SlideShare a Scribd company logo
Exmo. Concello de Padrón
                                                                                  CIF.: P150660-D
                                                                                    Rúa Longa 27
                                                                        15900 - Padrón (A Coruña)
                                                                      www.concellodepadron.es
                                                                  Tfno: 981810451 -Fax: 981811550

                                  NOTA DE PRENSA

Padrón contará cun técnico para colaborar nas tarefas protocolarias e a
relación cos medios de comunicación
O Concello e a Escola Internacional de Protocolo asinaron un convenio co que a
administración local busca protocolizar axeitadamente os eventos que organiza ou dos
que é partícipe, ao mesmo tempo que axilizar o contacto cos medios de comunicación

Padrón, martes 24 de abril de 2012. O concello de Padrón non conta actualmente cun
gabinete profesionalizado que se encargue das tarefas protocolarias e da debida e fluída
relación cos medios de comunicación. Deste xeito, ditas labores son asumidas
directamente por persoal político, cos inconvenientes que isto reviste ao ser ao mesmo
tempo partícipes e organizadores dos actos e eventos. Considerando que Padrón é un
concello con suficiente entidade como para ter regulamentados determinados aspectos
protocolarios e para ter unha relación seria cos medios de comunicación, dende o
concello establécese un convenio de colaboración coa Escola Internacional de
Protocolo, totalmente gratuíto para a administración local e por unha duración inicial de
tres meses.

Este convenio permite dispor nas dependencias municipais dun técnico en protocolo, que
colaborará na realización destas tarefas, axustándose a parámetros protocolarios
obxectivamente establecidos. Todo isto, contando co asesoramento profesional desta
prestixiosa entidade con sede na nosa comunicade en Coruña. Na actividade política
deste concello existen numerosos actos que se realizan ano tras ano seguindo criterios
baseados unicamente nos costumes e tradicións sen ter en conta que nos actos de
carácter oficial existen unhas normas protocolarias establecidas por lei, decretos e
disposicións. De igual xeito, existen múltiples actos de carácter non estritamente oficial,
pero no que se conta con presenza de autoridades, debendo atender a diversas cuestións
formais que o persoal político que integra as corporacións debe coñecer.

O mesmo acontece co departamento de prensa. No concello non existe un gabinete como
tal que actúe como referente cos medios de comunicación, carecendo polo tanto de
dosieres de prensa, bases de datos de medios, regulación axeitada da información
institucional nas redes sociais e demais tarefas asumidas por estes organismos. Dispor
deste material, con continuidade no tempo, suporá ademais para posteriores corporacións
a posibilidade de ter un referente histórico da actividade política, cultural e social da súa
vila. Así, con este convenio preténdese regular todas estas cuestións de xeito obxectivo,
atendendo non a criterios políticos senón en base a coñecementos profesionais en
materia protocolaria e comunicativa.
Exmo. Concello de Padrón
                                                                              CIF.: P150660-D
                                                                                Rúa Longa 27
                                                                    15900 - Padrón (A Coruña)
                                                                  www.concellodepadron.es
                                                              Tfno: 981810451 -Fax: 981811550

¿Que é a EIP?

A Escola Internacional de Protocolo é, ademais dun centro de formación, unha entidade
de carácter privado, dirixida por un grupo de recoñecidos especialistas no eido do
Protocolo, integrada por unha rede de centros con sedes en: Madrid, Barcelona, Valencia,
Granada, Asturias, Elche, Valladolid, Palma de Mallorca, A Coruña, Tenerife, Budapest,
Bos Aires e Paraguai. Consolidouse como primeiro centro mundial especializado na
formación en Protocolo, Relacións Institucionais e Xestión de Eventos. Conta con: Centro
de Investigación, Centro de Datos, Servizo de Publicacións,Biblioteca especializada,
Servizo de Asesoramento ás Institucións públicas e privadas e Medio de comunicación
especializado no sector de Protocolo e Eventos. É tamén a organizadora dos principais
eventos internacionais de Protocolo: Congreso Internacional de Protocolo e Premio
Internacional de Protocolo

