Paixón do Señor  Mateo 27, 11-54 Automático – Son
Naquel tempo, compareceu Xesús diante do gobernador, que lle preguntou: ‑  ¿Es ti o rei dos xudeus? Xesús contestou: ‑  Ti o dis
E aos cargos que lle facían os sumos sacerdotes  e mailos senadores, non respondeu nada.
Entón preguntoulle Pilato: ‑  ¿Seica non oes todo o que están testemuñando contra ti? Pero non respondeu a pregunta ningunha, deixando ao gobernador moi estrañado.
Resulta que pola festa tiña o costume de ceibar o preso que a xente lle pedise. Tiñan daquela un preso de moita sona chamado Barrabás.  Barrabás
Pilato dirixiuse ao pobo reunido: ‑  ¿A quen queredes que vos solte, a Barrabás ou a Xesús, chamado o Cristo?  Pois el ben sabía que llo entregaran por envexa. Barrabás
Mentres estaba sentado no tribunal,  a súa muller mandoulle a dicir: ‑  Deixa en paz a ese xusto, que hoxe sufrín moito en soños por cousa del.
Pero os sumos sacerdotes e mais os anciáns persuadiron á xente, para que reclamasen a Barrabás e acabasen con Xesús.
O gobernador insistiu: ‑  ¿A quen queredes que vos libere? Eles dixeron:  ‑  A Barrabás.
Díxolles Pilato: ‑  ¿E que fago eu con Xesús, chamado o Cristo? E responderon todos: ‑  ¡Que o crucifiquen!
El replicou: ‑  Pero, ¿que mal fixo? Pero eles berraban máis forte dicindo: ‑  ¡Que o crucifiquen!
Vendo Pilato que non conseguía nada, senón que, pola contra, o barullo ía a máis, tomou auga e lavou as mans diante de todos dicindo: ‑  Alá vós, eu non son responsable deste sangue.
Todo o pobo respondeu dicindo: ‑  Pois que recaia o seu sangue sobre nós e sobre os nosos fillos. Entón soltoulles a Barrabás, e a Xesús, despois de o mandar azoutar, entregouno para que o crucificasen.
Os soldados do gobernador levaron a Xesús ao Pretorio, e reuniron toda a compañía. Espírono, botáronlle enriba un manto escarlata; e, trenzando unha coroa de espiños, puxéronlla na cabeza, e na man dereita unha cana.
Axeonllándose diante del, dicíanlle moqueándose: ‑  ¡Saúde, rei dos xudeus! Cuspíanlle e coa canivela dábanlle vergallazos na cabeza.
Ao saíren atoparon un home de Cirene, chamado Simón; e obrigárono a levar a cruz de Xesús.
Despois de faceren riso del, quitáronlle o manto e puxéronlle a súa roupa e quitárono para fóra para o crucificar.
Cando chegaron a un lugar chamado Gólgota, é dicir, lugar da Caveira, a Xesús déronlle de beber viño mesturado con fel; el probouno, pero non o quixo beber.
Despois de que o crucificaron, repartiron os seus vestidos botándoos a sorteo e, estando alí sentados, vixiábano.
Enriba da súa cabeza puxeron escrito o motivo da súa condena: "Este é Xesús, o Rei dos Xudeus".
Crucificaron tamén con el dous bandidos, un á dereita e outro á esquerda. Os que pasaban por alí insultábano, abaneando a cabeza…
…  e dicindo: ‑  Ti que destrúes o templo e o reconstrúes en tres días, sálvate e ti mesmo;  se es Fillo de Deus, baixa da cruz.
Do mesmo xeito, os sumos sacerdotes, cos letrados e cos senadores, burlándose del dicíanlle:
‑ “ Salvou a outros, pero non se pode salvar a si mesmo. É rei de Israel; que baixe agora de cruz e creremos nel. “
“ Confía en Deus; pois que Deus o salve agora, se tanto lle quere, xa que dixo: "Son Fillo de Deus". Tamén o aldraxaban os bandidos que estaban crucificados con el.
Desde o mediodía, a escuridade cubriu toda aquela terra ata as tres da tarde. E ao redor desta hora, clamou Xesús e, con voz resoante, dixo:
‑  Elí, Elí, ¿lemá sabactaní?  Isto é: "Meu Deus, meu Deus, ¿por que me abandonaches?"
Algúns dos que estaban alí oíron e comentaban: ‑  Ese está chamando por Elías.
Inmediatamente un deles foi correndo coller unha esponxa, enchoupouna de vinagre, espetouna nunha cana, e dáballe de beber. Pero os demais dicían: ‑  Deixa, a ver se vén Elías salvalo.
Logo Xesús, clamando outra vez con voz resoante, entregou o espírito.
Entón o veo do Santuario rachou en dous de arriba abaixo. Tremeu a terra, as rochas fenderon, e abríronse os sepulcros.
Moitos corpos dos santos que estaban mortos resucitaron. E despois que el resucitou saíron dos sepulcros, entraron na cidade santa e aparecéronselles a moitos.
O centurión e mailos que con el gardaban a Xesús, vendo o terremoto e todo o que pasaba, dixeron aterrados:
Verdadeiramente  este era  o Fillo de Deus.
 

Paixón do señor.a. mt 27

  • 1.
    Paixón do Señor Mateo 27, 11-54 Automático – Son
  • 2.
    Naquel tempo, compareceuXesús diante do gobernador, que lle preguntou: ‑ ¿Es ti o rei dos xudeus? Xesús contestou: ‑ Ti o dis
  • 3.
