro MANUAL DE FORMACIÓN PARA O MARISQUEOCoordinación: José Antonio García Villanueva Matilde Alonso Acosta Antonio Rodríguez Fernández Beatriz Villar CedrónAutores: Montserrat Castro Vázquez Belén Escariz Pérez Mª Visitación Iturralde de la Fuente Salvador Lago Cordo Mª Luz Lamas Ferreiro Mª José López Barral Félix Lorenzo de Dios Esperanza Martínez Bouzas Mª do Carmen Novoa Valiñas Maximina Pereira Rodríguez María Rioboo San Luis Mª Anxeles Santorum PérezSupervisión: Elisa Gago Moldes Jesús Pérez Alén Juan Codesido Villar Concepción Blanco LouroDebuxos: TangarañoDeseño e maquetación: Ninfa e RiveiroFotomecánica: ResoluciónImpresión: LitonorD.L.: C-2669-2002ISBN: 84-453-3372-0Agradecimientos: A tódalas persoas que contribuíron cos seus coñecementos e aportacións a realización deste manual .
  3. 3. ADMINISTRACIÓN ¿O marisqueo é unha actividade empresarial? ¿Quen debe declarar? ¿Por que hai impostos? ¿Canto teño que pagar á Seguridade Social? ¿Como me protexe a Seguridade Social? ¿IVE?18.- MARISQUEO E XESTIÓN O marisqueo é unha profesión, outra das moitas que hai no mundo. Sabemosque calquera persoa que traballa, ben sexa pola súa conta (como un armador) bensexa para outro (como un empregado dunha conserveira), ten a obriga decumpri-las leis do Estado e as da Autonomía á que pertence (as de Galicia, nonoso caso). Na nosa profesión, no marisqueo, as leis que nos afectan son moi diferentes,pero están moi relacionados entre si.Vexámolas de seguido: PRIMEIRO: as mariscadoras, polo noso traballo, temos obrigas coa FACENDAPÚBLICA. ¿Por que? Porque o marisqueo é unha actividade empresarial, comopode se-la dunha hostaleira ou a dun armador, o que fai que esteamos obrigadas adeclarar. O Ministerio de Economía e Facenda é quen recada os impostos que pagamos.Eses impostos volven a nós en forma de investimentos e prestacións (porexemplo, cos cartos dos impostos páganse as obras públicas, a vivenda ailuminación pública, etc.). SEGUNDO: as mariscadoras, como empresarias que somos, tamén lle pagamos áSEGURIDADE SOCIAL. E, ¿a onde van eses cartos? Esa cota coa que nós Módulo Administración - PARTE COMÚN 1
  4. 4. contribuímos cada mes serve, entre outras cousas, para que, chegado o caso, teñamos unha pensión de xubilación, ou tamén para ter dereito a unha paga cando esteamos de baixa por enfermidade ou accidente. O ministerio encargado deste tema é o de Traballo e Asuntos Sociais, que, no caso do mar, está xestionado polo Instituto Social da Mariña.2 MANUAL DE FORMACIÓN PARA O MARISQUEO - Módulo Administración
  5. 5. 19.- FISCALIDADE19.1.- O IMPOSTO SOBRE O VALOR ENGADIDO (I.V.E.) O imposto sobre o valor engadido (IVE) grava o CONSUMO, é dicir: 1.- Grava os SERVICIOS: por exemplo, cando collémo-lo bus, no billeteestamos pagando o prezo da viaxe e mailo IVE, porque o transporte é un servicioque se nos presta. 2.- E grava a TRANSMISIÓN DOS BENS: é dicir, págase cando hai unha compraou unha venda. Así, cando mercamos unha chaqueta, no prezo inclúese o I.V.E.,porque estamos a face-la compra dun ben. ¿COMO SE CALCULA O IVE? O IVE é unha cantidade, unha porcentaxe que pode ser: • Do 16%, que é o que se lles aplica ós productos e servicios en xeral. • Do 7%, que é o que se lles aplica ós productos de alimentación. • Do 4%, que é o que se lles aplica ós productos de primeira necesidade, comoo pan, o leite, as menciñas, os libros... Por exemplo: unha barra de pan custa, en principio, 0,45 €€ Como o pan éun producto de primeira necesidade, hai que lle aplica-lo IVE do 4%. Entón, esabarra ó final custaríanos: Importe inicial (base) 0,45 € IVE (4% sobre 0,45 €): 0,02 € Importe total: 0,47 € Unha chaqueta vale 18,00 €. O tipo que se lle aplica, ó ser un producto xeral,é do 16%. Logo, o prezo final que nós pagariamos sería: Importe inicial (base) 18,00 € IVE (16% sobre os 18,00 €): 2,88 € Importe total: 20,88 € Módulo Administración - PARTE COMÚN 3
