SlideShare a Scribd company logo
1 of 2
SOBRE ZAPATERO. IN MEMORIAM

Ter militancia política activa permite algunhas veces cousas que doutro xeito non se poderían
facer. É moito máis fácil para unha persoa significada políticamente falar ben doutra da
oposición que para a maioría dos votantes. Eu nunca fun socialista nen apoiei a Zapatero pero
moitos dos que onte foron ás urnas a tumbar o seu partido si creron nel e por iso hoxe teñen
un especie de silencio moral sobre as súas cabezas.

Desde a óptica nacionalista vaise o único presidente do goberno de España que creo que
chegou a entender as reivindicacións históricas de certas comunidades e que representou a un
PSOE verdadeiramente con vocación federal. Só desde esta óptica se entende en todo o seu
conxunto a entrega das armas por parte de ETA ou a experiencia do tripartito en Cataluña.
Tamén se entende así a salida de Paco Vázquez para o Vaticano co fin de propiciar un bipartito
en Galiza que non estivese permanentemente minado polas opinións dun personaxe tamaño.
É certo que en Euskadi o PSOE se aliou co PP pero ese paso tamén era alí necesario se se
quería que logo chegasen outros. Para un nacionalista son actos insuficientes pero que marcan
distancia con respecto aos anteriores presidentes de goberno e moito me temo que marcarán
abismos cos que están por chegar.

Os amigos do simbólico débenlle un acto sen precedentes na democracia española: o
cumplimento da súa promesa electoral de retirar as tropas de Irak con todo o que iso supuxo.
É un acto de autoridade do Estado Español que nunca fará o PP por moito que presuma de
nacionalista español e de defender os intereses patrios. O patriotismo do PP é tan pobre e
chabacano que coma o de toda a dereita española de sempre remata en Euskal-Herria e en
Catalunya. É un patriotismo de charanga e pandeireta, de zarzuela e chotís, de señorito
andaluz vido a menos…

Nunca fun, por outro lado, grande defensor de facer unha política baseada en exclusiva nos
dereitos civís, cousa que non quere dicir que non me parezan importantes. Semella triste que
un presidente dos EEUU gañe as eleccións cun programa que se basa nun 50% no feito de ser
negro, o mesmo sucedía con Hillary Clinton cando competiu na carreira á Casa Blanca
empregando o argumento de ser muller. Non en tanto, e se un se move por internet, parece
que a maioría da xente nova de esquerdas entende esta ideoloxía só coma feitos deste tipo. É
dicir pesa o feito de ser muller, gay, non andar en coche oficial, baixarse o soldo e cousas así.
Non chego a entender os odios a Zapatero de xente deste teor despois da Lei do Aborto, da Lei
que regula o matrimonio entres persoas do mesmo sexo e tantos outros feitos simbólicos que
desenvolveu e que foron moitas veces proporcionais aos problemas estruturais do seu
goberno.

Sobre a crise que o tumbou fixo os xestos que faría calquera gobernante nun primeiro
momento. Cando se di que negou a crise o que non se explica é que o sistema capitalista e o
que mellor o encarna, a Bolsa, móvense por algo tan lene e variable como a confianza. Se
Zapatero dixese que o país ía entrar en recesión a cousa adianteríase pero isto non indica que
se fose a sair antes nen que a crise actuase con menos virulencia.

En fin, Zapatero foi mal presidente por moitas outras cousas: permitir que a Unión Europea e
os mercados afogasen a autoridade dos gobernos, deixar seguir medrando a especulación
urbanísitca, non convertir a España nun estado Federal, banalizar coas ministras na revista
Vogue, usar os dereitos civís para encubrir os seus erros de xestión, non colocar as linguas do
Estado como intocables nos territorios onde se falan, modificar a constitución conchabándose
co PP e facer unas campañas baseadas en marketing puro e duro (aquilo de ZP).

Agora ben, ninguén dos que non votaron socialista o 20-N lle pediron nunca nada diso e
ademais sempre estiveron en contra de medidas dese tipo, tamén hai catro anos cando lle
deron a maioría. Por iso eu teño o beneficio da crítica e eles non. Por iso eles non foron votar o
Domingo optando por esconderse nas casas e pola abstención e por iso, ao fin, o BNG nunca
rentabiliza os votos socialistas que se perden. É o mesmo que dicir que moitos votantes
socialistas de Galiza son infinitamente peores que Zapatero para a nosa nación. Noxo me dá
cando me din que con eles nos temos que aliar.

Coa caída de Rodríguez Zapatero volta o PSOE máis cerril, centralista e xacobino ,como de
feito xa se viu na campaña. É un PSOE que en Galiza e nalgúns concellos da Mariña coñecemos
ben.Ese PSOE que durante os próximos dous ou tres anos vai firmar co PP, por falso
patriotismo, todas as medidas que este adopte e que nos devolverán territorialmente ao nivel
competencial dos anos 80. Medidas, fique claro, que nadan teñen que ver coa solución da crise
pero que van ir no lote.

