1. Multa ós concellos de Verín e
Oímbra por vertidos ó río.
O organismo da cunca detectou
contaminación nas augas que
chegan ó río Támega.
http://www.laregion.es/noti
cia/195776/multa/concello
s/verin/oimbra/vertidos/
La Región; 8/272012
2. Nunha sociedade corroída polos intereses
económicos, especialmente duns poucos mandamais, e
marcada por a falta de diñeiro, vemos como un par de pobos
avandoan o interés común do rio ó que tanto lle deben, para
que? Para aforrar uns miseirentos euros que acabarán por
esfolar como fixeron cos que tiveron. Eu mesma son desa
zona, de Verín, e sei de primeira man que nese concello as
preocupacións polo medio ambiente aparecen en momentos
cume, como por exemplo as elección, e despois quedan á
maior parte nun vago recordo. Este é o exemplo do que en
realidade facemos todos co planeta; o que estes concellos
fan co ríoTámega é exactamente o que nos mesmo facemos
coa Terra: aprobeitarnos da súa fraxilidade e impotencia para
a defensa e usámola como escudo ante os outros males que
nos poidan chegar. Deberíanos avergoñarnos, como se
avergoña un fillo cando aldraxa á sua nai e se ve descoverto
polos demais…exactamente igual.
Ana Bóo Pérez