  6. 6. Daquela, a cantidade (quilos ou unidades) multiplicada polo prezo é a BASE da factura. Vemos, entón, que para calcula-lo IVE aplicamos unha PORCENTAXE sobre o importe inicial do producto (sobre a base). Ó facer iso, obtemos unha cantidade (a contía do IVE). Por último, sumámo-lo importe inicial e a cota do IVE e xa témo-lo IMPORTE TOTAL DA FACTURA, é dicir, o que debemos pagar ou cobrar. Pois ben, a esas operacións chámaselles “DESAGREGACIÓN DO IVE” e é obrigatorio facelas nas facturas. OS RÉXIMES DO IVE Pero, seguindo cos exemplos do pan e da chaqueta..., ¿quen foi ó final o que pagou o IVE? ¿Pagouno a panadeira ou quen nos vendeu a chaqueta, ou pagámolo nós? O IVE, ó final, correu da nosa conta, dos clientes. Os vendedores tiñan un prezo marcado ó que lle engadiron despois o imposto. Mais iso non é de todo certo. Porque no caso do panadeiro, se quere facer pan, ten que comprar fariña. E o vendedoro de chaquetas, antes de vendérnola a nós, tivo que comprarlla a alguén. E cando eles compran fariña e roupa, tamén, á súa vez, pagan o IVE ó almacén ó que lles subministrou o producto. Así que, a fin de contas, panadeiro e vendedor de roupa ven o IVE por dúas veces: 1. O que lles cargan cando compran ó almacén, e que PAGAN ELES (chámase IVE SOPORTADO, porque o soportan eles). 2. O que lles cargan eles ós seus clientes cando venden o producto, e que PAGA O CLIENTE (chámase IVE REPORTADO OU REPERCUTIDO, porque o repercuten sobre o cliente). Ese é o RÉXIME XERAL do IVE, o máis corrente. As persoas que están neste réxime xeral teñen que calcula-la diferencia (restar) o que elas pagaron de IVE ós seus provedores (IVE soportado) do IVE que recibiron das súas vendas ós clientes (I.V.E. reportado ou repercutido).4 MANUAL DE FORMACIÓN PARA O MARISQUEO - Módulo Administración
  7. 7. Esas cantidades de IVE soportado, IVE repercutido e a diferencia entre un eoutro, decláranse a Facenda cada tres meses por escrito nun impreso, ou modeloque é o Modelo 300. Exemplo: o panadeiro mercou fariña, levadura, sal e outros productos a distintosalmacéns para face-lo pan. Por todos eles pagou nun trimestre un IVE de 125 €(compras- IVE soportado), pero cobrou 600 € no IVE dos productos quevendeu. Se resultara que a cantidade final é positiva (é dicir, se o panadeiro venderamáis do que tiña comprado), tería que face-lo pago deses cartos a Facenda. Se, pola contra, o panadeiro vendera menos ós seus clientes do que lle tiñacomprado ó almacén, entón debería solicitar de Facenda que lle devolvera oucompensara as cotas do IVE Por último, cada ano faise un resumo de todo o que se veu declarando cadatrimestre noutro impreso, o Modelo 390, ata o 30 de xaneiro do ano seguinte. Módulo Administración - PARTE COMÚN 5
  8. 8. Neste réxime é obrigatorio leva-los libros das facturas emitidas e recibidas. Como o noso é un sector especial -ó que non lle acae moi ben o réxime xeral que acabamos de ver- a Administración dispuxo doutro réxime máis adaptado ó marisqueo: é o RÉXIME ESPECIAL DE AGRICULTURA, GANDERÍA E PESCA. A diferencia co réxime xeral é que, no especial, non podemos compensa-las cotas de IVE soportado e IVE repercutido, co que xa non témo-la obriga de presenta-lo Modelo 300 nin o resumo anual ou Modelo 390. Este réxime é especial porque inclúe unha cantidade, a chamada COMPENSACIÓN Á ACTIVIDADE, que actualmente é o 7% sobre o importe das capturas. O importante é que as mariscadoras non temos que devolver esa cantidade a Facenda, senón que quedamos con ela. Por exemplo: vendemos 3 quilos de ameixa babosa a un comprador a un prezo de 7,75 €/kg. Aplicando a compensación de actividade, a desagregación do IVE sería: Importe inicial (base): 7,75 x 3 = 23,25 € Compensación de actividade (7% sobre 23,25) = 1,63 € Importe total = 24,88 € O comprador pode liquida-la compensación de actividade como o IVE soportado.6 MANUAL DE FORMACIÓN PARA O MARISQUEO - Módulo Administración
  9. 9. MODELO DE RECIBO, ALBARÁ OU FACTURA PARA O RÉXIME ESPECIAL: María Aprende Facendo Nº.- ..... Mariscadora Enderezo: NIF: Comprador: Lonxa da confraría CIF do comprador: Enderezo: Peirao do Sul. Data: 29.03.02 10 kg. berberecho 3 30,00 € Comisións (1) 7% s/30 -2,10 € Tarifa G4 (2) 2% s/30 0,60 € Base 28,50 € Compensación réxime especial AGP 7% s/28,5 2,00 € TOTAL FACTURA 30,50 € Retención Tarifa G4 0,60 € LÍQUIDO A PERCIBIR 29,90 € (1) As lonxas poden aplicar unha comisión comercial sobre o producto. (2) A tarifa G4 é unha cantidade que se lle paga á Autoridade Portuaria poladescarga de pesca fresca. Forma parte da base do IVE, polo que ten que pagala ocomprador da mercadoría. Nalgunhas lonxas retense o importe da tarifa paragaranti-lo seu ingreso, que corresponde ó propietario da mercadoría. Hai que levar un rexistro (Libro) das vendas realizadas neste réxime especial doIVE de Agricultura, Gandería e Pesca. Módulo Administración - PARTE COMÚN 7