Eu nunca fun de ZP e por iso dixen.

More Related Content

Viewers also liked

Semana Santa Con Dibujos
Semana  Santa Con DibujosSemana  Santa Con Dibujos
Semana Santa Con Dibujosguest0fce11
 
Quebranto por $1,300 millones en la cfe; implicados, funcionarios y jueces de...
Quebranto por $1,300 millones en la cfe; implicados, funcionarios y jueces de...Quebranto por $1,300 millones en la cfe; implicados, funcionarios y jueces de...
Quebranto por $1,300 millones en la cfe; implicados, funcionarios y jueces de...Juan Cruz Vega
 
Grupo norte contrata a 126 mujeres víctimas
Grupo norte contrata a 126 mujeres víctimasGrupo norte contrata a 126 mujeres víctimas
Grupo norte contrata a 126 mujeres víctimasBig Comunicación
 
Hotelvillaserena impulsandoelcomer
Hotelvillaserena impulsandoelcomerHotelvillaserena impulsandoelcomer
Hotelvillaserena impulsandoelcomerhotelvillaserena
 
Rías Baixas en la Revista Ronda
Rías Baixas en la Revista RondaRías Baixas en la Revista Ronda
Rías Baixas en la Revista RondaRias Baixas
 
Invitacion proyeccion particular semana de la ciencia
Invitacion proyeccion particular  semana de la cienciaInvitacion proyeccion particular  semana de la ciencia
Invitacion proyeccion particular semana de la cienciaSodepal
 
Montar seu Negócio em Marketing Digital em10passos
Montar seu Negócio em Marketing Digital em10passosMontar seu Negócio em Marketing Digital em10passos
Montar seu Negócio em Marketing Digital em10passosWagner Blasio
 
presentacion
presentacionpresentacion
presentaciondavidrap
 
Curso redes sociales clasejueves
Curso redes sociales clasejuevesCurso redes sociales clasejueves
Curso redes sociales clasejuevesBetty Rugeles
 
Contabilidad ambiental
Contabilidad ambientalContabilidad ambiental
Contabilidad ambientalMario_Pulido
 
Curso redes sociales clasejueves
Curso redes sociales clasejuevesCurso redes sociales clasejueves
Curso redes sociales clasejuevesBetty Rugeles
 
Kwimmy en Lisanne.
Kwimmy en Lisanne.Kwimmy en Lisanne.
Kwimmy en Lisanne.guest9f451f
 

Viewers also liked (20)

Presentación1
Presentación1Presentación1
Presentación1
 
Semana Santa Con Dibujos
Semana  Santa Con DibujosSemana  Santa Con Dibujos
Semana Santa Con Dibujos
 
Blogeer salud publica
Blogeer salud publicaBlogeer salud publica
Blogeer salud publica
 
Quebranto por $1,300 millones en la cfe; implicados, funcionarios y jueces de...
Quebranto por $1,300 millones en la cfe; implicados, funcionarios y jueces de...Quebranto por $1,300 millones en la cfe; implicados, funcionarios y jueces de...
Quebranto por $1,300 millones en la cfe; implicados, funcionarios y jueces de...
 
Grupo norte contrata a 126 mujeres víctimas
Grupo norte contrata a 126 mujeres víctimasGrupo norte contrata a 126 mujeres víctimas
Grupo norte contrata a 126 mujeres víctimas
 
Hotelvillaserena impulsandoelcomer
Hotelvillaserena impulsandoelcomerHotelvillaserena impulsandoelcomer
Hotelvillaserena impulsandoelcomer
 
Rías Baixas en la Revista Ronda
Rías Baixas en la Revista RondaRías Baixas en la Revista Ronda
Rías Baixas en la Revista Ronda
 
Santillana del mar
Santillana del marSantillana del mar
Santillana del mar
 
marriott
marriottmarriott
marriott
 
Invitacion proyeccion particular semana de la ciencia
Invitacion proyeccion particular  semana de la cienciaInvitacion proyeccion particular  semana de la ciencia
Invitacion proyeccion particular semana de la ciencia
 
Montar seu Negócio em Marketing Digital em10passos
Montar seu Negócio em Marketing Digital em10passosMontar seu Negócio em Marketing Digital em10passos
Montar seu Negócio em Marketing Digital em10passos
 
presentacion
presentacionpresentacion
presentacion
 
Insumos
InsumosInsumos
Insumos
 
Curso redes sociales clasejueves
Curso redes sociales clasejuevesCurso redes sociales clasejueves
Curso redes sociales clasejueves
 
Contabilidad ambiental
Contabilidad ambientalContabilidad ambiental
Contabilidad ambiental
 
El niño del panteon
El niño del panteonEl niño del panteon
El niño del panteon
 
Equipo
EquipoEquipo
Equipo
 
Extras agency camera action
Extras agency camera actionExtras agency camera action
Extras agency camera action
 
Curso redes sociales clasejueves
Curso redes sociales clasejuevesCurso redes sociales clasejueves
Curso redes sociales clasejueves
 
Kwimmy en Lisanne.
Kwimmy en Lisanne.Kwimmy en Lisanne.
Kwimmy en Lisanne.
 

