BLOG “RÍO MERA: PROXECTO RÍOS IES MURALLA ROMANA”
Xurdiunos a idea da creación dun blog educativo a partir dunha reunión de
coordinadores dos proxectos que se presentaron ó actual Plan Proxecta das Consellerías
de Educación e da do Medio Ambiente.
É un reto para nós, pois trátase de novas ferramentas educativas cunha esixencia de
posta ó día pola nosa parte que leva consigo moito traballo extra, o que non é doado
sempre.
Non sabemos se a continuidade do blog será unha realidade duradeira, pero o traballo
interdisciplinar, feito polo equipo de profesores e alumnos este curso, foi frutífero e
queda aberto en adiante. Iriámolo dirixindo e axeitando para o próximo ou vindeiros
cursos.
Ata o de agora os profesores administradores son os que integraron o proxecto deste
curso. Os alumnos son autores guiados por aqueles, pero estes papeis de
administradores, autores, e outros que poidan definirse, está aberto a novas e creativas
posibilidades.
Poñemos a continuación uns obxectivos e/ou ideas sobre o que ha de ser o noso blog:
1.- Traballaremos con calma, reflexión e rigor, aínda que poidamos ter fases máis
activas ou menos, segundo as circunstancias que teñamos como comunidade ,grupo ou
de xeito individual.
2.- Iniciaremos a busca doutras comunidades ou blogs que compartan en grande medida
a nosa preocupación polo contorno e o coidado dos nosos ecosistemas fluviais, para
coñecer e compartir métodos de traballo, se cadra máis eficaces.
3.- Respectaremos totalmente a autoría dos traballos persoais ou grupais que vaian
sendo realizados, publicando os resultados destes traballos de xeito que quede
salvagardada a propiedade intelectual dos mesmos polos medios que sexan mellores e
co seu correspondente respaldo legal.
4.- Restrinxiremos a participación mediante comentarios, que haberán de suxeitarse a
unas normas respectuosas co labor que se fai.
5.- Procuraremos incorporar e traballar cunha serie de enlaces a páxinas de contidos
temáticos interesantes, fiables, e cunha estreita relación co que se vaia facendo nas
distintas tempadas.
6.- Tentaremos que o blog cumpra una función principalmente educativa, de
aprendizaxe, e asemade de cohesión do grupo de participantes e identificativo coas
nosas ilusións e intereses, e finalmente aberto e respectuoso.
7.- Buscaremos pouco a pouco a unión con grupos afíns ó noso, para acadar unha maior
eficacia e harmonía na defensa dos nosos bens naturais, de xeito especial dos nosos ríos

Blog corrixido

  • 1.
    BLOG “RÍO MERA:PROXECTO RÍOS IES MURALLA ROMANA” Xurdiunos a idea da creación dun blog educativo a partir dunha reunión de coordinadores dos proxectos que se presentaron ó actual Plan Proxecta das Consellerías de Educación e da do Medio Ambiente. É un reto para nós, pois trátase de novas ferramentas educativas cunha esixencia de posta ó día pola nosa parte que leva consigo moito traballo extra, o que non é doado sempre. Non sabemos se a continuidade do blog será unha realidade duradeira, pero o traballo interdisciplinar, feito polo equipo de profesores e alumnos este curso, foi frutífero e queda aberto en adiante. Iriámolo dirixindo e axeitando para o próximo ou vindeiros cursos. Ata o de agora os profesores administradores son os que integraron o proxecto deste curso. Os alumnos son autores guiados por aqueles, pero estes papeis de administradores, autores, e outros que poidan definirse, está aberto a novas e creativas posibilidades. Poñemos a continuación uns obxectivos e/ou ideas sobre o que ha de ser o noso blog: 1.- Traballaremos con calma, reflexión e rigor, aínda que poidamos ter fases máis activas ou menos, segundo as circunstancias que teñamos como comunidade ,grupo ou de xeito individual. 2.- Iniciaremos a busca doutras comunidades ou blogs que compartan en grande medida a nosa preocupación polo contorno e o coidado dos nosos ecosistemas fluviais, para coñecer e compartir métodos de traballo, se cadra máis eficaces. 3.- Respectaremos totalmente a autoría dos traballos persoais ou grupais que vaian sendo realizados, publicando os resultados destes traballos de xeito que quede salvagardada a propiedade intelectual dos mesmos polos medios que sexan mellores e co seu correspondente respaldo legal. 4.- Restrinxiremos a participación mediante comentarios, que haberán de suxeitarse a unas normas respectuosas co labor que se fai. 5.- Procuraremos incorporar e traballar cunha serie de enlaces a páxinas de contidos temáticos interesantes, fiables, e cunha estreita relación co que se vaia facendo nas distintas tempadas. 6.- Tentaremos que o blog cumpra una función principalmente educativa, de aprendizaxe, e asemade de cohesión do grupo de participantes e identificativo coas nosas ilusións e intereses, e finalmente aberto e respectuoso. 7.- Buscaremos pouco a pouco a unión con grupos afíns ó noso, para acadar unha maior eficacia e harmonía na defensa dos nosos bens naturais, de xeito especial dos nosos ríos