Saúdos

Prensa : 673 656 163

More Related Content

More from EIP Galicia

Presentacion Corporativa Grupo EIP
Presentacion Corporativa Grupo EIPPresentacion Corporativa Grupo EIP
Presentacion Corporativa Grupo EIP
EIP Galicia
 
Dossier curso Asesoría de Imagen
Dossier curso Asesoría de ImagenDossier curso Asesoría de Imagen
Dossier curso Asesoría de Imagen
EIP Galicia
 
Nota de prensa Grado protocolo organizacion eventos UE +EIP
Nota de prensa Grado protocolo organizacion eventos UE +EIPNota de prensa Grado protocolo organizacion eventos UE +EIP
Nota de prensa Grado protocolo organizacion eventos UE +EIP
EIP Galicia
 
Holanda
HolandaHolanda
Holanda
EIP Galicia
 
Bases II concurso de fotografía EIP
Bases II concurso de fotografía EIPBases II concurso de fotografía EIP
Bases II concurso de fotografía EIP
EIP Galicia
 
Práctica GA51 Galicia FashionWeek
Práctica GA51 Galicia FashionWeekPráctica GA51 Galicia FashionWeek
Práctica GA51 Galicia FashionWeek
EIP Galicia
 
Práctica ga50 gestivent desata tu potencial
Práctica ga50 gestivent desata tu potencialPráctica ga50 gestivent desata tu potencial
Práctica ga50 gestivent desata tu potencial
EIP Galicia
 
Protocolo 2.0 comunicación 2.0 (Pilar Muiños)
Protocolo 2.0 comunicación 2.0 (Pilar Muiños)Protocolo 2.0 comunicación 2.0 (Pilar Muiños)
Protocolo 2.0 comunicación 2.0 (Pilar Muiños)
EIP Galicia
 
Tríptico Jornadas Deporte e Integración
Tríptico Jornadas Deporte e IntegraciónTríptico Jornadas Deporte e Integración
Tríptico Jornadas Deporte e Integración
EIP Galicia
 
Invitación Seminario Casas Reales EIP Galicia
Invitación Seminario Casas Reales EIP GaliciaInvitación Seminario Casas Reales EIP Galicia
Invitación Seminario Casas Reales EIP GaliciaEIP Galicia
 
Artículo III Jornadas Down Coruña
Artículo III Jornadas  Down CoruñaArtículo III Jornadas  Down Coruña
Artículo III Jornadas Down Coruña
EIP Galicia
 
Lucía Outeiral, Leonor Santamaría, I Congreso Nacional Galicia
Lucía Outeiral, Leonor Santamaría, I Congreso Nacional Galicia Lucía Outeiral, Leonor Santamaría, I Congreso Nacional Galicia
Lucía Outeiral, Leonor Santamaría, I Congreso Nacional Galicia
EIP Galicia
 
I Congreso Nacional de Protocolo en Galicia (Rebeca Santamarta)
I Congreso Nacional de Protocolo en Galicia (Rebeca Santamarta)I Congreso Nacional de Protocolo en Galicia (Rebeca Santamarta)
I Congreso Nacional de Protocolo en Galicia (Rebeca Santamarta)
EIP Galicia
 
Ponencia "Actos protocolarios en el Vaticano" Autor: Sergio Escalera Aicua
Ponencia "Actos protocolarios en el Vaticano" Autor: Sergio Escalera AicuaPonencia "Actos protocolarios en el Vaticano" Autor: Sergio Escalera Aicua
Ponencia "Actos protocolarios en el Vaticano" Autor: Sergio Escalera Aicua
EIP Galicia
 
Ponencia Pilar Muiños XI Congreso Internacional de Protocolo
Ponencia Pilar Muiños XI Congreso Internacional de ProtocoloPonencia Pilar Muiños XI Congreso Internacional de Protocolo
Ponencia Pilar Muiños XI Congreso Internacional de Protocolo
EIP Galicia
 
Ponencia Gerardo Correas XI Congreso Internacional de Protocolo (Budapest)
Ponencia Gerardo Correas XI Congreso Internacional de Protocolo (Budapest)Ponencia Gerardo Correas XI Congreso Internacional de Protocolo (Budapest)
Ponencia Gerardo Correas XI Congreso Internacional de Protocolo (Budapest)
EIP Galicia
 
