Vehículo 'Curiosity', listopara partir cara
Marte
ALICIA RIVERA - Madrid - 11/11/2011
O Curiosity é un vehículo todoterreo da NASA para desprazarse pola superficie de
Marte. Despegará o próximo 25 de novembro nun foguete Atlas V dende a base de
cabo Cañaveral (Florida, EUA)
O planeta vermello e a Terra neste momento están nunhas órbitas moi próximas.
Esa oportunidade prodúcese aproximadamente cada dous anos terrestres, e agora
toca.
Está previsto que o Curiosity chegue a Marte en agosto de 2012 e descenda no
cráter Gale para explorar a zona durante un anos marciano (case dous anos
terrestres). O obxectivo é investigar se as condicións ambientais foron algunha vez
favorables alí para o desenvolvemento de vida microscópica. A NASA investiga se
en Marte puido haber vida.
O vehículo ten ordenadores, equipos de comunicacións e un xerador de
radioisótopos para proporcionar enerxía a todos os sistemas. Un mastro de dous
metros de altura que leva as cámaras e un aparato laser. Tamén leva un brazo
articulado para coller obxectos. Leva unha estación meteorolóxica fabricada por
astrónomos españois.
Ilustración 1: Curiosity en Marte.
Ilustración 2: O foguete Atlas V e o planeta vermello.
1