Analisi situacion pesqueria polbo e conflicto actual 2 xullo 2013 def

321 views

Published on

0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
321
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
1
Actions
Shares
0
Downloads
4
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Analisi situacion pesqueria polbo e conflicto actual 2 xullo 2013 def

  1. 1. Informe Asoar-Armega: Sobre la problemática actual na Pesqueria do Polbo nas Augas Galegas e as responsabilidades da Conselleria do medio rural e do mar. Na presente situación, a nosa organización ten analizado os aspectos fundamentais que están a complexizar unha saida razanoable e beneficiosa para os mariñeiros e armadores da pesquería do polbo e para implantación dun sistema de explotación científico, moderno, seguro e sustentable tanto a nivel social como biolóxico. Neste terreo cobra unha especial importancia a falla de competencia, transparencia e falla de dialogo da Consellería do mar. Neste sentido, decir que non basta con constatar un descenso de capturas respecto do ano 2010 para impoñer calquer tipo de medida e calquer plan de xestión da pesqueria do polbo. Basta seguir as diversas declaracións dos responsables da Conselleria para observar este problema de plantexamento e, lamentablemente, un autoritarismo totalmente desfasado e carente de bases mínimamente racionais, que se pretende validar con medias verdades e falsedades manifestas. Así, o secretario Xeral, manifesta que se ten analizado a situación biolóxica e extractiva e para iso e para concluir que a situación nestes dous terreos non é satisfactoria compara uns supostos resultados de capturas (non existentes na base estatística da Conselleria: pescadegalicia.com) dos anos 2012- 2011 cos de 2010, aos que califica de excepcionais. Sin embargo para calquer profesional e non digamos xa experto en pesquerias este tipo de analise non se pode facer pois sería necesario avaliar (con datos certos e constrastados) as campañas extractivas que se corresponden cos ciclos biolóxicos da especie que se pretende analizar. O polbo, é unha especie de ciclo de vida moi curta e que se nutre cada ano-- a partires da mitade de cada ano-- cos xuvenis que entran xa en peso de captura procedentes das postas do ano anterior. E necesario pois analizar as campañas productivas da pesqueria e non os anos naturais. Apelar a continua repetición da palabra sustentabilidade é abusar da falla de coñecementos especializados dos medios de comunicación e ademáis basearse nun estudo da pesquería que a todas luces non existe, non é o mellor camiño para a sustentabilidade nin biolóxica nin social. Nin por suposto autoriza a tomar calquer medida ocurrente cuxa efectividade está por demostrar. Si existira ese estudo, poderíamos saber o stock productivo comercial de que dispoñemos para a próxima campaña, as abundancias nas diversas zonas do litoral galego...etc etc, pero nada de esto se sabe, pois ese estudo non existe. Ademáis, ten que existir unha proporción nas medidas a tomar e a situación real . No noso anterior escrito decíamos : “ Asoar-Armega ten revisado as estatísticas de capturas de todolos portos galegos donde se desembarca só polbo procedente das nosas augas costeiras e os resultados mostranse na tabóa e gráfica seguintes: Campaña Final-Veda--fin ano Inicio-ano seguinte--Veda Total Campaña Tm-totais Tm-totais Tm-totais 1997-1998 1.593.344 1.178.357 2.771.701 1998-1999 1.599.259 1.319.373 2.918.632 1999-2000 1.050.769 674.336 1.725.105 2000-2001 1.154.596 1.001.914 2.156.510 2001-2002 764.856 894.294 1.659.150 2002-2003 1.033.850 777.167 1.811.017