  10. 10. 19.2.- O IMPOSTO SOBRE A RENDA DAS PERSOAS FÍSICAS (IRPF). O IRPF é un imposto progresivo (canto máis se gaña, máis se paga) que grava a riqueza das persoas. As actividades empresariais e profesionais teñen que estar incluídas obrigatoriamente nalgún dos réximes seguintes: 1.- Estimación DIRECTA, que pode ser normal ou nimplificada. 2.- Estimación OBXECTIVA, por índices, módulos ou signos. - O marisqueo atópase no primeiro réxime (estimación directa). Se os nosos ingresos non pasan dos 100 millóns de pesetas, estariamos dentro da modalidade simplificada do imposto. Se fosen superiores a eses 100 millóns, entrariamos dentro da modalidade normal. ¿Como calculariámo-lo imposto? Temos que ver cál foi o beneficio que obtivemos da nosa actividade (o rendemento), e iso sabémolo restando os ingresos (as vendas) e os gastos deducibles (as compras, os gastos de Seguridade Social...). - No outro caso, no réxime de estimación obxectiva, no que estarían, por exemplo, as perruquerías, as tendas ou os bares, o rendemento determínase polos medios utilizados no negocio (é dicir, a potencia de luz, os metros cadrados do local de negocio, o número de traballadores...). A lei é quen sinala para cada ano o valor deses módulos. Hai algunhas actividades que están incluídas obrigatoriamente neste réxime. O IRPF declárase a Facenda cada tres meses por escrito nun impreso que é o Modelo 130: son os chamados pagos fraccionados, que supoñen un adianto ou pago a conta. Ese “adianto” é do 2% sobre os ingresos que obtivemos no trimestre. O Modelo 130 tense que presentar obrigatoriamente nos vinte primeiros días do mes seguinte ó trimestre que corresponda, excepto o 4º. trimestre (do 1 ó 30 de xaneiro do ano seguinte).8 MANUAL DE FORMACIÓN PARA O MARISQUEO - Módulo Administración
  11. 11. Mesmo no caso de que estiveramos unha tempada sen traballar e non houberaingresos no trimestre, é obrigatorio presenta-lo Modelo 130. Cada ano facémo-la declaración da renda, na que indicamos: 1. O RENDEMENTO (os beneficios que obtivemos na nosa actividade): ingresosmenos gastos. 2. Sobre ese rendemento, aplicámo-la PORCENTAXE (escala) que noscorresponda: así obtémo-la COTA DO IMPOSTO. 3. Agora podemos aplica-las DEDUCCIÓNS sobre a cota (os fillos, a vivenda, osinvestimentos...) resultando a COTA LÍQUIDA DO IMPOSTO. Tanto a porcentaxe (escala) como as deduccións determínanse para cadaperíodo por lei. Módulo Administración - PARTE COMÚN 9
  12. 12. 4. Así xa teriamos, en principio, o que debemos pagar do imposto. Pero iso non é todo, porque nós xa lle adiantamos a Facenda, a través dos pagos fraccionados, unhas cantidades a conta. Logo á cota líquida restámoslle eses pagos fraccionados trimestrais e outras retencións que houbera. A cantidade resultante é a débeda tributaria, e pode ser: POSITIVA: se a declaración sae “a pagar”, co que lle temos que aboa-la diferencia a Facenda. NEGATIVA: se a declaración sae “a deber”, caso no que é Facenda quen devolve os cartos.10 MANUAL DE FORMACIÓN PARA O MARISQUEO - Módulo Administración
  13. 13. DOCUMENTACIÓN QUE HAI QUE PRESENTAR. Cando iniciámo-la nosa actividade como mariscadoras, temos que presenta-losseguintes documentos (que podemos conseguir na delegación de facenda que noscorresponda):A DECLARACIÓN CENSUAL (MODELO 036-037) É un documento moi importante, xa que nela figuran tódolos nosos datos: aactividade que realizamos, a nosa identidade fiscal (datos persoais, domicilio, etc.),os tipos de impostos polos que temos que cotizar e o tipo de declaracións eliquidacións. Pero esta declaración censual non só a presentamos cando comezámo-la nosaactividade.Tamén é necesario cubrila cando solicitámo-lo NIF ou cando haialgunha modificación nos datos persoais, no tipo de réxime do IVE ou do IRPF. Módulo Administración - PARTE COMÚN 11
  14. 14. TRIMESTRALMENTE, presentamos en Facenda os impresos seguintes: 1. IRPF pago fraccionado. Actividades empresariais en estimación directa. Modelo 130 2. IVE: Modelo 300 (unicamente quen estea incluído no réxime xeral). 3. Libro-rexistro: como mínimo cada trimestre debemos comproba-lo rexistro de tódalas facturas feitas no período e concilia-las liquidacións: As do réxime xeral: libro-rexistro de vendas, gastos... As do réxime especial: rexistro de vendas. E, ANUALMENTE: 1. Resumo anual do IVE Modelo 390: unicamente no réxime xeral durante o mes de xaneiro do ano seguinte. 2. Declaración anual de operacións con terceiros. Modelo 347:12 MANUAL DE FORMACIÓN PARA O MARISQUEO - Módulo Administración