    E aos cargosque lle facían os sumos sacerdotes e mailos senadores, non respondeu nada.
  • 4.
    Entón preguntoulle Pilato:‑ ¿Seica non oes todo o que están testemuñando contra ti? Pero non respondeu a pregunta ningunha, deixando ao gobernador moi estrañado.
  • 5.
    Resulta que polafesta tiña o costume de ceibar o preso que a xente lle pedise. Tiñan daquela un preso de moita sona chamado Barrabás. Barrabás
  • 6.
    Pilato dirixiuse aopobo reunido: ‑ ¿A quen queredes que vos solte, a Barrabás ou a Xesús, chamado o Cristo? Pois el ben sabía que llo entregaran por envexa. Barrabás
  • 7.
    Mentres estaba sentadono tribunal, a súa muller mandoulle a dicir: ‑ Deixa en paz a ese xusto, que hoxe sufrín moito en soños por cousa del.
  • 8.
    Pero os sumossacerdotes e mais os anciáns persuadiron á xente, para que reclamasen a Barrabás e acabasen con Xesús.
  • 9.
    O gobernador insistiu:‑ ¿A quen queredes que vos libere? Eles dixeron: ‑ A Barrabás.
  • 10.
    Díxolles Pilato: ‑ ¿E que fago eu con Xesús, chamado o Cristo? E responderon todos: ‑ ¡Que o crucifiquen!
  • 11.
    El replicou: ‑ Pero, ¿que mal fixo? Pero eles berraban máis forte dicindo: ‑ ¡Que o crucifiquen!
  • 12.
    Vendo Pilato quenon conseguía nada, senón que, pola contra, o barullo ía a máis, tomou auga e lavou as mans diante de todos dicindo: ‑ Alá vós, eu non son responsable deste sangue.
  • 13.
    Todo o poborespondeu dicindo: ‑ Pois que recaia o seu sangue sobre nós e sobre os nosos fillos. Entón soltoulles a Barrabás, e a Xesús, despois de o mandar azoutar, entregouno para que o crucificasen.
  • 14.
    Os soldados dogobernador levaron a Xesús ao Pretorio, e reuniron toda a compañía. Espírono, botáronlle enriba un manto escarlata; e, trenzando unha coroa de espiños, puxéronlla na cabeza, e na man dereita unha cana.
  • 15.
    Axeonllándose diante del,dicíanlle moqueándose: ‑ ¡Saúde, rei dos xudeus! Cuspíanlle e coa canivela dábanlle vergallazos na cabeza.
  • 16.
    Ao saíren atoparonun home de Cirene, chamado Simón; e obrigárono a levar a cruz de Xesús.
  • 17.
    Despois de facerenriso del, quitáronlle o manto e puxéronlle a súa roupa e quitárono para fóra para o crucificar.
  • 18.
    Cando chegaron aun lugar chamado Gólgota, é dicir, lugar da Caveira, a Xesús déronlle de beber viño mesturado con fel; el probouno, pero non o quixo beber.
  • 19.
    Despois de queo crucificaron, repartiron os seus vestidos botándoos a sorteo e, estando alí sentados, vixiábano.
  • 20.
    Enriba da súacabeza puxeron escrito o motivo da súa condena: "Este é Xesús, o Rei dos Xudeus".
  • 21.
    Crucificaron tamén conel dous bandidos, un á dereita e outro á esquerda. Os que pasaban por alí insultábano, abaneando a cabeza…
  • 22.
    … edicindo: ‑ Ti que destrúes o templo e o reconstrúes en tres días, sálvate e ti mesmo; se es Fillo de Deus, baixa da cruz.
  • 23.
    Do mesmo xeito,os sumos sacerdotes, cos letrados e cos senadores, burlándose del dicíanlle:
  • 24.
    ‑ “ Salvoua outros, pero non se pode salvar a si mesmo. É rei de Israel; que baixe agora de cruz e creremos nel. “
  • 25.
    “ Confía enDeus; pois que Deus o salve agora, se tanto lle quere, xa que dixo: "Son Fillo de Deus". Tamén o aldraxaban os bandidos que estaban crucificados con el.
  • 26.
    Desde o mediodía,a escuridade cubriu toda aquela terra ata as tres da tarde. E ao redor desta hora, clamou Xesús e, con voz resoante, dixo:
  • 27.
    ‑ Elí,Elí, ¿lemá sabactaní? Isto é: "Meu Deus, meu Deus, ¿por que me abandonaches?"
  • 28.
    Algúns dos queestaban alí oíron e comentaban: ‑ Ese está chamando por Elías.
  • 29.
    Inmediatamente un delesfoi correndo coller unha esponxa, enchoupouna de vinagre, espetouna nunha cana, e dáballe de beber. Pero os demais dicían: ‑ Deixa, a ver se vén Elías salvalo.
  • 30.
    Logo Xesús, clamandooutra vez con voz resoante, entregou o espírito.
  • 31.
    Entón o veodo Santuario rachou en dous de arriba abaixo. Tremeu a terra, as rochas fenderon, e abríronse os sepulcros.
  • 32.
    Moitos corpos dossantos que estaban mortos resucitaron. E despois que el resucitou saíron dos sepulcros, entraron na cidade santa e aparecéronselles a moitos.
  • 33.
    O centurión emailos que con el gardaban a Xesús, vendo o terremoto e todo o que pasaba, dixeron aterrados:
  • 34.
    Verdadeiramente esteera o Fillo de Deus.
  • 35.