Expediente núm.: 552/2024
DONJOSÉ ANTONIO CARRO ASOREY, SECRETARIO XERAL DO EXCMO. CONCELLO DE
RIBADEO (Lugo),
CERTIFICO:
Que o Pleno Municipal en sesión celebrada o día 05/11/2024 adoptou entre outros o acordo que
se transcribe:
5.-EXPEDIENTE NÚM. 552/2024 RELATIVO AO ESCUDO E BANDEIRA OFICIAIS DE
RIBADEO.
Dase conta da proposta da Comisión de Heráldica que se transcribe:
A Comisión de Heráldica na súa sesión do 28.10.2024, logo de estudar a súa solicitude de
elaboración dunha proposta de emblemas heráldicos para o seu concello, realiza a seguinte
proposta conforme á seguinte memoria heráldica e blasonamento:
“O Concello de Ribadeo, que trae un escudo municipal orixinado nos sinais sixilares do pasado
século XIX, desexa regularizar a formulación e disposición das figuras presentes no seu campo
e solicita, ao propio tempo, organizar a súa futura insignia municipal.
Proposta de escudo heráldico:
En resposta á súa solicitude, esta Comisión de Heráldica considera oportuno propoñer un
replantexamento do escudo municipal, actualmente en uso, a fin de adecuar a súa pouco
afortunada formulación actual aos usos e costumes da boa arte heráldica. Non sobra engadir,
neste punto, que a disposición heráldica da chave e a estrela sobre ondas xa era usada nos
selos municipais anteriores a 1876, cando o seu entón alcalde, José María Sela, certificou o seu
uso, explicando que “os tres atributos do selo” aludían á circunstancia de ser Ribadeo unha das
tres prazas fortes amuralladas existentes en Galicia na idade media: “a estrela por acharse esta
vila ao Norte de Galicia e de España, a chave por ser praza murada, e a mar por ser porto
mercantil de importancia antiga” (AHN, Colección de Selos de Tinta, LUGO,10, N.49).
O cambio máis evidente que se considera importante introducir na nova representación heráldica é
de orde formal e refírese á substitución da estrela de cinco puntas por unha de oito puntas,
que é a máis adecuada, por ser desde antigo a máis afeita nas armerías españolas (sendo a
outra do todo insólita ou estraña aquí). Enténdase, en todo caso, que esta substitución ou
cambio formal carece de calquera significación e, polo tanto, non altera en nada a vella
disposición, cuxo uso quedou consagrado polo tempo.
En consecuencia, esta Comisión de Heráldica propón --segundo o modelo adxunto- o seguinte
BLASONAMENTO:
Cod.
Validación:
9Z9RGXQMTY5QCR7PJP6XT3XJT
Corrección:
https://ribadeo.sedelectronica.gal/
Documento
asinado
electronicamente
desde
a
plataforma
xestiona
esPublico
|
Páxina
1
a
4
José
Antonio
Carro
Asorey
(1
para
2)
SECRETARIO
Data
de
Sinatura:
06/11/2024
HASH:
2e7c88de7de9451c39c15aacf58ebeff
Daniel
Vega
Perez
(2
para
2)
ALCALDE
Data
de
Sinatura:
07/11/2024
HASH:
4bbab8369fcec218047a8beb9194a89e
2.
De azur (azul)e sobre ondas de prata (branco) e azur, unha chave de ouro (amarelo), posta
en banda e acompañada, non xefe, dunha estrela de 8 puntas de prata (branco). Ao timbre,
coroa real pechada.
Proposta de bandeira:
De conformidade co criterio de manter unha natural correlación ou correspondencia entre o
escudo e a bandeira dunha mesma corporación local, esta Comisión de Heráldica propón
conformar a bandeira municipal de nova creación traendo ao pano as mesmas figuras –a
chave e a estrela sobre ondas-, a fin de compoñer unha disposición semellante. Por
conseguinte, esta Comisión de Heráldica considera oportuno propoñer –tamén segundo o
modelo adxunto- a seguinte DESCRICIÓN:
O pano de azul coa chave de amarelo acompañada, non alto, dunha estrela de oito puntas
branca. Ao batente, dúas franxas ondadas e verticais, de branco. Cod.
Validación:
9Z9RGXQMTY5QCR7PJP6XT3XJT
Corrección:
https://ribadeo.sedelectronica.gal/
Documento
asinado
electronicamente
desde
a
plataforma
xestiona
esPublico
|
Páxina
2
a
4
A Corporación ávista de todo o anterior, por unanimidade dos seus membros presentes acorda :
PRIMEIRO. Aprobar a proposta para a escudo e bandeira do Municipio, cuxa descrición que foi
elaborada pola Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia se transcribiu anteriormente
SEGUNDO. Someter a proposta a información pública por prazo dun mes, mediante anuncio no
Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios do Concello, para que os interesados poidan
examinar o expediente e presentar as reclamacións e observacións que se estimen pertinentes.
Ademais, estará a disposición dos interesados na sede electrónica deste Concello [dirección
https://http://ribadeo.sedelectronica.gal]».
E para que conste, coa salvedade do disposto no art. 206 do Regulamento de Organización,
Funcionamento e Réxime Xurídico das Corporacións Locais expido a presente de orde e co visto e
prace do Sr.Alcalde, en Ribadeo a data da sinatura electrónica.
Vº e Pr.
O Alcalde-Presidente,
Asdo.DANIEL VEGA PÉREZ
DOCUMENTO ASINADO ELECTRONICAMENTE Á MARXE
DOCUMENTO ASINADO ELECTRONICAMENTE
CVE:
3n3zldi81EA1
Verificación:
https://sede.xunta.gal/cve
Cod.
Validación:
9Z9RGXQMTY5QCR7PJP6XT3XJT
Corrección:
https://ribadeo.sedelectronica.gal/
Documento
asinado
electronicamente
desde
a
plataforma
xestiona
esPublico
|
Páxina
4
a
4