  15. 15. ➔ Réxime especial do IVE: declaración das COMPRAS superiores a 3.005,06euros cunha mesma persoa. ➔ Réxime xeral: Declaración de tódalas COMPRAS E VENDAS superiores a3.005,06 euros cunha mesma persoa. Declárase durante o mes de marzo do ano seguinte. 3. A declaración ordinaria da renda. Documento de ingreso ou devolución.Durante maio e xuño do ano seguinte. Módulo Administración - PARTE COMÚN 13
  16. 16. 20.- A SEGURIDADE SOCIAL: RÉXIMES; O RÉXIME ESPECIAL DOS TRABALLADORES DO MAR (REM); AS PRESTACIÓNS; OS CONVENIOS ESPECIAIS. Á Seguridade Social debemos cotizar todas. O feito de cotizar é o que nos dá dereito a cobra-la baixa cando estamos enfermas ou a cobra-la xubilación cando nos chegue a hora. Sen embargo, hai persoas que non cotizaron á Seguridade Social durante todo o tempo que a lei esixe para ter dereito a cobra-la pensión (carencia). O sistema de seguridade social funciona gracias ás contribucións de empresarios e traballadores, que xerarán as prestacións CONTRIBUTIVAS. Para que non haxa, desigualdade social, os que non contribuíron (cotizaron) o suficiente ó sistema poden ser perceptores das prestacións que fixe o Estado ou as comunidades autónomas: son as chamadas prestacións NON CONTRIBUTIVAS. O ministerio ó cargo da Seguridade Social é o de Traballo e Asuntos Sociais. Este ministerio ten, á súa vez, unhas entidades xestoras, como o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) ou o Instituto Social da Mariña (ISM), ás que lles corresponden as funcións de inscrición, afiliación, altas e baixas. A asistencia, sanitaria no caso de Galicia é xestionada polo Servicio Galego de Saúde (SERGAS). OS RÉXIMES DA SEGURIDADE SOCIAL. Hai varios réximes no sistema español de Seguridade Social: • O Réxime Xeral, para tódolos traballadores por conta allea (os que traballan para outro). • O Réxime Especial dos Traballadores Autónomos, para os que traballan por conta propia (empresarios e profesionais).14 MANUAL DE FORMACIÓN PARA O MARISQUEO - Módulo Administración
  17. 17. • O Réxime Especial do Mar (REM). Este réxime é para quen obtén do mar,directa ou indirectamente, o seu medio fundamental de subsistencia. Aquí, noREM están incluídos tanto os autónomos (traballadores por conta propia) comoos empregados (traballadores por conta allea). Outros réximes son o Réxime Especial Agrario, o dos empregados do fogar,etc.O RÉXIME ESPECIAL DOS TRABALLADORES DO MAR (REM) O campo de aplicación do REM no caso do marisqueo inclúe os traballadoresque por conta propia realizan, de xeito habitual, persoal e directo a extracción deproductos do mar. INSCRICIÓN, AFILIACIÓN, ALTAS E BAIXAS A inscrición de empresas ou embarcacións é obrigatoria, como tamén o é aafiliación dos traballadores, sexan por conta propia ou allea.Tanto a inscricióncomo a afiliación tramítanse nas oficinas do ISM. COTIZACIÓN No caso do mar, segundo o tipo de traballo que se realice, hai tres grupos decotización: GRUPO I:Traballadores por conta allea en embarcacións de máis de 150 TRB. GRUPO II:Traballadores por conta allea: A: embarcacións de 50,01 TRB a 150 TRB. B: embarcacións de 10,01 TRB a 50 TRB. GRUPO III:Traballadores por conta allea en embarcacións menores de 10,01TRB. Traballadores por conta propia ou autónomos do mar: mariscadoras, redeiras,pequenos armadores. Módulo Administración - PARTE COMÚN 15
  18. 18. A base de cotización, pola que debemos pagar mensualmente, son as remuneracións do traballador. Pero no caso dos traballadores por conta propia, esta base de cotización é fixada cada ano polo Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais. As condicións especiais do traballo no mar favorecen que o Estado subvencione este réxime da seguinte maneira: Grupo I: 2/3 de subvención. Grupo II: 1/2 de subvención. Grupo III: 1/3 de subvención. Esta subvención chámase coeficiente corrector e abóase sobre o que correspondería pagar polas bases que se determinan por lei anualmente para cada grupo e categoría. BASES DE COTIZACIÓN Como mariscadoras que somos, podemos cotizar dentro do Grupo III (traballadoras autónomas), segundo dúas tarifas: a de tripulantes e a de técnicos: ANO 1997 (A Coruña e Vigo) Tarifa: 3 – técnicos 9 – tripulantes Base: 631 576 Epígrafe: ......................................Alta Baixa Alta Baixa Continxencias comúns:..............59,50 59,50 54,40 54,40 Accidentes: ................................19,90 5,10 18,20 4,70 Formación profesional: ................4,40 4,40 4,00 4,00 Total: .........................................83,81 69,00 76,60 63,1016 MANUAL DE FORMACIÓN PARA O MARISQUEO - Módulo Administración
