POLAS NOSAS FRAGAS!!!!
                              Crónica de Antonio González López

         O por desgraza famoso incendio das Fragas do Eume conmocionou a todo o arredor (Monfero,
Irixoa, Pontedeume…), e a repercusión que tivo en todo o país a causa dos medios de comunicación foi
considerable.

         Ata que o perdemos, non apreciamos o que temos. Un paraíso natural que se atopa tan preto de
nós estivo en perigo e iso é algo que hai que evitar. Se non coidamos da natureza, do planeta e, sobre todo
do noso entorno, da nosa casa; todo o bo acabarase.

         Por sorte, a xente concienciouse, e en moitas vilas e cidades galegas houbo manifestacións
contra os pirómanos e a favor da natureza e das Fragas do Eume. Como non podía ser doutro xeito, na
escola houbo mobilizacións por parte do alumnado do 3.º nivel de Educación Primaria e a súa profesora e
tamén por parte do alumnado da ESO e do Departamento de E.P.V.

          En recentes semanas, os nenos e nenas de 3.º de Primaria buscaron información acerca das
Fragas do Eume e das zonas próximas; fixeron unha recompilación con árbores autóctonas que podemos
atopar no parque natural, arbustos, animais e outras plantas, como os míticos e prehistóricos felgos,
fieitos ou fentos (para gustos do/a falante). Con este traballo fixeron uns carteis que están expostos no
corredor do edificio novo, en fronte ó ascensor. Con este traballo podemos ver con tranquilidade que unha
conciencia ecoloxista de coidado da natureza e do noso entorno emerxe, xorde co aprendizaxe, para que
así, o día de mañá, cando os/as xoves sexamos adultos/as, poidamos continuar vivindo nun entorno rural
que apreciamos. Que, sen que veñan prender lume, sen que nos chamen “toscos” e “incultos” nun
dicionario; poidamos vivir do campo (agricultura, gandaría e explotación forestal) ou, simplemente, no
campo: en tranquilidade e harmonía coa natureza, podendo vivir doutros traballos.

Preservar o noso entorno natural é primordial. A denuncia do lume tamén está nas nosas paredes, nos
nosos murais. Pois o alumnado da ESO, como traballo dunha lámina para a materia de Educación Plástica
e Visual, fixemos unas viñetas para denunciar o crime que se cometeu. E que todo o mundo teña
conciencia de que, un mes despois da traxedia, moi conscientes do sucedido; a voz do Xestal álzase
contra os incendiarios e a favor das nosas benqueridas Fragas, As Fragas do Eume!

Polas nosas fragas

  • 1.
    POLAS NOSAS FRAGAS!!!! Crónica de Antonio González López O por desgraza famoso incendio das Fragas do Eume conmocionou a todo o arredor (Monfero, Irixoa, Pontedeume…), e a repercusión que tivo en todo o país a causa dos medios de comunicación foi considerable. Ata que o perdemos, non apreciamos o que temos. Un paraíso natural que se atopa tan preto de nós estivo en perigo e iso é algo que hai que evitar. Se non coidamos da natureza, do planeta e, sobre todo do noso entorno, da nosa casa; todo o bo acabarase. Por sorte, a xente concienciouse, e en moitas vilas e cidades galegas houbo manifestacións contra os pirómanos e a favor da natureza e das Fragas do Eume. Como non podía ser doutro xeito, na escola houbo mobilizacións por parte do alumnado do 3.º nivel de Educación Primaria e a súa profesora e tamén por parte do alumnado da ESO e do Departamento de E.P.V. En recentes semanas, os nenos e nenas de 3.º de Primaria buscaron información acerca das Fragas do Eume e das zonas próximas; fixeron unha recompilación con árbores autóctonas que podemos atopar no parque natural, arbustos, animais e outras plantas, como os míticos e prehistóricos felgos, fieitos ou fentos (para gustos do/a falante). Con este traballo fixeron uns carteis que están expostos no corredor do edificio novo, en fronte ó ascensor. Con este traballo podemos ver con tranquilidade que unha conciencia ecoloxista de coidado da natureza e do noso entorno emerxe, xorde co aprendizaxe, para que así, o día de mañá, cando os/as xoves sexamos adultos/as, poidamos continuar vivindo nun entorno rural que apreciamos. Que, sen que veñan prender lume, sen que nos chamen “toscos” e “incultos” nun dicionario; poidamos vivir do campo (agricultura, gandaría e explotación forestal) ou, simplemente, no campo: en tranquilidade e harmonía coa natureza, podendo vivir doutros traballos. Preservar o noso entorno natural é primordial. A denuncia do lume tamén está nas nosas paredes, nos nosos murais. Pois o alumnado da ESO, como traballo dunha lámina para a materia de Educación Plástica e Visual, fixemos unas viñetas para denunciar o crime que se cometeu. E que todo o mundo teña conciencia de que, un mes despois da traxedia, moi conscientes do sucedido; a voz do Xestal álzase contra os incendiarios e a favor das nosas benqueridas Fragas, As Fragas do Eume!