Presentación AAA
Presentación AAAPresentación AAA
Presentación AAA
EIP Galicia
 
More from EIP Galicia (17)

Nota de prensa Concello de Padrón

  • 1. Exmo. Concello de Padrón CIF.: P150660-D Rúa Longa 27 15900 - Padrón (A Coruña) www.concellodepadron.es Tfno: 981810451 -Fax: 981811550 NOTA DE PRENSA Padrón contará cun técnico para colaborar nas tarefas protocolarias e a relación cos medios de comunicación O Concello e a Escola Internacional de Protocolo asinaron un convenio co que a administración local busca protocolizar axeitadamente os eventos que organiza ou dos que é partícipe, ao mesmo tempo que axilizar o contacto cos medios de comunicación Padrón, martes 24 de abril de 2012. O concello de Padrón non conta actualmente cun gabinete profesionalizado que se encargue das tarefas protocolarias e da debida e fluída relación cos medios de comunicación. Deste xeito, ditas labores son asumidas directamente por persoal político, cos inconvenientes que isto reviste ao ser ao mesmo tempo partícipes e organizadores dos actos e eventos. Considerando que Padrón é un concello con suficiente entidade como para ter regulamentados determinados aspectos protocolarios e para ter unha relación seria cos medios de comunicación, dende o concello establécese un convenio de colaboración coa Escola Internacional de Protocolo, totalmente gratuíto para a administración local e por unha duración inicial de tres meses. Este convenio permite dispor nas dependencias municipais dun técnico en protocolo, que colaborará na realización destas tarefas, axustándose a parámetros protocolarios obxectivamente establecidos. Todo isto, contando co asesoramento profesional desta prestixiosa entidade con sede na nosa comunicade en Coruña. Na actividade política deste concello existen numerosos actos que se realizan ano tras ano seguindo criterios baseados unicamente nos costumes e tradicións sen ter en conta que nos actos de carácter oficial existen unhas normas protocolarias establecidas por lei, decretos e disposicións. De igual xeito, existen múltiples actos de carácter non estritamente oficial, pero no que se conta con presenza de autoridades, debendo atender a diversas cuestións formais que o persoal político que integra as corporacións debe coñecer. O mesmo acontece co departamento de prensa. No concello non existe un gabinete como tal que actúe como referente cos medios de comunicación, carecendo polo tanto de dosieres de prensa, bases de datos de medios, regulación axeitada da información institucional nas redes sociais e demais tarefas asumidas por estes organismos. Dispor deste material, con continuidade no tempo, suporá ademais para posteriores corporacións a posibilidade de ter un referente histórico da actividade política, cultural e social da súa vila. Así, con este convenio preténdese regular todas estas cuestións de xeito obxectivo, atendendo non a criterios políticos senón en base a coñecementos profesionais en materia protocolaria e comunicativa.
  • 2. Exmo. Concello de Padrón CIF.: P150660-D Rúa Longa 27 15900 - Padrón (A Coruña) www.concellodepadron.es Tfno: 981810451 -Fax: 981811550 ¿Que é a EIP? A Escola Internacional de Protocolo é, ademais dun centro de formación, unha entidade de carácter privado, dirixida por un grupo de recoñecidos especialistas no eido do Protocolo, integrada por unha rede de centros con sedes en: Madrid, Barcelona, Valencia, Granada, Asturias, Elche, Valladolid, Palma de Mallorca, A Coruña, Tenerife, Budapest, Bos Aires e Paraguai. Consolidouse como primeiro centro mundial especializado na formación en Protocolo, Relacións Institucionais e Xestión de Eventos. Conta con: Centro de Investigación, Centro de Datos, Servizo de Publicacións,Biblioteca especializada, Servizo de Asesoramento ás Institucións públicas e privadas e Medio de comunicación especializado no sector de Protocolo e Eventos. É tamén a organizadora dos principais eventos internacionais de Protocolo: Congreso Internacional de Protocolo e Premio Internacional de Protocolo Saúdos Prensa : 673 656 163