  19. 19. AS PRESTACIÓNS A ASISTENCIA SANITARIA E FARMACÉUTICA. A INCAPACIDADE TEMPORAL: no noso caso (Grupo III por conta propia) oREM cobre: o As continxencias comúns: son a enfermidade común (unha gripe, porexemplo) e o accidente non laboral. Nestes casos cobraremos unha prestación ós15 días seguintes á baixa, do 60% da base reguladora; e ós 21 días pasaremos acobra-lo 75% desta. Neste caso: Base de cotización do mes anterior Base reguladora= Días exactos do mes anterior A carencia (tempo mínimo cotizado) é de 180 días nos últimos 5 anos. o As continxencias profesionais: son a enfermidade profesional e o accidentelaboral. Cobraremos o 75% da base reguladora dende o día seguinte á baixa. Abase reguladora calcúlase coma no caso anterior. Non require carencia, unicamente estar de alta. A MATERNIDADE. Cóbrase no casode parto e tamén nos de adopción e deacollemento previo. A contía é do 100% da basereguladora, e a carencia é de 180 díascotizados nos últimos 5 anos. Esta prestación dura, como máximo,16 semanas (18 se o parto é múltiple).O pai tamén pode participar destaprestación nas condicións que a leiestablece. Módulo Administración - PARTE COMÚN 17
  20. 20. A INCAPACIDADE PERMANENTE: concédese cando hai unha diminución da capacidade física para a profesión habitual. Esa incapacidade permanente pode ser parcial, total, absoluta ou gran invalidez: PARCIAL: esta incapacidade non nos impide seguir traballando na profesión habitual, pero supón que temos, alomenos, un 33% de diminución da nosa capacidade física. TOTAL: esta incapacidade é incompatible coa profesión habitual que viñamos exercendo, o que non nos impide traballar noutra distinta. ABSOLUTA: é incompatible coa realización de calquera traballo. GRAN INVALIDEZ: ó non poder valernos por nós, necesitámo-la axuda doutra persoa. A XUBILACIÓN: a xubilación, en xeral, en España é voluntaria, sempre que teñámo-la idade para retirarnos. No marisqueo a pé establécese como idade forzosa para a xubilación os 65 anos. O cálculo da base reguladora para a xubilación determínase en función das cotizacións dos últimos anos. Por exemplo, para o ano 2000, calcularíase así: Suma das cotizacións (dos 144 meses anteriores) Base reguladora = 16818 MANUAL DE FORMACIÓN PARA O MARISQUEO - Módulo Administración
  21. 21. Segundo os anos cotizados, así será a porcentaxe da base que cobraremos. Secotizamos 15 anos, cobrámo-lo 50% da base, e así gradualmente ata os 35 anoscotizados, caso no que cobrariámo-lo 100% da base reguladora. MORTE E SUPERVIVENCIA: é a prestación que lles corresponde pola morte dacausante (é dicir, da traballadora) ós seus fillos, ó cónxuxe e a outros familiares. Ademais desa prestación, os sobreviventes reciben un pequeno auxilio pordefunción. Se o falecemento fose por causa dun accidente laboral ou por enfermidadeprofesional, correspóndelles ós beneficiarios recibir unha indemnización. ASIGNACIÓN POR FILLO Ó CARGO. Pode solicitarse esta prestación segundo os ingresos da unidade familiar candose teñen fillos menores ó cargo. Módulo Administración - PARTE COMÚN 19
  22. 22. OS CONVENIOS ESPECIAIS No suposto de ter algo cotizado no REM e non poder seguir cotizando neste ou noutro réxime (por exemplo, incapacidade, emigrante retornado, etc.), podemos subscribir un convenio especial, que cobre as prestacións derivadas de continxencias comúns (enfermidade e accidente non laboral) e a xubilación. O prazo para subscribi-lo convenio especial é de 90 días.20 MANUAL DE FORMACIÓN PARA O MARISQUEO - Módulo Administración