  2. 2. 2003-2004 1.177.422 1.198.312 2.375.734 2004-2005 1.320.497 682.895 2.003.392 2005-2006 608.765 415.295 1.024.060 2006-2007 897.066 699.037 1.596.103 2007-2008 1.097.042 842.082 1.939.124 2008-2009 1.086.091 437.100 1.523.191 2009-2010 953.906 1.177.233 2.131.139 2010-2011 1.413.911 1.044.641 2.458.552 2011-2012 1.071.359 480.075 1.551.434 2012-2013 854704 471.181 1.325.885 2013-2014 Si atendemos aos datos, podemos concluir que si ben as dúas últimas campañas (2011-2012; e 2012-2013) non son boas, e que nos últimos anos non se ten recuperado ( a pesar do que decía non fai poucos anos a propia Consellería no querendo nin facer veda) os nives de finais dos 90, non se pode decir que estemos a experimentar unha situación de emerxencia que xustifique unhas medidas como as propostas actualmente, tendo en conta que a captación de xuvenís depende de moitos outros factores que a actuación dos pescadores artesanais, entre outros factores cabe mencionar : os climático-oceanográficos (recoñecidos pola propia Consellería) e de contaminación e perda de zonas productivas De feito, na campaña 2005-2006, os resultados foron moito peores que os actuais e a ninguen se lle ocurriu semellantes medidas como as propostas actualmente. “ Pois ben, a Conselleira do rural e do mar, ten respostado que a cuesstión é que non queren deixar que a situación chegue aos niveis de de 2005. Loable intención, pero non sería máis sinxelo decatarse que si aquela situación se superou e se chegaron aos niveis excepcionais que dí o seu Secretario xeral no ano 2010, foi por tomar unha serie de medidas concretas que nada teñen que ver coas medidas que agora se queren impoñer desde a Conselleria. Xogar a confusión, as grandes 0 500.000 1.000.000 1.500.000 2.000.000 2.500.000 3.000.000 1997-1998 1998-1999 1999-2000 2000-2001 2001-2002 2002-2003 2003-2004 2004-2005 2005-2006 2006-2007 2007-2008 2008-2009 2009-2010 2010-2011 2011-2012 2012-2013 2013-2014 F-veda--F-anoI--ano--I-veda
  3. 3. palabras e as medias verdades non vai a axudar nada a sustentabilidade nin biolóxica nin social. Igual, que non axuda nada estar a falar continuamente de actitude dialogante para a continuación engadir que o que xa está escrito non se pode poñer en discusión e que é a Consellería quen decide e que xa está todo ben decidido. E do mesmo modo aludir a equipos fantasmas coa Federación de Confrarías do que ninguén temos noticia nin coñecemento. Nin papeis que demostren a súa existencia. Pensamos que non se pode tratar de confundir a opinión pública nin ao sector, equiparando o necesario control das nasas e os niveis extractivos (como calquera outro aparello) cunhas medidas que dificultan enormemente o traballo aos profesionais do mar e que ademais xeneran e van xenerar situacións de risco. Existen solucións alternativas que calquera que coñeza medianamente o mundo do mar podería propoñer. Parécenos que toda esta posta en escea de man dura e repentino interese pola sustentabilidade ( como é posible que esta mesma Consellería se atrevese a decir no ano 2010 que a pesqueria do polbo xa estaba recuperada e nen sequera facía falla veda), que esta repentina postura de autoridade non é nada máis que unha cortina de fume para tapar a mala situación xeral dos recursos marisqueiros e pesqueiros en que a desacertada xestión da Conselleria ten levado aos diversos subsectores do noso mar: donde están os grandes resultados esperados das bateas de reinstalación?, como imos a arranxar os problemas da ameixa rubia na ría de Vigo e do berberecho en Arousa?, que foi do Plan de Recuperación de zonas improductivas? Como imos facer para deter esta continua baixada de prezos dos nosos recursos?...etc etc En definitiva, parécenos que estamos diante dun equipo (a dirección da actual Conselleria do Mar) esgotado e sen ideas e sen capacidade de diálogo que está a empeorar unha situación xa difícil de por sí En segundo lugar, creemos insistir na creación dunha mesa sectorial para elaborar un Plan de Xestión do Polbo, racional, científico e sustentable a nivel social e biolóxico e que debe estar formada por profesionais do mar que coñecen perfectamente o seu oficio e técnicos expertos en pesquerías e comercialización independentes. Por último, consideramos necesario facer un chamamento ao respeto entre tódolos profesionais do sector e na convicción de que desta situación se sairá mediante o diálogo e a búsqueda de compromisos entre os diversos intereses existentes e non pola práctica de coaccións ou ameazas de ningún tipo. Corcubión xullo de 2013

×