8 DE MARZO: DÍA DA MULLER TRABALLADORA
O pasado oito de marzo tivemos un obradoiro sobre as mulleres. Viñeron
unhas rapazas falarnos sobre algunhas mulleres importantes galegas e tamén
fixemos algúns xogos.
Para empezar fixemos un xogo no cal tíñamos que dicir profesións, un dun
home e outro de mulleres familiares. Para falar tiñas que ter o novelo que andaba
pasando de mans en mans. O resultado foi coñecer profesións que por tradición son
máis propias de mulleres ou de homes, e que agora xa están un pouco máis
xeralizadas.
Posteriormente, repartiron papeis a todos e un bolígrafo para que
escribíramos o nome dun artista famoso, no cal vimos que todos escribiramos
nomes de homes e a maioría estranxeiros.
E para rematar a cada grupo déronlle unha carpeta que contiña información
sobre unha muller galega importante. Cada grupo tiña que realizar unha exposición
da forma que lle indicaba unha tarxeta escollida ao azar. Uns representábanos con
mímica, outros dicindo so dez afirmacións, outros con cómics, con collage,… Despois
expoñíamolos todos e coa representación ou exposición feita por nós que logo
expuxemos a todos para que os demais participantes soubesen de quen estabamos
a falar.
Na nosa opinión, o taller estivo moi ben porque aprendemos moitas cousas.
Alegrámonos de que a sociedade cambie e que se lles dea importancia aos traballos
e feitos das mulleres, que tamén son importantes aínda que poucos o recoñezan.
Sofía e Laura S. de 2º ESO

Dia da muller traballadora

  • 1.
    8 DE MARZO:DÍA DA MULLER TRABALLADORA O pasado oito de marzo tivemos un obradoiro sobre as mulleres. Viñeron unhas rapazas falarnos sobre algunhas mulleres importantes galegas e tamén fixemos algúns xogos. Para empezar fixemos un xogo no cal tíñamos que dicir profesións, un dun home e outro de mulleres familiares. Para falar tiñas que ter o novelo que andaba pasando de mans en mans. O resultado foi coñecer profesións que por tradición son máis propias de mulleres ou de homes, e que agora xa están un pouco máis xeralizadas. Posteriormente, repartiron papeis a todos e un bolígrafo para que escribíramos o nome dun artista famoso, no cal vimos que todos escribiramos nomes de homes e a maioría estranxeiros. E para rematar a cada grupo déronlle unha carpeta que contiña información sobre unha muller galega importante. Cada grupo tiña que realizar unha exposición da forma que lle indicaba unha tarxeta escollida ao azar. Uns representábanos con mímica, outros dicindo so dez afirmacións, outros con cómics, con collage,… Despois expoñíamolos todos e coa representación ou exposición feita por nós que logo expuxemos a todos para que os demais participantes soubesen de quen estabamos a falar. Na nosa opinión, o taller estivo moi ben porque aprendemos moitas cousas. Alegrámonos de que a sociedade cambie e que se lles dea importancia aos traballos e feitos das mulleres, que tamén son importantes aínda que poucos o recoñezan. Sofía e Laura S. de 2º ESO