1. RECOLLIDA DE SINATURAS PARA REQUIRIR DAS DIFERENTES
RECOLLIDA DE SINATURAS PARA REQUIRIR DAS DIFERENTES
ADMINISTRACIÓNS IMPLICADAS A POSTA EN MARCHA DAS
ACTUACIÓNS NECESARIAS PARA PODER AMPLIAR XA O CPI AS
MIRANDAS (ARES )
Coma é de xeral coñecemento, resulta evidente a necesidade de ampliar as actuais instalacións
para dar acollida aos máis de 400 alumnos e alumnas que reciben a educación obrigatoria no
noso centro.
Proba desa necesidade foi a loita que ANPA e moitas familias levaron a cabo hai máis de 5 anos
que trouxo como resultado o compromiso da ampliación e a instalación provisional de dous
“barracóns prefabricados” nos que se leva impartindo educación infantil . Ademáis de ocupar a
metade do patio de recreo que debería estar disfrutando o alumnado, xa comezan a padecer
defectos e avarías que provocan unha merma das condicións de habitalidade e salubridade,
repercutindo na calidade da atención educativa e na saúde dos pequenos e os seus mestres.
Na xuntanza que lle solicitamos ao Xefe territorial da Consellería de Educación, celebrada o
26.11.2016, á que asistiron tamén a directora do centro, a concelleira de Urbanismo e dous
técnicos, informóusenos de que:
* O espazo idóneo para ampliar o centro é nos terreos colindantes ao actual patio de Infantil ( xa
expropiados polo concello pero aínda non coa calificación urbanística axeitada para poder
comeza a construír neles ). Poder facelo depende da aprobación do PXOM do concello,
actualmente en trámite, coa previsión de aprobación ao longo deste ano 2017 se ambas
administracións ( municipal e autonómica ) lle dan suficiente pulo ao asunto.
* A Xunta ten reservada unha partida económica próxima aos 275.000 € para ampliar o cole con
3 aulas ( insuficiente ao noso entender e ao da dirección tamén ).
Tendo en conta que xa levamos agardando máis de 5 anos por as obras de ampliación do centro,
e segundo acordo da asemblea da ANPA do 25.01.2017, queremos mostrarlle á Xunta de Galicia
e ao Concello de Ares que o conxunto da poboación aresana esixe unha maior coordinación entre
ambas para levar a bo porto este asunto canto antes e por iso todos os abaixo asinantes lles
requirimos :
1 .- INTERVENCIÓN E COORDINACIÓN ENTRE O CONCELLO, A CONSELLERÍA DE
EDUCACIÓN E A DIRECCIÓN XERAL DE URBANISMO QUE PERMITA AXILIZAR A
APROBACIÓN DO PXOM, estudando incluso acollerse a procedementos de
excepcionalidade por razóns de interese xeral ( Lei 3/2016, do 1 de marzo, de medidas en
materia de proxectos públicos de urxencia ou de excepcional interese. )
2.- REQUIRIR DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN PARA QUE AUMENTE A PARTIDA
ORZAMENTARIA E SE POIDA ASÍ CONSTRUIR O AULARIO DE INFANTIL COMPLETO MÁIS
AS INSTALACIÓNS QUE FIGURABAN NA MEMORIA INFORMATIVA INICIAL ( AULA DE
INFORMÁTICA, AULA DE PSICOMOTRICIDADE,... ) EVITANDO O “ PARCHE” QUE SUPORÍA
CONSTRUIR SÓ 3 AULAS.
A información persoal facilitada neste formulario será recollida nun ficheiro da asociación de nais e pais para o único fin da remisión dos datos
ás administración competentes . Poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, denegación ou cancelación dos seus datos persoais
dirixíndose a ANPA ( Celso Emilio Ferreiro s/n – 15624 Ares – anpadeares@gmail.com ).
2. RECOLLIDA DE SINATURAS PARA REQUIRIR DAS DIFERENTES
RECOLLIDA DE SINATURAS PARA REQUIRIR DAS DIFERENTES
ADMINISTRACIÓNS IMPLICADAS A POSTA EN MARCHA DAS
ACTUACIÓNS NECESARIAS PARA PODER AMPLIAR XA O CPI AS
MIRANDAS (ARES )
NOME DNI SINATURA