Festival de Nadal 2012
        Como unha verdadeira tradición recuperada neste centro, o Festival de Nadal rexurdiu
en data de 21 de decembro de 2012 con gran forza, esmero e preparación por parte dos seus
vinculados. Despois dunha tarde de xoves preparando escenario e demais ornamentos, a
calidade do Festival de Nadal do C.P.I. “Virxe da Cela” superou as expectativas.

         Un longo programa de actuacións presentado por Lucía Otero e Daniel Vázquez fixo
deste un evento dinámico e sorprendente, pois houbo na súa maioría, moitas e dispares
felicitacións de Nadal e Aninovo 2013. É de boa fe recoñecer o traballo de tódolos grupos que
actuaron, pero acentuando actuacións como a de 6º de Primaria ou a de alumnas de 1º e 2º da
ESO que cantaron.

        Entre tódalas actuacións, vímolas tradicionais, coma o Belén vivente interpretado por
alumnado do 1º ciclo de E.P. e outras que se viran con anterioridade pero que foron recuperadas
dende xa hai anos polo alumnado do 2º ciclo de E.P., que recitou unha poesía (3º) e narrou un
conto de Nadal (4º) rematado con atentos agradecementos e recoñecementos.

         A orixinalidade marcárona nesta ocasión os de 5º, cun espectáculo visual con caixas que
amosou unha estampa. Falamos de tradición, orixinalidade ... Pero como xa dixemos antes, a
sorpresa foi marcada por 6º de E.P. coa súa combinación da panxoliña galega e do “Gangam
Style”, cunhas coreografías traballadas e moi ben exhibidas ó público.

        Tamén temos que facer mención do mérito dos máis pequenos, que subiron ó escenario
a demostrarnos as súas dotes de canto, pero que realmente foron vehementes á hora de dárllelas
cartas aos Reis Magos de Oriente para cumprir os seus desexos. O señor Papá Noel, que visitou
a escola do Xestal o día anterior, durante o marabilloso xantar de Nadal que nos prepararon os
nosos cociñeiros; este home das nevadas terras do Norte é estimado mais, por así dicilo, os
cativos de Irixoa e Monfero téñenlle máis fe e respecto ós Reis Magos, que como son tres,
sempre veñen máis cargados.

        As derradeiras actuacións fixeron pequeno o escenario, pero así mostrouse a calidade do
mesmo, que soportou o peso de toda a ESO sobre os seus alicerces. Un fermoso canto en
francés cun solo interpretado pola voz da nosa presentadora, Lucía Otero, e unha actuación
instrumental da moi coñecida “Jingle Bells” pecharon as actuacións.

        Antes da despedida elaborada por Lucía Bouzón e Sandra, de 4º ESO, tivo lugar a
entrega de premios do Concurso de Postais de Nadal e do Certame Literario; ámbolos dous
concursos realizados anualmente e con premios entregados nestas datas. Despois da visita dos
Reis Magos, alumnos/as de toda a ESO recollémolo salón de actos.

        Cumprimos a tradición un ano máis e expresamos na nosa maioría a intención e vontade
de que continúe coa mesma regularidade durante toda a historia deste colexio.




REVISTA XESTEIRA 2012/13
Antonio González López ---- Mércores, 26 de decembro de 2012.

Festival de nadal 2012

  • 1.
    Festival de Nadal2012 Como unha verdadeira tradición recuperada neste centro, o Festival de Nadal rexurdiu en data de 21 de decembro de 2012 con gran forza, esmero e preparación por parte dos seus vinculados. Despois dunha tarde de xoves preparando escenario e demais ornamentos, a calidade do Festival de Nadal do C.P.I. “Virxe da Cela” superou as expectativas. Un longo programa de actuacións presentado por Lucía Otero e Daniel Vázquez fixo deste un evento dinámico e sorprendente, pois houbo na súa maioría, moitas e dispares felicitacións de Nadal e Aninovo 2013. É de boa fe recoñecer o traballo de tódolos grupos que actuaron, pero acentuando actuacións como a de 6º de Primaria ou a de alumnas de 1º e 2º da ESO que cantaron. Entre tódalas actuacións, vímolas tradicionais, coma o Belén vivente interpretado por alumnado do 1º ciclo de E.P. e outras que se viran con anterioridade pero que foron recuperadas dende xa hai anos polo alumnado do 2º ciclo de E.P., que recitou unha poesía (3º) e narrou un conto de Nadal (4º) rematado con atentos agradecementos e recoñecementos. A orixinalidade marcárona nesta ocasión os de 5º, cun espectáculo visual con caixas que amosou unha estampa. Falamos de tradición, orixinalidade ... Pero como xa dixemos antes, a sorpresa foi marcada por 6º de E.P. coa súa combinación da panxoliña galega e do “Gangam Style”, cunhas coreografías traballadas e moi ben exhibidas ó público. Tamén temos que facer mención do mérito dos máis pequenos, que subiron ó escenario a demostrarnos as súas dotes de canto, pero que realmente foron vehementes á hora de dárllelas cartas aos Reis Magos de Oriente para cumprir os seus desexos. O señor Papá Noel, que visitou a escola do Xestal o día anterior, durante o marabilloso xantar de Nadal que nos prepararon os nosos cociñeiros; este home das nevadas terras do Norte é estimado mais, por así dicilo, os cativos de Irixoa e Monfero téñenlle máis fe e respecto ós Reis Magos, que como son tres, sempre veñen máis cargados. As derradeiras actuacións fixeron pequeno o escenario, pero así mostrouse a calidade do mesmo, que soportou o peso de toda a ESO sobre os seus alicerces. Un fermoso canto en francés cun solo interpretado pola voz da nosa presentadora, Lucía Otero, e unha actuación instrumental da moi coñecida “Jingle Bells” pecharon as actuacións. Antes da despedida elaborada por Lucía Bouzón e Sandra, de 4º ESO, tivo lugar a entrega de premios do Concurso de Postais de Nadal e do Certame Literario; ámbolos dous concursos realizados anualmente e con premios entregados nestas datas. Despois da visita dos Reis Magos, alumnos/as de toda a ESO recollémolo salón de actos. Cumprimos a tradición un ano máis e expresamos na nosa maioría a intención e vontade de que continúe coa mesma regularidade durante toda a historia deste colexio. REVISTA XESTEIRA 2012/13 Antonio González López ---- Mércores, 26 de decembro de 2012.