Sobre zapatero

  • 1. SOBRE ZAPATERO. IN MEMORIAM Ter militancia política activa permite algunhas veces cousas que doutro xeito non se poderían facer. É moito máis fácil para unha persoa significada políticamente falar ben doutra da oposición que para a maioría dos votantes. Eu nunca fun socialista nen apoiei a Zapatero pero moitos dos que onte foron ás urnas a tumbar o seu partido si creron nel e por iso hoxe teñen un especie de silencio moral sobre as súas cabezas. Desde a óptica nacionalista vaise o único presidente do goberno de España que creo que chegou a entender as reivindicacións históricas de certas comunidades e que representou a un PSOE verdadeiramente con vocación federal. Só desde esta óptica se entende en todo o seu conxunto a entrega das armas por parte de ETA ou a experiencia do tripartito en Cataluña. Tamén se entende así a salida de Paco Vázquez para o Vaticano co fin de propiciar un bipartito en Galiza que non estivese permanentemente minado polas opinións dun personaxe tamaño. É certo que en Euskadi o PSOE se aliou co PP pero ese paso tamén era alí necesario se se quería que logo chegasen outros. Para un nacionalista son actos insuficientes pero que marcan distancia con respecto aos anteriores presidentes de goberno e moito me temo que marcarán abismos cos que están por chegar. Os amigos do simbólico débenlle un acto sen precedentes na democracia española: o cumplimento da súa promesa electoral de retirar as tropas de Irak con todo o que iso supuxo. É un acto de autoridade do Estado Español que nunca fará o PP por moito que presuma de nacionalista español e de defender os intereses patrios. O patriotismo do PP é tan pobre e chabacano que coma o de toda a dereita española de sempre remata en Euskal-Herria e en Catalunya. É un patriotismo de charanga e pandeireta, de zarzuela e chotís, de señorito andaluz vido a menos… Nunca fun, por outro lado, grande defensor de facer unha política baseada en exclusiva nos dereitos civís, cousa que non quere dicir que non me parezan importantes. Semella triste que un presidente dos EEUU gañe as eleccións cun programa que se basa nun 50% no feito de ser negro, o mesmo sucedía con Hillary Clinton cando competiu na carreira á Casa Blanca empregando o argumento de ser muller. Non en tanto, e se un se move por internet, parece que a maioría da xente nova de esquerdas entende esta ideoloxía só coma feitos deste tipo. É dicir pesa o feito de ser muller, gay, non andar en coche oficial, baixarse o soldo e cousas así. Non chego a entender os odios a Zapatero de xente deste teor despois da Lei do Aborto, da Lei que regula o matrimonio entres persoas do mesmo sexo e tantos outros feitos simbólicos que desenvolveu e que foron moitas veces proporcionais aos problemas estruturais do seu goberno. Sobre a crise que o tumbou fixo os xestos que faría calquera gobernante nun primeiro momento. Cando se di que negou a crise o que non se explica é que o sistema capitalista e o que mellor o encarna, a Bolsa, móvense por algo tan lene e variable como a confianza. Se Zapatero dixese que o país ía entrar en recesión a cousa adianteríase pero isto non indica que se fose a sair antes nen que a crise actuase con menos virulencia. En fin, Zapatero foi mal presidente por moitas outras cousas: permitir que a Unión Europea e os mercados afogasen a autoridade dos gobernos, deixar seguir medrando a especulación
  • 2. urbanísitca, non convertir a España nun estado Federal, banalizar coas ministras na revista Vogue, usar os dereitos civís para encubrir os seus erros de xestión, non colocar as linguas do Estado como intocables nos territorios onde se falan, modificar a constitución conchabándose co PP e facer unas campañas baseadas en marketing puro e duro (aquilo de ZP). Agora ben, ninguén dos que non votaron socialista o 20-N lle pediron nunca nada diso e ademais sempre estiveron en contra de medidas dese tipo, tamén hai catro anos cando lle deron a maioría. Por iso eu teño o beneficio da crítica e eles non. Por iso eles non foron votar o Domingo optando por esconderse nas casas e pola abstención e por iso, ao fin, o BNG nunca rentabiliza os votos socialistas que se perden. É o mesmo que dicir que moitos votantes socialistas de Galiza son infinitamente peores que Zapatero para a nosa nación. Noxo me dá cando me din que con eles nos temos que aliar. Coa caída de Rodríguez Zapatero volta o PSOE máis cerril, centralista e xacobino ,como de feito xa se viu na campaña. É un PSOE que en Galiza e nalgúns concellos da Mariña coñecemos ben.Ese PSOE que durante os próximos dous ou tres anos vai firmar co PP, por falso patriotismo, todas as medidas que este adopte e que nos devolverán territorialmente ao nivel competencial dos anos 80. Medidas, fique claro, que nadan teñen que ver coa solución da crise pero que van ir no lote. Eu nunca fun de ZP e por iso dixen.