  23. 23. FOLLA DE AUTOAVALIACIÓN¿É voluntario o réxime especial do IVE da agricultura, gandería e pesca?...............................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................¿É necesario levar un rexistro das vendas?...............................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................¿En que réxime se pode compensa-lo IVE dos gastos?...............................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................¿Como se determina o beneficio? ¿Que é o rendemento?...............................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................¿Quen debe face-lo pago fraccionado?............................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................... Módulo Administración - PARTE COMÚN 21
  24. 24. ¿Cales son as obrigas fiscais trimestrais e anuais? ................................................................................................................... ................................................................................................................... ................................................................................................................... ................................................................................................................... ................................................................................................................... ¿A que idade é obrigatoria a xubilación? ................................................................................................................... ................................................................................................................... ................................................................................................................... ................................................................................................................... ................................................................................................................... ¿Que pagamos na cota mensual da Seguridade Social? ................................................................................................................... ................................................................................................................... ................................................................................................................... ................................................................................................................... ................................................................................................................... ¿Está subvencionado o réxime especial do mar? ................................................................................................................... ................................................................................................................... ................................................................................................................... ................................................................................................................... ................................................................................................................... ¿Que tipo de prestación é unha baixa por accidente non laboral? ................................................................................................................... ................................................................................................................... ................................................................................................................... ................................................................................................................... ...................................................................................................................22 MANUAL DE FORMACIÓN PARA O MARISQUEO - Módulo Administración
  25. 25. BIBLIOGRAFÍA:Guía laboral 1998 y de asuntos sociales. Ministro de Traballo e Asuntos Sociais, 1998.Código da Seguridade Social. Aranzadi Editorial, 1997.PYMES, nueva fiscalidad. Folleto informativo. Axencia Tributaria, 1998.Guía para la declaración de la renta, 1998. Axencia Tributaria, 1999.Legislación sobre el IVA. Editorial Tecnos, S. A.1994. Módulo Administración - PARTE COMÚN 23
  26. 26. MANUAL DE FORMACIÓN PARA O MARISQUEO UNTA DE GALICIACONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOSDirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro

×