1. A A.S.C. COMO TECNOLOXÍA SOCIAL
Se a ASC toma a forma dunha intervención planificada, entonces pódese dicir que constitúe unha
tecnoloxía social.
A función tecnolóxica pódese entender de dúas maneiras: como creación de maquinas ou instrumentos
materiais e como creación de estratexias, plans de actuación e metodoloxías operativas de intervención.A
ASC é, sobre todo, unha tecnoloxía nesta segunda acepción, aínda que tamén se utiliza instrumentos
tecnolóxicos, como, por exemplo, as audiovisuais, que axudan na súa acción.
A ASC entendida como tecnoloxía social non é a única forma de acción, nin sempre é a mellor. Aínda
que xeralmente sexa a máis adecuada, a veces pódense afrontar os problemas dunha colectividade
humana dende as perspectivas baseadas máis na intuición, na espontaneidade e na afectividade.
A ASC como tecnoloxía social caracterízase polo seguinte:
.-intervención racional e sistemáticamente planificada
.- proceso de reflexión sobre a realidade
.-enmárcase nun contexto e polo tanto nas opcións ideolóxico-político vixentes.
.- intenta responder eficazmente ás necesidades e problemáticas concretas dun grupo social ou
comunidade.
.- articulación sistemática, deseño tecnolóxico, coñecementos científicos.